Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
• A investigación en Comunicación.
• A comunicación dentro das Ciencias Sociais.
• Perspectivas metodolóxicas e a súa aplicación á comunicación. Achegas epistemológicas e metodolóxicas para a Teoría da Comunicación desde novos ámbitos.
• Estudos interculturais, etnográficos e do discurso.
• Os métodos cuantitativos na investigación. Evolución e panorama actual na Mass Communication Research
• Métodos e técnicas para o rexistro e tratamento de datos na análise das prácticas comunicativas.
• A observación e a experimentación.
• As enquisas e os cuestionarios. Definición de conceptos e ámbitos de aplicación. Elaboración, xestión e análise interpretativo das enquisas.
• A análise de contido: Orixe e definición. Campos de aplicación.
• Estudo de caso e realización de suposto práctico de planificación metodolóxica cualitativa para unha investigación real
Capacitar ó alumno en técnicas e métodos de investigación cuantitativos e cualitativos en Ciencias Sociales, en xeral, e en metodoloxía de investigación en Comunicación, en particular, para abordar indistintamente a planificación dun método de investigación científica ou aplicalo a rutinas productivas de investigación periodística.
Contidos teóricos
A investigación en Comunicación. A comunicación dentro das Ciencias Sociais. Perspectivas metodolóxicas e a súa aplicación á comunicación. Aportacións epistemolóxicas e metodolóxicas para a Teoría da Comunicación desde novos ámbitos. Estudos interculturais, etnográficos e do discurso. Os métodos cuantitativos e cualitativos na investigación. Evolución e panorama actual na Mass Communication Research. Métodos, técnicas, instrumentos e ferramentas para o rexistro e tratamento de datos na análise das prácticas comunicativas. Definición de conceptos metodolóxicos e ámbitos de aplicación.
A asignatura compleméntase coa oferta do uso de bases documentais e de explotación visual de datos.
Contidos de seminario e prácticos
Estudo de casos e realización de supostos prácticos de planificación metodolóxica cuantitativa e cualitativa para unha investigación real.
Temario
Tema 1. A investigación en Comunicación
Tema 2. Os métodos cuantitativos e cualitativos
Tema 3. Métodos, técnicas, instrumentos e ferramentas para o rexistro, tratamento e análise de datos no ámbito das Ciencias Sociais e da Comunicación.
Tema 4. Cómo se plantexa unha investigación e cómo se desenvolve. Fases e posibilidades:
a) Deseño, organización, planificación e execución.
b) Plantexamento, metodoloxía, documentación e desenvolvemento.
c) Exposición de motivos, plantexar o problema, enfocalo, definilo e desenvolvelo.
Procesos necesarios nunha investigación: observar, establecer as características diferenciais, identificar os elementos, descubrir, describir, denominar, definir, clasificar, organizar, catalogar e categorizar, comparar, analizar e interpretar os datos.
Tema 5. Análise dos feitos (ou dos datos) e valoración. A diferencia entre a exposición de datos e a análise, que pode ser descriptiva, comparativa, crítica, interpretativa ou explicativa.
Tema 6. Modalidades de investigación: interdisciplinar e multidisciplinar, teórica, práctica, empírica, básica, aplicada, estudo de caso, cuantitativa, cualitativa, comparativa e lonxitudinal. A triangulación.
Tema 7. Principais métodos cuantitativos. As enquisas e os cuestionarios: elaboración, xestión e análise interpretativo.
Tema 8. Principais métodos cualitativos: observación participante e non participante (observación directa), entrevista (en profundidade, semiestructurada, etc.), grupo de discusión ou focus group, DAFO y DELPHI.
Tema 9. Análise de contido e análise do discurso (crítico)
Tema 10. A observación e a experimentación.
Tema 11. Estándares de calidade, estándares de referencia e estándares de traballo (de calidade) homologados.
NOTA: Os contidos son idénticos nas dúas modalidades de docencia, presencial e virtual, esta última de ser o caso.
Bibliografía básica
Alonso, Luis Enrique: La mirada cualitativa en sociología. Madrid: Fundamentos, 1998.
Cea D’Ancona, María Ángeles: Metodología cuantitativa. Estrategias y técnicas de investigación social. Madrid: Síntesis, 1996.
Delgado, Juan Manuel y Gutiérrez, Juan (coords.): Métodos y técnicas cualitativas de investigación en ciencias sociales. Madrid: Síntesis, 1998.
Igartua Perosanz, Juan José: Métodos cuantitativos de investigación en comunicación. Barcelona: Bosch, 2006.
Krippendorff, Klaus: Metodología del análisis de contenido. Teoría y práctica. Barcelona: Paidós, 1990.
Bibliografía complementaria
Bericat, Eduardo: La integración de los métodos cuantitativo y cualitativo en la investigación social. Barcelona: Ariel, 1998.
Callejo Gallego, Javier: El grupo de discusión: introducción a una práctica de investigación. Barcelona: Ariel, 2001.
Conde Gutiérrez del Álamo, Fernando: Análisis sociológico del sistema de discursos. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS), 2010.
Del Rincón, Delio; Arnal, Justo; Latorre, Antonio y Sans, Antonio: Técnicas de investigación en ciencias sociales. Madrid: Dykinson, 1995.
Hernández Sampieri, Roberto; Fernández-Collado, Carlos y Baptista Lucio, Pilar: Metodología de la investigación. México: McGraw-Hill, 2006 (cuarta edición).
Martínez Nicolás, Manuel (coord.): Para investigar la comunicación. Propuestas teórico-metodológicas. Madrid: Tecnos, 2008.
Valles, Miguel S.: Técnicas cualitativas de investigación social. Reflexión metodológica y práctica profesional. Madrid: Síntesis, 1997.
BÁSICAS E XERAIS
CG01 - Coñecer dinámicas, produtos e soportes para a produción, xestión e difusión do coñecemento
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
TRANSVERSAIS
Non existen datos
ESPECÍFICAS
CE07 - Capacitar ao alumnado en técnicas e métodos cualitativos de investigación para planificar e desenvolver unha investigación científica en Xornalismo e/ou Comunicación
Capacitar ó alumno nas técnicas e nos métodos cuantitativos e cualitativos para planificar e desenvolver unha investigación científica en Xornalismo ou en Comunicación.
NOTA: As competencias a conseguir son as mesmas nas dúas modalidades de docencia, presencial e virtual, esta última de ser o caso.
A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas, xa que incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas e prácticas, traballos individuais e grupais titorizados, e estudos de caso, fomentando en todo momento a implicación do alumno no seu proceso formativo. Estan previstas actividaes en remoto.
NOTA: Están previstas actividades en remoto, a través del campus virtual. En este caso, la docencia se impartirá de manera síncrona. Para el seguimiento de las mismas se llevará a cabo una programación de entregas.
A avaliación será continua, de acordo cos procedimentos fixados polo profesor para medir a implicación do alumno no desenvolvemento do programa da asignatura e o nivel de aproveitamento dos contidos. Poderase programar un exame para avaliar os coñecimentos adquiridos e terase en conta o resultado das actividades e/ou traballos desenvoltos nas horas de prácticas interactivas. De non ser posible o exame presencial, levarase a cabo en remoto.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
O alumno terá que dedicar 42 horas de traballo presencial e 108 horas de traballo persoal na preparación e realización das actividades programadas.
Lectura das referencias bibliográficas que constan no programa da asignatura e do material de apoio que se facilitará na clase para completar as explicacións teóricas.
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Fermin Galindo Arranz
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816528
- Correo electrónico
- fermin.galindo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Enrique Castello Mayo
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816529
- Correo electrónico
- enrique.castello [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Martes | |||
16:00-20:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Mércores | |||
16:00-20:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
16:00-20:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |