Créditos ECTS Créditos ECTS: 3.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 59.5 Horas de Titorías: 3.5 Clase Expositiva: 10.5 Clase Interactiva: 14 Total: 87.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Anual
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Implementación do sistema de xestión da calidade a través da política, os procedementos e os procesos de planificación da calidade, aseguramento da calidade e control da calidade, con actividades de mellora continua dos procesos que se realizan durante todo o proxecto. Coñecemento de fontes, métodos e técnicas para a xestión da calidade dos proxectos e actividades produtivas de bens e servizos para os futuros titulados.
Esta base teórica e os desenvolvementos prácticos, permitirá o exercicio profesional dentro do ámbito, enfoque e marco legal. Así mesmo preténdese que os alumnos unha vez cursada a materia, estean en disposición de integrarse en equipos que redacten calquera tipo de proxecto e que dispoñan da suficiente capacidade para pór en execución a xestión da calidade desde punto de vista da organización da actividade ou consultoría especializada
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Módulo 1. Introdución o control de calidade en proxectos
- Introdución o control de calidade
- Control de calidade nos proxectos
Módulo 2. Planificación da calidade
- Coñecer a nosa empresa/proxecto
- Márketing
- Ferramentas
Módulo 3. Aseguramento da calidade
- Mostraxe
- Análise de datos
Módulo 4. Implantación dun sistema de calidade
- Norma ISO 9001
- Outras normas
Básica
• PMI Standards Committee (2013) A Guide to the Project Management Body of Knowledge - Fifth Edition (PMBoK Guide). Project Management Institute, Newtown Square, Pennsylvania, USA.
* - Comentario: O Capítulo 8 deste libro é o documento base para o segundo tema do módulo 1. Este documento está en inglés, pero existe unha tradución oficial ao español, coa que contan todos os alumnos do curso desde o principio do mesmo. A utilidade de lelo en inglés radica en que desa maneira o lector familiarízase coa terminoloxía inglesa, imprescindible se se quere profundar en base á consulta de revistas especializadas na materia (por exemplo, para o traballo de curso), xa que case todas elas publícanse en inglés. De interese para todos os alumnos (sexa no idioma que sexa).
Complementaria
Módulo 1
• Besterfield, D. H. 1995. Control de Calidad. Prentice Hall. México.
• Hansen, B.L. y Ghare, P.M. .2001: Control de Calidad. Teoría y Aplicaciones. Díaz de Santos. Madrid.
• Ishikawa, K. (1994): Introducción al Control de la Calidad. (Versión española por Nicolau Medina, J. y Gonzalbes Ballester, M. M.). Díaz de Santos. Madrid.
Módulo 2
• Azofra. P. 2001. Cuestionarios. CIS. Madrid.
• Särdnal C.E., Swenson B. and Wretman, J. 1992. Model Assisted Survey Sampling. Springer Verlag.
• Walliant, R., Dorfman, A.H. And Royall, R.M. 2000. Finite Population Sampling and Inference. A prediction Approach. John Wiley. New York.
Módulo 3
• Allanueva Pinilla, A., González Santos, J.M. Y Alejandre Marco. J.L. 2000. Técnicas Estadísticas de Control de Calidad. Copy Center. Zaragoza.
• Bargueño Fariñas, V., Novo Sanjurjo, V.J. Y Sebastián Pérez, M.A. 2000. Gestión y Control de la Calidad. Universidad Nacional de Educación a Distancia. Madrid.
• Besterfield, D.H. 1995. Control de Calidad. Prince Hall. Méjico.
• Carot Alonso, V. 1998. Control Estadístico de Calidad. Servicio de Publicaciones de la Universidad Politécnica de Valencia. Valencia.
• Colomer Cugat, M.A. 1996. Estadística en el Control de Calidad. Universidad de Lleida. Lleida
• Cuatrecasas Rabos, L. 1999. Gestión Integral de la Calidad: implantación, control y certificación. Ediciones Gestión 2000. Barcelona.
• Duncan, A.J. 1990. Control de la Calidad y Estadística Industrial. Alfaomega.
• Gran, E.L. Y otros. 1998- Control Estadístico de la Calidad. CECSA.
• Montgomery, D.C. 2001. Introduction to statistical quality control. J. Wiley.
• Peña, D. 1994. Estadística. Modelos y Métodos. 1 Fundamentos. Alianza Universidad.
Módulo 4
• Pérez López, C. 1998. Control Estadístico de la Calidad: Teoría, práctica y aplicaciones informáticas. Ra-ma. Madrid.
• Gómez Graile, F., Tejero Monzón, M., Vilar Barrio, J.F.2001. Cómo hacer el manual de calidad según la nueva ISO 9001:2000. Fundación Confemetal. Madrid.
• Badía A. 1999. Técnicas para la gestión de la calidad: control de la calidad ISO-9000, gestión por procesos, diagramas de proceso, gestión de la calidad total. Tecnos. Madrid
Competencias básicas, xerais e transversais:
Competencias básicas
CG01 - Capacidade para a elaboración, seguimento e control dun plan de xestión dun proxecto.
CB6 - Poseer e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a menudo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudiantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplios (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio.
CB8 - Que os estudiantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuicios a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos.
CB9 - Que os estudiantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sin ambigüedades.
CB10 - Que os estudiantes posean as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudiando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias transversais
CT01 - Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares.
CT04 - Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo.
CT05 - Capacidade de análise e síntese.
CT06 - Resolver problemas de forma efectiva.
CT08 - Tomar decisións considerando globalmente aspectos técnicos, económicos, sociais e ambientais.
CT09 - Capacidade para establecer estratexias para resolver desacordos relacionados co proxecto, intentando chegar a unha solución satisfactoria para todos, incluíndo as posibles situacións de conflicto e crise.
CT10 - Capacidade para abrirse as aportacións, suxerencias, dudas e preocupacións doutros, de forma que o proxecto se poida beneficiar delo (actitude aberta).
CT13 - Identificar metodoloxías e técnicas emerxentes.
CT14 - Capacidade para o intercambio de opinións e para comunicar eficazmente as súas ideas e defendelas.
CT15 - Compromiso coa proteción do medio ambiente e o desenvolvemento sostible.
CT16 - Asumir coa responsabilidad ética o seu papel profesional.
Competencias específicas
CES01 - Capacidade para comprender e aplicar o concepto de proxecto e de direción de proxectos (orientación a proxectos), no entorno de orientación os resultados.
CES02 - Capacidade para comprender as implicacións básicas do entorno que rodea o proxecto: a organización permanente que o desenvolvemento os programas e carteiras de proxectos; o entorno económico, financieiro e mercantil; ou entorno tecnolóxico; e o entorno legal.
CES06 - Coñocer os sistemas e ferramentas de xestión da calidade en proxectos.
CES15 - Capacidade para establecer modos de apreciar cando a direción de proxectos fora exitosa
A docencia presencial impartirase por medio de clases expositivas en grupos de 25 alumnos (15 horas), empregando como elementos de apoio as presentacións en diferentes formatos (powerpoint, prezi, etc.). As sesións expositivas serán completadas con docencia interactiva (18 horas), empregando materiais que permitan simular ao alumno a preparación de documentación necesaria na xestión da calidade (formularios, listas de chequeo, imdicadores, métricas etc.) así como programas informáticos para o desenvolvemento de técnicas específicas (introdución de datos e análise estatística).
Sobre a base establecida na docencia expositiva e interactiva, os alumnos realizarán traballos dirixidos á elaboración dun portafolio, no cal inclúanse os elementos das sesións prácticas interactivas xunto co desenvolvido polos mesmos de forma non presencial. Os alumnos contarán co apoio de titorías para o desenvolvemento das actividades previstas. Ademáis, o Campus Virtual será empregado como plataforma para a comunicación co alumno e subministro da información que precisa tanto para as sesións expositivas, coma para a docencia interactiva e o traballo persoal.
Específicamente, empregaranse:
• Leccións maxistrais e participativas
• Seminarios para o desenvolvemento de traballos prácticos
• Realización de presentacións dos traballos
• Resolución de problemas. Elaboración e presentación de traballos de curso
• Aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos
• Titorías individualizadas e colectivas
• Traballo autónomo e estudo individual dos alumnos
• Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativo. Sesión/s de discusión activa.
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno.
Plan de continxencia para actividades docentes en remoto:
Realizaríanse, de forma síncrona/asíncrona e sempre según o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Ms Teams.
Debido a natureza e contidos desta materia, así como a metodoloxía empregada, a principal diferencia entre a docencia presencial e a docencia en remoto é (indicar a metodoloxía para cada un dos escenarios se fose diferente).
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudiantes como entre estos e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms. Teams ou ben mediante correo electrónico.
Mixta con caso práctico e exame.
Avalíase ao alumno en función das súas respostas ás preguntas do profesor e ás súas intervencións e resultados nos talleres de traballo, exercicios, supostos e casos prácticos a resolver polos alumnos, sexa de forma individual ou en grupo.
Os alumnos, en grupos de 3, prepararan un caso práctico aplicado a un proxecto nunha empresa dacordo o guión que se lles entregará o comenzo do curso. O longo das clases prácticas farase un seguimento do traballo e o final os alumnos entregarán un informe seguindo o esquema establecido. A calificación do traballo estará en función do rendemento nas clases prácticas (25%), o documento entregado (25%) e a presentación en público (25%).
Ao final da materia os alumnos realizan un exame tipo test de entre 15 e 20 preguntas de 4 opcións e resposta única, descontando 3 erros un acerto.
A cualificación do alumno é unha media ponderada, ao 50%-50%, entre o rendemento do mesmo nas dúas partes nas que se avalía ao mesmo: exame e rendemento no caso práctico.
Non superará a materia aquel alumno que non obteña un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada parte.
Traballo práctico (50%): competencias avaliadas CG01, CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CT01, CT02, CT03, CT04. CT05, CT06, CT09, CT10, CT13, CT14, CT15, CT16, CES01, CES02, CES06 y CES 15.
Examen (50%): competencias avaliadas CG01, CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CT01, CT02, CT03, CT04. CT05, CT06, CT09, CT10, CT13, CT14, CT15, CT16, CES01, CES02, CES06 y CES 15.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudiantes e de revisión das calificacións”.
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independientemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferencia de que as actividades de avaliación realizaranse, según establezcan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
Estes criterios son válidos para a convocatoria de 1ª e 2ª oportunidade e as calificacións conservaranse únicamente durante o curso académico
Docencia expositiva en grupos de 25, 10,5 horas.
Docencia interactiva en grupos de 25, 12 horas. .
Actividades de avaliación, 2 horas.
Titorías, 3,5
Traballo autónomo do alumno, 59,5 horas
Total volume de traballo: 87,5 horas.
Adecuarse á programación de contidos teóricos e prácticos dacordo cos manuais da materia, para un máximo aproveitamento á hora de cursala.
Estudo previo dos materiais docentes antes de chegar a clase, para comprender e asimilar mellor os conceptos da materia.
Participación activa nas clases e uso das titorías.
Plataforma virtual: - Na que se colocará toda a información de interés para o seguimento da asignatura.
Plan de continxencia para actividades docentes en remoto:
Realizaríanse, de forma síncrona/asíncrona e sempre según o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Ms Teams.
Debido a natureza e contidos desta materia, así como a metodoloxía empregada, a principal diferencia entre a docencia presencial e a docencia en remoto é (indicar a metodoloxía para cada un dos escenarios se fose diferente).
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudiantes como entre estos e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms. Teams ou ben mediante correo electrónico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudiantes e de revisión das calificacións”.
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independientemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferencia de que as actividades de avaliación realizaranse, según establezcan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
Manuel Francisco Marey Perez
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- manuel.marey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade