Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Preténdese que os alumnos que cursen esta materia adquiran unha visión xeral dos diferentes métodos de comunicar ciencia e realizar educación ambiental, especialmente importante nesta era, o Antropoceno, condicionada polo impacto global que as actividades humanas están a ter sobre os ecosistemas terrestres. Os estudantes deberán chegar a alcanzar os seguintes obxectivos xerais:
• Aprender e aplicar as pautas da metodoloxía científica e en concreto do razoamento científico á transmisión de contido científico. Identificar interpretacións pseudocientíficas.
• Coñecer os principais formatos de transmisión de coñecemento científico.
• Capacitarse para transmitir información científica en, polo menos, un formato.
• Ser capaces de sintetizar e expoñer en público e para o público xeral coñecemento derivado da investigación científica.
• Saber aplicar os principios e as ferramentas que se empregan na comunicación científica e a educación ambiental.
• Desenvolver capacidades de discusión crítica e avaliación de datos científicos relacionados coa biodiversidade.
Temario de teoría
1. A necesidade de fomentar a comunicación da ciencia no Antropoceno. O papel dos científicos na transmisión de ciencia. Relación con outras disciplinas.
2. Formatos tradicionais de comunicación da ciencia e novas posibilidades. Metodoloxías comúns aos diferentes formatos.
3. Iniciación á creación de unidades didácticas referidas ao medio ambiente.
4. Divulgación científica mediante o audiovisual. Vantaxes e inconvenientes. Xéneros e público obxectivo. Metodoloxía no proceso de creación de comunicación científica. Creación dun guión científico e transformación a un guión cinematográfico. Elaboración dun story board. Proceso de gravación, edición e montaxe. Difusión en medios dixitais e tradicionais. Elaboración dun plan de difusión.
Temario de outras actividades (prácticas)
1. Elaboración de divulgación científica mediante audiovisual. O alumnado elixirá un tema de interese ambiental, documentarase, elaborará un guión científico e na medida das posibilidades técnicas e temporais, gravará un vídeo de duración inferior aos 90 segundos. Elaborará un plan de difusión do vídeo realizado.
2. Desenvolvemento dun documento relacionado con divulgación científica oral e/ou educación ambiental. Elaboración, desenvolvemento e presentación dun traballo relacionado con divulgación científica e/ou educación ambiental sobre un tema de actualidade con interese ambiental. Será elaborado de forma presencial durante as prácticas, aínda que poderá ser traballado e completado de forma non presencial. Os traballos serán presentados oralmente na aula.
BASICAS e XERAIS
CG01 - Adquisición da capacidade de análise sobre a situación actual e futura da biodiversidade terrestre.
CG02 - Uso da terminoloxía adecuada para o ámbito da biodiversidade terrestre.
CG03 - Empregar fontes de información e bases de datos necesarias para contribuír á análise e xerar información específica para o ámbito da biodiversidade terrestre.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada en distintos idiomas.
CT5 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT6 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos.
ESPECÍFICAS
CE13 - Capacidade para comunicar información relativa á biodiversidade terrestre.
Lección-explicación oral: procedemento docente polo cal o profesor presenta conceptos e/ou procedementos, achegando información básica necesaria para entender unha perspectiva teórica ou un procedemento práctico, promovendo a participación do estudantado.
Clase práctica: desenvolta en campo, laboratorio ou aula de informática, ten por obxecto a descrición in situ do proceso de comunicación científica e educación ambiental, a realización dun exercicio de comunicación mediante algún dos formatos explicados e a aprendizaxe e aplicación de software e hardware adecuado, co apoio e supervisión do profesorado.
A avaliación realizarase en base ao traballo práctico realizado polo alumnado que será entregado en formato de informe.
1. No caso da práctica “Elaboración de divulgación científica mediante audiovisual” a avaliación do traballo práctico significase o 70% da nota final e realizarase en base á presentación dun informe que conteña a descrición do público obxectivo, o guión do vídeo, o plan de difusión e, se finalmente hai medios dispoñibles para realizalo, o vídeo elaborado.
2. A práctica relacionada con “Desenvolvemento dun documento relacionado con divulgación científica oral e/ou educación ambiental” significará o 30% da nota final. Realizarase a avaliación coa presentación oral do tema desenvolto.
PONDERACIÓN MÍNIMA PONDERACIÓN MÁXIMA
Avaliación informe vídeo 0 70
Avaliación realización y exposición do tema escrito 0 30
Horas Presencialidade (%)
Clases expositivas 7 100
Clases interactivas 14 100
Titorías 2 0
Estudio persoal do alumnado 52 0
Total horas de traballo 75
Plan de Continxencia
Neste plan expóñense a metodoloxía e avaliación considerando os posibles escenarios expostos nas directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, curso 2020-2021, (Escenario 1: normalidade adaptada; Escenario 2: distanciamento; Escenario 3: peche das instalacións).
En todos os casos que conleven presencialidad, tomaranse as medidas hixiénico-sanitarias recomendadas (hidroxel, obrigatoriedade de máscara e distancia mínima de seguridade entre persoas).
METODOLOXÍA
Escenario 1:
Correspóndese co indicado anteriormente nos apartados previos desta guía
Escenario 2:
As clases expositivas, interactivas e as titorías seguirán o temario exposto, e serán impartidas de forma telemática e preferentemente sincrónica, a través da plataforma Campus Remoto da Universidade de Vigo. Ademais, todas as titorías pasarán a realizarse de forma remota a través do aula virtual do profesor responsable.
Escenario 3:
Todas as actividades pasan a realizarse de modo telemático, utilizando preferentemente a plataforma Campus Remoto da Universidade de Vigo. Ademais, todas as titorías pasarán a realizarse de forma remota a través do aula virtual do profesor responsable.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Escenario 1:
Manterase a avaliación da docencia segundo o proposto nos apartados previos desta Guía.
Escenario 2 e 3:
Manterase a avaliación da docencia segundo o proposto nos apartados previos desta Guía, pero no caso das presentacións dos traballos orais realizaranse e avaliarán utilizando a contorna virtual do Campus Remoto da Universidade de Vigo.