Ir o contido principal

Alumnado

Alumnado

Imaxe representativa

Os sistemas de apoio á admisión do estudantado estarán baseados en:

  • Os servizos de apoio e orientación ao estudantado das 3 universidades do SUG participantes no mestrado.
  • As áreas de apoio e orientación dos equipos decanais das facultades adscritas ao mestrado en cada unha das universidades.
  • A divulgación e orientación que ofrezan os coordinadores do mestrado en cada unha das 3 universidades.
  • A información que se porá a disposición do estudantado na páxina web do programa e nas páxinas web institucionais das universidades e centros participantes.
  • As campañas de divulgación que realicen os membros da Comisión de Coordinación do mestrado nas distintas facultades cuxo estudantado poida acceder ao mestrado.

 

Respecto da atención a cuestións derivadas da existencia de necesidades educativas especiais, incluíndo as de estudantado con algunha discapacidade, se levará a cabo, para cada caso, en colaboración co Servizo de Participación e Integración Universitaria:

Ligazóns de interese

Asesoramento do alumno na organización da matrícula

Inmediatamente tras a súa preinscrición, ao alumno asígnaselle, como titor, un profesor universitario do Mestrado, da súa universidade, asignado pola Comisión de Coordinación, que fará de apoio e asesoramento ao alumno ao longo do seu proceso académico, axudándolle en aspectos relativos a como compaxinar docencia e prácticas, como interrelacionar os contidos de distintas materias, como abordar o estudo e preparación de clases, etc. A súa primeira misión será a de asesorarlle sobre que materias debe elixir en función do seu interese na orientación do Mestrado, e segundo as seguintes pautas:

  1. A todo o estudantado se lle indica a obrigatoriedade de matricularse nas 8 materias obrigatorias (6 do Módulo Básico, unha do Módulo de Patoloxía e outra do Módulo de Cultivo I).
  2. Se o estudantado ten un interese meramente académico, ou se non ten definido o seu interese por ningunha orientación, permíteselle elixir calquera materia optativa de todos os módulos, coa orientación do titor, quen, necesariamente, deberá advertirlle do tipo de titulación que obterá neste caso (Mestrado en Acuicultura, sin especialidade).
  3. Se o estudantado ten interese por ser profesional da produción, indícaselle a necesidade de elixir a especialidade en Produción Acuícola, notificándolle que obterá finalmente a titulación de Mestrado en Acuicultura-Especialidade Produción Acuícola.
    • Se o estudantado non quere definirse por ningún perfil produtivo específico (calquera tipo de empresa de produción), aconséllaselle matricularse en 30 ECTS elixidos dentro do itinerario, o que lle permitirá cubrir as necesidades xerais de calquera empresa do sector produtivo. Neste caso, deberá matricularse, necesariamente, das 4 materias vinculadas (Diagnose de enfermidades, Calidade e xestión da auga, Xestión de empresas acuícolas e Cultivo de microalgas e zooplancton).
    • Dependendo do interese específico, aconséllaselles matricularse coas seguintes pautas:
      • Interese por cultivo de peixes: Se lle aconsellará matricularse necesariamente nas 3 materias vinculadas (Diagnose de enfermidades, Calidade e xestión da auga, e Cultivo de microalgas e zooplancton), ademáis de en Cultivo de peixes, co que completaría o mínimo de 18 ECTS en materias teórico-prácticas necesarios para obter a especialidade; para os restantes 12, poderá elixir entre todas as demais materias. Para completar esta especialidade, é requisito, ademáis de matricularse no TFM, elixir Prácticas en empresa ou Proxecto novidoso (vinculadas á especialidade Produción Acuñicola).
      • Interese por cultivo de invertebrados: Aconséllaselle matrícularse necesariamente nas 3 materias vinculadas (Diagnose de enfermidades, Calidade e xestión da auga, e Cultivo de microalgas e zooplancton), ademáis de Cultivo de Moluscos Bivalvos, co que completaría o mínimo de 18 ECTS en materias teórico-prácticas necesarios para poder obter a especialidade, ou Cultivo de Outros invertebrados, e nese caso debería completar con outra materia de 3 ECTS do mesmo itinerario; para os 12 restantes, poderá elixir entre todas as demáis materias. O igual que no caso anterior, para completar esta especialidade, é requisito, ademáis de matricularse no TFM, elixir Prácticas en empresa ou Proxecto Novidoso (vinculadas á especialidade Produción Acuícola).
  4. Se o estudantado ten interese pola orientación investigadora, indicaráselle a necesidade de elixir a especialidade Biotecnoloxía en Acuicultura, cun mínimo de 18 ECTS do módulo Biotecnoloxía, e complementando
    • Se o estudantado quere facer unha carreira investigadora en grupos de investigación en institucións de investigación (IEO, CSIC, CIMA,) ou universidades, aconséllaselle a matrícula na maioría dos ECTS do módulo Biotecnoloxía, aínda que con flexibilidade para incluír algunhas materias doutros módulos.
    • Se o estudantado está máis interesado por chegar a traballar na unidade de I+D dunha empresa do sector, aconséllaselle elixir 18 ECTS do módulo Biotecnoloxía (co apoio do titor, e en función do tipo de investigación do seu interese), e completando con materias de cultivo do outro módulo.
    • Para a obtención desta especialidade é requisito imprescindible cursar a materia Iniciación á investigación, ademáis do TFM.

Cada ano prográmase unha reunión informativa común para todo o estudantado matriculado no mestrado. Dita reunión ten lugar antes de comezar as actividades académicas propiamente ditas. Pero, ademais, inmediatamente tras a súa preinscrición, ao estudantado asígnaselle, como titor, un profesor universitario do mestrado, da súa universidade, asignado pola Comisión Permanente, que terá como misión apoiar e asesorar ao alumnado ao longo do seu proceso académico, axudándolle en aspectos relativos a como compaxinar docencia e prácticas, como interrelacionar os contidos de distintas materias, como abordar o estudo e preparación de clases, etc. A súa primeira tarefa será a de asesorarlle sobre qué materias debe elixir en función do seu interese na orientación do mestrado, e segundo as seguintes pautas:

  • A todo o estudantado indícaselle a necesidade de matricularse nas 8 materias obrigatorias (6 do Módulo Básico, unha do Módulo de Patoloxía e outra do de Cultivo I).
  • Se o estudantado ten un interese meramente académico, ou se non ten definido o seu interese por ningunha orientación, permíteselle elixir calquera materia optativa de todos os módulos, coa orientación do titor, quen, necesariamente, deberá advertirlle do tipo de titulación que obterá neste caso (Mestrado en Acuicultura, sen especialidade).
  • Se o estudantado ten interese por ser profesional da produción, indícaselle a necesidade de elixir a especialidade Produción Acuícola, notificándolle que obterá finalmente a titulación Mestrado en Acuicultura-Especialidade Produción Acuícola.
  • Se o estudantado non quere definirse por ningún perfil produtivo específico (calquera tipo de empresa de produción), aconséllaselle matricularse en 30 ECTS elixidos dentro o itinerario, o que lle permitirá cubrir as necesidades xerais de calquera empresa do sector produtivo. Neste caso deberá matricularse necesariamente nas 4 materias vinculadas (Diagnóstico de enfermidades, Calidade e xestión da auga, Xestión de empresas acuícolas e Cultivo de microalgas e zooplancton).
  • Dependendo de interese específico, aconsellaráselle coas seguintes pautas:
    1. Interese por cultivo de peces: Aconséllase matricularse necesariamente nas 4 materias vinculadas (Diagnóstico de enfermidades, Calidade e xestión da auga, Xestión de empresas acuicolas, e Cultivo de microalgas e zooplancton), ademais de Cultivo de peixes, cos que sumaría 21 créditos (superando o mínimo de 18 ECTS en materias teórico-prácticas necesarios para poder obter a especialidade); para os 9 restantes, poderá elixir entre todas as demais materias. Para completar esta especialidade, é requisito, ademais de matricularse no TFM, elixir Prácticas en empresa (vinculada á especialidade Produción Acuícola).
    2. Interese por cultivo de invertebrados: Aconséllase matricularse necesariamente nas 4 materias vinculadas (Diagnóstico de enfermidades, Calidade e xestión da auga, Xestión de empresas acuícolas e Cultivo de microalgas e zooplancton), ademais de Cultivo de moluscos bivalvos, cos que sumaría 21 créditos (superando o mínimo de 18 ECTS en materias teórico-prácticas necesarios para poder obter a especialidade); ou Cultivo doutros invertebrados (neste caso conseguiría o mínimo de 18 ECTS); para completar hasta 30 ECTS, poderá elixir entre todas as demais materias. Do mesmo xeito que no caso anterior, para completar esta especialidade, é requisito, ademais de matricularse no TFM, elixir Prácticas en empresa (vinculada á especialidade Produción Acuícola).Se o estudantado ten interese pola orientación investigadora, indicaráselle a necesidade de elixir a especialidade Biotecnoloxía en Acuicultura, cun mínimo de 18 ECTS do módulo de Biotecnoloxía e complementando con 12 ECTS de calquera de todas as restantes materias. En calquera caso deberá matricularse da materia vinculada Deseño experimental e análise de datos.
  • Se o estudantado quere facer unha carreira investigadora en grupos de investigación en institucións de investigación (IEO, CSIC, CIMA,) ou universidades, aconséllaselle a matrícula na maioría dos ECTS do módulo Biotecnoloxía, aínda que con flexibilidade para incluír algunhas materias doutros módulos.
  • Se o estudantado está máis interesado por chegar a traballar na unidade de I+D dunha empresa do sector, aconséllaselle elixir 18 ECTS do módulo de Biotecnoloxía (co apoio do titor, e en función do tipo de investigación do seu interese), e completando con materias de cultivo.
  • Para a obtención desta especialidade é requisito imprescindible o cursar a materia Iniciación á investigación, ademais de TFM.

 

Doutra banda, cada materia ten un coordinador da mesma, quen ten a obrigación (en coordinación co titor persoal) de asesorar ao estudantado da súa materia sobre o modo de abordala para alcanzar as competencias que se esperan. A Comisión de Coordinación do mestrado (na que están incluídos alumnos/as representantes) ten, como unha das súas misións, axudar ao estudantado na consecución dos obxectivos das materias, e asegurar que todas e cada unha das materias achegan a documentación, medios e ferramentas para que o estudantado poida alcanzar as competencias que se esperan. 

Finalmente, a comisión de coordinación Interuniversitaria actúa como garante da coordinación, asegurándose de que a docencia impartida sexa a mesma independentemente da sede, e de que haxa coordinación entre todas as materias e profesores, así como de que conten cosmedios necesarios. Ademáis é a encargada de asegurar que os centros non universitarios acheguen os medios, documentación e ferramentas precisos. Esta mesma Comisión actúa como garante na solución de conflitos ou problemas que os alumnos expoñan.

Por último, en todos os cursos se establecen duas reunions co el estudantado do máster, ao remate de cada semestre, co fin de analizar todos os aspectos que o estudantado desexe discutir sobre o funcionamento e a posibilidade de mellora do máster.

 

Para a xestión da mobilidade de estudantado propio e de acollida empregaranse os mecanismos ofrecidos polas Universidades a tal efecto. Así, a Oficina de Relacións Internacionais (ORI) da Universidade conta con procedementos específicos de “información, asesoramento e xestión de programas internacionais de mobilidade”. Con respecto ao estudantado estranxeiro, xestiona a súa aceptación e facilita información completa e actualizada sobre a universidade e sobre aspectos prácticos como visados, viaxes, etc. Tras a súa chegada, se facilita o seu aloxamento, organizase un programa de acollida e de actividades deportivas, sociais e visitas culturais.

O estudantado que desexe realizar estudos doutros cursos ou mestrados, a Comisión Académica do Mestrado, co visto e prace do titor, facilitará a mobilidade do estudantado e encargarase de establecer os criterios de validación dos estudos cursados.

A Facultade de Bioloxía da USC, a Facultade de Bioloxía da UVIGO e a Facultade de Ciencias da UDC participan activamente nos programas de mobilidade de estudantado, fundamentalmente no marco dos programas para o intercambio de estudantado: SICUE (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españoles) con universidades españolas e Sócrates-Erasmus para as europeas. Por outro lado, mediante o programa ISEP (Internacional Student Exchange Programme), as bolsas MAE (do Ministerio de Asuntos Exteriores) e programas de cooperación propios das Universidades, as Facultades teñen convenios para o intercambio de estudantado con diversas universidades americanas.

A sistemática a aplicar na xestión e revisión do programa de mobilidade do estudantado do mestrado enviado e recibido será o recollido nos procedementos de garantía de calidade que se atopan nas seguintes ligazóns:

Planificación e xestión

A mobilidade do estudantado está regulada a través do “Regulamento de Intercambios Interuniversitarios” aprobado polo Consello de Goberno da USC o 6 de febreiro de 2008 e publicado no DOG do 26 de marzo.

Na UDC a información relativa ao intercambio e mobilidade de alumnos estranxeiros é levada a cabo pola Vicerreitoría de Estudantes e Relacións Internacionais a través do programa SICUE de intercambio entre centros universitarios españoles e de os Programas Internacionais de Intercambio.

Na UVIGO a información relativa ao intercambio e mobilidade de alumnos estranxeiros é levada a cabo pola Oficina de Relacións Internacionais. A súa planificación e xestión desenvólvese a través da Vicerreitoría de Relacións Institucionais e da Oficina de Relacións Exteriores da universidade, en coordinación coa Facultade a través da “Unidade de apoio á xestión de centros e departamentos” (UAGCD) e do vicedecano/a responsable de programas de intercambio.

Actualmente, a Universidade de Santiago de Compostela puxo en marcha o Programa Xeral de Mobilidade Xan de Forcados, que engloba cada ano os distintos instrumentos que pretenden fomentar a mobilidade dos membros da comunidade universitaria con Universidades de América, Asia, Australia e Suiza, e que complementa os programas Sócrates-Erasmus, Erasmus Mundus e Sicue. Ten como obxectivo principal incrementar a eficiencia das accións de fomento da mobilidade desenvoltas pola universidade.

As facultades, ademáis dos responsables citados arriba, contan coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é titorizar e asistir nas súas decisións académicas ao estudantado propio e de acollida.

A selección dos candidatos é levada a cabo, para cada convocatoria o programa, por unha Comisión de Selección, composta polo decano ou decana, o vicedecano ou vicedecana responsable de programas de intercambio, o/a responsable da UAGCD e os/as coordinadores académicos, de acordo con criterios de baremación, previamente establecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, no seu caso, as competencias en idiomas que esixe a universidade de destino.

Información e atención

A Universidade, a través da Oficina de Relacións Exteriores (UVigo e USC) ou do Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE, UDC), mantén un sistema de información permanente a través da web da Oficina de Relacións Exteriores na USC, do Servizo de Asesoramento e Promoción de Estudantes, na UDC, e da Oficina de Relacións Internacionais, na UVigo, que se complementa con campañas e accións informativas específicas de promoción das convocatorias.

Ademáis, conta con recursos de apoio para o estudantado de acollida, tales como a reserva de prazas nas Residencias Universitarias, o Programa de Acompañamento de Estudantes Estranxeiros (PAE) da Vicerreitoría de Relacións Institucionais, a través da cal voluntarios/as das universidades realizan tarefas de acompañamento dirixidas á integración na cidade e na Universidade do estudantado de acollida.

En canto ao estudantado de acollida, organizase unha sesión de recepción, ao comezo de cada cuadrimestre, na que se lles informa e orienta sobre a Facultade e os estudos, ao tempo que se lles pon en contacto cos coordinadores académicos, que actuarán como titores, e co persoal do centro implicado na súa atención.

Programas de axudas

Cóntase con acordos e convenios de intercambio con universidades españolas, europeas e de países non europeos, a través de programas xerais (Erasmus, SICUE) e de convenios bilaterais.

En canto a programas de axudas á mobilidade propios da Universidade de Santiago de Compostela, existen na actualidade os seguintes:

  • Bolsas para Universidades de Estados Unidos e Puerto Rico integradas na rede ISEP.
  • Bolsas para Universidades de América, Asia e Australia con convenio bilateral establecido.
  • Bolsas Erasmus para Universidades de países europeos.
  • Bolsas Erasmus Mundus External Cooperation Window (EMECW) para Universidades de Asia Central.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.11.2024.