Créditos ECTS Créditos ECTS: 3.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 59.5 Horas de Titorías: 3.5 Clase Expositiva: 10.5 Clase Interactiva: 14 Total: 87.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Enxeñaría Agroforestal, Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Parte de Construción:
Conecimento dos elementos construtivos. Adquisición de coñecementos que permitan o dimensionamento das estruturas.
Introdución o uso de acero e formigón en edificación industrial.
Deseño de muros e estruturas de conteción.
Parte de Proxectos
Metodoloxía. Organización e xestión de proxectos. Deseño gráfico. Direción de obra.”
(Morfoloxía del proxecto. Toma de decisóns. Análise de inversións Programación de proxectos)
Parte de Construción:
Elementos estruturais na edificación.
Tipos estruturais máis comúns. Resistencia de materiais. Enlaces. Tensión e deformación. Teoremas de Mohr. Ecuación da elástica. Cálculo de vigas isostáticas e hiperestáticas: vigas continuas.
Estruturas aporticadas. Tipoloxía de naves agrícolas: naves a unha auga, naves a dúas augas: vigas peraltadas e pórticos triarticulados.
Introdución á estrutura metálica.
Introdución á estrutura de formigón.
Introdución á estrutura de contención
Parte de proxectos
Introdución á materia. - PROCESO(deseño)- METODOLOGIA(sistemática)- DIRECCIÓN (xestión). Proxectos de enxeñaría. Proxectos de enxeñaría e xestión ambiental. Resolución de problemas. Satisfacción de necesidades. Aproveitamento de oportunidades.
Os proxectos, a creatividade e o deseño. O concepto e o ciclo do proxecto. A estrutura PLAN(política) - PROGRAMA(planificación) -PROYECTO(operación).
Metodoloxía de formulación de proxectos de enxeñaría. Análise e diagnóstico da situación de partida. Finalidades, obxectivos e metas dun proxecto de enxeñaría. Análise de alternativas estratéxicas. Compoñentes dun proxecto de enxeñaría.
A toma de decisións nun proxecto
Avaliación económica de proxectos. O tempo nos proxectos. Indicadores de rendibilidade do proxecto. Avaliación Ambiental. Avaliación Social.
Libros básicos
Parte de Construción
Manuel Vázquez Femández Resistencia de materiales Ed. NOELA. Madrid, 1994
Ramón Argüelles Álvarez y otros Estructuras de acero. Cálculo, norma básica y eurocódigo Ed. BELLISCO. Madrid, 1999
José calavera Ruiz Proyecto y cálculo de estructuras de hormigón. T.I.; T.II. Ed. INTEMAC. Madrid, 1999
Parte de Proxectos
PMI Standards Committee, Guía de los fundamentos de la dirección de proyectos (4ª edición). 2008
Libros complementarios
Parte de Construción:
Manuel Vázquez Fernández Resistencia de materiales Ed. NOELA. Madrid, 1994
Edificación con prefabricados de hormigón Ed. IECA. Madrid, 1996
EHE. Instrucción de Hormigón Estructural Ed. MINISTERIO DE FOMENTO. Madrid, 1999
Mª José López Villar, Juan Ortiz Sanz Problemas resueltos de hormigón. Conforme con la Instrucción EHE
Ed. TRYMAR. Lugo, 2001
Parte de Proxectos
Alvarez, C.J.; Barrsa, M.; Díaz, F. “Problemas de programación y control de proyectos de ingeniería” UNICOPIA.-EPS. LUGO - 1994
Alvarez, C.J.; Barrasa, M.; Díaz, F. “Ejercicios de Evaluación Económica de Proyectos de Ingeniería.” UNICOPIA-EPS . Lugo.1995
Romero López, C. “Técnicas de programación y control de proyectos” Ed. Piramide. Madrid 1993
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónoma.
G01 - Identificar e enunciar problemas ambientais
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E15 - Coñecer as técnicas de construción e instalación en enxeñaría
E25 - Definir a viabilidade técnica, social, económica e ambiental dun proxecto ou solución
E35 - Elaborar proxectos de enxeñaría ambiental
E37 - Organizar, planificar e dirixir a construción e instalación de infraestruturas
En principio o método expositivo utilizarase para as clases de teoría, xa que sirve para dar unha base teórica que permite a utilización dos métodos dialéctico e heurístico, os cales precisan duns coñecementos mínimos por parte do alumnado que permitan aproveitar convenintemente as clases.
Rrealizaranse seminarios nos que se centrará a discusión sobre un determinado tema, sempre tendo en conta que é necesario un grupo pequeno para que sexa eficaz.
A materia contempla tambén a realización de diversas prácticas nas que, utilizando os equipos instalados na aula de informática e o programa CYPE, aplicaranse os coñecementos adquiridos na resolución de casos reais.
A utilización da Aula Virtual da materia permitirá por a disposición dos alumnos todala información necesaria, ase como o contacto directo cos profesores da materia.
A cualificación do alumno é unha media ponderada entre a asistencia a clases teóricas e seminarios (20%), presentación de memorias de prácticas (30%) e exame teórico (50%) o cal se divide en partes iguais entre a parte de proxectos e a parte de construción.
Asistencia a clase: Asistencia e participación en clase (20%). Asistencia mínima do 80%
Competencias que se avalían: CB6, CB8, CB9, CB10 e G01
Prácticas: Avaliación das memorias presentadas e da titorías realizadas (30%).
As prácticas na parte de proxectos serán unha serie de comentarios e/ou resolución de exercicios propostos semanalmente polo profesor. Na parte de construción realizarase un traballo específico formulado polo profesor.
Competencias que se avalían: CB6, CB8, CB9, CB10, G0, 1 E 15, E25, E35 e E37
Parte teórica e de problemas: Exame final teórico-práctico.(50%).
Competencias que se avalían: CB6, CB8, CB9, CB10, G0, 1 E 15, E25, E35 e E37
Estes criterios de avaliación servirán para todas as oportunidades ás que se presente o alumnos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
A materia ten unha carga de traballo equivalente a 3,5 ECTS que se reparten da forma que se mostra na táboa.
Clases maxistrais: 26 horas (33,3% presencial)
Clases de seminario (docencia interactiva): 57,5 horas (40% presencial)
Titorías grupos reducidos: 4 horas (40% presencial)
Asistencia a clase, participando activamente no seu desenvolvemento, para o que se recomenda a lectura e/ou preparación anticipada dos contenidos da mesma.
Seguimento diario dos contidos para fixar coñecementos.
Realización de boletines propostos en clase para cada unidade temática.
Asistencia a prácticas. Manexo da bibliografía recomendada.
Aproveitamento das titorías estabrecidas.
Dado o carácter extremadamente sintético desta materia, impropio dunha titulación de enxeñaría superior, o temario adaptarase o horario existente e a formación de partida dos alumnos. Farase especial fincapié nos aspectos aplicativos e de potencial interese para o alumno na súa etapa de desenvolvemento profesional.
NA SITUACIÓN PREVISTA PARA O COMEZO DE CURSO
Docencia expositiva e interactiva de lousa: Por non superar o aforo en aula permitida polas normas e axustarse ao escenario 2 das normas da USC, as clases expositivas de teoría e lousa poderán ser presenciais, mentres se manteñan a situación e as medidas xerais impostas polas autoridades.
Docencia interactiva: O mantemento da distancia de seguridade de 1,5 m é imprescindible; fundamentalmente. Por iso, en caso de ser necesario, débense desdobrar os grupos de prácticas, para seguir esta norma básica. No caso de que o desdobre xa efectivo na materias non fose suficiente para axustarse ao aforo reducido do laboratorio, deberá aplicarse unha redución das prácticas presenciais, para poder aplicar unha ampliación do número de grupos (coa consecuente redución do número de alumnos por grupos).
Exame: Do mesmo xeito que a docencia expositiva, debido a non superar o aforo das aulas, os exames poderán ser presenciais.
Norma xeral: O uso de máscara E o mantemento da distancia de seguridade serán obrigatorios en calquera dos casos.
EN PREVISIÓN DUN CAMBIO DE SITUACIÓN
No caso de que se produza un cambio na situación e das normas impostas polas autoridades, todas as clases de teoría (expositivas) e lousa impartiranse, por medios telemáticos, tipo Skipe, Teams, ou similares, para permitir ao alumno a asistencia á docencia desde casa, comprobando previamente que todos eles dispoñen de suficiente ancho de banda.
Respecto a a docencia de prácticas de laboratorio, na medida do posible transformaranse tamén en clases de lousa, mediante exercicios, vídeos ou material semellante, que se compartirán a través do cartafol na nube ou, no caso de exceder a capacidade, por medios como WeTransfer. com ou semellantes.
Con todo, de modo voluntario tanto para profesores como alumnos, as prácticas de laboratorio poderían ser recuperadas, posteriormente ao peche do curso, aínda que sen posibilidade de avaliación, en data e condicións de común acordo. Isto último, sempre que as universidades aseguren a extensión do seguro escolar e de responsabilidade civil dos seus alumnos.
Manuel Luis Torres Labandeira
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- m.torres [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mario Valladares Lopez
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- mario.valladares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A8 |
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A7 |
20.11.2020 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A8 |
20.11.2020 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A8 |
28.06.2021 16:00-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |
28.06.2021 16:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |