Ir o contido principal

Acceso

Acceso ao Máster

Imaxe representativa

Para acceder ao ensino oficial de mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de mestrado.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a universidade comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de mestrado.

Perfil de Ingreso

As titulacións de acceso preferentes son as de licenciado ou graduado en Bioloxía, Ciencias do Mar ou Veterinaria, aínda que este mestrado está aberto tamén a outras titulacións relacionadas coas ciencias experimentais e da saúde.

Titulacións de acceso

  • Preferentes: Bioloxía, Ciencias do Mar, Veterinaria
  • En segundo nivel: Química, Farmacia, Enxeñaría Agroforestal
  • En terceiro nivel: Outras licenciaturas/graos de ciencias experimentais

O número de prazas que se ofrecen é de 30 (10 por universidade), para o cal o criterio de selección principal é o expediente académico, mentres que de xeito secundario se valorará ter cursado previamente materias como Bioquímica, Fisioloxía, Xenética, Microbioloxía, Zooloxía, Botánica, xunto co coñecemento demostrado do inglés, o curriculum vitae e a experiencia profesional ou investigadora.

Criterios específicos de selección

  • Expediente académico (ponderación 30%)
  • Ter cursado as materias: bioquímica, fisioloxía, xenética, microbioloxía, zooloxía, botánica (ponderación 5%)
  • Coñecemento demostrado de inglés (10%)
  • Curriculum completo (25%)
  • Experiencia profesional (15%)
  • Experiencia investigadora (15%)

A Comisión Permanente ten as competencias en materia de admisión, aínda que a súa decisión deberá ser ratificada pola Comisión Académica Interuniversitaria.

Normas de admisión

Normativa na USC

Normativa na UDC

Normativa na UVIGO

Normas de permanencia

Normativa na USC

Normativa na UDC

Normativa na UVIGO

As tres universidades implicadas no Mestrado contan cunha “Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos para titulacións adaptadas ó Espacio Europeo de Educación Superior”, de cuxa aplicación son responsables as vicerreitorías con competencias na oferta docente e as Secretarías Xerais cos servizos deles dependientes.

Esta normativa cumple o establecido no RD 1393/2007 e ten como principios, de acordo coa lexislación vixente:

  • Un sistema de recoñecemento baseado en créditos (non en materias) e na acreditación de competencias.
  • A posibilidade de establecer con carácter previo á solicitude do estudantado, táboas de recoñecemento globais entre titulacións, que permitan unha rápida resolución das peticións sen necesidade de informes técnicos para cada solicitude e materia.
  • A posibilidade de especificar estudos estranxeiros susceptibles de ser recoñecidos como equivalentes para o acceso ao mestrado, determinando os estudos que se recoñecen e as competencias pendentes de superar.
  • A posibilidade de recoñecer estudos non universitarios e competencias profesionais acreditadas.

Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos

Normativa na USC (en fase de aprobación)

Normativa na UDC

Normativa na UVIGO

Procedemento de transferencia e recoñecemento de créditos

Procedemento na USC

Procedemento na UDC

Procedemento na UVIGO

A información sobre o mestrado difúndese a través de folletos divulgativos e carteis (en formato impreso e formato electrónico), que se distribúen nas universidades nacionais, europeas, iberoamericanas e outras universidades extranxeiras coas que existan nexos de unión a través doutros programas de intercambio de estudantado.

Procedementos de acollida

Cada ano se programa unha reunión informativa común para todos o estudantado matriculado no Mestrado. Dita reunión ten lugar antes do comenzo das actividades académicas propiamente ditas.

O estudantado de fora da Comunidade Autónoma de Galicia son asesorados polos servizos de información que existen en cada unha das universidades do SUG, para buscar aloxamentos e servizos, ademáis de polos diferentes departamentos de relacións internacionais no caso do estudantado extranxeiro.

De acordo co Plan de Acción Titorial, a cada alumno/a se lle asigna un titor/a que actúa de guía e referencia ao longo do Mestrado, e que ademáis poderá dirixilo a outros servizos universitarios que fagan posible a súa integración plena na vida universitaria.

Sistemas de apoio á admisión

  • Os servizos de apoio e orientación ao estudantado das 3 universidades do SUG participantes no Mestrado.
  • As áreas de apoio e orientación dos equipos decanais das facultades adscritas ao Mestrado en cada unha das universidades.
  • A divulgación e orientación que ofrezan os coordinadores do Mestrado en cada unha das 3 universidades.
  • A información que se porá a disposición do estudantado na páxina web do programa e nas páxinas web institucionais das universidades e centros participantes.
  • As campañas de divulgación que realicen os membros da Comisión de Coordinación do Mestrado nas distintas facultades.

Necesidades educativas especiais

Respecto á atención a cuestións derivadas da existencia de necesidades educativas especiais incluíndo as do estudantado con algunha discapacidade, as 3 universidades contan cun servizo propio para atención a estudantes con este tipo de necesidades:

Asesoramento na organización da matrícula

Inmediatamente tras a súa preinscrición, ao alumno asígnaselle, como titor, un profesor universitario do Mestrado, da súa universidade, asignado pola Comisión Permanente, apoiará e asesorará ao alumno ao longo do seu proceso académico, axudándolle en aspectos relativos a como compaxinar docencia e prácticas, como interrelacionar os contidos de distintas materias, como abordar o estudo e preparación de clases, etc. A súa primeira misión será a de asesorarlle sobre que materias debe elixir en función do seu interese na orientación do Mestrado, e segundo as seguintes pautas:

  1. A todos os alumnos indícaselles a necesidade de matricularse nas 8 materias obrigatorias (6 do Módulo Básico una do M. de Patoloxía e outra do de Cultivo I).
  2. Se o alumno ten un interese meramente académico, ou se non ten definido o seu interese por ningunha orientación, permíteselle elixir calquera materia optativa de todos os módulos, coa orientación do titor, quen, necesariamente, deberá advertirlle do tipo de titulación que obterá neste caso (Mestrado en Acuicultura, sen especialidade).
  3. Se o alumno ten interese por ser un profesional da produción, indícaselle a necesidade de elixir a especialidade Produción Acuícola, notificándolle que obterá finalmente a titulación Mestrado en Acuicultura-Especialidade Produción Acuícola.
    Se este alumno non quere definirse por ningún perfil produtivo específico (calquera tipo de empresa de produción), aconséllaselle matricularse en 30 ECTS elixidos dentro o itinerario, o que lle permitirá cubrir as necesidades xerais de calquera empresa do sector produtivo. Neste caso deberá matricularse necesariamente nas 3 materias vinculadas (Diagnóstico de enfermidades, Calidade e xestión da auga e Cultivo de microalgas e zooplancton).
    Dependendo de interese específico, aconsellaráselle coas seguintes pautas:
    • Interese por cultivo de peces: Aconséllase matricularse necesariamente nas 3 materias vinculadas (Diagnóstico de enfermidades, Calidade e xestión da auga e Cultivo de microalgas e zooplancton), ademais de Cultivo de peixes, co que completaría o mínimo de 18 ECTS en materias teórico-prácticas necesarios para poder obter a especialidade; para os 12 restantes, poderá elixir entre todas as demais materias. Para completar esta especialidade, é requisito, ademais de matricularse no TFM, elixir Prácticas en empresa (vinculada á especialidade Produción Acuícola).
    • Interese por cultivo de invertebrados: Aconséllase matricularse necesariamente nas 3 materias vinculadas (Diagnóstico de enfermidades, Calidade e xestión da auga e Cultivo de microalgas e zooplancton), ademais de Cultivo de moluscos bivalvos, co que completaría o mínimo de 18 ECTS en materias teórico-prácticas necesarios para poder obter a especialidade, ou Cultivo doutros invertebrados, nese caso debería completar con outra materia de 3 ECTS do mesmo itinerario; para os 12 restantes, poderá elixir entre todas as demais materias. Do mesmo xeito que no seica anterior, para completar esta especialidade, é requisito, ademais de matricularse no TFM, elixir Prácticas en empresa (vinculada á especialidade Produción Acuícola).
  4. Se o alumno ten interese pola orientación investigadora, indicaráselle a necesidade de elixir a especialidade Biotecnoloxía en Acuicultura, xa sexa con 30 ECTS do itinerario, ou dun mínimo de 18 ECTS deste e complementando, en tal caso, con 12 ECTS de todas as restantes materias. En calquera caso deberá matricularse da materia vinculada Deseño experimental e análise de datos.
  5. Se o alumno quere facer unha carreira investigadora en grupos de investigación en institucións de investigación (IEO, CSIC, CIMA,) ou universidades, aconséllaselles a matrícula na maioría dos 30 ECTS do itinerario correspondente, aínda que con flexibilidade para incluír algunhas materias do outro itinerario.
  6. Se e alumno está máis interesado por chegar a traballar na unidade de I+D dunha empresa do sector, aconséllaselle elixir 18 ECTS do itinerario de biotecnoloxía (co apoio do titor, e en función do tipo de investigación do seu interese), e completando con materias de cultivo do outro itinerario.
    Para a obtención desta especialidade é requisito imprescindible o cursar a materia Iniciación á investigación, ademais de TFM.

Doutra banda, cada materia ten un coordinador da mesma, quen ten a obrigación (en coordinación co titor persoal) de asesorar aos alumnos da súa materia sobre o modo de abordala para alcanzar as competencias que se esperan.

A Comisión de Coordinación do Mestrado (na que están incluídos alumnos representantes) ten, como unha das súas misións, axudar aos alumnos na consecución dos obxectivos das materias, e asegurar que todas e cada unha das materias achegan a documentación, medios e ferramentas para que os alumnos poidan alcanzar as competencias que se espera.

Finalmente, a Comisión de Coordinación Interuniversitaria asegura que a docencia impartida sexa a mesma independentemente de en que sede estea o alumno, que haxa coordinación entre todas as materias e profesores, que se acheguen todos os medios necesarios para o alumno, independentemente da sede, que os centros non universitarios acheguen todos os medios, documentación e ferramentas precisos. Esta mesma Comisión actúa como garante da coordinación entre profesores e entre materias, para asegurar que o alumno dispón de todo o necesario para a súa adecuada formación, e actúa como garante na solución de conflitos ou problemas que os alumnos expoñan.

Doutra banda, o Mestrado conta cunha web propia na que se pon a disposición de todos os alumnos a información xeral necesaria, incluíndo calendario académico, destinos de Prácticas Externas, eventualidades, ..., así como toda a documentación achegada polo profesorado para a correcta formación nas súas materias, incluíndo presentacións, documentos varios, traballos, exercicios e solucións, etc. Na actualidade, ademais, estamos a traballar no deseño dun foro intranet, individual para cada materia, para facilitar resolucións puntuais de dúbidas (algo que ata agora realízase vía e-mail).

Matrícula

Calendario de matrícula 2024/2025

Españois e comunitarios - Curso 2024/2025 - 1ª convocatoria
Preinscrición: do 1 de xullo ó 7 de xullo de 2024
Listaxe provisoria:  
Reclamacións:  
Listaxe definitiva:  
Matrícula:  
 
Españois e comunitarios - Curso 2024/2025 - 2ª convocatoria
Preinscrición: do 23 ó 28 de agosto de 2024
Listaxe provisoria:  
Reclamacións:  
Listaxe definitiva:  
Matrícula:  
 
Españois e comunitarios - Curso 2024/2025 - 3ª convocatoria
Preinscrición:  
Listaxe provisoria:  
Reclamacións:  
Listaxe definitiva:  
Matrícula:  

Calendario de matrícula na UVIGO

Españois e comunitarios -Curso 2024/2025 - 1ª convocatoria
Preinscrición: do 26 de xuño ó 10 de xullo de 2024
Listaxe provisoria:  
Reclamacións:  
Listaxe definitiva:  
Matrícula:  
 
Españois e comunitarios - Curso 2024/2025 - 2ª convocatoria
Preinscrición: do 26 de agosto ao 4 de setembro de 2023
Listaxe provisoria:  
Reclamacións:  
Listaxe definitiva:  
Matrícula:  
 
Españois e comunitarios - Curso 2024/2025 - 3ª convocatoria
Preinscrición:  
Listaxe provisoria:  
Reclamacións:  
Listaxe definitiva:  
Matrícula:  
 

Calendario de matrícula na UDC

Españois e comunitarios - Curso 2024/2025 - 1ª convocatoria
Preinscrición: do 20 de xuño ó 16 de xullo de 2024
Listaxe de admitidos: 29 xullo
Matrícula: 30 xullo a 1 de agosto
 
Españois e comunitarios - Curso 2024/2025 - 2ª convocatoria
Por listaxe de agarda
Matrícula: 5 - 6 de agosto
 
Españois e comunitarios - 2024/2025 - 3ª convocatoria
Por listaxe de agarda
Matrícula: 8 - 9 de agosto
Adicional: Chamada individual

Calendario de matrícula na USC

Enlaces a matrícula

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.11.2024.