Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Novos xéneros e novas linguaxes informativas.
- Construción informativa na nova narrativa transmedia.
- Axendas informativas e actores protagonistas da información.
- Novos enfoques informativos: criterios de selección e jerarquización da información.
- Novas formas de presentar a información: elementos narrativos de apoio á construción do relato informativo.
Narrativa xornalísticas: novos xéneros e linguaxes é unha materia incluída nos contidos obligatorios do máster en Xornalismo e Comunicación: Novas tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento, que no plan de estudos figura no primeiro semestre e que ten 6 créditos ECTS (dezaoito horas de expositivas e vinte e catro de laboratorio).
O obxectivo prioritario da materia é que o alumno adquira coñecementos que lle permitan entender as características das actuais narrativas xornalísticas e as características dos novos xéneros e linguaxes, así como a forma en que se producen, difúndense e se gestionan na sociedade rede, nos produtos nativos dixitais e nos produtos matriciais.
Xéneros e formatos nos cibermedios. Reportaxe e crónica como xéneros narrativos nos cibermedios. Orixe e evolución das narrativas multimedia. Novas narrativas no xornalismo de datos. Narrativas transmedia. Narrativas inmersivas. A experimentación como alternativa nun ecosistema comunicativo en tránsito.
Os contidos do curso xirarán, xa que logo, arredor do estudo e capacitación na tecnoloxía, a análise e a expresión das narrativas xornalísticas actuais, con atención aos antecedentes, a situación actual e as tendencias. O programa inclúe cuestións relativas á teoría e á técnica das narrativas actuais, así como aos novos xéneros e linguaxes.
Contidos teóricos
Os contidos teóricos centrais xirarán ao redor dos conceptos básicos das narrativas xornalísticas e das cuestións relativas á teoría e a técnica para a construción dos novos xéneros e linguaxes para os cibermedios. O descriptor da materia inclúe os seguintes aspectos: Como se conta unha historia para un cibermedio, as dimensións do relato, orixe e evolución das narrativas nos cibermedios, características dos novos xéneros e linguaxes, tendencias narrativas nos cibermedios actuais, proxectos experimentais para os cibermedios
Contidos de seminario e prácticos
Os contidos de seminario e prácticos centrais xirarán arredor da análise de produtos narrativos, de novos xéneros e linguaxes a fin de identificar as súas características. A partir de lecturas e da análise de produtos, o alumnos deberá deseñar un proxecto de narrativa xornalística para un cibermedio que inclúa aspectos dos novos xéneros e novas linguaxes. O alumno elaborará pezas con novas narrativas informativas para tódolos soportes, para o que deberá contar con materiais funxibles e produtos de apoio para elaborar pezas multimedia, de realidade virtual e de xestión é procesado de datos. Traballará con software para produtos multimedia e con hardware existente nas aulas de informática para producir textos, sons, imaxes e vídeos. Pode precisar apoio para algunha peza de plató. A peza final editarase e difundirase. Estes contidos de seminario e prácticos están relacionados cos contidos teóricos.
Temas do programa
Tema 1: Xéneros e formatos nos cibermedios.
Que entendemos por xénero
Que entendemos por formato
A súa aplicación aos cibermedios
Tema 2: Reportaxe e crónica como xéneros narrativos nos cibermedios.
A reportaxe na historia do xornalismo
A crónica na historia do xornalismo
Estrutura e modelos de reportaxe
Estrutura e modelos de crónica
Tema 3: Orixe e evolución das narrativas multimedia.
Os elementos que definen as narrativas multimedia
As grandes etapas das narrativas multimedia
Tema 4: Novas narrativas no xornalismo de datos.
O big data
O xornalismo de datos
Modelos de narrativas con datos
Tema 5: Narrativas transmedia.
O transmedia
Evolución e desafíos do transmedia
Tema 6: Narrativas inmersivas.
A realidade virtual e as narrativas inmersivas
Evolución e desafíos das narrativas inmersivas
Tema 7: A experimentación como alternativa nun ecosistema comunicativo en tránsito.
Os laboratorios de experimentación narrativa
A experimentación como camiño no campo das narrativas
Bibliografía básica
-DOMÍNGUEZ, E. (2013): Periodismo inmersivo: fundamentos para una forma periodística basada en la interfaz y la acción. Barcelona: Universidad Ramón Llull. Tesis doctoral. Accesible en: http://www.evadominguez.com/p/thesis-on-immersive-journalism.html. También en: https://www.academia.edu/3206171/Periodismo_inmersivo._Fundamentos_para….
-ELÍAS, C. (2015): Big data y periodismo en la sociedad red. Madrid: Síntesis.
-HERNÁNDEZ, R.K./RUE, J. (2015): The Principles of Multimedia Journalism: Packaging Digital News. New York: Routledge. Accesible parcialmente en: https://books.google.es/books?id=utEBCgAAQBAJ&pg=PT81&lpg=PT81&dq=Mille….
-LÓPEZ, X./TOURAL, C./RODRIGUEZ VÁZQUEZ, A.I. (2016): Software, estadística y gestión de bases de datos en el perfil del periodista de datos. Accesible en: http://www.elprofesionaldelainformacion.com/contenidos/2016/mar/16.pdf.
-SCOLARI, C.A. (2013): Narrativas transmedia: cuando todos los medios cuentan. Barcelona: Deusto Ediciones.
WITSCHGE, T.;ANDERSON, C.W.; DOMINGO, D.; HERMIDA, A. -Edited by- (2016): The SAGE Handbook of Digital Journalism. London:SAGE.
Bibliografía complementaria
- DÍAZ NOCI, J./SALAVERRÍA, R. (2003): Manual de Redacción Ciberperiodística. Barcelona: Ariel.
KALOGERAS, S. (2014): Transmedia Storytelling and the New Era of Media Convergence in Higher Education. London: Palgrave Macmillan.
-MILLER, C. H. (2013): Digital Storytelling. A Creator’s Guide to Interactive Entertainment. Second Edition. New York/London:Focal Press. Accesible parcialmente en: http://www.amazon.com/Digital-Storytelling-creators-interactive-enterta….
-SAMPEDRO, V. (2014): El cuarto poder en red. Barcelona: Icaria.
BÁSICAS E XERAIS
CG03 - Analizar ou executar os procesos de produción, xestión e difusión do coñecemento a través de contidos informativos
CB10 - Que os alumnos teñan as destrezas de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando de forma autogestionada ou autónoma
TRANSVERSAIS
CT02 - Idear e crear produtos multimedia
ESPECÍFICAS
CE02 - Analizar os novos xéneros e novas linguas do xornalismo eo seu uso no estudo e análise das consecuencias da hibridación dos medios de comunicación.
O alumnado profundará no estudo e na análise dos novos xéneros e das novas linguaxes xurdidas como consecuencia da evolución do xornalismo. A modernización dos medios permiten novas formas de narrar e, ao mesmo tempo, as demandas do público esixen unha linguaxe adaptada aos novos contextos. Tamén se capacitará ao alumnado no estudo e na análise dos novos criterios xornalísticos establecidos polos medios para afrontar unha realidade informativa sometida a cambios permanentes; e no estudo e na análise das consecuencias da hibridación dos medios de comunicación agora que os diferentes soportes asumiron funcións e características que antes correspondían a un soporte determinado, e este proceso obrigou a modificar moitos criterios informativos. Como resultado da aprendizaxe, deberán demostrar que dominan os recursos e as linguaxes que se requiren para traballar en calquera soporte.
Polo tanto, o obxectivo prioritario da materia é que o alumno adquira coñecementos que lle permitan entender as características das narrativas xornalísticas actuais e como se constrúen narrativas non secuenciales con dimensións multimedia, hipermedia e interactivas. A materia debe contribuír a que o alumno teña competencias e habilidades para a construción de relatos de non ficción para os cibermedios en clave multimedia, transmedia e inmersiva.
A metodoloxía docente enmárcase no constructivismo e combinará diferentes técnicas (incluirá clases magistrales teóricas, clases de seminario teóricas, clases de seminario prácticas, traballos individuais e grupales tutorizados, estudos de caso…), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. Ademais, o estudante realizará un proxecto final da materia para logo executalo na materia de laboratorio.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
A avaliación será continua, polo que haberá un seguimiento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumno. Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán basicamente:
a. Proba de coñecementos
b. Exposición dunha narrativa
c. Participación activa e positiva nos seminarios.
d. Avaliación dos proxectos ou estudos de caso formulados ao longo do curso.
e. Resultado de actividades e/ou traballos das prácticas interactivas
De non ser posible o exame presencial, a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo das sesións docentes.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
O alumno terá que dedicar 42 horas de traballo presencial e 108 horas de traballo de preparación e de realización das actividades programadas.
Seguimiento das narrativas nos cibermedios (en especial, reportaxe, crónica e entrevista), seguimiento das actividades programadas e seguimiento do material que se actualizará na páxina da materia (www.novosmedios.org/xornalismo) e na plataforma do campus virtual da USC.
A programación das exposicións e debates farase na primeira sesión de teoría.
Plan de continxencia
A vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Xose Lopez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816536
- Correo electrónico
- xose.lopez.garcia [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jorge Vázquez Herrero
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816526
- Correo electrónico
- jorge.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-20:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Mércores | |||
16:00-20:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
16:00-20:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Venres | |||
16:00-20:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |