Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física de Partículas
Áreas: Física Teórica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Escenario 1: Este curso é continuación da materia Teoría Cuántica de Campos, vinculada á orientación de Física de Partículas. O obxectivo principal é o estudo dos aspectos non perturbativos da teoría cuántica de campos, especialmente en conexión coa dinámica cuántica das teorías de gauge. Os principais temas a estudar son as anomalías e as súas implicacións, así como as diferentes solucións solitónicas e a súa conexión coa estrutura non perturbativa das teorías de campos. Inclúese tamén unha introdución á supersimetría.
O alumnado que cursase esta materia poderá:
-Comprender a estrutura cuántica das teorías cuánticas de campos en varias dimensións, máis aló da súa estrutura perturbativa.
-Afondar nas implicacións físicas da cuantización das teorías de gauge.
Escenarios 2 e/ou 3: Sen cambios.
Escenario 1:
1. Fases das teorías de gauge. Caracterización do confinamento. Lazos de Wilson e ‘t Hooft. Limite de ‘t Hooft e expansión 1/N.
2. Anomalías quirais en dúas e catro dimensións. Modelo de Schwinger. Método de Fujikawa e diagramas do triángulo. Aplicación a QCD e ao modelo estándar. Aspectos topolóxicos das anomalías. Anomalía de paridade en tres dimensións.
3. Solitóns en teoría de campos. Monopolos. Vórtices. Instantóns e baleiro theta. Skyrmións.
4. Supersimetría. Superespazo. Solución de Seiberg-Witten.
Escenarios 2 e/ou 3: Sen cambios.
Escenario 1:
-Notas de clase (dispoñibles en liña; abarcan a totalidade de contidos).
-M. Shifman, Advanced topics in quantum field theory, Cambridge U. P., 2012.
-S. Weinberg, The quantum theory of fields, vol. 2, Cambridge U. P., 1996.
-R. Bertlmann, Anomalies in quantum field theory, Oxford U. P., 1996.
-R. Rajaraman, Solitons and instantons, North-Holland, 1982.
-J. Greensite, An introduction to the confinement problem, Springer 2011.
-J. Wess, J. Bagger, Supersymmetry and supergravity, Princeton U. P., 1992.
Escenarios 2 e/ou 3: Sen cambios.
Escenario 1:
Competencias Xerais:
- Ter un coñecemento xeral dos aspectos non-perturbativos da Teoría Cuántica de Campos.
- Saber aplicar os coñecementos adquiridos en contextos máis amplos relacionados coa súa área de estudo.
- Ter un coñecemento da localización deste campo no panorama científico presente e futuro.
- Familiarizarse cos modos de difusión de resultados na ciencia actual.
- Adquirir a capacidade para redactar textos, artigos ou informes científicos conforme aos estándares de publicación.
Competencias Transversais:
- Relacionar contidos da materia con temario doutras materias.
- Capacidade para interpretar textos, informes e artigos académicos en inglés, idioma científico por excelencia.
- Desenvolver a capacidade para a toma de decisións responsables en situacións complexas e/ou responsables.
Competencias específicas:
- Adquirir unha formación avanzada orientada á especialización investigadora e académica, que lle permitirá adquirir os coñecementos necesarios para acceder ao doutoramento.
- Familiarizarse co modelo estándar das interaccións fundamentais e coas súas posibles extensións.
Escenarios 2 e/ou 3: Sen cambios.
Escenario 1:
Impartiranse as horas de clase presencial segundo o calendario oficial do Máster, nas que se explicarán, utilizando todos os medios audiovisuais dos que se poida dispoñer, os contidos da materia, introducindo exercicios e problemas ilustrativos e/ou aclaratorios. Aos alumnos iráselles fornecendo un material que comprende tanto o desenvolvemento dos contidos teóricos como os enunciados de exercicios e problemas. Dispoñerase das horas de titorías correspondentes, baixo petición e cita previa. As notas de clase servirán de apoio para o estudo. Propoñeranse exercicios que o alumno deberá resolver e, no seu caso, entregar. Tamén a posibilidade de realizar unha monografía sobre algún tema de interese que se relacione cos contidos do curso.
Escenario 2 e/ou 3:
A docencia presencial substituirase por videoconferencia remota en función das condicións sanitarias e as medidas de distanciamento social ditadas. O material de estudo estará dispoñible con periodicidade na aula Virtual e conterá notas de clase, exercicios e cuestións para afianzar a comprensión do contido. Incentivarase a participación nos foros de discusión para aclarar e estender cuestións e dúbidas que sexan expostas polos alumnos.
Escenario 1:
A avaliación da materia consistirá basicamente na avaliación continua tendo en conta os aspectos seguintes:
- É obrigatorio asistir ás clases expositivas e interactivas e realizar os exercicios propostos nas mesmas.
- Propoñeranse traballos específicos onde o alumno poñerá en práctica os métodos e técnicas aprendidos nalgún problema concreto do curso ou algún outro tema relacionado coas outras materias do máster que o alumno estea a cursar ou teña intención de cursar.
- Contémplase a posibilidade de realizar un exame final só excepcionalmente no caso de que non se completase algún dos criterios anteriores e sexa necesario para avaliar se o alumno adquiriu as competencias da materia.
Peso na nota global:
Asistencia ás clases e realización de exercicios. 60%
Presentación de traballos ou proxectos específicos. 40%
Escenario 2 e/ou 3:
As actividades de avaliación que non poidan ser realizadas de maneira presencial realizaranse por vía telemática. O alumnado pode ser chamado a unha entrevista para explicar unha parte ou o total dos contidos avaliables que entregase.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Escenario 1:
Clases expositivas: 20h.
Clases interactivas: 10h.
Titorías: 1h.
Traballo persoal e outras actividades: 44h.
Traballo total do alumno: 75h.
Escenarios 2 e/ou 3: Sen cambios.
Escenario 1: Recoméndase cursar a materia Teoría Cuántica de Campos do Grao en Física.
Escenarios 2 e/ou 3: Sen cambios.
PLAN DE CONTINXENCIA ante un posible cambio de escenario:
1) Obxectivos: sen cambios.
2) Contidos: sen cambios.
3) Material bibliográfico: sen cambios.
4) Competencias: sen cambios.
5) Metodoloxía: A docencia presencial substituirase por videoconferencia remota en función das condicións sanitarias e as medidas de distanciamento social ditadas. O material de estudo estará dispoñible con periodicidade na aula Virtual e conterá notas de clase, exercicios e cuestións para afianzar a comprensión do contido. Incentivarase a participación nos foros de discusión para aclarar e estender cuestións e dúbidas que sexan expostas polos alumnos.
6) Sistema de avaliación: As actividades de avaliación que non poidan ser realizadas de maneira presencial realizaranse por vía telemática. O alumnado pode ser chamado a unha entrevista para explicar unha parte ou o total dos contidos avaliables que entregase.
7) Tempo de estudo e traballo persoal: sen cambios.
8) Recomendacións para o estudo da materia: sen cambios.
Jose Luis Miramontes Antas
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Teléfono
- 881814057
- Correo electrónico
- jluis.miramontes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Riccardo Borsato
Coordinador/a- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Correo electrónico
- riccardo.borsato [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral_Junior Leader La Caixa
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
30.05.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
27.06.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |