Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Matemática Aplicada
Áreas: Matemática Aplicada
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo do curso é a aprendizaxe dun paquete comercial de Mecánica de Fluídos Computacional ( CFD), en concreto ANSYS Fluent, mediante exemplos prácticos que inclúen diferentes tipos de fluxos con especial aplicación a caldeiras que utilizan biomasa, gas natural ou carbón como combustible, así como a aeroxeradores ou parques eólicos.
Introdución á simulación CFD utilizando para iso o software comercial ANSYS Fluent. Aplicación ao estudo de diferentes problemas relacionados con materias do máster:
1. Fluxos incompresibles laminares e turbulentos.
2. Turbomáquinas: modelos “moving reference frame” (MRF) e “sliding mesh”.
a. Aeroxeradores.
3. Fluxos reactivos:
a. Transferencia de masa e enerxía. Reaccións químicas.
b. Caldeira con partículas combustibles.
• Básica:
1. Ansys Fluent Theory Guide.
2. Ansys Fluent User Guide.
3. H.K. Versteeg, W. Malalasekera. An introduction to Computational Fluid Dynamics. The finite volume method. Prentice Hall, 1995.
• Complementaria:
1. Y.A. Çengel, J.M. Cimbala. Mecánica de Fluidos. Mc Graw Hill, 2013.
2. J.H. Ferziger, M. Peric. Computational methods for Fluid Dynamics. Springer-Verlag, 1997.
3. C.A.J. Fletcher. Computational techniques for Fluid Dynamics. Volume I and II. Springer-Verlag, 1988.
4. Hirsch. Numerical computation of internal and external flows. Volume I and II. John Wiley & Sons, 1991.
Básicas:
CB7.- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9.- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Xenéricas:
CG01.- Dominio da metodoloxía de traballo necesaria para a dedicación profesional ao campo das enerxías renovables así como á I+D+i neste sector.
CG02.- Competencia para incorporarse a un grupo de investigación ou a empresas que efectúen desenvolvementos nos ámbitos mencionados.
Específicas:
CE08.- Deseñar e calcular instalacións de biomasa, enerxía solar e eólica, aplicando ferramentas de planificación e optimización así como destrezas na modelización de sistemas.
Escenario 1. Normalidade adaptada
Clases teóricas expositivas e seminarios presenciais (utilización de computador, canón e software ANSYS Fluent), complementadas coas ferramentas propias da docencia virtual. Nos seminarios resolveranse diferentes problemas explicados nas clases teóricas expositivas coa axuda do citado software CFD. Utilización de programas informáticos especializados do cal poderán instalar no seu computador persoal unha versión cunha licenza académica proporcionada pola empresa distribuidora ANSYS Inc. Soporte docente on- line (Campus Virtual). As titorías poderán realizarse, tras solicitude por correo electrónico, tanto de forma presencial como por videoconferencia utilizando a plataforma Microsoft Teams.
Escenario 2. Distanciamento
Non se esperan modificacións no tipo de docencia se se manteñen os parámetros tradicionais de matrícula. Se as medidas de distanciamento non permitisen que todos os estudantes da materia puidesen asistir ás clases presenciais na aula asignada, entón arbitraríase a seguinte medida: - Retransmitir en streaming a clase para o alumnado que non puidese asistir presencialmente ás clases, sen menoscabo do principio de igualdade de condicións. A dispoñibilidade da materia para o seguimento do curso e o acceso a titorías sería igual que no escenario 1.
Escenario 3. Peche das instalacións da USC
Nesa situación toda a docencia sería telemática, coa retransmisión en streaming (Microsoft Teams), así como as titorías que requirían de cita previa.
Consideracións xerais:
Os criterios básicos polos que se rexerá a avaliación do alumnado son:
a) Exame final sobre os contidos da materia vistos no curso
b) Realización de traballos persoais (poderían incluír a exposición oral e defensa na clase dos mesmos)
c) Participación activa nas clases e nos debates que se formulen polo profesor sobre diferentes temas.
Todo alumno que participe polo menos nunha actividade avaliable considerarase presentado.
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Aspectos e criterios de avaliación específicos:
SISTEMA DE AVALIACIÓN PONDERACIÓN MÍNIMA PONDERACIÓN MÁXIMA
Exame 30% 50%
Traballos / Actividades 50% 70%
CRITERIOS PARA A 2ª OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN:
Os mesmos que para a primeira oportunidade de avaliación.
ACTIVIDADES FORMATIVAS ECTS HORAS
PRESENCIAIS
(ECTSx10) HORAS NON PRESENCIAIS
(ECTSx15)
Actividade académica Tipo de actividade
Clases expositivas Clases maxistrais 1.125 9 19
Clase interactivas Laboratorio 1.25 10 22
Seminarios - - -
Aula de informática - - -
Titoría grupo 0.375 3 5
Titoría individualizada 0 0 0
Exame e revisión 0.25 2 5
Total 3.0 24 51
- Levar a materia ao día.
- Participar activamente nas clases.
Plan de continxencia:
De conformidade co Acordo do Consello de Goberno do 19 de xuño de 2020 polo que se regulan as bases para o desenvolvemento da docencia durante o curso académico 2020-2021, e a fin de minimizar o impacto dun posible rebrote do COVID-19, incorpóranse plans de continxencia que contemplan un escenario 2 (distanciamento) e un escenario 3 (peche de instalacións).
No escenario 2, a materia será impartida de modo mixto presencial e non presencial usando as ferramentas que teñen a disposición os estudantes e Profesores a USC (Microsoft Teams, correo electrónico e Campus virtual da USC). Neste escenario para a avaliación rexerá o mesmo sistema que no escenario 1, aínda que sen necesidade da presencialidade.
No escenario 3, a materia impartirase completamente de modo non presencial usando as ferramentas que teñen a disposición os estudantes e Profesores a USC (Microsoft Teams, correo electrónico e Campus virtual da USC). Neste escenario para a avaliación farase ao 100% coa avaliación continua: problemas a entregar ao longo do curso e un proxecto final.
En calquera caso, para a segunda oportunidade de avaliación utilizarase o sistema de avaliación segundo o escenario que estea en vigor nese instante.
José Luis Ferrín González
Coordinador/a- Departamento
- Matemática Aplicada
- Área
- Matemática Aplicada
- Teléfono
- 881813191
- Correo electrónico
- joseluis.ferrin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
Mércores | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
21.05.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
12.07.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |