Créditos ECTS Créditos ECTS: 3.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 59.5 Horas de Titorías: 3.5 Clase Expositiva: 10.5 Clase Interactiva: 14 Total: 87.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
0.- Datos descritivos da materia
Nome e código:
Materia: Explotación de EDAR e ETAP
Código: P4012-203
Tipo: Optativa
Nº de créditos: 3,5 ECTS
Módulo: 2 (Tratamento de Augas)
Horario: consúltese o horario do Máster (www.usc.es/etse/mena)
Profesorado
Francisco Omil Prieto
Dpto. Enxeñaría Química
Teléfono: 16805
correo-e: francisco.omil [at] usc.es (francisco[dot]omil[at]usc[dot]es)
Idioma
Inglés (a excepción das horas de charlas impartidas polo persoal invitado de administración e empresas).
Tutorías
Martes de 14:00 a 15:00 no despacho 3.1 do departamento de Enxeñaría Química.
1.- Obxectivos
O estudo e coñecemento da materia de “Explotación de EDAR e ETAP” concibiuse desde a perspectiva dun enfoque eminentemente práctico, onde o alumno poida coñecer os fundamentos enxeñeriles e aspectos de arranque e operación de plantas para o tratamento de augas.
Os contidos que se desenvolven no curso son os contemplados de forma sucinta no descriptor da materia recollido no plan de estudos do Máster en Enxeñaría Ambiental:
“Operación de plantas de potabilización, EDAR municipais e industriais: análise de fallos e solucións posibles. Optimización do proceso e aspectos económicos. Retos emerxentes: nutrintes, microcontaminantes, xestión de lodos".
O programa da materia consta de 4 temas básicos, que se detallan a continuación, así coma un programa de seminarios impartido por persoal de empresas de relevancia (tema 0):
PROGRAMA
Tema 0. Conferencias (6 h)
Conferencias impartidas sobre diversas problemáticas do campo das EDAR e ETAP por persoas relevantes do mundo da administración (Augas de Galicia, Xunta de Galicia), empresas de tratamento de augas residuais (Suez-Viaqua, FCC Aqualia), empresas de control de EDAR e ETAP (IDOM), entre outras.
Tema 1. Aspectos éticos, de seguridade, riscos e de mantemento (2 h)
Aspectos éticos. Seguridade e saúde na operación de plantas de tratamiento de augas: riscos físicos, químicos e biolóxicos. O mantemento da maquinaria. Tipos de mantemento: correctivo, preventivo e preditivo.
Tema 2. Estudo e operación de plantas de potabilización (4 h)
Tipos de unidades máis frecuentes en plantas de potabilización. Análise de problemas máis frecuentes de operación en casos concretos. Estudio de custes: inversión e operación. Estudio do diagrama de proceso dunha planta industrial concreta.
Tema 3. Estudo e operación de EDAR municipais (6 h)
Tipos de unidades máis frecuentes en EDAR municipais en Galicia. Problemas máis frecuentes de operación. Cálculos básicos para o deseño de unidades basado na caracterización detallada das augas residuais (fraccionamento). Estudo de custes: inversión e operación. Estudo do diagrama de proceso dunha EDAR concreta.
Tema 4. Estudio e operación de EDAR industriais (8 h)
Tipoloxía das augas residuais industriais. Configuracións de EDAR industriais baseadas en procesos anaerobios. Análise de problemas máis frecuentes de operación en casos concretos. Protocolos de posta en marcha, monitorización y mantenemento. Tratamento das augas do sector do metal e de vertedoiros. Estudio de custes: inversión e operación. Estudio do diagrama de proceso dunha EDAR industrial concreta.
LIBROS BASICOS
• Operation of Municipal Wastewater Treatment Plants: MoP No. 11, Sixth Edition. Water Environment Federation, 2008. ISBN: 9780071543675.
Disponible on-line a través de McGraw Hill Access Engineering: https://www.accessengineeringlibrary.com/content/book/9780071543675
• Metcalf & Eddy Inc. Wastewater Engineering. Treatment and reuse (5ª Ed.) New York: Editorial Mc-Graw Hill Higher Education, 2014. ISBN: 978-1-259-01079-8.
Sinatura ETSE: A213 13 H
LIBROS COMPLEMENTARIOS
• Water Environment Federation. Operation of municipal wastewater treatment plants (5ª Ed.). Virginia: WEF Manual of Practice, 1996. ISBN 1-57278-040-1.
Sinatura ETSE: 214 6 A (1-3)
• LK Wang, YT Hung, HH Lo and C Yapijakis (eds.). Hazardous Industrial Waste Treatment.
Taylor & Francis Group. CRC Press. Boca-Raton, FL (USA) 2006. ISBN 0-8943-7574-6
Sinatura ETSE: A 213-52
• Judd S. The MBR book (2ª Ed.). Amsterdam: Elsevier, 2011. ISBN 978-1-843-39518-8.
Sinatura ETSE: 213 32 A
• Poch, M. y J. M. Lema (Eds) Tecnologías y estrategias para el rediseño de EDAR.
USC: Santiago de Compostela, 2008. ISBN 978-84-691-7741-9.
Sinatura ETSE: 213 45 1
• S. Suárez & J. M. Lema (Eds). Innovative Wastewater Treatment & Resource Recovery Technologies: Impacts on Energy, Economy and Environment. IWA Publishing, 2017. ISBN 978 1780407869.
Sinatura ETSE: A213 62
• Speece, R.E. Anaerobic biotechnology for industrial wastewaters.
Nashville: Archae Press, 1996. ISBN 0-9650226-0-9.
Sinatura ETSE: 213 9
• Van Haandel, A.C. and Lettinga, G. Anaerobic sewage treatment.
Chichester: John Wiley & Sons, 1994. ISBN 0-471-95121-8.
Sinatura ETSE: 213 22
Dacordo co cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Básicas e Xerais
• CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento ou aplicación de ideas, a menudo nun contexto de investigación
• CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio
• CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
• CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
• CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
• G01 - Identificar y enunciar problemas ambientais
Específicas
• E14 - Coñecer en profundidade as tecnoloxías, ferramentas e técnicas no campo da enxeñaría ambiental
• E22 - Organizar e planificar a xestión dun problema ambiental, instalación ou servizo ambiental
• E26 - Xestionar de forma eficiente os recursos e enerxías, fomentando o desenvolvemento e uso de enerxías renovables
• E32 - Comparar e seleccionar alternativas técnicas
• E33 - Identificar tecnoloxías emerxentes
CAMPUS VIRTUAL
A aula Virtual da USC utilizarase a través da aplicación Moodle, como ferramenta de comunicación cos estudantes, ofrecéndolles información sobre a programación docente ao longo do curso na clase e materiais complementarios para o estudo da materia (notas do profesor tamén como artigos científico-técnicos), promovendo o estudo autónomo do estudante e a xestión de fontes bibliográficas en inglés.
Ao inicio do curso facilitarase aos alumnos seguinte material no campus virtual da materia:
• GUÍA DOCENTE: a guía docente aprobada para a materia (galego, castelán, inglés).
• PLANIFICACIÓN DIARIA: unha guía onde se indicará a planificación detallada de actividades día a día.
• PRESENTACIÓNS: as presentacións-guía usadas polo profesor nas clases expositivas (formato pdf e videos mp4 xerados a partir das presentacións orixinais ppt).
• MATERIAL COMPLEMENTARIO: para cada tema como lexislación relevante, artigos científicos, enlaces a páxinas web con contido de interese (productos, empresas, etc.)
ESCENARIO 1
Docencia presencial
• Clases expositivas e interactivas: As clases celebraranse combinando tanto a clase maxistral (exposición e discusión de temas) como relatores destacados do campo de empresas relevantes en xestión e tratamento de auga. Por iso é moi importante que o alumno traballe no material dispoñible para promover a interacción profesor-alumno.
• Traballo en equipo: Está previsto realizar un traballo (individual ou en equipo segundo o número de inscritos) por parte do alumnado, centrado na análise dunha planta de tratamento específica, xa sexa para a depuración, EDAR urbana ou industrial onde se cubrirá dende o enfoque do problema (sector industrial, proceso de fabricación), a caracterización das augas a tratar, a estratexia de tratamento e o proceso de tratamento para obter a calidade de efluente requirida. É importante a cuantificación numérica, especialmente a caracterización das augas así como o diagrama de fluxo do proceso de tratamento considerado.
• Visita a unha instalación industrial: A visita a unha planta de tratamento (EDAR, ETAP ou EDARI) está contemplada no marco da materia obrigatoria "Tecnoloxías de tratamento de auga", así como a participación de 3 relatores do mundo da industria (como se comentou na axenda).
Titoría Grupal
• Realizarase unha titoría grupal para abordar específicamente o seguemento de dito traballo a realizar a través dunha videoconferencia na plataforma MS Teams. Este traballo debe quedar definido antes do paréntese do nadal.
Docencia telemática
• Titorías individualizadas: realizaranse mediante a plataforma MS Teams.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
AVALUACIÓN CONTINUA (AC)
O Máster en Enxeñaría Ambiental establece que a mínima ponderación da AC é de un 50%, correspondendo o 50% restante a unha proba final.
Nesta materia usarase esa ponderación para a AC: 50%.
ESCENARIO 1
La cualificación do estudante é unha media ponderada entre o rendimento do mesmo nas dúas partes nas que se avalía o mesmo: exame e rendimento no aula (traballo e participación proactiva).
O reparto da puntuación será en función dos rendementos obtidos no exame (50% da cualificación), e as actividades propostas na avaliación continua.
Actividades que comprende a AC
A AC comprende o seguemento das seguientes actividades:
• Cuestionarios de seguimento: 3 Cuestionarios cortos (15 min) a realizar tras cada bloque temático. A realizar de forma individual. Modalidade presencial.
• Traballo en equipo: consistirá na exposición breve (en torno a 5’ máximo por persoa) Se valorará especialmente a información cuantitativa. Modalidade presencial.
• Con “comportamento proactivo no aula” preténdese valorar a actitude diaria de cada alumno, en especial: a) mostra de que segue ao día a materia e as discusións que se fan no aula; b) comentarios pertinentes sobre o tratado; c) motivación e actitude positiva en clase, entre outras. Este ítem farase público a finais de decembro para que os alumnos poidan melloralo de cara ao final da materia. Terase en especial consideración a súa actitude cos poñentes, de feito, cada sesión será moderada por un equipo de alumnos que xestionarán tanto as súas propias preguntas como as do resto dos seus compañeiros. A realizar de forma individual. Modalidade presencial.
Exame final (presencial)
• O exame final constará de preguntas cortas sobre os contenidos vistos na materia. A realizar de forma individual. Modalidad presencial. Poderá non ser preciso de presentarse ós 3 cuestionarios e lograr a lo menos un 30% da nota de teoría.
Non presentado: considerarase como tal a aquel que non acuda ao exame e non participe no traballo. No caso de que non entregue o traballo ou ben non faga o exame (pero si o traballo), a calificación na primeira oportunidade será “Suspenso”.
Os alumnos que se presenten á segunda oportunidade (Xullo) poderán conservar as súas notas do traballo e de participación no aula. No caso de non ter entregado o traballo, o exame conterá algunhas preguntas específicas sobre este tema.
Distribución da cualificación Modalidade
Avaliación Continua 5-10 puntos
- Cuestionarios (optativos) 0 - 5 Presencial
- Traballo en equipo 4 Presencial
- Proactividade 1 Presencial
Exame final 0 - 5 puntos Presencial
TOTAL 10 puntos
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
A competencias a desenvolver son:
Clases expositivas e conferencias: G01, CB6, CB10, E26, E33
Comportamento proactivo: G01, CB7, CB8, CB9, E14
Traballo en grupo: G01, CB6, CB7, CB8, CB9, E14, E22, E32
Cuestionarios e exames: CB6, CB10, E14, E32, E33
A materia ten unha carga de traballo equivalente a 3,5 ECTS que se reparten da forma que se mostra na táboa. As horas presenciais indican o número de horas de clases da materia, a través das diversas actividades que se realizan, o factor indica a estimación de horas que ten que adicar o estudante por hora de actividade, sendo as horas de traballo autónomo un cómputo do produto do factor polas actividades e total a carga de traballo que supón cada actividade.
Distribución da actividade formativa en ECTS
Actividade Horas presenciais Horas traballo alumno ECTS
Clases maxistrais 12,0 30,0 2,1
Seminarios 14,0 28,0 2,3
Tutorías grupo 2,0 1,0 0,1
Total 28,0 59,0 3,5
É importante que os alumnos estuden previamente aqueles textos, documentos ou artigos que se vaian sinalando na guía docente. É imprescindible ter un dominio medio do idioma inglés.
Recoméndase o uso do campus virtual como eixo vertebrador de todas as actividades a realizar nesta área
Recomendacións para o ensino telemático:
• De acordo coas regras da avaliación telemática, é necesario ter un micrófono e unha cámara para realizar exames telemáticos, ademais de que estes dispositivos melloran moito a interacción co profesor.
• Mellorar a información e as habilidades dixitais cos recursos dispoñibles na USC.
9.- Plan de continxencia
A) METODOLOXÍA ENSINO
Plan de continxencia para actividades docentes en remoto:
• Realizaránse de forma síncrona e sempre según o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e/ou Ms Teams.
• Debido á natureza e contido desta materia, así como á metodoloxía empregada, a principal diferenza entre o ensino presencial e o ensino a distancia é no caso da visita técnica, que será virtual.
• Para levar a cabo titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios alumnos como entre eles e o profesor, pódense facer a través do foro do Campus Virtual, a través de MS TEAMS ou por correo electrónico.
Máis específicamente, as metodoloxías específicas para cada escenario indícanse a continuación.
ESCENARIO 2
Docencia presencial e telemática
• Clases expositivas e interactivas: Como a matrícula nesta materia normalmente é inferior a 12 estudantes, non haberá cambios en relación co escenario 1. En todo caso, as conferencias impartidas por profesionais empresariais poden impartirse a través da plataforma MS Teams.
• Visita a unha instalación industrial. Realizarase presencialmente.
Docencia telemática
• Titoría Grupal: Realizarase unha titoría grupal para abordar específicamente o seguemento de dito traballo a realizar a través dunha videoconferencia na plataforma MS Teams. Este traballo debe quedar definido antes do paréntese do nadal..
• Traballo en equipo: Está previsto que os estudantes realicen un traballo en equipo, que presentarán oralmente na última sesión titorial da materia a través de MS Teams.
• Titorías individualizadas: realizaránse mediante a plataforma MS Teams.
ESCENARIO 3
Docencia telemática na súa totalidade
• Clases expositivas e interactivas: Empregaranse sesións Teams a través dos cales se seguirá o calendario aprobado e onde sempre se promoverá o contacto diario cos estudantes combinando os diferentes recursos (explicacións do profesor, visualización de vídeos, sesións de discusión, recursos web ...).
• Visita virtual a unha instalación industrial a través dunha sesión Teams onde o profesor os guiará a través dun proceso concreto (fotografías, discusión datos técnicos, videos, notas de prensa…).
• Titoría Grupal: Realizarase unha titoría grupal para abordar específicamente o seguemento de dito traballo a realizar a través dunha videoconferencia na plataforma MS Teams. Este traballo debe quedar definido antes do paréntese do nadal..
• Traballo en equipo: Está previsto que os estudantes realicen un traballo en equipo, que presentarán oralmente na última sesión titorial da materia a través de MS Teams.
• Titorías individualizadas: realizaránse mediante a plataforma MS Teams.
B) SISTEMAS AVALIACIÓN
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente da modalidade de ensino empregada (presencial ou telemática), coa única diferenza de que as actividades de avaliación levaranse a cabo, segundo establecen as autoridades competentes, xa sexa presencialmente na aula ou por remoto a través dos medios telemáticos dispoñibles na USC. A seguinte táboa indica a modalidade de avaliación de cada actividade.
ESCENARIO 2
Neste escenario, contémplanse as mesmas actividades pero avalíanse de forma diferente segundo a metodoloxía empregada. Así, esforzaranse para manter a presentación do traballo en equipo, a visita técnica e o exame final dos problemas nunha configuración presencial, mentres que o resto das actividades se levarían a cabo de xeito electrónico.
Escenario 2 Escenario 3
Evaluación Continua
- Cuestionarios Telemática, síncrona Telemática, síncrona
- Tutorías Grupais Telemática, síncrona Telemática, síncrona
- Traballo en equipo Telemática, asíncrona Telemática, asíncrona
- Visita técnica Presencial, Telemática síncrona Telemática, síncrona
Francisco Omil Prieto
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816805
- Correo electrónico
- francisco.omil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01_inglés | Inglés | Aula A8 |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01_inglés | Inglés | Aula A8 |
09.02.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01_inglés | Aula A8 |
09.02.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01_inglés | Aula A8 |
30.06.2022 16:00-19:30 | Grupo /CLE_01_inglés | Aula A8 |
30.06.2022 16:00-19:30 | Grupo /CLIS_01_inglés | Aula A8 |