Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Comprender de xeito riguroso a cuantización da luz e a propagación temporal e espacial da
luz cuántica.
-Coñecer diferentes estados cuánticos de luz, sabendo ademais como transformar (manipular) ditos
estados con sistemas ópticos. Coñecer e entender diferentes sistemas ópticos de xeración de
estados cuánticos de luz.
-Coñecer e comprender os conceptos de polarización, interferencia e coherencia cuántica da luz a
distintos órdes e saber formalizalos, todo elo co obxecto de caracterizar estados cuánticos de luz
e comprobar aspectos fundamentais da física.
-Saber describir cuanticamente tanto a luz coma os sistemas ópticos coa fin de manipular estados
cuánticos de luz orientados a aplicacións relevantes nos campos da óptica cuántica fundamental
e aplicada.
-Coñecer e comprender diferentes sistemas físicos fundamentais xeradores de luz cuántica así coma sistemas e técnicas
de detección de luz cuántica para poder identificar e caracterizar estados cuánticos de luz.
Resultados da Aprendizaxe
Comprender de manera rigurosa la cuantización de la luz y la propagación temporal y espacial de la luz cuántica.
-Conocer diferentes estados cuánticos de luz, sabiendo además como transformar (manipular) dichos estados con sistemas ópticos. Conocer y entender diferentes sistemas ópticos de generación de estados cuánticos de luz.
-Conocer y comprender los conceptos de polarización, interferencia y coherencia cuántica de la luz a distintos órdenes y saber formalizarlos, todo ello con el objeto de caracterizar estados cuánticos de luz y comprobar aspectos fundamentales de la física.
1.-Propagación cuántica da luz. Formulación Hamiltoniana. Propagación cuántica temporal.
Operador Momento. Propagación cuántica espacial. Estudo de diferentes estados cuánticos de luz.
2.-Estados cuánticos e dispositivos ópticos. Estudo cuántico de dispositivos ópticos. Estados de
campo óptico. Estados cuánticos de luz puros e mestura.
3.-Polarización cuántica da luz. Operador de espín. Concepto de polarización cuántica. Operadores
de Stokes. Grado de polarización cuántica. Aplicacións a computación e criptografía cuánticas.
4.-Interferencia e coherencia opto-cuántica. Probabilidade de detección de Glauber. Interferometría
opto-cuántica. Funcións de coherencia opto-cuántica. Aplicacións.
5.-Optica cuántica non lineal. Operadores Momento non lineais de segunda e terceira orde. Xeneración
de estados cuánticos de luz. Detección homodina e heterodina de estados de luz cuántica. Aplicacións.
Bibliografía Básica
-Material docente elaborado polo profesor sobre "Optica Cuántica" ubicado dixitalmente na Aula Virtual da materia.
Bibliografía Complementaria
-Loudon, R., 1983 (2ª ed), 2003 (3ª ed), The Quantum Theory of Light, Oxford University Press
-Scully M.O. and Zubairy M.S., 1997, Quantum Optics, Cambridge
-Mandel, L., Wolf, E., 1995. Optical Coherence and Quantum Optics, Cambridge University Press
-Fox, M, 2005. Quantum Optics, Oxford University Press
-Gerry C. and Knight P., 2005, Introductory Quantum Optics, Cambridge University Press
Recursos bibliográficos na rede
-No material docente elaborado polo profesor sobre "Optica Cuántica" ubicado na Aula Virtual hai ligazóns a páxinas web.
-Pathak A., Banerjee A., Optical Quantum Informaction and Quantum Communications, http://dx.doi.org/10.1117/3.2240896
-G.Grynberg, A.Aspect, C.Fabre, Introduction to Quantum Optics
http://www.fulviofrisone.com/attachments/article/404/intoduction%20to%2…
CG01 - Adquirir a capacidade de realizar traballos de investigación en equipo.
CG02 - Ter capacidade de análise e de síntese.
CG03 - Adquirir a capacidade para redactar textos, artigos ou informes científicos conforme aos estándares de publicación.
CG04 - Familiarizarse coas distintas modalidades usadas para a difusión de resultados e divulgación de coñecementos en reunións científicas.
CG05 - Aplicar os coñecementos á resolución de problemas complexos.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
CT01 - Capacidade para interpretar textos, documentación, informes e artigos académicos en inglés, idioma científico por excelencia.
CT02 - Desenvolver a capacidade para a toma de decisións responsables en situacións complexas e/ou responsables
CE10 - Comprender e asimilar tanto aspectos fundamentais como máis aplicados da Física da luz e a radiación.
CE11 - Adquirir coñecementos e dominio das estratexias e sistemas de transmisión da luz e a radiación.
Impartiranse as horas semanais de clase presencial segundo o calendario oficial do Máster. Explicaranse, utilizando todos os medios audiovisuaiss dos que se poida dispor, os contidosteóricos da materia, introducindo exercicios e problemas ilustrativos e/ou aclaratorios de ditoscontidos. Aos alumnos iráselles fornecendo dun material (en xeral, en soporte electrónico) queabrangue tanto o desenvolvemento dos contidos teóricos que se explican na aula coma osenunciados dos exercicios e problemas, enfatizando que é un material de seguemento que debencompletar co traballo persoal.
Usarase o Campus Virtual da USC.
Actividades avaliables e o seu peso na nota global:
-Resolución de exercicios prácticos 70%
-Realización de traballos 20%
-Participación na clase 10%
Excepcionalmente poderase realizar un exame final da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación ao recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
3 ECTS desglosados como segue:
Horas presenciais:
-Expositivo-Interactivas: 30 horas
Horas non presenciais (45 horas) adicadas a:
-Estudo dos contidos teóricos (conceptuais-formais)
-Realización de problemas/actividades
-Reelaboración de problemas/actividades
Recoméndase que o alumno teña coñecementos de Optica Clásica e coñecementos de Física Cuántica, e sobre todo que faga (e refaga) os exercicios, problemas e actividades propostos con constancia.
Jesus Liñares Beiras
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813501
- Correo electrónico
- suso.linares.beiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
23.01.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
03.07.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |