Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia, de carácter optativo e enmarcada na especialidade “Química e Economía Industrial”, pretende formar ó alumnado nos aspectos relacionados cós analizadores de procesos de aplicación industrial, tanto dende un punto de vista teórico como práctico, así como na xestión e control de procesos. Polo tanto, os obxectivos específicos desta materia son:
• Coñecer os fundamentos do control de procesos.
• Coñecer as estratexias básicas e avanzadas de control de procesos.
• Coñecer a instrumentación de procesos e saber seleccionar o instrumento máis axeitado para unha aplicación concreta.
• Coñecer os fundamentos da automatización dos procesos analíticos.
• Adquirir dunha forma completa e integrada os aspectos relacionados cós analizadores de procesos de aplicación industrial, tanto dende un punto de vista teórico como práctico.
• Ser capaz de seleccionar o tipo de analizador en liña máis axeitado en cada caso.
• Formar técnicos na xestión e no control de procesos.
Os contidos desta materia segundo a memoria do título son: Introdución ós analizadores de procesos. Clasificación dos analizadores de procesos. Compoñentes dun analizador de procesos. Sistemas de toma de mostra. Analizadores de procesos: exemplos.
Por iso, estruturouse a materia nos seguintes bloques:
BLOQUE I: Instrumentación e Control de Procesos
Tema 1. Introdución ó control de procesos químicos
Tema 2. Dinámica de procesos
Tema 3. Control por realimentación: controladores PID
Tema 4. Sistemas de control avanzado
Tema 5. Instrumentación de procesos
BLOQUE II: Automatización de Procesos
Tema 6. Introdución á automatización en Química Analítica
Tema 7. Automatización integral: analizadores de procesos
Aparte dos libros indicados a continuación, a profesora distribuirá entre os alumnos a través da Aula Virtual os temas en forma de diapositivas de Powerpoint, indicando ó final de cada tema os libros empregados para a súa preparación.
Bibliografía básica
Ollero de Castro, P., Fernández Camacho, E. (1999). Control e instrumentación de procesos químicos. Editorial Síntesis. Madrid, España.
Valcárcel, M., Cárdenas, M.S. (2000). Automatización y miniaturización en Química Analítica. Springer-Verlag Ibérica, S.A. Barcelona.
Bibliografía complementaria
Banica, F. G. (2012). Chemical Sensors and Biosensors: fundamentals and applications. Wiley, Reino Unido.
Cela, R. (1994). Quimiometría Práctica. Universidad de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela.
Skoog, D.A., Crouch, S. R., Holler, F. J. (2008). Principios de análisis instrumental. Cengage Learning, México.
Smith, C.L. (2009). Practical Process Control: Tunning and Troubleshooting. Wiley, Reino Unido. Recurso electrónico.
As competencias que se van a desenvolver durante o curso son as seguintes:
Básicas e Xerais
• CG1. Innovar en espazos e ámbitos do campo de traballo, demostrando iniciativa e espírito emprendedor.
• CG3. Valorar a responsabilidade na xestión da información e do coñecemento no ámbito da Química Industrial e a Investigación Química.
• CG4. Demostrar habilidade de analizar, describir, organizar, planificar e xestionar proxectos.
• CG5. Utilizar terminoloxía científica en lingua inglesa para argumentar os resultados experimentais no contexto da profesión química.
• CG6. Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de captación e organización da información para solucionar problemas na actividade profesional.
• CG8. Valorar a dimensión humana, económica, legal e técnica no exercicio profesional, así como o impacto da química no medio ambiente e no desenvolvemento sostible da sociedade.
• CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os seus coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
• CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Específicas
• CE5. Avaliar correctamente os riscos e o impacto ambiental e socioeconómico asociado ás sustancias químicas especiais
• CE6. Deseñar procesos que impliquen o tratamento ou eliminación de produtos químicos perigosos
• CE9. Valorar, promover e practicar a innovación e o emprendemento na industria e na investigación química.
Transversais
• CT3. Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
• CT4. Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
• CT5. Demostrar unha actitude de respecto cara as opinións, os valores, os comportamentos y as prácticas doutros.
Escenario 1. Normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física)
MD1. Clases teóricas. Clases expositivas (utilización de pizarra, ordenador, canón), complementadas coas ferramentas propias da docencia virtual.
MD3. Seminarios realizados co profesorado propio do Máster, o con profesionais invitados da empresa, a administración o doutras universidades. Sesións interactivas relacionadas coas distintas materias con debates e intercambio de opinións cós alumnos.
MD4. Resolución de exercicios prácticos (problemas, cuestións tipo test, interpretación e procesamento da información, avaliación de publicacións científicas, etc.).
MD5. Titorías individuais ou en grupo reducido.
MD6. Realización de traballos, tanto individualmente, como en grupo, sobre temas científicos relacionados coas distintas materias do Máster.
MD7. Exposición oral de traballos, informes, etc., incluíndo debate con profesores e alumnos.
MD8. Utilización de programas informáticos especializados e internet. Soporte docente on-line (Campus Virtual).
MD10. Estudo persoal basado nas diferentes fontes de información.
Utilizarase o Campus Virtual (Moodle) para a distribución do material didáctico e outro complementario considerado de interese para a ampliación dos temas dados na clase, buscando fomentar a aprendizaxe autónoma do alumnado. Tamén se utilizará o Campus Virtual como medio de comunicación non presencial alumno/profesor, así como a ferramenta MS Teams (clases virtuais).
Na metodoloxía tense en conta o desenvolvemento das competencias da seguinte forma:
CG1 MD4, MD6, MD7 e MD10
CG3 MD4, MD6, MD7 e MD10
CG4 MD3, MD4, MD6 e MD10
CG5 MD3, MD6 e MD8
CG6 MD3 e MD4
CG8 MD3, MD4 e MD10
CB9 MD3 e MD7
CB10 MD1, MD4 e MD10
CE5 MD1, MD3 e MD4
CE6 MD1, MD3 e MD4
CE9 MD4 e MD6
CT3 MD3 e MD8
CT4 MD4 e MD6
CT5 MD4 e MD7
Escenario 1. Normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física)
A calificación final do alumnado será a suma dos seguintes elementos:
a. Asistencia e participación en clase: 10%
b. Avaliación continua (preguntas e cuestións orais durante o curso): 10%
c. Realización e exposición oral dun traballo: 20%
d. Exame final: 60%
En todos os casos se require unha nota mínima de 3 puntos sobre 10.
Para a segunda oportunidade, mantéñense as notas obtidas nos apartados a., b. e c., tendo que repetirse soamente o exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido n "Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de calificaciones".
A continuación, indícanse as competencias avaliadas en cada ítem:
• Asistencia e participación en clase: CG5, CG8, CB9
• Avaliación continua (preguntas e cuestións orais durante o curso): CG1, CG3, CG5, CG6, CG8, CB9, CB10, CT3, CT4, CT5
• Realización e exposición oral dun traballo: CG1, CG3, CG4, CG6, CB9, CB10, CE9, CT5
• Exame final: CE5, CE6
A memoria da titulación recolle unha estimación de 54 horas de estudio e traballo persoal do alumno, que sumadas ás 21 horas presenciais supoñen 75 horas de carga de traballo para esta materia.
Recoméndase a asistencia a clase, o uso da aplicación USC Campus Virtual da materia e o uso de titorías para resolver as dúbidas que xurdan.
A docencia impártese en castelán e/ou galego, aínda que se manipularán fontes de información en inglés.
Recoméndase a utilización do Campus Virtual como eixe de todas as actividades a desenvolver nesta materia, así como de MS Teams (se é necesario segundo o escenario).
PLAN DE CONTINXENCIA
En aplicación do previsto nos documentos aprobados pola USC sobre a organización da docencia no curso 2021-2022 (Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22, aprobado polo Consello de Goberno o 30 de abril de 2021), no Escenario 2 e no Escenario 3 levaranse a cabo as adaptacións que se indican a continuación.
Metodoloxía da ensinanza
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Neste escenario, contémplanse dúas modalidades, presencialidade física ao 100%, cando se trate de grupos reducidos, e/ou a organización docente o permita; e combinación de 50% de presencialidade física e 50% telemática. Na modalidade combinada subdividiranse os grupos de expositivas, que terán docencia presencial alterna, é dicir, a metade do alumnado estará na aula e a outra metade seguirá a clase vía M. Teams. A implementación da modalidade combinada estará condicionada a dispoñibilidade de espazos docentes suficientes.
As titorías terán lugar preferentemente de xeito virtual, por medio de MS Teams, do correo electrónico institucional e da ferramenta foro do Campus Virtual.
Escenario 3. Peche das instalacións
Neste escenario, a docencia realizarase de forma telemática síncrona e sempre seguindo o horario establecido polo centro, a través da plataforma MS Teams. As titorías individuais realizaranse de xeito virtual, por medio de MS Teams, o correo electrónico institucional e a ferramenta foro do Campus Virtual.
Sistema de avaliación
O sistema de avaliación será o mesmo independentemente do escenario, coa diferenza de que no escenario 3 o exame final desenvolveranse de xeito virtual a través da ferramenta tarefa do Campus Virtual e/ou MS Teams.
Marta Carballa Arcos
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816020
- Correo electrónico
- marta.carballa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.12 |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.12 |
Venres | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.12 |
18.05.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Orgánica (1º andar) |
21.06.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Analítica (2º andar) |