Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
•O papel das redes sociais no contexto informativo.
• O empoderamiento cidadán
• A Infoxicación.
O alumnado afondará no estudo e na análise da oferta informativa para coñecer os problemas que xera a infoxicación e procurar fórmulas que permitan adoptar criterios de selección adecuados. Como resultado da aprendizaxe, o alumnado deberá demostrar que adquiriu coñecementos de alfabetización informativa que lle permitan seleccionar os contidos con criterios de utilidade.
TEMA 1. Empoderarse para o debate
1.1 Tipos de debates
1.2 Fundamentos de oratoria para os debates abertos
1.3 Retórica, oratoria e dialéctica
1.4 Clases e xéneros discursivos. Intercambios argumentativos
TEMA 2. O papel das redes sociais no contexto informativo
2.1 Alfabetización informativa e conciencia mediática
2.2 Graos de separación e intelixencia colectiva
2.3 Crowdsourcing, participación cidadá e cocreación de contidos
2.4 Xornalismo de fontes masivas e óptica dos user generated-contents
TEMA 3. O empoderamento cidadán
3.1 Concepto de empoderamento cidadán e evolución histórica
3.2 Graos de participación dos usuarios na creación de produtos periodísticos: empoderamento nulo, empoderamento selectivo, empoderamento creativo e empoderamento total
3.3 Empoderamento e dereito á información. Licenzas e dereitos de autoría
3.4 Influencia e redes sociais
3.5 Protección de datos e garantía dos dereitos dixitais
TEMA 4. O público e o privado na información
4.1 Os traspasos de poder
4.2 Da exclusión á inclusión. Do vertical ao horizontal. De individual a social
4.3 O papel dos medios de comunicación na inclusión social, espacial e económica
4.4 Consumidores conectados e democratización no acceso á información
TEMA 5. A infoxicación
5.1 Information fatigue syndrome. Causas e evolución histórica da infoxicación
5.2 Intoxicación, manipulación e desinformación
5.3 Vixilancia tecnolóxica e intelixencia competitiva
5.4 Fake news, burbullas de filtros e echo chambers
Bibliografía básica
ABAD, L. (2016). Alfabetización mediática para la e-inclusión de personas mayores, Madrid:
Editorial Dykinson.
ARISTÓTELES (1994). Retórica. Madrid: Gredos.
BAUMAN, Z. (2003). Modernidad líquida. Argentina: Fondo de Cultura Económica.
BONORINO, P. R. (2012). Argumentación en Debates. Vigo: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo.
BUCKINGHAM, D. (2019). La enseñanza mediática en la era de la posverdad: fake news, sesgo mediático y el reto para la educación en materia de alfabetización mediática y digital. Cultura y Educación, 31:2, 213-231, DOI:
10.1080/11356405.2019.1603814
CARR, N. (2008). Is Google making us stupid? The Atlantic, http://www.theatlantic.com/magazine/archive/2008/07/is-google-making-us…
CASTELLS, M. (2006). La sociedad red. Madrid: Alianza Editorial.
CASTILLA DEL PINO, C. (2001). La Incomunicación. Barcelona: Ed. Península.
GARCÍA AVILÉS, J. A. (2015). Comunicar en la Sociedad Red. Teorías, modelos y prácticas, Madrid: Editorial UOC.
HAINARD, F. & VERSCHUUR, Ch. (2006). Ciudades y empoderamiento de las mujeres. Luchas y estrategias para el cambio social, Madrid: Narcea Ediciones.
HERMIDA, A. & HERNÁNDEZ-SANTAOLALLA, V. (2016). Ambigüedades del empoderamiento ciudadano en el contexto tecnopolítico. Revista Científica de Información y Comunicación, 13, 263-280. http://icjournal-ojs.org/index.php/IC-Journal/article/view/339
MERAYO, A. (1998). Curso práctico de Técnicas de Comunicación Oral. Madrid: Tecnos.
MESQUITA, M. (2007). El cuarto equívoco. El poder de los media en la sociedad contemporánea. Madrid: Fragua.
MUMFORD, L. (2010). El mito de la máquina. Logroño: Pepitas de calabaza.
PÉREZ TORNERO, J. M. & VARIS, T. (2012). Alfabetización mediática y nuevo humanismo, Barcelona: Editorial UOC.
SIXTO, J. (2018). Gestión profesional de redes sociales. Rutinas y estrategias de Community Management. Salamanca: Comunicación Social.
VALLEJO-NÁGERA, J.A. (2005). Aprender a hablar en público hoy. Cómo cautivar y convencer por medio de la palabra. Madrid: Planeta.
WURMAN, R. S. (2001). Angustia informativa. Buenos Aires: Pearson Educación.
Bibliografía complementaria:
ARÉVALO, J. & ROJAS, X. (2016). Biblioteca y empoderamiento ciudadano. Cuadernos de Documentación Multimedia. 27(2), 164-177. http://dx.doi.org/10.5209/CDMU.54147
CATALINA-GARCÍA, B., SOUSA, J., & CRISTINA, L.C. (2019). Consumo de noticias y percepción de fake news entre estudiantes de Comunicación de Brasil, España y Portugal. Revista De Comunicación, 18(2), 93-115. https://doi.org/10.26441/RC18.2-2019-A5
DEFLEUR, M.H.; KEARNEY, P.; PLAX, T.G. & DEFLEUR, M.L. (2005). Fundamentos de Comunicación Humana. México D.F. McGraw-Hill.
ELÍAS, C. (2015). Big data y periodismo en la sociedad red. Madrid: Editorial Síntesis.
FLORES, J. M. (Coord.) (2013). Contenidos y servicios periodísticos en las redes sociales, Madrid: Editorial Fragua.
LEITH, S. (2012). ¿Me hablas a mí?: La retórica desde Aristóteles hasta Obama: Madrid. Taurus.
LÓPEZ, X. & GARCÍA, B. (2009). Construíndo a realidade. Santiago de Compostela: Edicións Lea.
LLEDÓ, E. (1984). La memoria del Logos. Madrid: Ed. Taurus.
MESO, K.; AGIRREAZKUENAGA, I. & LARRONDO, A. (Eds.) (2015). Active audiences and Journalism. Analysis of the quality and regulation of the user generated contents, Bilbao: Universidad del País Vasco.
MUMFORD, L. (1971). Técnica y Civilización. Madrid: Alianza Universidad.
ONG, W. (1987). Oralidad y escritura. México DF: Fondo de Cultura Económica.
PLATÓN (2000). Diálogos III. Barcelona: Ed. Gredos.
WALLAS, G. (2005). Formación mental y crisis mundial. CIC. Cuadernos De Información Y Comunicación, 10, 33-46. https://revistas.ucm.es/index.php/CIYC/article/view/CIYC0505110033A
BÁSICAS E XERAIS
a) Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas.
b) Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos e a súa capacidade de resolución de problemas en novas contornas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares).
c) Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexión sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicacións dos seus coñecementos e xuízos.
d) Que os estudantes saiban comunicar a súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que os sustentan- a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
e) Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT01 - Elaborar e xestionar contidos informativos
ESPECÍFICAS
CE17 - Executar tarefas de alfabetización informativa que lles permitan identificar efectos da intoxicación e seleccionar os contidos con criterios de utilidade.
- Elaborar e xestionar contidos informativos.
- Executar tarefas de alfabetización informativa que lles permitan identificar efectos da infoxicación e seleccionar os contenidos con criterios de utilidade.
- Reflexionar e debater sobre temas de actualidade en comunicación.
A metodoloxía docente combinará (1) sesións expositivas de soporte teórico en que se esixirá a implicación do alumnado, (2) clases interactivas, (3) sesións de titorías en grupo, (4) debates e dinámicas de grupo, (5) traballos titorizados tanto individuais coma en grupo e (6) lecturas recomendadas. Equilíbranse as achegas expositivas e interactivas cun manexo progresivo de explicación de conceptos teóricos e exercicios prácticos acerca do papel das redes sociais na engrenaxe de produción informativa e como sistema de empoderamento cidadán, o que lle permitirá ao alumnado participar en debates abertos cunha postura crítica e construtiva.
A metodoloxía da ensinanza contempla en todo caso o uso do campus virtual e a programación de actividades en remoto.
O documento Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso académico 2020-2021, aprobado polo Consello de Goberno o 19 de xuño de 2020, define na súa base terceira tres posibles escenarios para considerar e na súa base quinta recolle as medidas de adaptación da docencia a cada un dos escenarios definidos. A partir dese documento a adaptación da metodoloxía da ensinanza a cada un dos posibles escenarios realizarase dos xeitos que seguen:
a) Escenario 1: normalidade adaptada
Neste escenario a docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. Empregarase o campus virtual como reforzo da actividade presencial e para a programación de actividades interactivas de carácter asíncrono. O seguimento das tarefas en remoto realizarase mediante a programación de entregas.
b) Escenario 2: distanciamento
Neste escenario a docencia presencial convivirá coa virtual. A docencia virtual impartirase a través de MS Teams de xeito síncrono e respectando os horarios establecidos. Empregarase o campus virtual como reforzo da docencia presencial e para a programación de actividades de carácter tanto síncrono como asíncrono, combinando as tarefas individuais con outras que fomenten o traballo colaborativo. Preténdense potenciar a aprendizaxe autónoma do alumnado, polo que se prevé a inclusión de elementos de retroalimentación ou autoavaliación. O seguimento das tarefas en remoto realizarase mediante a programación de entregas.
c) Escenario 3: peche das instalacións
Neste escenario a docencia será exclusivamente virtual. Impartirase a través de MS Teams de xeito sincrónico e respectando os horarios establecidos. Tamén se empregará o campus virtual para a programación de actividades de carácter tanto síncrono como asíncrono, combinando as tarefas individuais con outras que fomenten o traballo colaborativo. Preténdense potenciar a aprendizaxe autónoma do alumnado, polo que se prevé a inclusión de elementos de retroalimentación ou autoavaliación. O seguimento das tarefas en remoto realizarase mediante a programación de entregas.
A avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos, procedementos e actitudes que vaia adquirindo cada estudante. Durante o desenvolvemento das sesións o profesor fixará actividades tanto orais como escritas que permitirán avaliar o progreso do alumnado.
a) Escenario 1: normalidade adaptada
Neste escenario a materia avaliarase mediante o sistema de avaliación continua.
b) Escenario 2: distanciamento
Neste escenario a materia avaliarase mediante o sistema de avaliación continua.
c) Escenario 3: peche das instalacións
Neste escenario a materia avaliarase mediante o sistema de avaliación continua.
Segunda oportunidade
Estes sistemas de avaliación serán aplicables para as dúas oportunidades. Se o estudante ten aprobada unha parte da materia (teoría ou práctica) na primeira oportunidade, gardaráselle a nota para a segunda.
En caso de dispensa de asistencia á clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de ‘Non Presentado’.
A detección de plaxios ou dun uso indebido das tecnoloxías para a realización das tarefas en remoto penalizarase coa cualificación de suspenso.
A materia consta de tres créditos ECTS (75 horas). O alumnado deberá dedicar 26 horas de asistencia (presencial ou virtual, segundo as circunstancias) e 49 horas de traballo persoal e autónomo para a preparación e a realización das actividades programadas:
As horas de asistencia repártense do seguinte xeito:
- 12 horas de sesións expositivas
- 10 horas de sesións interactivas
- 2 horas para titorías en grupo
- 2 horas para actividades de avaliación
O tempo estimado de traballo persoal divídese como segue:
- 10 horas para estudo autónomo, individual ou en grupo
- 10 horas para escritura de exercicios, conclusións e outros traballos
- 29 horas para programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio
As recomendacións para o estudo da materia son comúns aos tres escenarios, pois a recomendación xeral para o aproveitamento da materia é realizar un traballo continuo ao longo de todo o curso, posto que non se trata só da adquisición de coñecementos, senón tamén de habilidades e actitudes que unicamente se poden alcanzar cun seguimento constante e permanente.
De igual xeito, é recomendable que o alumnado interiorice os conceptos teóricos para poder aplicalos nas sesións interactivas, posto que, de non ser así, estas carecían de sentido e non cumprirían os obxectivos para os que foron planeadas e deseñadas.
Finalmente, recoméndase o seguimento da actualidade nos medios de comunicación, dominar as redes sociais e facer uso das horas de titorías.
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Ricardo Rodriguez Ruiz
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881811000
- Correo electrónico
- ricardo.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-20:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Venres | |||
16:00-20:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |