Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Establecer a relevancia da interacción dos seres vivos có medio ambiente xeolóxico e edáfico e a súa importancia como factor de biodiversidade, así como as implicacións en cuestións de comprensión, conservación e xestión, a través da adquisición de capacidades e habilidades para: diferenciar os principais tipos de rochas, ambientes morfoxenéticos e solos; identificar os factores do medio físico que condicionan a biodiversidade; integrar información xeolóxica, xeomorfolóxica e edafolóxica en estudios do medio natural.
Programa de clases expositivas
Tema 1. Concepto de xeodiversidade. Implicacións no desenvolvemento dos diferentes tipos de hábitats. (1 hora).
Tema 2. Os materiais xeolóxicos: composición, estrutura e propiedades. (2 horas)
Tema 3. Procesos xeolóxicos externos nos principais ambientes morfoclimáticos. Relevos litolóxicos e estruturais. (3 horas)
Tema 4. As funcións ecosistémicas do solo (1 hora)
Tema 5. Edafodiversidade: factores de formación, procesos edafoxenéticos e distribución de solos (3 horas)
Tema 6. O solo como factor de biodiversidade (2 horas)
Programa de clases interactivas
Seminarios
Dous seminarios dunha hora cada un no se se abordaron exemplos concretos de análise da influenza da xeodiversidade e a edafodiversidade na aparición e desenvolvemento de distintos tipos de hábitats. (2 hora)
Saída de campo
Farase un percorrido no que se analizaran en campo as relacións entre a xeoloxía, os solos e os hábitats empregando como unidade de integración a paisaxe. (5 horas).
Titorías
Seguimento da aprendizaxe do alumnado. Acláranse as dúbidas suscitadas polo alumnado e afondarase naquelas cuestións que presentan máis dificultades
Bibliografía básica
- Tarbuck, E.J. y Lutgens, F.K., 2013. Ciencias de la Tierra: una introducción a la Geología Física. 10ª ed. Madrid: Pearson.
- Porta, J., López-Acevedo, M., Poch, R.M. 2008. Introducción a la Edafología. Uso y protección del suelo. Mundi-Prensa.
- Driessen PM., Deckers, JA., Spaargaren, OC., Nachtergaele, FO. 2001. Lecture Notes on the Major Soils of the World. World Soil Resources Reports 94. Food and Agriculture Organization of the United Nations, Rome. http://www.isric.org/Isric/Webdocs/Docs/Major_Soils_of_the_World/start… ftp://ftp.fao.org/agl/agll/docs/wsrr94e.pdf
Bibliografía complementaria
- Breemen, N. Van., Buurman, P. 2002. Soil formation. Dordrecht ; Boston : Kluwer Academic.
- Buol S.W., Southard R.J., Graham R.C., McDaniel P.A. 2003. Soil Genesis and Classification. Ames (Iowa) : Iowa State University Press
- European Bureau Network. 2005. Soil Atlas of Europe. European Comission, Office for Official Publications of the European Communities, Louxemburg. http://eusoils.jrc.ec.europa.eu/projects/soil_atlas/Download.cfm
- Gallardo J.F. 2016. The soils of Spain. Springer
- Gutiérrez Elorza, M. 2008. Geomorfología. Pearson Educación. Madrid.
- IUSS Grupo de trabajo WRB. 2014. Base Referencial Mundial del Recurso Suelo. Un marco conceptual para la clasificación, correlación y comunicación internacional. Actualización 2015. Informes sobre Recursos Mundiales de Suelos 106. FAO, Roma. http://www.fao.org/3/i3794es/I3794es.pdf
- Juma, N.G. 1999. The Pedosphere and its Dynamics. A Systemes Approach to Soil Science. Vol1. Salman Productions, Edmonton.
- Pipkin, B.; Trent, D.D.; Hazlett, R. y Bierman, P. 2011. Geology and the environment. Brooks/Cole, Cengage Learning. USA.
Competencias básicas e xerais
As especificadas na memoria do grao para o conxunto das materias
Competencias específicas
CE1 - Saber identificar aspectos xeolóxicos e xeomorfolóxicos relevantes para comprender a biodiversidade.
CE2 - Coñecer os factores ambientais que condiciona a edafodiversidade.
CE3 - Coñecer os condicionantes edáficos da biodiversidade.
Competencias transversais
CT4 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada.
CT9 - Utilización de información bibliográfica e da internet.
CT10- Utilización de información en lingua estranxeira.
CT11- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Escenario 1 (sen restricións á presencialidade física)
Clases expositivas:
Clases maxistrais, que ofrecen a posibilidade de incidir no máis importante de cada tema.
Clases interactivas:
Titorías e Seminarios: debates e cuestións, promovendo a participación do alumnado baixo a tutela e dirección do profesorado para estudar con detalle aspectos importantes da materia que non se poden tratar con profundidade nas clases teóricas.
Saídas e traballo de campo: saída de campo titorizada para observar e aprender a identificar no medio natural as interaccións entre o biotopo e a biocenose, e as consecuencias para a biodiversidade. No traballo persoal orientarase a actividade á aplicación práctica dos coñecementos adquiridos.
Para facilitar a preparación e seguimento de todas as actividades por parte do alumnado, empregarase a aula virtual na plataforma Moodle do campus virtual da USC e MS Teams.
Se o número de estudantes matriculados na materia e as aulas dispoñibles o permiten, as actividades expositivas e de seminarios serán presenciais e, de non ser así, pasarase á docencia no escenario 2: docencia síncrona, presencial con quendas alternas en aula.
Se o número de estudantes matriculados na materia e a dispoñibilidade de transporte o permiten, as saídas de campo serán na súa totalidade presenciais e, de non ser así, pasarase a unha docencia virtual.
As titorías faranse integramente de forma virtual utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (MS Teams, Moodle, etc).
Escenario 2 (restricións parciais á presencialidade física)
De non poder garantir as normas de distanciamento, as actividades expositivas e de seminarios desenvolveranse de forma síncrona e presencial, pero en quendas alternas en aula, sempre que a súa organización sexa compatible coa adopción das medidas establecidas nos protocolos de protección da saúde da Universidade de Santiago de Compostela vixentes en cada momento.
Se o número de estudantes matriculados na materia e a dispoñibilidade de transporte o permiten, as saídas de campo serán na súa totalidade presenciais e, de non ser así, pasarase a unha docencia virtual e síncrona.
As titorías faranse integramente de forma virtual utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (MS Teams, Moodle, etc).
Escenario 3 (peche das instalacións)
As actividades expositivas e de seminarios desenvolveranse de forma totalmente virtual, síncrona e presencial utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (MS Teams, Moodle, etc).
As saídas de campo serán na súa virtuais e síncronas, utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (MS Teams, Moodle, etc).
As titorías faranse integramente de forma virtual utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (MS Teams, Moodle, etc).
Escenario 1 (sen restricións á presencialidade física)
Os coñecementos, competencias e destrezas adquiridos avaliaranse totalmente mediante avaliación continua a partir de:
- Un estudo de caso realizado á conclusión da materia e no que se disporá de un período non inferior a 2 meses para as súa realización,
- Traballos asíncronos que se poderán entregar ata un mes despois da conclusión da materia,
- Actividades e probas (p.ex. test multi-resposta) propostas en aula ou a través da aula virtual,
- Participación activa (preparación previa, elaboración de cuestións, aportación de información) nas actividades de campo,
- Valorarase a asistencia a cada unha das actividades propostas na materia,
Os detalles da avaliación (peso de cada apartado, obrigatoriedade, normas para alumnos repetidores, etc.) son:
Obrigatoriedade de asistencia ou realización:
Clases Expositivas e seminarios: NON
Clases Interactivas de Campo: SI
Titorías: NON
Probas síncronas y/o asíncronas: NON
Estudo de caso: SI
Porcentaxe mínima de asistencia esixida:
Clases Expositivas e seminarios: -.-
Clases Interactivas de Campo: 100
Titorías: -.-
Probas síncronas y/o asíncronas: -.-
Posibilidade de aprobar a materia sen cumprir os requisitos de asistencia ou realización:
Clases Expositivas e seminarios: SI
Clases Interactivas de Campo: NON
Titorías: SI
Probas síncronas y/o asíncronas: SI
Estudo de caso: NON
Instrumento de control de asistencia ou realización:
Clases Expositivas e seminarios: LISTA
Clases Interactivas de Campo: LISTA E ACHEGAS
Probas síncronas y/o asíncronas: PROBAS
Estudo de caso: ACHEGAS
Criterios de avaliación:
Clases Expositivas e seminarios: PORCENTAXE DE ASISTENCIA
Clases Interactivas de Campo: CALIDADE DAS PROBAS E ACHEGAS
Probas síncronas y/o asíncronas: DOMINIO DOS COÑECEMENTOS E CALIDADE DAS ACHEGAS
Estudo de caso: DOMINIO DOS COÑECEMENTOS E CALIDADE DAS ACHEGAS
Mecanismos para compensar a non asistencia ou realización:
Clases Expositivas e seminarios: NON
Clases Interactivas de Campo: NON
Titorías: NON
Probas síncronas y/o asíncronas: NON
Estudo de caso: NON
A asistencia ou realización outorga unha cualificación numérica que contribúe á cualificación final:
Clases Expositivas e seminarios: SI
Clases Interactivas de Campo: SI
Titorías: NON
Probas síncronas y/o asíncronas: SI
Estudo de caso: SI
Ponderación na cualificación final (%):
Clases Expositivas e seminarios: 5
Clases Interactivas de Campo: 30
Probas síncronas y/o asíncronas: 20
Estudo de caso: 45 (é necesario ter nesta actividade unha nota mínima de 4 (sobre 10) para que se poidan sumar o resta de actividades da avaliación continua)
Conservaranse as cualificacións das diferentes actividades da avaliación continua durante as dúas seguintes convocatorias, sempre que estas foran iguais ou superiores ao 50% da cualificación máxima alcanzable en cada unha delas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A avaliación das competencias levase a cabo do seguinte modo:
No estudo de caso avalíanse as competencias: CT4, CT9, CT11, CE1, CE2, CE3
Nos traballos de aula e virtuais síncronos e asíncronos avalíanse as competencias: CT4, CT10, CE1, CE2, CE3
No traballo de campo avalíanse as competencias: CT4, CT9, CT10, CT11, CE1, CE2, CE3
Escenario 2 (restricións parciais á presencialidade física)
Para a resolución e entrega das probas e informes asociados a todas as actividades da avaliación continua empregaranse ferramentas virtuais aproveitando as capacidades da aula virtual da plataforma Moodle e o correo electrónico institucional de profesorado e alumnado.
Escenario 3 (peche das instalacións)
Para a resolución e entrega das probas e informes asociados a todas as actividades da avaliación continua empregaranse ferramentas virtuais aproveitando as capacidades da aula virtual da plataforma Moodle e o correo electrónico institucional de profesorado e alumnado.
Traballo presencial na aula
Clases expositivas e seminarios: 15 horas
Prácticas de laboratorio/campo: 5 horas
Titorías: 1 hora
Realización de exames: 2 horas
Total horas de traballo presencial: 23 horas
Traballo persoal
Estudo individual: 22 horas
Elaboración da memoria do estudo de caso: 18 horas
Outras actividades (titorías, realización de probas, preparación saída de campo, lecturas recomendadas): 10 horas
Total horas de traballo persoal: 50
Horas totais de dedicación a materia: 23 presenciais + 50 persoais = 73 horas
Asistencia e participación activa en todas as actividades
Consulta da bibliografía recomendada
Uso das canles virtuais de traballo e comunicación
Plan de Continxencia
Seguindo as “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, curso 2020-2021”, todas as actividades docentes a desenvolver na materia teñen sido adaptadas aos diferentes escenarios probables.
Metodoloxía da ensinanza
Escenario 1 (sen restricións á presencialidade física)
Se o número de estudantes matriculados na materia e as aulas dispoñibles o permiten, as actividades expositivas e de seminarios serán presenciais e, de non ser así, pasarase á docencia no escenario 2: docencia síncrona, presencial con quendas alternas en aula.
Se o número de estudantes matriculados na materia e a dispoñibilidade de transporte o permiten, as saídas de campo serán na súa totalidade presenciais e, de non ser así, pasarase a unha docencia virtual.
As titorías faranse integramente de forma virtual utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (MS Teams, Moodle, etc).
Escenario 2 (restricións parciais á presencialidade física)
De non poder garantir as normas de distanciamento, as actividades expositivas e de seminarios desenvolveranse de forma síncrona e presencial, pero en quendas alternas en aula.
Se o número de estudantes matriculados na materia e a dispoñibilidade de transporte o permiten, as saídas de campo serán na súa totalidade presenciais e, de non ser así, pasarase a unha docencia virtual e síncrona.
As titorías faranse integramente de forma virtual utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (MS Teams, Moodle, etc).
Escenario 3 (peche das instalacións)
As actividades expositivas e de seminarios desenvolveranse de forma totalmente virtual, síncrona e presencial utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (MS Teams, Moodle, etc).
As saídas de campo serán na súa virtuais e síncronas, utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (MS Teams, Moodle, etc).
As titorías faranse integramente de forma virtual utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (MS Teams, Moodle, etc).
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Escenario 1 (sen restricións á presencialidade física)
Os coñecementos, competencias e destrezas adquiridos avaliaranse totalmente mediante avaliación continua a partir de:
- Un estudo de caso realizado á conclusión da materia e no que se disporá de un período non inferior a 2 meses para as súa realización,
- Traballos asíncronos que se poderán entregar ata un mes despois da conclusión da materia,
- Actividades e probas (p.ex. test multi-resposta) propostas en aula ou a través da aula virtual,
- Participación activa (preparación previa, elaboración de cuestións, aportación de información) nas actividades de campo,
- Valorarase a asistencia a cada unha das actividades propostas na materia,
Escenario 2 (restricións parciais á presencialidade física)
Para a resolución e entrega das probas e informes asociados a todas as actividades da avaliación continua empregaranse ferramentas virtuais aproveitando as capacidades da aula virtual da plataforma Moodle e o correo electrónico institucional de profesorado e alumnado.
Escenario 3 (peche das instalacións)
Para a resolución e entrega das probas e informes asociados a todas as actividades da avaliación continua empregaranse ferramentas virtuais aproveitando as capacidades da aula virtual da plataforma Moodle e o correo electrónico institucional de profesorado e alumnado.
Rogelio Pérez Moreira
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- roxelio.perez.moreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Teresa Maria Taboada Rodriguez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813289
- Correo electrónico
- teresa.taboada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Francisco Xabier Pontevedra Pombal
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813238
- Correo electrónico
- xabier.pombal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula Seminario 4. Jacques Ives Cousteau |
Mércores | |||
09:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula Seminario 4. Jacques Ives Cousteau |