Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 68 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 16 Total: 100
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
A materia de Laboratorio de Tecnoloxía Ambiental é unha disciplina obrigatoria experimental do Máster en Enxeñería Ambiental, integrada no módulo de Tratamento de Augas. O descritor da materia que aparece na memoria verificada do máster sinala: “Laboratorio ambiental. Operación e control de plantas de tratamento de augas a escala laboratorio e piloto”.
O obxectivo da materia é que os alumnos realicen unha serie de prácticas experimentais onde van utilizar tanto os coñecementos adquiridos na titulación, así como adquirir novos coñecementos durante a elaboración de diversas prácticas de laboratorio e a simulación en computador. Con obxecto de conseguir os obxectivos, a materia consta dunha serie de prácticas experimentais onde se operan plantas a escala piloto e laboratorio coas tecnoloxías de tratamento, máis habituais de efluentes líquidos ou gases contaminados, así como prácticas na aula de informática usando un programa de simulación de reactores biolóxicos de augas residuais.
Prácticas de Laboratorio:
1.- Coagulación-floculación. Acondicionamento de lamas
2.- Flotación de lamas
3.- Proceso de oxidación Fenton
4.- Cinética de degradación de tintes mediante ozono
5.- Planta de ósmose inversa
6.- Reactor de lodos activos
7.- Reactor de biomasa granular
Prácticas na aula de informática:
8.- Simulación de plantas de tratamento biolóxico de augas residuais
Básica
Guións de prácticas do Laboratorio de Tecnoloxía Ambiental. Dpto. de Enxeñería Química. Universidade de Santiago de Compostela.
DÍAZ, M. “Ecuaciones y cálculos para el tratamiento de aguas”. Madrid: Paraninfo, 2019. ISBN: 84-283-4152-4 (on-line)
Guións de Simulación de plantas de lodos activos “Activated Sludge Model” número-1. Dpto de Enxeñería Química. Universidade de Santiago de Compostela
Complementaria
COOPER, Charles David and F.C. ALLEY. Air pollution control: a design approach. 3ª ed. Illinois: Waveland press inc., 2002. ISBN: 0-88133-758-7 (A 222 12A)
ECKENFELDER, W. Wesley. Industrial Water Pollution Control 3ª ed. Boston: Mc-Graw Hill Book Company, 1999. ISBN: 0-07-116275-5 (A213 39)
METCALF & EDDY Inc. Ingeniería de aguas residuales. Tratamiento, vertido y reutilización. 3ª ed. Madrid: Mc-Graw Hill, D.L. 2000. ISBN: 84-481-1607-0 (A213 13 A, B)
METCALF & EDDY Inc. Wastewater engineering: treatment and resource recovery. 5ª ed. New York: McGraw-Hill Higher Education, 2014. ISBN: 978-1-259-01079-8 (A213 13 H1, H2, I1, I2, J1, J2, K1, K2)
O alumno desenvolverá as seguintes competencias que aparecen na memoria de estudos do Máster en Enxeñería Ambiental:
Competencias Xerais
G01 - Identificar e enunciar problemas ambientais
Competencias Básicas
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónoma.
Competencias específicas
E14 - Coñecer en profundidade as tecnoloxías, ferramentas e técnicas no campo da Enxeñaría Ambiental
E17 - Coñecer e deseñar as operacións unitarias aplicables nos procesos ambientais
E27 - Modelizar sistemas ambientais tanto naturais coma artificiais
E31 - Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados
E41 - Aprender a aprender
E43 - Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares
E44 - Traballar de forma autónoma e con iniciativa
E46 - Resolver problemas de forma efectiva
E48 - Comunicar eficazmente as súas ideas e defendelas
As competencias se desenvolven ao longo de cada unha das actividades que se realiza durante a materia, segundo a relación que se achega:
Prácticas experimentais de Laboratorio: G01, CB6, CB7, CB8, CB10, E14, E17, E41, E43, E46
Caderno de laboratorio e folla de cálculo: G01, CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, E14, E17, E27, E31, E43, E46, E48
Práctica de simulación: G01, CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, E14, E17, E27, E31, E41, E44, E46, E48
Exame: CG01; CB7, CB8, E14, E17, E46, E48
Realizaranse prácticas experimentais no laboratorio e prácticas de simulación nunha aula de informática.
Escenario 1
Cada grupo de 2-3 membros recibirá os guións de todas as prácticas dispoñibles das que realizarán 2 prácticas. Antes de comezar a realización de cada práctica, os alumnos dispoñerán dun tempo de 15 - 20 minutos para ler o guión, unha vez transcorrido este período, a profesora faralles preguntas sobre os fundamentos do proceso, tendo en conta o nivel de coñecementos que presenten, recomendaráselles a lectura dunha determinada parte da bibliografía proposta ou lles dará autorización para que inicien a práctica. Ao finalizar a parte experimental, os alumnos realizarán unha análise de resultados, apoiándose no uso da bibliografía e na utilización de follas de cálculo. Posteriormente, transcorrida 1 semana da finalización de cada práctica de laboratorio entregarán o caderno de laboratorio.
Prácticas de simulación: Utilizarase software de simulación de plantas de tratamento biolóxico de augas residuais ( Asim).
Farase uso do Campus Virtual (Moodle) e do MS Teams como ferramentas de comunicación entre docentes e alumnos, utilizando o Campus Virtual para poñer ao dispor dos alumnos os guións de laboratorio, da aula de informática e materiais complementarios.
Todas as horas de aula asociadas a cada actividade da materia serán presenciais.
Escenario 2
As prácticas de simulación e de laboratorio serán actividades presenciais e as actividades desenvolveranse de igual forma que no escenario 1.
Escenario 3
As horas de prácticas de simulación serán non presenciais e síncronas usando MS Teams, para este caso os alumnos deben instalar nos seus computadores persoais o programa informático recomendado. As horas de prácticas de laboratorio (que se substituirán por presentacións, vídeos e/ou MS Teams e cálculos con datos fornecidos pola profesora obtidos previamente cos mesmos equipos obxecto de estudo) serán non presenciais e síncronas ( MS Teams).
Espérase que no período de prácticas se realicen 2 prácticas de laboratorio e as prácticas de simulación de plantas de tratamento de augas residuais na aula de informática. Valorarase, preferentemente, a calidade do traballo realizado. Para a cualificación final, teranse en conta catro factores:
- Cuestionario sobre simulación de plantas de tratamento biolóxico (10%). Formulario individual, a entregar ao final das sesións de simulación a realizar na aula de informática.
- Calidade do traballo realizado no laboratorio (10%). Valorarase a participación activa, a capacidade de traballo individual e en equipo, así como o mantemento da orde e limpeza no laboratorio (este último aspecto só en escenarios 1 e 2 con docencia presencial).
- Calidade do caderno presentado (45%). O caderno de laboratorio entregarase unha semana despois de finalizar cada unha das prácticas (só nos escenarios 1 e 2). No caso do escenario 3 o caderno substituirase por un traballo análogo pero en formato electrónico que será defendido polos alumnos nunha sesión coa profesora.
- Exame (35% da puntuación) que se efectuará na data programada e no que se preguntarán cuestións relativas ao laboratorio de prácticas experimentais, incluíndo cuestións relativas a seguridade no laboratorio de prácticas, así como aos casos estudados mediante a simulación de plantas de tratamento biolóxico.
As porcentaxes de valoración asignados a cada actividade serán función dos escenarios de acordo á seguinte táboa para os escenarios 1 e 2:
Distribución da cualificación Escenario 1 Escenario 2
1. Simulación (10 %) Presencial Presencial
2. Laboratorio (10 %) Presencial Presencial
3. Libreta/traballo (45 %) Presencial Presencial
4. Exame (35%) Presencial Presencial
No caso do escenario 3
Distribución da cualificación Escenario3
1. Simulación (10 %) Telemática síncrona
2. Libreta/traballo + defensa (55 %) Telemática síncrona
4. Exame (35%) Telemática síncrona
Para aprobar a materia resulta indispensable a asistencia ás sesións de laboratorio (escenarios 1 e 2) e prácticas de simulación, tal como se establece na normativa da Universidade.
Para a segunda oportunidade no mesmo curso académico, conservaranse as cualificacións obtidas nos apartados de
Simulación, Caderno/traballo + defensa e Laboratorio (só se é docencia presencial).
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A memoria do Máster en Enxeñería Ambiental asigna unha carga lectiva de 40 horas presenciais no laboratorio e 60 horas de traballo persoal, que corresponden a 100 horas de traballo do alumno (4 ECTS).
Recoméndase que os alumnos leven ó día a materia, e que elaboren coa maior brevidade posible a memoria individual de cada práctica. Recoméndase que os alumnos cursen previamente ou asistan ás clases, respectivamente, das materias dos módulos 1 e 2.
A docencia da materia impartirase, preferentemente en castelán e alternativamente en galego ou inglés para o caso de alumnos foráneos.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as normas incluídas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñería, dispoñible no apartado de seguridade da súa web.
Así mesmo, o alumnado dispoñerá dun manual básico de funcionamento para cada unha das prácticas, no que se recollerán os aspectos máis relevantes en relación á seguridade e prevención de riscos laborais.
Empregarase o Campus Virtual como ferramenta para facilitar información/anuncios sobre a actividade docente ao longo do curso e materiais complementarios para o estudo da materia. Tamén se empregará MS Teams para a docencia síncrona non presencial.
Recomendacións para a docencia telemática:
• É preciso dispoñer dun computador con micrófono e cámara para a realización das actividades telemáticas que se programen ao longo do curso.
• Mellorar as competencias informacionales e digitais cos recursos dispoñibles na USC.
Recomendacións para a docencia presencial:
Debe facerse uso da máscara durante o tempo de permanencia do alumno/a en o Centro. Síganse escrupulosamente todas as indicacións das autoridades sanitarias e da propia USC, para a protección da saúde do Covid-19. Úsese máscara, aplíquese hidroxel ou lávense as mans con auga e xabón seguindo as indicacións e cando sexa posible auméntese a distancia co resto dos compañeiros/as e profesor/a na aula.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodoloxía
Plan de continxencia para actividades docentes en remoto:
Realizaranse de forma síncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e/ou Ms Teams.
Debido á natureza e contidos desta materia, así como á metodoloxía empregada, a principal diferenza entre a docencia presencial e a docencia en remoto é no caso das prácticas de laboratorio que serán substituídas por presentacións/vídeos e actividades de cálculo con resultados fornecidos.
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante MS Teams ou ben mediante correo electrónico.
Sistema de avaliación
O sistema de avaliación será practicamente o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC. En todo caso nas modalidades 1 e 2 contémplase valorar a calidade do traballo realizado no Laboratorio nun 10 % e a do Caderno 45 %, mentres que no caso de que a docencia efectúese na modalidade do escenario 3 substitúese estes dous ítems por un traballo, que deberá ser defendido polos alumnos, que terá un peso do 55% na cualificación final.
Juan Manuel Garrido Fernandez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816778
- Correo electrónico
- juanmanuel.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Anuska Mosquera Corral
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816779
- Correo electrónico
- anuska.mosquera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Lab PP-1 |
Xoves | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Lab PP-1 |
Venres | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Lab PP-1 |
01.02.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A8 |
01.02.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A8 |
01.02.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A8 |
02.07.2021 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A7 |
02.07.2021 09:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
02.07.2021 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A7 |