Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
· Novos formatos e novos medios de comunicación.
· Narrativa multimedia e novos formatos
· Análise de exemplos de produtos interactivos emerxentes
· Estratexias de contido para redes sociais: Instagram, Twitter e Facebook
O obxectivo desta materia obrigatoria é establecer as bases do coñecemento relacionado coa produción e o consumo da información en produtos que destacan pola súa novidade, ben no formato ou ben no soporte. O estudante debe rematar a materia coñecendo a relación que debe existir entre os conceptos de interatividade, visualización e produción informativa coa construción de novos formatos e novos produtos informativos.
Contidos teóricos
Tema 1. Novos formatos e novos soportes para a comunicación
Expoñerase o concepto de novo formato e novo soporte e definiranse as súas características
Tema 2. Narrativa multimedia e novos formatos
Estudarase o concepto de interacción e a súa evolución nos contextos dixitais
Tema 3. Análise de exemplos de produtos interactivos emerxentes
Analizaranse os mecanismos de ideación e crecemento dos produtos que supoñen unha evolución na produción informativo e nas pautas de consumo, con especial atención aos formatos móbiles. Analizaranse os proceso de converxencia e de especialización.
Tema 4. Estratexias de contido para redes sociais: Instagram, Twitter e Facebook
Analizaranse as principais tendencias mundiais na produción informativa e a comunicación interactivo en redes sociais.
Contidos prácticos
Ao longo desta materia desenvolveranse os seguintes exercicios prácticos:
Práctica 1 (grupal). Creación dun medio dixital propio para a elaboración de información de produción propia, o seguemento de últimas horas, o traballo en redes sociais e a ideación de solucións innovadoras a través dun laboratorio. Búscase aplicar os coñecementos sobre xestión da información en redes sociais, o xornalismo móbil e a innovación en novos formatos e soportes.
Práctica 2 (grupal). Creación dun especial multimedia (empregarase a ferramenta Shorthand ou Adobe Spark).
Prácticas 3 e 4 (individual ou grupal). Uso de ferramentas multimedia e adaptación de contidos para redes sociais.
No caso de ter que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, proporanse prácticas que o alumnado poda facer a distancia (online), tanto de xeito individual como en grupo, empregando as
técnicas e tecnoloxías de produción da información multimedia.
Bibliografía básica
Aguado, J. M. (2004). E-comunicación: dimensiones sociales y profesionales de la comunicación en los nuevos entornos tecnológicos. Sevilla: Comunicación Social.
Happer, C., & Philo, G. (2016). New approaches to understanding the role of the news media in the formation of public attitudes and behaviours on climate change. European Journal of Communication, 31(2), 136-151. http://doi.org/10.1177/0267323115612213
Nieminen, H. (2016). Digital divide and beyond: What do we know of Information and Communications Technologys long-term social effects? Some uncomfortable questions. European Journal of Communication, 31(1), 19-32. http://doi.org/10.1177/0267323115614198
Peña-Fernández, S., Lazkano-Arrillaga, I., & García-González, D. (2016). European Newspapers’ Digital Transition: New Products and New Audiences. Comunicar, 24(46), 27-36. http://doi.org/10.3916/C46-2016-03
Bibliografía complementaria
Aguado, J. M., Feijóo, C., & Martínez, I. J. (Eds.). (2013). La comunicación movil: hacia un nuevo ecosistema digital. Barcelona: Gedisa.
Casero-Ripollés, A. (2012). Beyond Newspapers: News Consumption among Young People in the Digital Era. Comunicar, 23(45), 151-158. http://doi.org/10.3916/C39-2012-03-05
Díaz-Noci, J. (2009). Multimedia and Reading Ways: a State of the Art. Comunicar, 17(33), 213-219. http://doi.org/10.3916/c33-2009-03-013
Foust, J. C. (2009). Online journalism: principles and practices of news for the Web (2nd ed). Scottsdale, Ariz: Holcomb Hathaway.
Karlsen, R. (2015). Followers are opinion leaders: The role of people in the flow of political communication on and beyond social networking sites. European Journal of Communication, 30(3), 301-318. http://doi.org/10.1177/0267323115577305
Koenitz, H., Ferri, G., Haahr, M., Sezen, D., & Sezen, T. I. (Eds.). (2015). Interactive digital narrative: history, theory and practice. New York: Routledge, Taylor & Francis Group.
Rosenfeld, L., & Morville, P. (2006). Information Architecture for the World Wide Web (3a ed). Cambridge [etc.]: O’Reilly.
Salaverría, R., & Negredo, S. (2008). Periodismo integrado: convergencia de medios y reorganización de redacción. Barcelona: Sol 90 Media.
Singer, J. B. ( (Ed.). (2011). Participatory journalism: guarding open gates at online newspapers. West Sussex: Wiley-Blackwell.
BÁSICAS E XERAIS
CG04 - Coñecer a estrutura dos produtos para a rede, a edición de produtos multimedia e arquitectura e deseño de rede
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionan unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e / ou aplicación das ideas, a miúdo nun contexto de investigación
TRANSVERSAIS
CT04 - Usar tecnoloxías de comunicación multimedia e hipermedia
ESPECÍFICAS
CE03 - Xestionar información e comunicación en novos formatos e novos medios para narrar e transmitir información
Os estudantes e as estudantes adquirirán as competencias básicas para xestionar información e facer comunicación en novos formatos e en novos soportes. Do mesmo xeito, adquirirán a metodoloxía para manterse informado da evolución dos novos produtos que puideran influír no xeito de narrar ou de transmitir a información. A materia oriéntase a promover unha continua actualización para incorporar ás rutinas produtivas os cambios derivados dun escenario comunicativo en transformación constante.
A materia fundaméntase nun reparto equilibrado das horas expositivas, de revisión de supostos prácticos, a aplicación práctica das achegas teóricas e da lectura dos documentos propostos polo profesor.
Na parte expositiva, a metodoloxía a seguir será unha combinación entre a clase maxistral e a participación dos estudantes. En canto ás sesións interactivas, a metodoloxía fundamentarase no formato de grupos de discusión e de organización equipos de traballo para as prácticas individuais e grupais. Todas estas propostas complementarase cun apoio titorial individual e por grupo.
No caso de ter que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, reforzaranse as aulas a través do Campus Virtual da USC, tanto na parte teórica como práctica. Combinaranse os exercicios
individuais cos grupais, e o sistema de entrega será a través da aula virtual.
Ademáis, empregaranse o OneDrive, para a realización de prácticas colaborativas; o MS Forms, en caso de ser preciso elaborar cuestionarios; e a plataforma MS Teams para as conexións síncronas co alumnado (aulas expositivas, interactivas ou titorías), entre
outras. Adaptarase o cronograma de entrega das prácticas ao escenario online, comunicándoselle oportunamente ao alumnado a través da aula virtual.
Nesta materia, a avaliación será continua a partir dos seguintes elementos:
a. Prácticas realizadas durante as clases interactivas (90%)
- Prácticas 1 e 2: 60%
- Prácticas 3 e 4: 30%
b. Participación activa e positiva nos seminarios (10%)
A materia considerarase superada cando se resolvan satisfactoriamente os exercicios propostos polo profesor e se aproben as probas avaliadoras que se realicen
No caso de ter que aforntar un escenario donde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, adoptarase un sistema de avaliación continua sen proba específica.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
O alumno terá que dedicar 42 horas de traballo presencial e 108 horas de traballo de preparación e realización das actividades programadas.
Participación activa nas sesións presenciais, coñecemento dos conceptos teóricos explicados e fundamentados na bibliografía e realización das probas avaliadoras propostas.
Plan de continxencia:
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Alba Silva Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alba.silva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Cruz Negreira Rey
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Martes | |||
16:00-20:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Mércores | |||
16:00-20:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
16:00-20:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |