Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Enxeñaría Química
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Preténdese formar ao alumnado na xestión e tratamento dos residuos, con especial fincapé nos residuos sólidos xerados polas actividades humanas, de xeito que a materia se distribúe en función da orixe na xeración de ditos residuos: residuos industriais, residuos sólidos urbanos, e residuos agrícolas, gandeiros e forestais. Trátanse tamén, debido á súa importancia reflectida na normativa específica, certos residuos denominados “especiais”: residuos de construción e demolición, residuos sanitarios, lodos de depuración de augas residuais e outros (vehículos e pneumáticos fora de uso, graxas e aceites comestibles usados, subprodutos animais non destinados ao consumo humano). Asemade, preténdese botar unha ollada xeral á política de xestión de residuos no ámbito internacional, comunitario, nacional e autonómico, así como dar a coñecer a normativa actual de obrigado cumprimento.
Os contidos que se desenvolven no curso e que se detallan a continuación son os contemplados de forma sucinta no descritor da materia que aparece no plano de estudios de Máster en Enxeñaría Ambiental:
“Procesos termoquímicos, fisicoquímicos e biolóxicos para o tratamento de residuos sólidos. Xestión e reciclaxe de residuos. Vertedoiros controlados".
O programa da materia está dividido en 6 temas que se detallan a continuación:
Tema I. Introdución e normativa
Introdución e conceptos básicos de residuos. Clasificación segundo a orixe e perigosidade. Codificación dos residuos. Lista Europea de Residuos. Organizacións con responsabilidade en materia de residuos.
Tema II. Planta de xestión e tratamento de residuos
Xeración de residuos. Embalaxe e etiquetaxe de residuos perigosos. Sector de xestión de residuos. Instalacións de tratamento de residuos. Proceso tecnolóxico de produción. Etapas offside e onsite Tratamentos: termoquímicos, físicos, químicos, fisicoquímicos e biolóxicos.
Tema III. Residuos Industriais
Orixes e causas da xeración de residuos industriais. Xestión de residuos industriais. Prevención e valorización.
Tema IV. Residuos Sólidos Urbáns
Lexislación aplicable. Orixe e clasificación. Composición e caracterización. Xestión de RSUs. Operacións de tratamento e reciclaxe de materiais non biodegradables. Compostaxe e biometanización da fracción orgánica. Outras operacións de valorización: Incineración, pirólise e gasificación. Operacións de verquido. Formación de gases e lixiviados de vertedoiro. Vertedoiros controlados
Tema V. Residuos agrarios
Lexislación aplicable. Clasificación, xeración e dispoñibilidade de residuos agrícolas, forestais e gandeiros. Os residuos das industrias agrarias e forestais. Xestión de envases de fitosanitarios e plásticos de uso agrícola.
Tema VI. Os residuos especiais
Residuos de construción e demolición. Lodos de depuración de augas residuais. Residuos hospitalarios. Outros residuos especiais.
Bibliografía básica
- Unión Europea. El acceso al Derecho de la Unión Europea. Eur-LEX. Disponible en: https://eur-lex.europa.eu/homepage.html?locale=es.
- Comisión Europea. Best Available Techniques (BAT) Reference Document for Waste Treatment. Disponible en: https://eippcb.jrc.ec.europa.eu/reference.
Bibliografía complementaria
Bueno, J.L.; Sastre, H.; Lavín, A.G. Contaminación e Ingeniería Ambiental. Oviedo: Fundación para el Fomento en Asturias de la Investigación Científica Aplicada y la Tecnológica, 1997. ISBN 84-923131-4-5 (v.1). Sinatura ETSE: A240 2.
LaGrega, M. D.; Buckingham, P. L.; Evans, J. C. Gestión de residuos tóxicos. Tratamiento, eliminación y recuperación de suelos. Madrid: McGraw-Hill, D.L. 1998. ISBN 84-481-0712-8. Sinatura ETSE: A233 8, A, B.
Levin, M., Gealth, M. A. (Eds.) Biotratamiento de Residuos Tóxicos y Peligrosos. Nueva York: Ed. McGraw-Hill, 1997. ISBN 84-481-1130-3. Sinatura ETSE: 234 5, A.
Lund H.F. Manual McGraw Hill de Reciclaje. Nueva York: McGraw Hill, D.L. 1996. ISBN 84-481-0583-4. Sinatura Fac. Química: EMA 516.
Moreno Casco, J., Moral Herrero, R. (Eds.) Compostaje. Ed. Mundi-Prensa, 570 pp. 2008. ISBN 13: 9788484763468. Sinatura Fac. Bioloxía: A EMA 607, Fac. Farmacia: EMA 400, EPS: CB 70 e outros.
Nemerow, N.L., Dasgupta, A. Tratamiento de vertidos industriales y peligrosos. Madrid: Díaz de Santos, D. L., 1998. ISBN 84-7978-337-0. Sinatura Fac. Química: EMA 465.
Niessen, W. R. Combustion and Incineration Processes. New York: Marcel Dekker, cop. 2002. ISBN 0-8247-0629-3. Sinatura ETSE: A234 13 1, 2.
Polprasert C. Organic Waste Recycling. New York, NY: IWA Pub., 2007. ISBN 9781843391210. Sinatura ETSE: A234 17.
Seoánez Calvo, M., Residuos. Madrid: MundiPrensa, 2000. ISBN 84-7114-855-2. Sinatura Fac. Química: EMA 463.
Tchobanoglous, G.; Theisen, H.; A. Vigil, S.A. Gestión integral de residuos sólidos. Madrid: McGraw-Hill, D.L. 1998. ISBN 84-481-1830-8. Sinatura ETSE: A233 9 A, B, C.
Wang, L.K., Hung, Y-T., Lo, H.H. & Yapijakis, C. Hazardous Industrial Waste Treatment. Boca Raton, Florida: CRC/Taylor & Francis, c2007. ISBN 0849375746 (alk. paper). Sinatura ETSE: A213 52.
En esta materia o alumno adquirirá as seguintes competencias:
En esta materia el alumno adquirirá las siguientes competencias:
BÁSICAS E XERAIS
CB6 - Poseer e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a menudo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes sepan aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados con a súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexiós sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades
CB10 - Que os estudantes posean as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
G01 - Identificar e enunciar problemas ambientais
ESPECÍFICAS
E22 - Organizar y planificar la gestión de un problema ambiental, instalación o servicio ambiental
E31 - Realizar estudios bibliográficos y sintetizar resultados
E32 - Comparar y seleccionar alternativas técnicas
E45 - Aplicar pensamiento crítico, lógico y creativo
Escenario 1: sen restricións á presencialidade física
Poderá ser necesario o uso de máscara, segundo a normativa vixente no momento.
Clases expositivas
Clases maxistrais presenciais en aula, propiciando a intervención do alumnado. Poderá incluírse docencia presencial virtual, sen superar o 10% do total.
Clases interactivas
Seminarios: fundamentalmente de carácter presencial; dedicadas ao traballo do alumno baixo a tutela do profesor, para estudar con detalle aspectos importantes da materia, e para a resolución de casos prácticos, problemas e cuestións.
Titorías: para o seguimento dos traballos en grupo realizados polos alumnos e seguimento personalizado do alumno; de carácter obrigatorio, serán presenciais en aula ou telemáticas, utilizando as plataformas virtuais a disposición na USC e o correo electrónico.
Visitas técnicas: contémplase realizar nesta materia unha visita a algunha instalación de tratamento de residuos.
Conferencias: invitarase, se procede, a relatores especialistas na xestión e tratamento de residuos.
Escenario 2: distanciamento.
- Situación con menos de 12 alumnos (30% aforo aula A8, 42): as clases expositivas e interactivas seguen como no escenario 1 (distancia, máscara e clases presenciais).
- Situación con máis de 12 alumnos: para as sesións expositivas e interactivas o alumnado (aprox. 25 estudantes) dividiranse en dous grupos de 12-13 persoas que se irán alternando na presencialidade, de tal xeito que cando un grupo estea na aula o outro a seguirá a través da cámara presente en el aula (conectada cunha sesión de Teams).
Unha vez coñecida a matrícula, a composición de cada grupo e a súa rotación será decidida pola comisión académica e será aplicable a cada un dos módulos.
A visita técnica substituirase por visitas virtuais mediante o visionado e a análise crítica de vídeos. As titorías serán preferentemente virtuais, síncronas e asíncronas, utilizando as plataformas virtuais a disposición na USC e o correo electrónico.
O calendario e horario programado para cada materia seguirase independentemente de que a docencia sexa presencial ou telemática (síncrona).
Escenario 3: peche das instalacións.
A docencia será completamente de carácter virtual. Empregarase Microsoft Teams para as sesións síncronas e a plataforma Moodle para a docencia asíncrona, poñendo a disposición do alumnado presentacións en pdf ou documentos en Power Point gravados, documentos para lectura, enlaces web, cuestionarios e vídeos. A visita técnica prevista na materia substituirase por visitas virtuais, guiadas polo profesorado, mediante o visionado e a análise crítica de vídeos e outros elementos audiovisuais, e a realización de actividades relativas ao obxecto da visita. As titorías levaranse a cabo mediante reunións síncronas mediante Teams, e asíncronas mediante foros de Moodle e consulta ao profesorado por correo electrónico.
A avaliación das competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes vías:
• Exame: CB6, CB8, CB9, G01, E22, E32
• Elaboración de traballos propostos: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, E31, E32, E45
• Asistencia e participación: CB6, CB7, CB8, E45
Criterios e instrumentos de avaliación:
A avaliación consistirá nunha proba final (50 %) e avaliación continua (50 %), segundo os seguintes criterios:
• Coñecementos teóricos e prácticos da materia: a avaliación levarase a cabo mediante un exame, ao que se lle adxudicará un 50% da nota final. Os coñecementos adquiridos na visita técnica serán avaliados no exame final.
• Elaboración de traballos en grupo: a avaliación basearase na orixinalidade e aportacións persoais do alumnado. Haberá unha presentación intermedia para orientación dos traballos e unha presentación final, correspondéndolle a este aspecto un 30% da nota final.
• Realización das actividades propostas; correspóndelle un 20% da nota final.
A cualificación final obterase como media ponderada dos tres aspectos obxecto de avaliación.
No escenario 1 o exame final e presentación de traballos serán presenciais; a realización doutras actividades será fundamentalmente mediante Moodle. Nos escenarios 2 e 3 a realización do exame final, a achega de traballos en grupo e a realización doutras tarefas faranse de xeito virtual, empregando a plataforma Moodle.
A avaliación na segunda oportunidade basearase na cualificación dun novo exame, dos traballos (que se deberán presentar durante o curso), así como na realización das actividades propostas, coa mesma ponderación que na primeira convocatoria.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia ten unha carga de traballo de 4,5 ECTS, que se reparten como segue:
Actividades expositivas
Horas presenciais: 16
Factor: 1,5
Traballo persoal: 24
Total: 40
Actividades interactivas
Horas presenciais: 18
Factor: 1,75
Traballo persoal: 30
Total: 48
Titorías obrigatorias
Horas presenciais: 4
Factor: 1
Traballo persoal: 4
Total: 8
Exame
Horas presenciais: 2
Factor: 1
Traballo persoal: 2
Total: 4
TOTAL
Horas presenciais: 40
Traballo persoal: 60
Total: 100
As horas presenciais indican o número de horas de clases da materia, o factor indica a estimación de tempo que ten que dedicar o estudante por hora de actividade presencial, sendo as horas de traballo autónomo o resultado do produto de multiplicar o factor polas horas presenciais. O total obtense como suma das horas presenciais e de traballo autónomo, para cada tipo de actividade e para o conxunto da materia.
Plan de continxencia
Seguindo as Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, curso 2020-2021, todas as actividades docentes a desenvolver na materia adáptanse aos diferentes escenarios probables.
Metodoloxía da ensinanza
Escenario 1: sen restricións á presencialidade física
Poderá ser necesario o uso de máscara, segundo a normativa vixente no momento.
Clases expositivas
Clases maxistrais presenciais en aula, propiciando a intervención do alumnado. Poderá incluírse docencia presencial virtual, sen superar o 10% do total.
Clases interactivas
Seminarios: fundamentalmente de carácter presencial; dedicadas ao traballo do alumno baixo a tutela do profesor, para estudar con detalle aspectos importantes da materia, e para a resolución de casos prácticos, problemas e cuestións.
Titorías: para o seguimento dos traballos en grupo realizados polos alumnos e seguimento personalizado do alumno; de carácter obrigatorio, serán presenciais en aula ou telemáticas, utilizando as plataformas virtuais a disposición na USC e o correo electrónico.
Visitas técnicas: contémplase realizar nesta materia unha visita a algunha instalación de tratamento de residuos.
Conferencias: invitarase, se procede, a relatores especialistas na xestión e tratamento de residuos.
Escenario 2: distanciamento.
- Situación con menos de 12 alumnos (30% aforo aula A8, 42): as clases expositivas e interactivas seguen como no escenario 1 (distancia, máscara e clases presenciais).
- Situación con máis de 12 alumnos: para as sesións expositivas e interactivas o alumnado (aprox. 25 estudantes) dividiranse en dous grupos de 12-13 persoas que se irán alternando na presencialidade, de tal xeito que cando un grupo estea na aula o outro a seguirá a través da cámara presente en el aula (conectada cunha sesión de Teams).
Unha vez coñecida a matrícula, a composición de cada grupo e a súa rotación será decidida pola comisión académica e será aplicable a cada un dos módulos.
A visita técnica substituirase por visitas virtuais mediante o visionado e a análise crítica de vídeos. As titorías serán preferentemente virtuais, síncronas e asíncronas, utilizando as plataformas virtuais a disposición na USC e o correo electrónico.
O calendario e horario programado para cada materia seguirase independentemente de que a docencia sexa presencial ou telemática (síncrona).
Escenario 3: peche das instalacións.
A docencia será completamente de carácter virtual. Empregarase Microsoft Teams para as sesións síncronas e a plataforma Moodle para a docencia asíncrona, poñendo a disposición do alumnado presentacións en pdf ou documentos en Power Point gravados, documentos para lectura, enlaces web, cuestionarios e vídeos. A visita técnica prevista na materia substituirase por visitas virtuais, guiadas polo profesorado, mediante o visionado e a análise crítica de vídeos e outros elementos audiovisuais, e a realización de actividades relativas ao obxecto da visita. As titorías levaranse a cabo mediante reunións síncronas mediante Teams, e asíncronas mediante foros de Moodle e consulta ao profesorado por correo electrónico.
Criterios e instrumentos de avaliación:
A avaliación consistirá nunha proba final (50 %) e avaliación continua (50 %), segundo os seguintes criterios:
• Coñecementos teóricos e prácticos da materia: a avaliación levarase a cabo mediante un exame, ao que se lle adxudicará un 50% da nota final. Os coñecementos adquiridos na visita técnica serán avaliados no exame final.
• Elaboración de traballos en grupo: a avaliación basearase na orixinalidade e aportacións persoais do alumnado. Haberá unha presentación intermedia para orientación dos traballos e unha presentación final, correspondéndolle a este aspecto un 30% da nota final.
• Realización das actividades propostas; correspóndelle un 20% da nota final.
A cualificación final obterase como media ponderada dos tres aspectos obxecto de avaliación.
No escenario 1 o exame final e presentación de traballos serán presenciais; a realización doutras actividades será fundamentalmente mediante Moodle. Nos escenarios 2 e 3 a realización do exame final, a achega de traballos en grupo e a realización doutras tarefas faranse de xeito virtual, empregando a plataforma Moodle. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Teresa Del Carmen Barral Silva
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881815041
- Correo electrónico
- mteresa.barral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Pastora Maria Bello Bugallo
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816789
- Correo electrónico
- pastora.bello.bugallo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A8 |
Martes | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A8 |
Mércores | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A8 |
Xoves | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A8 |
07.06.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A8 |
07.06.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A8 |
07.07.2021 09:30-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
07.07.2021 09:30-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |