Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 11 Clase Interactiva: 10 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos da materia:
A materia de Nutrición e Psicoloxía trata de proporcionar ao estudante coñecementos sobre:
1) a importancia dos factores psicolóxicos na conduta alimentaria
2) as características esenciais dos problemas da conduta alimentaria
3) os métodos e técnicas psicolóxicas para abordar a problemática da conduta alimentaria
Teoría
Tema 1. Nutrición e Psicoloxía da saúde. Aspectos xerais da conduta alimentaria.
Tema 2. Condicionantes psicolóxicos da conduta alimentaria. Promoción de hábitos alimentarios saudables.
Tema 3. Problemática da conduta alimentaria: Clasificación e descrición. Implicacións psicolóxicas. Teorías explicativas e Estratexias psicolóxicas. Efectos das dietas restritivas.
Tema 4. Características diferenciais da problemática da conduta alimentaria. Factores de risco e protección.
Tema 5. Métodos e ámbitos de avaliación psicolóxica da conduta alimentaria.
Tema 6. Valoración dos tratamentos. Aspectos xerais sobre a intervención psicolóxica.
Prácticas
As clases interactivas desenvolveranse ao longo de 4 sesións relacionadas cos bloques teóricos: Identificación, diferenciación, avaliación e estratexias básicas de intervención.
Bibliografía básica
- Amigo, I. (2013). Manual de psicología de la salud. Madrid: Pirámide.
- Baile, J. y González, M. (2013). Intervención psicológica en obesidad. Madrid: Pirámide.
- Buceta, J.M., Bueno, A.M., y Mas, B. (2001). Intervención Psicológica y Salud: Control el Estrés y Conductas de Riesgo. Madrid: Dikynson.
- Cortés, L., Senra, C., y Martínez, C. (2016). Guía para superar el déficit en habilidades sociales en personas con trastornos de la conducta alimentaria. Andavira: Santiago.
- Fairburn, C. (2017). La superación de los atracones de comida. Barcelona: Paidós.
- Ogden, J. (2005). Psicología de la alimentación. Morata: Madrid.
- Suls, J.M. , Davidson, K.W., y Kaplan, R. (2010). Handbook of health psychology and behavioural medicine. New York: Guilford Press.
Bibliografía complementaria
- Baile, J. & González, M. (2016). Trastorno por atracón. Diagnóstico, evaluación y tratamiento. Pirámide: Madrid.
- Calado, M. (2010). Trastornos alimentarios. Guías de psicoeducación y autoayuda. Madrid: Pirámide.
- Castro, J. y Toro, J. (2004). Anorexia nerviosa. El peligro de adelgazar. Barcelona: M&T.
-Cortés, L., Wichstrøm, L., Viddal, C., y Senra, C. (2019). Prospective Bidirectional Associations between Attachment and Depressive Symptoms from Middle Childhood to Adolescence. Journal of Youth and Adolescence, 48, 2099–2113.
- Ferreiro, F., Seoane, G., y Senra., C (2014).Toward understanding the role of body dissatisfaction in the gender differences in depressive symptoms and disordered eating: A longitudinal study during adolescence. Journal of Adolescence, 37, 73-84.
- Perpiñá, C., Botella, C. y Baños, R. (2006). La evaluación de los trastornos de la conducta alimentaria. En V. Caballo (Dir.). Manual para la Evaluación Clínica de los Trastornos Psicológicos, pp. 211-235. Madrid: Pirámide.
- Saldaña, C. (2002). Trastornos por atracón y obesidad. Nutrición Hospitalaria, XVII (Sup. 1), 55-59.
- Suls, J.M. , Davidson, K.W., y Kaplan, R. (2010). Handbook of health psychology and behavioural medicine. New York: Guilford Press.
- Vázquez, R., López, X., Álvarez, G. y Mancilla, J.M. (2006). La evaluación del trastorno por atracón. En V. Caballo (Dir.). Manual para la Evaluación Clínica de los Trastornos Psicológicos. Madrid: Pirámide.
Competencias básicas e xenerais
CG1 - Coñecer a relación entre os alimentos, a nutrición e a saúde dos consumidores en diferentes situacións vitais e/ou psicolóxicas, necesaria para o desenvolvemento das diversas funcións dun profesional orientado á mellora da saúde e seguridade alimentarias.
CG11 - Adquirir formación para desenvolver a actividade investigadora, sendo capaces de formular hipóteses, recoller e interpretar a información para a resolución de problemas seguindo o método científico, e comprendendo a importancia e as limitacións do pensamento científico nos aspectos relacionados coa nutrición, a seguridade e a tecnoloxía alimentaria.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Competencias transversais
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT3 - Capacidade para traballar en equipo.
CT7 - Capacidade para a resolución de problemas.
CT9 - Capacidade para transmitir coñecementos
Competencias específicas
COP16 - Coñecer a formulación psicolóxica e as características esenciais dos trastornos da conduta alimentaria e de obesidade.
COP17 - Coñecer os distintos métodos de avaliación psicolóxica e as bases xerais da intervención psicolóxica na conduta alimentaria.
Clases maxistrais. Nelas a profesora desenvolverá o contido do programa teórico, utilizando os recursos didácticos e audiovisuais que estime oportunos, e favorecendo a participación do alumnado.
Seminarios. Neles levará a cabo a análise e debate de propostas relacionadas cos contidos teóricos.
Titorías en grupo.
Exposición de traballos en grupo.
Como recurso de apoio á docencia utilizarase o Campus Virtual da USC (Moodle).
En función da situación sanitaria, a metodoloxía da ensinanza pode sufrir cambios que permitan a súa adaptación a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
A avaliación dos coñecementos e competencias adquiridas realizarase mediante unha avaliación continua (que supoñerá un 40% da cualificación final) e unha proba final (que terá un valor do 60% da nota final).
Para poder superar a materia requírese entregar os informes das actividades propostas e obter unha puntuación mínima no exame final dun 30%.
A avaliación farase tendo en conta a asistencia, a participación activa e o enchemento das actividades programadas nas sesións expositivas e interactivas.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que permitan a súa adaptación a escenarios de docencia telemática ou semipresencial (ver Observacións).
- Clases expositivas/Maxistrais: 10.5h.
- Seminarios: 10.5h.
- Titorías en grupo: 3h.
- Traballos en grupo: 14h.
- Elaboración de informes: 10.5h.
- Preparación de seminarios: 8h.
- Realización de actividades de avaliación formativa: 2h
- Actividades de estudo: 15h
- Horas presenciais totais: 24h
- Horas totais de estudo e traballo persoal do alumno: 51h
- Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas.
- Implicación activa na dinámica de clase.
- Lectura actualizada dos materiais de estudo que se entreguen.
- Comprensión de textos en inglés.
- Utilización das titorías para a resolución de dúbidas e orientación no proceso de aprendizaxe.
En función da situación sanitaria, as recomendación para o estudo poden sufrir cambios que permitan a súa adaptación a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
'PLAN DE CONTINXENCIA'
Metodoloxía da ensinanza:
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos poderán ser traballados de maneira autónoma polo/a estudante, o que será debidamente informado a través do Campus Virtual.
No caso de que certos contidos teóricos non poidan tratarse en clases expositivas presenciais, serán impartidos a través de Microsoft Teams de xeito sincrónico ou ben a través da aula virtual de xeito asincrónico (p. ex., presentacións guiadas, textos e/ou cuestionarios de autoavaliación). En canto á docencia interactiva que deba impartirse de xeito telemático, as actividades a realizar proporanse a través da aula virtual e serán organizadas en función dunha programación de entregas e seguimiento coa oportuna retroalimentación.
Sistema de avaliación:
Dependendo das circunstancias sanitarias, a proba final poderá ter lugar de xeito telemático. Neste caso, ante a realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos, aínda que serán traballados na materia, poderán non ser obxecto de avaliación, o que será debidamente informado con tempo suficiente a través do Campus Virtual da materia.
O sistema de avaliación adaptarase, de ser o caso, aos escenarios de docenciasemipresencial ou telemática: a proba final supoñerá o 50% e o 50% restante corresponderá á avaliación continua.
Recomendacións para o estudio da materia:
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, recomendáse levar ao día os contidos da materia e facer seguimiento continuado da actividade que se rexistre na aula virtual, pois certos contidos e tarefas que serán obxecto de avaliación poden ser propostos para traballarse por medios telemáticos.
As clases serán impartidas en castelán.
Carmen Senra Rivera
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813767
- Correo electrónico
- carmen.senra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |
Martes | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |
18.05.2022 17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | FAC. PSICOLOXIA |
28.06.2022 17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | FAC. PSICOLOXIA |