Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física de Partículas
Áreas: Física Teórica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Escenario 1:
O obxectivo deste curso é presentar unha selección de temas que complementen a formación do estudante no campo da Física Cuántica. Os temas concretos foron elexidos pola súa relevancia en diferentes campos da Física actual.
Escenario 2 e/ou 3:
Sen cambios
Escenario 1:
-Repaso dos principios fundamentais da mecánica cuántica
-O problema da medida. Decoherencia e a aparición da realidade clásica na teoría cuántica. Modelos sinxelos de decoherencia. Localización debida a colisións con partículas ambientais.
-Dinámica cuántica xeneralizada. Operadores de Kraus e saltos cuánticos. Superoperadores e ecuacións piloto. Ecuación de Lindblad. Aplicación o oscilador harmónico amortiguado. Baños térmicos e ecuacións de evolución exactas. A aproximación de Born-Markov.
-Estados coherentes do oscilador harmónico. Estados comprimidos. Distribucions de quasiprobabilidad e mecánica cuántica no espazo de fase.
-Fases xeométricas de Berry e aplicacións
-Integral de camiño de Feynman e aplicacións.
Escenario 2 e/ou 3:
Sen cambios
-M. Le Bellac, Quantum Physics, Cambridge University Press, 2006
-M. Schlosshauer, Decoherence and the quantum-to classical transition, Springer 2007
-H. P. Breuer, F. Petruccione, The theory of open quantum systems, Oxford Univ. Press. 2002
-S. Haroche, J. M. Raimond, Exploring the quantum, Oxford Univ. Press. 2006
-A. Bohm, A. Mostafazadeh, H. Koizumi, Q. Niu, J. Zwanzinger, The geometric phase in quantum systems, Springer 2003.
Recursos en rede:
Aula Virtual: Apuntes elaborados polos profesores, problemas propostos e enlaces a recursos online
Escenario 1:
Nesta materia o alumno adquirirá e practicará unha serie de competencias básicas, desexabeis en calquera titulación básica, e competencias específicas. As competencias especificas desta materia é a aprendizaxe de temas específicos de Mecánica Cuántica, seleccionados pola súa relevancia en diferentes campos da física actual, que complementen os coñecementos adquiridos no grao de Física.
Escenario 2 e/ou 3:
Sen cambios
Activarase un curso na plataforma Moodle do Campus Virtual, á que se subirá información de interese para o alumno así como material docente diverso.
Escenario 1:
Impartiranse as horas de clase presencial segundo o calendario oficial do Máster, nas que se explicarán, utilizando medios audiovisuais cando sexa axeitado, os contidos da materia, introducindo exercicios e problemas ilustrativos e/ou aclaratorios de ditos contidos. Aos alumnos iráselles subministrando un material que comprende tanto o desenrolo dos contidos teóricos como os enunciados de exercicios e problemas. Disporase das horas de titorías correspondentes. As titorías poden ser presenciais ou telemáticas, se son telemáticas requiriran de cita previa, o que tamén é recomendable para as presenciais.
Escenarios 2,3:
Ver Plan de Continxencia no apartado Observacions.
Escenario 1:
A evaluación da materia consistirá básicamente na evaluación continua tendo en conta os aspectos seguintes:
- É obligatorio asistir ás clases expositivas e interactivas, e realizar os exercicios propostos nas mesmas.
- Proporanse traballos específicos onde o alumno porá en práctica os métodos e técnicas aprendidos nalgún problema concreto do curso ou algún outro tema relacionado coas outras materias do Máster que o alumno esté cursando ou teña intención de cursar.
O peso na nota global da asistencia ás clases e realización de exercicios será do 60%, mentres que o da presentación de traballos ou proxectos específicos será do 40%.
Excepcionalmente poderase realizar un examen final da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Escenarios 2,3:
Ver Plan de Continxencia no apartado Observacions.
Escenario 1:
Docencia Teórica: 20 horas.
Docencia Interactiva: 10 horas.
Titorízación Individual do Alumnado: 1hora.
Traballo Persoal da/o Alumna/o e Outras Actividades: 44 horas.
Escenarios 2,3:
Sen cambios
Escenario 1:
Resulta imprescindíbel un estudio continuado, a consulta de libros, así como a realización dos exercicios e traballos propostos.
Escenarios 2,3:
Sen cambios
Plan de continxencia ante un posible cambio de escenario
1) Obxetivos: sen cambios
2) Contenidos: sen cambios
3) Material bibliográfico: sen cambios
4) Competencias: sen cambios
5) Metodoloxía:
Escenario 2
Non se esperan modificacións no tipo de docencia, se se manteñen os parámetros tradicionais de matrícula. Se as medidas de distanciamento non permitiran que todos os alumnos da materia asistan ás clases presenciais na aula asignada e non se dispón dun espazo docente máis amplo para acoller a todos os alumnos, entón arbitraríanse algunha destas medidas:
-Retransmitir en streaming a clase para parte do alumnado que as seguiría dende outro espazo docente da facultade. Estableceríanse quendas para que todos os alumnos seguirán as clases nas mesmas condición.
-Retransmitir en streaming a clase para parte do alumnado que as seguiría dende a súa casa. Estableceríanse quendas para que todos os alumnos seguirán as clases nas mesmas condicións. Priorizarase á hora de programar a actividade da materia a presencialidade nas probas de avaliación. Se debido á unha inevitable rotación do alumnado, as probas de avaliación consumirán un número inasumible de horas, á docencia correspondente se impartiría telemáticamente. As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, requerirán de cita previa.
Escenario 3
A docencia será telemática e as clases desenvolveranse de forma síncrona no horario oficial de clase. Pode ser que, por causas sobrevidas, algunha das clases se desenvolva de forma asíncrona o que se comunicará ao alumnado con anterioridade.
As titorías serán telemáticas e requerirán de cita previa
6) Sistema de avaliacion
Escenario 2 e 3
As actividades de avaliación que non poidan ser realizadas de xeito presencial, se non poden ser adiadas, realizaranse telematicamente a través das ferramentas institucionais en Office 365 e Moodle. Neste caso esixirase a adopción dunha serie de medidas que requirirán que o alumnado dispoña dun dispositivo con micrófono e cámara mentres non se dispoña dun software de avaliación axeitado. O alumnado pode ser chamado a unha entrevista para comentar ou explicar unha parte ou o total da proba.
7)Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala: sen cambios
8)Recomendacións para o estudo da materia: sen cambios
Alfonso Vázquez Ramallo
Coordinador/a- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Teléfono
- 881813990
- Correo electrónico
- alfonso.ramallo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula C |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula C |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula C |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula C |
12.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Sala de Xuntas - Bloque II |
05.07.2021 12:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |