Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 105.5 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 16.5 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo desta materia é proporcionar ao alumno o coñecemento dos compoñentes dunha infraestrutura actual para a computación e altas prestacións, de como funcionan en conxunto e de como administralos.
O alumno debe ser capaz de deseñar e administrar infraestruturas de altas prestacións tendo en conta a análise das necesidades presentes e a súa posible evolución futura, así coma os requisitos para plantexar un proxecto de deseño de infraestrutura no que se deben ter en conta tanto o hardware, coma o software e as infraestruturas de soporte. Isto incluirá a parte computacional, o almacenamento de datos, a infraestrutura de comunicacións, e a monitorización do sistema.
Infraestrutura de soporte para computación de altas prestacións
Virtualización de servidores
Redes de comunicacións para clusters e almacenamento
Administración de clusters para computación de altas prestacións
Sistemas de almacenamento e copias de seguridade
Monitorización e optimización de sistemas HPC
- Sterling, T., Anderson, M., & Brodowicz, M. High performance computing: modern systems and practices. Morgan Kaufmann. 2017.
- R. Rosen. Linux Kernel Networking. Implementation and Theory. 2014
- Tom Shanley. InfiniBand Network Architecture. 2002
- Matthew Portnoy. Virtualization Essentials, 2nd Edition. 2016
- Kailash Jayaswal. Administering Data Centers: Servers, Storage, and Voice over IP. 2005
- Ulf Troppens & Rainer Erkens & Wolfgang Müller. Storage Networks Explained: Basics and Application of Fibre Channel SAN, NAS, iSCSI and InfiniBand. 2004
- E. Nemeth & G. Zinder & T.R. Hein. Linux Administration Handbook. 2006
Complementaria
- Barb Goldworm & Anne Skamarock. Blade Servers and Virtualization: Transforming Enterprise Computing While Cutting Costs. 2007
- W. Curtis Preston. Backup & Recovery: Inexpensive Backup Solutions for Open Systems. 2007
- Tom Clark. Designing Storage Area Networks: A Practical Reference for Implementing Fibre Channel and IP SANs (2nd Edition). 2003
- Cougias & Heiberger & Koop. The Backup Book: Disaster Recovery from Desktop to Data Center 3rd Edition. 2003
- Analizar e mellorar o rendemento dunha arquitectura ou software dado
- Coñecer os conceptos e as técnicas básicas da computación de altas prestacións
- Coñecer as tecnoloxías e ferramentas dispoñibles para a computación en sistemas distribuídos sobre unha rede
Competencias da titulación que se traballan (ver memoria título):
- Básicas: CG1, CG2, CG3, CG5, CB6, CB7, CB9, CB10.
- Transversales/Generales: CT1, CT2, CT4.
- Específicas: CE2, CE3, CE6
- Estudio dos apuntamentos, libros e referencias en internet que se poñen a disposición do alumno. Competencias traballadas: CB6, E2, E3, E6.
- Clases prácticas a realizar polo alumno no seu propio ordenador utilizando tecnoloxías de virtualización.
- Clases prácticas, resolución de problemas e casos prácticos. Competencias traballadas: CB10, T1, T2, C4.
- Titorías programadas telemáticas: orientación para a realización dos traballos individuais ou en grupo, resolución de dúbidas e actividades de avaliación continua. Competencias traballadas: T1.
- Exame. Non hai exame na modalidade telemática
NO CASO DE QUE A USC DETERMINE O PASO A ESCENARIO 2 (DISTANCIAMENTO) OU ESCENARIO 3 (PECHE DE INSTALACIÓNS), A METODOLOXÍA DE ENSINANZA MODIFICARASE SEGUNDO O PLAN DE CONTINXENCIA INDICADO NO APARTADO "OBSERVACIÓNS".
Prácticas de laboratorio: 50%
Traballos academicamente dirixidos: 50%
Segunda oportunidade:
Prácticas de laboratorio: 50%
Traballos academicamente dirixidos: 50%
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En aplicación da Normativa da ETSE sobre plaxio (aprobada pola Xunta da ETSE o 19/12/2019), a copia total ou parcial dalgún exercicio suporá o suspenso nas dúas oportunidades do curso, coa cualificación de 0,0 en ambos casos.
NO CASO DE QUE A USC DETERMINE O PASO A ESCENARIO 2 (DISTANCIAMENTO) OU ESCENARIO 3 (PECHE DE INSTALACIÓNS), O SISTEMA DE AVALIACIÓN MODIFICARASE SEGUNDO O PLAN DE CONTINXENCIA INDICADO NO APARTADO "OBSERVACIÓNS".
- Lectura de material didáctico, visionado de vídeos e consulta de material multimedia: 0h presenciais + 22h traballo autónomo (total 22h)
- Realización de prácticas de forma autónoma con seguimento do profesorado: 0h presenciais + 70h traballo autónomo (total 70h)
- Realización de trabajos: 0h presenciais + 58h traballo autónomo (total 58h)
TOTAL: 0h presenciais + 150h traballo autónomo, para un total de 150h
Debido á forte interrelación entre a parte teórica e a parte práctica, e á progresividad na presentación de conceptos moi relacionados entre si na parte teórica, é recomendable dedicar un tempo de estudo ou repaso diario.
Nesta materia se hará un uso intensivo de ferramentas de comunicacioun en línea: videoconferencia, correo-e, chat, etc.
Nas actividades de avaliación a distancia se lles poderá requirir aos alumnos a aplicación de
mecanismos que garantan a súa identidade así como o autoría de os elementos avaliables presentados.
Plan de continxencia:
No caso de que a situación sanitaria aconselle establecer un Escenario 2 (distanciamento):
1) todas as clases expositivas impartiranse de modo online (síncronamente por Microsoft Teams, ou outra ferramenta que se estableza de acordo coa coordinación do máster na UDC, ou asincronamente mediante a publicación de vídeos gravados polo profesorado),
2) as clases interactivas impartiranse do mesmo xeito cas expositivas,
3) o sistema de avaliación permanecerá inalterado,
No caso de que a situación sanitaria aconselle establecer un Escenario 3 (peche de instalacións:)
1) mesmas condicións que no Escenario 2.