Créditos ECTS Créditos ECTS: 3.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 59.5 Horas de Titorías: 3.5 Clase Expositiva: 10.5 Clase Interactiva: 14 Total: 87.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Administrativo
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
O estudio e coñecemento da materia “Dereito Ambiental”, dada a amplitude da materia e a ausencia de coñecementos xurídicos dos estudiantes, pretende achegar un coñecemento do manexo da normativa existente e dos axentes xurídicos que facilite o futuro traballo profesional dos alumnos. Neste sentido, a materia Dereito Ambiental quere que os estudantes comprendan a existencia dun ordenamento xurídico-ambiental complexo con diferentes fontes de producción normativa (internacional, comunitaria, estatal, autonómica e local) e a súa ordenación competencial ou xerárquica. Tamén a presenza dunha pluralidade de Administracións na protección ambiental. Os estudiantes deberán achegarse ao coñecemento das diversas técnicas de protección ambiental que usan os poderes públicos para protexer o ambiente na normativa sectorial (técnicas preventivas, instrumentos económicos, responsabilidade ambiental, instrumentos voluntarios).
A percepción desa complexidade do ordenamento ambiental, realizada no primeiro bloque de temas do programa, permite un estudio sectorial dalgúns problemas ambientais onde se pode percibir esa combinación de fontes normativas, axentes competentes e técnicas de protección. De forma complementaria quere ofrecerse aos estudantes unha formación complementaria xurídica máis xeral para que no seu traballo profesional, e como cidadáns, saiban relacionarse coas Administracións públicas (procedemento administrativo, cómputo de prazos, tramitación de queixas e recursos...).
O programa da materia está dividido nun bloque básico e un tema complementario. Un primeiro bloque de cinco temas nos que se estudia a parte xeral da materia (fontes normativas, suxeitos, técnicas de protección). O tema complemenetario aborda a parte sectorial do estudo dos distintos elementos do medio e dos factores de contaminación (augas, solo, ar, espazos naturais, residuos...) e, dada a premura de tempo, permite realizar estudos monográficos cambiantes en función dos intereses do estudantado ou de sucesos concretos.
Os temas que requiren un maior estudo e que son esenciais para o entendemento da materia sinálanse cun sinal dun flexo verde. Estes temas serán obxecto principal da avaliación da materia.completa da materia sinálanse cun flexo marelo. Estes temas serán obxecto dun tratamento máis breve tanto nas explicacións como no control de coñecementos adquiridos.
PARTE XERAL
Tema 1. A orixe e fontes do Dereito Ambiental. A) Concepto de ambiente e Dereito Ambiental. B) Nacemento do Dereito Ambiental: Causas e caracterización. Os principios do Dereito Ambiental C) Fontes do Dereito Ambiental: A protección internacional. O Dereito comunitario. A protección interna. D) A Constitución e o Estatuto de Autonomía. Distribución de competencias en materia ambiental: Estado, Comunidade Autónoma e Concellos. E) A normativa ambiental, clasificación e efectos: Regulamentos e Directivas comunitarias; Leis e Regulamentos estatais e autonómicos; Ordenanzas municipais. Normas de producto e de proceso. Normas de emisión e de inmisión. O papel da normalización técnica.
Tema 2.Os instrumentos de tutela ambiental.Instrumentos preventivos. A) A planificación ambiental.B) As autorizacións C) O Control Integrado da Contaminación. D) A Avaliación de impacto ambiental e a avaliación estratéxica de planos e programas. Modalidades e procedemento.
Tema 3. Instrumentos económicos e voluntarios de tutela ambiental. A)Os tributos ecolóxicos. B) Os acordos voluntarios. O Pacto ambiental C) As axudas públicas e os fondos. D) Os incentivos fiscais. E)A ecoetiqueta. F) Os sistemas de xestión ambiental e as ecoauditorías.
Tema 4. Instrumentos complementarios. A) A participación cidadán: órganos de consulta e asesoramento; outras formas de participación B) O acceso á información ambiental. C) A formación e educación ambiental.
Tema 5. Os instrumentos represivos. A) A disciplina ambiental. A inspección ambiental. O Dereito sancionador. B) A protección penal do medio ambiente: os delitos ecolóxicos. C) A responsabilidade civil e administrativa por danos ao medio ambiente. D) A tutela xudicial do ambiente: lexitimación.
A TUTELA SECTORIAL DO MEDIO
Tema 6. A) A Directiva marco comunitaria e as Directivas “fillas”. Réximen das augas continentais. C) Réxime das augas marítimas. D) A contaminación atmosférica. A loita contra o ruido. As radiacións. A protección da capa de ozono. A loita contra a choiva ácida.O efecto invernadero.E) Réxime xurídico dos residuos e os solos contaminados F) A protección da naturaleza.
Esteve Pardo, José, Derecho del medio ambiente, Madrid: Marcial Pons, 2017 Biblioteca de Bioloxía Sinatura A EMA 713
Lozano Cutanda, Blanca, Administración y legislación ambiental: actualizado y adaptado al EEES, Madrid: Dykinson, 2016 Escola de Enxeñaría Sinatura A250 15
Nesta materia o/a alumno/a adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias do Dereito, se ben adaptadas á formación técnico-científica dos estudiantes. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, se traballarán de xeito máis específico as seguintes:
Básicas e Xerais
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento ou aplicación de ideas, a menudo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
G01 - Identificar y enunciar problemas ambientais
Específicas
E42 - Compromiso coa protección do medio e o desenvolvemento sostible.
E47 - Asumir con responsabilidade ética o seu papel de enxeñeiro nun contexto profesional
E12 - Relacionar as leis das diferentes esferas para alcanzar a sostibilidade.
E16 - Coñecer lexislación ambiental a nivel local, rexional e global
E1A - Coñecer os factores sociais que interveñen nas solucións ambientais
Avalíanse as competencias do seguinte modo:
Exame: CB6, CB7, CB8, E12, E16
Traballo en aula: CB9, CB10, G01, E42, E47, E1A
Realizarase unha combinación de leccións maxistrales para explicar a teoría, intercalando supostos prácticos, comentarios de normas e de noticias da actualidade para ilustrar os contenidos teóricos e titorías obrigatorias.
Para o seguimento das clases faciíitase aos estudiantes o primer día de clase un dossier cunha selección de normas, noticias, documentación e estatísticas que se utilizan como material de apoio á docencia teórica
O exame constará de 5 preguntas de desenvolvemento nas que o/a alumno/a deberá poñer en relación distintas partes do programa.
-A avaliación continua da participación en clase, entrega de tarefas e autoavaliacións suporá o 50% da nota. O exame o outro 50% da nota.
Realizarase unha combinación de leccións maxistrais para explicar a teoría, intercalando supostos prácticos, comentarios de normas e de noticias da actualidade para ilustrar os contidos teóricos e titorías obrigatorias.
Para o seguemento das clases facilítaselle aos estudiantes o primeiro día de clase un dossier cunha selección de normas, noticias, documentación e estatísticas que se utilizan como material de apoio á docencia teórica.
A materia ten unha carga de traballo de 3,5 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total, que se reparten da seguinte forma:
Distribución da actividade formativa en ECTS
Actividade Horas presenciais Horas traballo alumno ECTS
Clases maxistrais 12,0 30,0 2,1
Seminarios 14,0 28,0 2,3
Tutorías grupo 2,0 1,0 0,1
Total 28,0 59,0 3,5
Presuponse que os alumnos que se matriculen da materia han de ter capacidade para aplicar pensamento lóxico e crítico e para comunicar eficazmente as súas ideas. Non obstante non son precisos máis coñecementos instrumentais que o manexo a nivel de usuario de ferramentas informáticas e de búsqueda de datos (Word, uso de correo electrónico, consulta de páxinas web).
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
- As clases expositivas que non se poidan impartir presencialmente gravaranse e poranse á disposición dos alumnos no campus virtual ou ben se realizarán por streaming de forma síncrona.
- As clases interactivas que non se poidan impartir presencialmente substituiranse pola entrega dos correspondentes exercicios a través da ferramenta "Tarefa" do campus virtual ou de Teams.
- En caso de que non se poida facer de maneira presencial o exame final, realizarase a través da ferramenta "Cuestionario" do campus virtual. O exame constará de 5 preguntas de desenvolvemento nas que o/a alumno/a deberá poñer en relación distintas partes do programa.
-A avaliación continua da participación en clase, entrega de tarefas e autoavaliacións suporá o 50% da nota. O exame o outro 50% da nota.
María Da Alba Nogueira López
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Teléfono
- 881814683
- Correo electrónico
- alba.nogueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A8 |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A8 |
09.11.2020 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A8 |
09.11.2020 09:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A8 |
29.06.2021 16:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
29.06.2021 16:00-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |