Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
0.- Datos descritivos da materia
A materia de DESEÑO ECOLÓXICO DE PROCESOS E PRODUTOS ten unha vinculación directa con aquelas que compoñen o Módulo 6 de XESTIÓN AMBIENTAL do Máster en Enxeñería Ambiental, tendo así mesmo relación con outras materias do máster que abranguen fundamentos científicos e técnicos como: Balances de Materia e Enerxía, Modelización Ambiental, e Xestión e Tratamento de Residuos.
Materia: Deseño ecolóxico de procesos e produtos.
Tipo: Obrigatoria
Curso: 2º Curso do Máster en Enxeñaría Ambiental
Nº de créditos: 5,0 ECTS
Módulo: Xestión Ambiental
Horario: ver calendario titulación
Profesorado
Gumersindo Feijoo Costa
Dpto. Enxeñaría Química
Teléfono: 881816776
correo-e: gumersindo.feijoo [at] usc.gal (gumersindo[dot]feijoo[at]usc[dot]gal)
María Teresa Moreira Vilar
Dpto. Enxeñaría Química
Teléfono: 881816792
correo-e: maite.moreira [at] usc.gal (maite[dot]moreira[at]usc[dot]gal)
Horario de titorías
Titorías obrigadas: Ver a programación docente da titulación.
Titorías do profesor: martes e mércores de 17 a 20h Despachos: 3.3 e 3.4
Departamento de Enxeñaría Química, ETSE
Nesta materia, o obxectivo primordial é adquirir un coñecemento xeral dos principais conceptos relativos ó deseño sostible de procesos e produtos mediante o estudio de diferentes ferramentas de análise e avaliación medioambiental.
Os contidos que se presentan son os contemplados de forma sucinta no descritor da materia no plano de estudios do Máster en Enxeñaría Ambiental: “Indicadores de sostenibilidade. Sistemas de xestión ambiental e sostenibilidade. Política de produto integrada. Análise de ciclo de vida. Ecoetiquetado. Ecodeseño. Pegada ecolóxica. Avaliación de risco ambiental”.
O programa da materia está dividido en 2 bloques con 7 temas básicos, que se indican a continuación:
Bloque I. Sostenibilidade: Principios e Bases
Tema 1. Filosofía de Ciclo de Vida vs. Economía Circular. Antecedentes. Aspectos claves na definición da filosofía e a iniciativa do ciclo de vida. Economía Circular. Metodoloxías e aplicacións. Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel, Axenda 2030
Tema 2. Indicadores de sostenibilidade e política de produto integrada produto. Definición de indicador. Banco Público Español de Indicadores. Memoria de sostenibilidade baixo o sistema GRI. Política de produto integrada.
Tema 3. Sistemas de xestión medioambiental. Xeneralidades. Ciclo PDCA. Normas ISO 14000. Regulamento EMAS. Declaración ambiental. Auditoría medioambiental.
Bloque II. Ferramentas de análise e avaliación
Tema 4. Análise de ciclo de vida. Filosofía do ciclo de vida. Metodoloxía e fases de desenrolo. Aplicación na análise de procesos e produtos. Manexo de software específico. Estudo de casos prácticos
Tema 5. Ecodeseño. Definición de ecodeseño e ecoprodutos. Elementos claves para favorecer o ecodeseño. Ferramentas do ecodeseño. Estudo de casos prácticos.
Tema 6. Ecoetiquetado. Definición e tipos de ecoetiquetas. Ecoetiqueta europea. Pegada de carbono (ISO 14067) e pegada hídrica (ISO 14046). Elaboración e implantación dunha ecoetiqueta: pescaenverde
Tema 7. Ecoeficiencia. Índices de sostenibilidade & Iniciativas Globais. Ecoeficiencia na estratexia empresarial. ISO 14045. Análise por envoltura de datos. Casos prácticos
Tema 8. Avaliación do Risco Ambiental. Definición. Metodoloxía e fases de desenrolo. Regulamento REACH.
Obxectivos específicos (por bloques)
Preséntanse a continuación os contidos detallados de cada bloque, describindo, asemade, os obxectivos que se pretenden acadar en cada un deles.
Bloque I. Sustentabilidade: Principios e Bases
Este bloque consta dun primeiro tema introdutorio no que se presentan os aspectos xerais da xestión ambiental, considerando tanto a análise orientada a proceso como a produto, e definindo un enfoque precautorio e preventivo dos procesos produtivos e de servizos dende unha perspectiva de ciclo de vida. Tamén se introduce o concepto de Economía Circular xunto cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel definidos na Axenda 2030 pola ONU no ano 2015. A continuación estúdanse diferentes indicadores de sustentabilidade, de forma específica a memoria de sustentabilidade baixo o modelo definido por GRI. Finalizase este bloque definindo os elementos relativos ntos relativos ós sistemas de xestión ambiental regulados baixo as normas ISO e o regulamento EMAS.
Perséguense tamén outros obxectivos de tipo didáctico que se queren desenvolver ou fortalecer, e que teñen que ver con habilidades de tipo social: traballo en grupo ou capacidade de comunicación. Así mesmo preténdese a mellora das capacidades de análise, iniciativa e negociación por parte do alumno. Por outro lado, preténdese fortalecelo manexo de diferentes fontes de información útiles para resolver casos reais (web, bibliografía, información directa…)
Bloque II. Ferramentas de Análise e Avaliación
A análise de ciclo de vida é unha metodoloxía que se emprega para avaliar as cargas ambientais asociadas a un produto, proceso ou actividade, tendo en conta o seu ciclo completo: “dende o berce ata a tumba”. Polo tanto, para unha determinada actividade non só queda circunscrito o problema a “miña” instalación industrial, senón que tamén compre definir cal é a parte alícuota de contaminación de todas as actividades previas e posteriores que o“meu” producto determina. Todo isto é posíbel mediante a identificación e cuantificación das materias primas, a enerxía e os residuos vertidos ó medio asociado. Desta forma, se determina o impacto producido polo emprego desta enerxía, das devanditas materias primas e ás descargas o medio. Sen embargo, o ACV no só es un instrumento para protexer o medio ambiente e conservar os recursos naturais, senón tamén un instrumento empresarial para reducir costos e mellorar posicións de mercado. Asemade, e a técnica chave para aplicar outras ferramentas ou metodoloxías como ecodeseño, ecoetiquetado, pegada ecolóxica, pegada de carbono e risco ambiental que se analizan nos capítulos do bloque.
Neste bloque as actividades que desenvolveran os alumnos inclúen, entre outras:
• Avaliación do impacto de ciclo de vida ao comparar dous envases (emprego de Excel): Actividade en grupo.
• Realización dun ACV mediante a aplicación dun software específico (SimaPro) . Actividade en grupo.
• Obradoiro de ecodeseño (actividade en grupo) mediante Gamestorming: A Publicación. Actividade en grupo
Bibliografía básica
Baumann, H., Tillman, A.M. The Hitch Hiker´s Guide to LCA. An orientation in life cycle assessment methodology and application. Lund: Editorial Studentlitteratur, 2004. ISBN: 91-44-02364-2. Sinatura BETSE: A244 15
Bibliografía complementaria
Calow, P. Handbook of environmental risk assessment and management. London: Blackwell Science, 1998. ISBN: 0-86542-732-1. Sinatura BUSC: EMA 889
Cooper, W.W. Data envelopment analysis : a comprehensive text with models, applications, references and DEA-solve. New York: Spinger, 2007. ISBN: 978-0-387-45281-4 . Sinatura BUSC: Q6 199
McDonoug, W., Braungart, M. Cradle to Cradle (de la cuna a la cuna): Rediseñando la forma en que haemos las cosas. Barcelona: McGraw-Hill, 2005. ISBN: 84-481-4295-0. Sinatura BETSE: A234 14
Muthu, S.S. Assessment of Carbon Footprint in Different Industrial Sectors. Volume 1 & 2. Berlin: Springer, 2014. ISBN: 978-981-4560-40-5 (Vol. 1) & 978-981-4585-74-3 (Vol. 2). Sinatura BETSE: 244 10
Rosling, H., Rosling, O, Rosling, A. Factfulness: Diez razones por las que estamos equivocados sobre el mundo. Y por qué las cosas están mejor de los que piensas. Barcelona: Deusto, 2018. ISBN: 978-84-234-2996-7. Sinatura BUSC: S3 396
Básicas
• CB6. Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base u oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
• CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
• CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e afrontar á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
• CB9. Que os estudantes saiban comunicar a súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidade
• CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando dun modo que terá que ser principalmente autónomo
Xerais
• GO1. Identifica e enunciar problemas ambientais
Específicas
• E1A. Coñecer os factores sociais que interveñen nas solucións ambientais
• E12. Relacionar as leis das diferentes esferas para atinxir a sosteniblidade.
• E18. Coñecer os sistemas e ferramentas de xestión ambiental
• E19. Coñecer os procedementos de avaliación de riscos ambientais e tecnolóxicos
• E29. Aplicar ferramentas de xestión ambiental: análise de ciclo de vida, ecoloxía industrial, tecnoloxías limpas, normas ISO, EMAs
• E32. Comparar e seleccionar alternativa técnicas
• E36. Organizar, planificar e dirixir servizos ambientais
• E43. Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares
• E46. Resolver problemas de forma efectiva
• E48 Comunicar eficazmente as súas ideas e defendelas
• E49. Tomar decisións considerando globalmente aspectos técnicos, económicos, sociais e ambientais
Empregarase as aplicacións Moodle e Teams, como ferramenta de comunicación cos alumnos ofrecendo aos alumnos información da programación docente ao longo do curso na aula e materiais complementarios para o estudo da materia (apuntamentos do profesor, así como artigos científico-técnicos) fomentando o estudo autónomo do estudante e o manexo de fontes bibliográficas en inglés. Realizaranse algúns dos problemas da materia utilizando folla de cálculo (MS Excel).
Escenario 1:
As aulas de teoria serán alternadas con seminarios nos que os problemas aplicados a casos reais serán avaliados. Os contidos teóricos básicos da materia se ensinarán sobre a base de clases maxistrais onde se explicarán e desenvolverán os mesmos. Estas clases apoiaranse na utilización de presentacións en Power Point.
Escenario 2:
As clases expositivas serán realizadas en Teams e as clases de seminario terán lugar na sala de aula, unha vez que, por ser uhna disciplina opcional, é posíbel garantir a distancia de seguridade na sala de aula.
Escenario 3:
As sesións expositivas e interactivas serán realizadas en Teams.
Escenario 1:
Avaliación por actividades:
• Traballo de ACV (en equipo): 50%
• Traballo de Ecodeseño (en equipo): 20%
• Exame presencial: 30%.
Non superará a materia aquel alumno/a que non obteña un mínimo de 3 puntos sobre 10 no exame. O exame será un test de 20 preguntas cun soa resposta verdadeira e onde por cada 3 contestadas de forma errónea se restará 0,5 puntos.
No caso de non ter superada a materia na súa primeira oportunidade, o alumnado deberá realizar de novo aquelas actividades que non tivera superado, isto é, entregar novamente os traballos ou ben facer o exame. A calificación da parte superada na primeira oportunidade mantense na segunda. A distribución das calificacións será a mesma que na primeira oportunidade
Avaliación por competencias:
• Traballo ACV: CB6, CB7, CB8, CB10, G01, E19, E29, E43, E46
• Traballo Ecodeseño: CB6, CB9, G01, E1A, E12, E32, E36, E48, E49
• Exame: CB7, CB8, E18
En caso de exercicios ou probas fraudulentas, aplicarase o disposto no Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e para a revisión das cualificacións.
Escenario 2 y 3:
Avaliación por actividades:
• Traballo de ACV (en equipo): 50%
• Traballo de Ecodeseño (en equipo): 20%
• Exame telemático síncrono: 30%.
Non superará a materia aquel alumno/a que non obteña un mínimo de 3 puntos sobre 10 no exame. O exame será un test de 20 preguntas cun soa resposta verdadeira e onde por cada 3 contestadas de forma errónea se restará 0,5 puntos.
No caso de non ter superada a materia na súa primeira oportunidade, o alumnado deberá realizar de novo aquelas actividades que non tivera superado, isto é, entregar novamente os traballos ou ben facer o exame. A calificación da parte superada na primeira oportunidade mantense na segunda. A distribución das calificacións será a mesma que na primeira oportunidade
Avaliación por competencias:
• Traballo ACV: CB6, CB7, CB8, CB10, G01, E19, E29, E43, E46
• Traballo Ecodeseño: CB6, CB9, G01, E1A, E12, E32, E36, E48, E49
• Exame: CB7, CB8, E18
En caso de exercicios ou probas fraudulentas, aplicarase o disposto no Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e para a revisión das cualificacións.
A materia ten unha carga de traballo de 5,0 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total, que se reparten da seguinte forma:
Actividade Horas presenciais Factor Traballo persoal TOTAL
Teoría 18 1,5 27 45
Problemas 20 2,0 40 60
Titorías obrigatorias 2 3,0 6 8
Exame 3 3,0 9 12
TOTAL 43 - 82 125
*En sombreado as horas que corresponderían o POD dos profesores (2h titorías * 3 grupos = 6 h. Total horas profesores = 18 + 20+ 6 = 44 h)
Onde as horas presenciais indica o número de horas de clases da materia, a través das diversas actividades que se realizan, o factor indica a estimación de horas que ten que dedicar o estudiante por hora de actividade, sendo as horas de traballo autónomo un computo do producto do factor polas actividades, e o total representa a carga de traballo que supón cada actividade.
Presuponse que os alumnos que se matriculen da materia han de ter superado o módulo de Fundamentos, xa que os coñecementos e competencias alí desenvolvidas son necesarios para lograr superar con éxito esta materia. Así mesmo resultan de grande interese, pola súa relación directa, os coñecementos adquiridos nas materias de Balances de Materia e Enerxía, Tecnoloxías de Tratamento de Augas, Xestión e Tratamento de Residuos e Medio Ambiente Atmosférico e Redución de Emisións.
Asemade para conseguir un rendemento óptimo na materia resulta aconsellable que o alumno teña unha serie de coñecementos adicionais: dominio do idioma Inglés a nivel de lectura e coñecementos de aplicacións informáticas a nivel usuario (Word, Excel, uso de correo electrónico, consulta de páxinas web).
Na materia úsase de forma importante o ordenador portátil, pois moitos dos casos prácticos requiren da aplicacións informáticas como elementos de apoio.
O idioma da materia é o castelán en consonancia coa decisión estratéxica do Mestrado que definiu como caladoiro fundamental a captación de alumnado de fora da comunidade autónoma.
É necesario o uso do campus virtual, así como de MS Teams.
Cumprimento de medidas de seguridade na aula, sesións interactivas e laboratorio.
Recomendacións para o ensino telemático
- É necesario ter un ordenador cun micrófono e unha cámara para realizar as actividades telemáticas programadas durante o curso. Recoméndase mercar computadoras cun contorno MS Windows, xa que outras plataformas non admiten algúns dos programas informáticos empregados nos temas, dispoñibles na USC.
- Mellora a túa información e habilidades dixitais cos recursos dispoñibles na USC.
Siga escrupulosamente todas as instrucións das autoridades sanitarias e da USC, para a protección da saúde do Covid-19. Use unha máscara, aplique hidróxido ou lave as mans con auga e xabón segundo o indicado e, sempre que sexa posible, aumente a distancia entre vostede e os seus compañeiros e o profesor na clase.
PLAN DE CONTINXENCIA
A) Metodoloxía da ensinanza
Escenario 2:
As clases expositivas serán realizadas en Teams e as clases de seminario terán lugar na sala de aula, unha vez que, por ser uhna disciplina opcional, é posíbel garantir a distancia de seguridade na sala de aula.
Escenario 3:
As sesións expositivas e interactivas serán realizadas en Teams.
B) Sistemas de avaliación
Escenario 2 y 3:
Avaliación por actividades:
• Traballo de ACV (en equipo): 50%
• Traballo de Ecodeseño (en equipo): 20%
• Exame telemático síncrono: 30%.
Non superará a materia aquel alumno/a que non obteña un mínimo de 3 puntos sobre 10 no exame. O exame será un test de 20 preguntas cun soa resposta verdadeira e onde por cada 3 contestadas de forma errónea se restará 0,5 puntos.
No caso de non ter superada a materia na súa primeira oportunidade, o alumnado deberá realizar de novo aquelas actividades que non tivera superado, isto é, entregar novamente os traballos ou ben facer o exame. A calificación da parte superada na primeira oportunidade mantense na segunda. A distribución das calificacións será a mesma que na primeira oportunidade
Avaliación por competencias:
• Traballo ACV: CB6, CB7, CB8, CB10, G01, E19, E29, E43, E46
• Traballo Ecodeseño: CB6, CB9, G01, E1A, E12, E32, E36, E48, E49
• Exame: CB7, CB8, E18
En caso de exercicios ou probas fraudulentas, aplicarase o disposto no Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e para a revisión das cualificacións.
Gumersindo Feijoo Costa
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816776
- Correo electrónico
- gumersindo.feijoo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Teresa Moreira Vilar
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816792
- Correo electrónico
- maite.moreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A8 |
Venres | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A6 |
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A8 |
02.11.2020 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
02.11.2020 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
28.06.2021 16:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula A5 |
28.06.2021 16:00-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula A5 |