Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física de Partículas
Áreas: Física Atómica, Molecular e Nuclear, Física Teórica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
(Nota: neste apartado non se prevén modificacións en relación con posibles cambios de escenario docente debido á evolución da Covid-19).
O Modelo Estándar da física de partículas é a realización mais completa de noso entendemento da estrutura da Natureza ó nivel máis elemental. Nesta asignatura preséntase o formalismo do Modelo Estándar así como os métodos experimentais mais relevantes para o seu estudo. Trátase dun curso de nivel intermedio en física de partículas.
Os obxectivos específicos son:
- Coñecer o Modelo Estándar da física de partículas.
- Coñecer os elementos teóricos e os resultados e técnicas experimentais nos que se sustenta o devandito modelo.
- Realizar cálculos de observables físicos. Analizar e interpretar datos experimentais en física de partículas.
Como resultado do curso, as alumnas e alumnos adquirirán un coñecemento do Modelo Estándar que lles permita profundizar no seu estudo tanto en cursos avanzados como desde o punto de vista da iniciación á investigación, teórica ou experimental.
(Nota: neste apartado non se prevén modificacións en relación con posibles cambios de escenario docente debido á evolución da Covid-19).
- Construcción do Modelo Estándar (SM).
Simetrías do SM; Teorías gauge e Lagrangiano do SM; Higgs e os términos de masa. Experimentos para o SM; Seccións eficaces, amplitudes de desintegración, distribucións de multiplicidade.
- Elementos fundamentais da Cromodinámica Cuántica (QCD). Libertad asintótica e confinamento; Deep inelastic scattering e ecuaciones de Dokshitzer-Gribov-Lipatov-Altarelli-Parisi. Jets de QCD en desintegracións electrón-positrón e outros procesos de altas enerxías.
- Elementos fundamentais da Teoría Electrodébil (EW). Rotura espontánea de simetría; descubrimento do bosón de Higgs; Bosóns W y Z.
(Nota: No momento de aprobar esta programación docente, pensando nun posible escenario 2 ou 3 en relación coa Covid-19, estase tamén en proceso de solicitude e adquisición de novo material bibliográfico electrónico; por iso, o profesorado da materia especificará no Campus Virtual qué material bibliográfico pode atoparse en formato electrónico na biblioteca da USC cando os fondos estean dispoñibles.)
M. Thomson, "Modern Particle Physics", Cambridge University Press, 2013.
D. Griffiths, “Introduction to Elementary Particles”, Wiley-VCH, 2009
S. Bettini, “Introduction to Elementary Particles Physics”, Cambridge, 2009
Yu. Dokshitzer, V. Khoze, A. Mueller, S. Troyan, “Basics of Perturbative QCD”, Editions Frontieres, 1991
R. K. Ellis, W. J. Stirling, B. R. Webber, “QCD and Collider Physics”, Cambridge 2003.
E. Leader and E. Predazzi, “An introduction to gauge theories and modern particle physics”, Cambridge, 1996.
G.P. Salam, Elements of QCD for hadron colliders, CERN Yellow Report CERN-2010-002, 45-100 [arXiv:1011.5131 [hep-ph]].
(Nota: neste apartado non se prevén modificacións en relación con posibles cambios de escenario docente debido á evolución da Covid-19).
Nesta materia o alumno comprenderá os elementos fundamentais, tanto teóricos como experimentais, que dan lugar ó Modelo Estándar.
Capacidade de relacionar o modelo teórico cos resultados experimentais.
Capacidade de cálculo de observables físicos e interpretación e análise de datos.
Activarase o correspondente curso na plataforma Moodle do Campus Virtual, á que se subirá información de interese para o alumnado así como material docente diverso. A metodoloxía docente para cada un dos tres posibles escenarios é a seguinte.
Escenario 1:
Seguiranse as indicacións metodolóxicas xerais establecidas na Memoria do Titulo de Máster en Física da USC. As clases serán presenciais é a distribución de horas expositivas e interactivas sigue o especificado na Memoria de Máster. As titorías requiren cita previa e poderán ser presenciais ou telemáticas a través da aplicación Teams de Microsoft. Nas clases expositivas explicarase polo miúdo, usando o encerado e/ou proxeccións, todos os contidos da materia cos cálculos necesarios, estimulando ós alumnos a preguntar publicamente as dúbidas para que todos poidan escoitar as respostas e participar no debate. Nas clases interactivas de seminarios serán os alumnos os que, preferentemente, resolvan e discutan os problemas no encerado, que serán distribuídos e asignados con suficiente antelación. Tamén se contempla a exposición de traballos que inclúan a descrición e funcionamento de experimentos, novas propostas teóricas, interpretación de resultados etc.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. No artigo 16 da mencionada Normativa establécese que:
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citar os autores e as fontes.
Escenario 2: ver o Plan de Continxencia no apartado de Observacións ó final desta programación.
Escenario 3: ver o Plan de Continxencia no apartado de Observacións ó final desta programación.
Escenario1:
A avaliación será continua durante o curso. Proporanse exercicios que os alumnos deberán entregar resoltos. Algúns deles serán explicados polos propios alumnos no encerado ó resto dos compañeiros. Unha parte da avaliación poderá consistir na presentación de traballos nos que se explique o deseño de experimentos, interpretación de resultados e impacto en novos modelos teóricos. Excepcionalmente poderá contemplarse a realización dun exame final.
Escenario 2: ver o Plan de Continxencia no apartado de Observacións ó final desta programación.
Escenario 3: ver o Plan de Continxencia no apartado de Observacións ó final desta programación.
(Nota: neste apartado non se prevén modificacións en relación con posibles cambios de escenario docente debido á evolución da Covid-19).
O tempo de traballo na aula en presenza do profesor é de 60 horas distribuídas do seguinte xeito: 40 horas de clase expositiva e 20 horas de clase interactiva de problemas, xunto con 2 horas de titorización individual. O tempo de traballo persoal autónomo adicional do alumno para conseguir un adecuado dominio da materia estímase en 88 horas.
(Nota: neste apartado non se prevén modificacións en relación con posibles cambios de escenario docente debido á evolución da Covid-19).
Asistencia e participación activa na clase. O estudo debe ser planificado diariamente, evitando que se acumule traballo dunha semana para outra.
Si se produce un cambio do escenario 1 ao escenario 2 de docencia debido á evolución da Covid-19, as adaptacións serán as seguintes:
Metodoloxía:
Non se esperan modificacións no tipo de docencia si se mantén o número habitual de alumnos matriculados. Si as medidas de distanciamento non permitiran que todos os alumnos asistan ás clases presencias na aula asignada e non existiran espazos máis amplos para acoller a docencia arbitraríase algunha destas medidas:
- Retransmisión en streaming da clase para parte do alumnado que estivese ubicado (por quendas) noutra aula da facultade.
- Retransmisión en streaming da clase para parte do alumnado que estivese ubicado (por quendas) no seu domicilio.
Terán prioridade as actividades presenciais relacionadas con probas de avaliación. Si estas probas consumen un número elevado de horas debido á rotación do alumnado, a docencia correspondente impartirase telemáticamente a través da aplicación Teams de Microsoft. As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, e requerirán cita previa.
O resto dos apartados do programa non sufrirían variacións.
Si se produce un cambio ó escenario 3 de docencia debido á evolución da Covid-19 as adaptacións serán as seguintes:
Metodoloxía: A docencia será telemática e as clases desenvolveranse de modo síncrono en horario oficial a través da aplicación Teams de Microsoft, salvo que por causas sobrevidas algunha clase teña que ser asíncrona, o que se comunicará ó alumnado con antelación. As titorías serán telemáticas e requirirán cita previa.
Sistema de avaliación: A avaliación continua farase exclusivamente por medios telemáticos usando ferramentas da aplicación Moodle do Campus Virtual.
O resto dos apartados do programa non sufrirían variacións.
Juan Jose Saborido Silva
Coordinador/a- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Atómica, Molecular e Nuclear
- Teléfono
- 881814109
- Correo electrónico
- juan.saborido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Bin Wu
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Correo electrónico
- bin.wu [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Martes | |||
---|---|---|---|
17:15-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 7 |
Mércores | |||
17:15-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 7 |
Xoves | |||
17:15-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 7 |
13.01.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
23.06.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |