Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física de Partículas
Áreas: Física Teórica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Proporcionar ao estudante unha visión xeral do emerxente campo da física de astropartículas, entendendo como tal a exploración do universo usando fotóns de alta enerxía, raios cósmicos e neutrinos, e a busca de materia escura e ondas gravitacionais.
Familiarizar ao estudante cos aspectos teóricos do campo, e cos novedosos métodos de detección de astropartículas que empregan os experimentos máis importantes.
Escenarios 1 e 2: Sen cambios.
- Raios cósmicos (1a parte): observacións de raios cósmicos
Espectro e composición.
Fontes. Aceleración.
Propagación. Procesos físicos de perda de enerxía. O corte GZK.
- Raios cósmicos (2a parte): detección. Chuvieiras de partículas na atmósfera.
Procesos físicos relevantes na producción de cascadas atmosféricas
Ecuacións de cascadas
Fluxos de partículas na atmósfera. Fenomenoloxía.
Métodos Monte Carlo.
- Raios gamma.
Fluxos.
Producción e fontes.
Propagación.
Detección.
- Neutrinos.
Producción. Fluxos de neutrinos.
Neutrinos atmosféricos. Neutrinos cosmolóxicos.
Límites aos fluxos de neutrinos.
Oscilacións de neutrinos.
- Detección de materia escura e ondas gravitacionais.
Escenarios 2 e 3: Sen cambios.
J.N. Bahcall "Neutrino astrophysics", Cambridge Univ. Press 1989.
T.K. Gaisser "Cosmic Rays and Particle Physics", Cambridge Univ. Press 1990.
C. Grupen "Astroparticle Physics", Springer-Verlag 2005.
M. Kachelriess "Lecture Notes on High Energy Cosmic Rays, arXiv:08001.4376v1 [astro-ph] 2008.
M.S. Longair "High Energy Astrophysics", Cambridge Univ. Press 1992-1994, 2 Vols.
T. Padmanabhan "Theoretical astrophysics", Cambridge Univ. Press 2000-2002 (3 Vols.)
G.B. Rybicki "Radiative Processes in Astrophysics", John Wiley & Sons 1979.
R. Schlickeiser "Cosmic Ray Astrophysics", Springer 2002.
P. Sokolsky "Introduction to Ultrahigh Energy Cosmic Ray Physics" Addison-Wesley Pub. Co. 1989
T. Stanev "High Energy Cosmic Rays", Springer-Verlag 2004.
Recursos na rede:
Aula Virtual: incluirá material docente elaborado polo profesorado e enlaces a recursos online.
NOTA: Está en proceso de solicitude a adquisición de material bibliográfico electrónico por parte da USC. O profesorado da materia especificará na Aula Virtual que material bibliográfico se poderá encontrar en formato electrónico na biblioteca da USC cando os fondos estean dispoñibles.
As competencias xerais especificadas na memoria do título.
Competencias específicas: capacidade de estudo en temas máis especializados da Física de Astropartículas. Capacidade para iniciar traballos de investigación científica no marco de grandes colaboracións internacionais.
Así mesmo, cursando esta materia, o estudante será capaz de integrar coñecementos de diversas disciplinas
como a astrofísica, a cosmoloxía, a física nuclear e a física de partículas.
Escenarios 2 e 3: Sen cambios.
Clases presenciais e supervisión de traballos e/ou problemas por parte do profesor.
Escenario 2: Ver Plan de Continxencia no apartado Observacións.
Escenario 3: Ver Plan de Continxencia no apartado Observacións.
A avaliación será continua.
Asistencia, participación activa e problemas entregados: 60 % da nota final.
Traballos propostos: 40 % da nota final.
Contémplase a posibilidade de realizar un exame só excepcionalmente no caso de que non fora completado algun dos criterios anteriores e sexa necesario para evaluar se o estudante adquiriu as competencias da materia. O exame será presencial no escenario 2 se a situación o permite, e telemático no escenario 3.
30 horas en aula (20 teoría e 10 seminario), 1 de tutorías en grupo moi reducido e 44 horas de traballo persoal do estudante.
Escenarios 2 e 3: Sen cambios.
Para facilitar a superación da materia é moi recomendable a asistencia a clase, e a realización dos traballos e problemas que se propoñan. Toda a bibliografía e gran parte do material presentado na aula estará en inglés polo que é necesario coñecer
este idioma.
Escenarios 2 e 3: Sen cambios.
PLAN DE CONTINXENCIA ante un posible cambio de escenario
1) Obxectivos: sen cambios
2) Contidos: sen cambios
3) Material bibliográfico: sen cambios
4) Competencias: sen cambios
5) Metodoloxía:
Escenario 2
Expositivas e Interactivas de seminario
Non se esperan modificacións no tipo de docencia, se se manteñen os parámetros tradicionais de matrícula. Se as medidas de distanciamento non permitiran que todos os alumnos da materia asistan ás clases presenciais na aula asignada e non se dispón dun espazo docente máis amplo para acoller a todos os alumnos, entón arbitraríanse algunha destas medidas:
- Retransmitir en streaming a clase para parte do alumnado que as seguiría dende outro espazo docente da facultade. Estableceríanse quendas para que todos os alumnos seguirán as clases nas mesmas condición.
- Retransmitir en streaming a clase para parte do alumnado que as seguiría dende a súa casa. Estableceríanse quendas para que todos os alumnos seguirán as clases nas mesmas condicións.
Priorizarase o uso da aula para as probas de avaliación.
As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, requerirán de cita previa.
Escenario 3
A docencia será telemática e as clases desenvolveranse de forma síncrona no horario oficial de clase. Pode ser que, por causas sobrevidas, algunha das clases se desenvolva de forma asíncrona o que se comunicará ao alumnado con anterioridade.
As titorías serán telemáticas e requerirán de cita previa.
6) Método de avaliación: sen cambios agás no caso de ter que realizar un exame final, que será presencial no escenario 2 se a situación o permite, e telemático no escenario 3.
7) Tiempo de estudo e traballo individual: sen cambios
8) Recomendacións para o estudo da materia: sen cambios
Enrique Zas Arregui
Coordinador/a- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Teléfono
- 881813970
- Correo electrónico
- enrique.zas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jaime Alvarez Muñiz
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Teléfono
- 881813968
- Correo electrónico
- jaime.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula C |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula C |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula C |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula C |
20.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Sala de Xuntas - Bloque II |
30.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |