Ir o contido principal

Máster Interuniversitario en Acuicultura

Este Mestrado Oficial foi deseñado para cubrir as necesidades profesionais e de investigación en todas as áreas relacionadas coa Acuicultura. O sistema empregado para o seu deseño implicou un esforzo de máis de tres anos de reunións continuas, durante as cales participaron expertos de distintas áreas relacionadas coa Acuicultura, e contando co asesoramento directo de profesionais do sector.

Para asegurar o seu éxito, o mestrado compaxinou os enfoques académico, profesional e investigador. Por iso, non só participan as tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG), senon tamén todos os entes sociais que en Galicia están implicados en calquera área relacionada coa Acuicultura, incluíndo centros de formación (Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA)), centros de investigación (Instituto Español de Oceanografía (IEO), Instituto de Investigacións Marinas CSIC; Centro de Investigacións Mariñas (CIMA)), así como asociacións e clústers de empresas como o Cluster de Acuicultura de Galicia e a Organización de Productores de Mexilón de Galicia (OPMEGA).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.12.2023.