Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.7 Horas de Titorías: 1 Clase Interactiva: 0.3 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
·Os principais obxectivos desta actividade radican na aprendizaxe de técnicas concretas asimiladas á especialidade elixida polo alumno ou a contidos globais do máster, así como á adquisición dos coñecementos nas contornas profesionais de traballo. Inclúese, tamén, o coñecemento de rutinas de produción e de creación de contidos, de produtos ou de xestión estratéxica de comunicación organizacional. O carácter da materia obriga a establecer unhas bases en canto á distribución horaria e á tipología das tarefas a desenvolver nas empresas ou institucións que sempre han de estar relacionadas directamente coa formación e as competencias adquiridas polo alumnado do máster en Xornalismo e Comunicación: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento.
Aprendizaxe de técnicas concretas dentro da especialidade seleccionada polo estudante.
Coñecemento de entornos profesionais de traballo. Coñecemento de rutinas de produción e de creación.
O carácter propio da materia obriga a establecer unhas bases en canto á distribución horaria e tipoloxía das tarefas a desenvolver nas empresas, que sempre han de estar relacionadas directamente coa formación e as competencias adquiridas polos estudantes do Máster de Comunicación e Industriais Culturais.
Non é necesaria para esta tarefa.
BÁSICAS E XERAIS
CG03 - Analizar ou executar os procesos de produción, de xestión e de difusión do coñecemento a través de contidos informativos
TRANSVERSAIS
Non existen datos
ESPECÍFICAS
Non existen datos
As prácticas a realizar nas institucións ou empresas relacionas co ámbito da comunicación audiovisual teñen uns obxectivos amplos. Preténdese que o estudante estableza contacto co mundo exterior da formación universitaria de máster para completar a formación especializada que recibe no propio Máster. Para isto deberá realizar esta actividade nalgunha das empresas e institucións conveniadas coa USC co obxectivo de aprender e alcanzar a experiencia necesaria para acceder nun futuro ao mercado laboral.
A metodoloxía de ensinanza fundaméntase na aprendizaxe práctica dentro do ámbito de especialización elixido polo estudante. Cada alumno/a terá asignada unha tarefa relacionada coa formación impartida no Máster dentro da empresa colaboradora. A supervisión nas instalacións da entidade colaboradora será realizada por unha persoa designada a tal efecto. Pola contra, a supervisión dos avances na aprendizaxe xeral corresponderá ao titor-profesor asignado pola dirección do Máster a cada estudante.
Os criterios de avaliación virán establecidos segundo acordo establecido entre as institucións e/ou empresas e a Facultade de Ciencias da Comunicación, de acordo coa normativa vixente.
O tempo de traballo persoal será estimado en cada caso polos convenios que regulen a relación entre a entidade colaboradora e a USC.
En ningún caso poderá ser superior a 15 horas á semana durante o curso académico e 30 horas á semana cando non haxa docencia presencial.
Non son necesarias para esta materia.
Berta Garcia Orosa
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816524
- Correo electrónico
- berta.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade