Créditos ECTS Créditos ECTS: 3.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 59.5 Horas de Titorías: 3.5 Clase Expositiva: 10.5 Clase Interactiva: 14 Total: 87.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
A materia de “Laboratorio de modelización da calidade do aire”, de 3,5 ECTS, enmarcase como materia optativa dentro do Módulo 3 “Monitorización e reducción da contaminación atmosférica”, co obxectivo de abordar de forma práctica as técnicas de modelización aplicadas na avaliación da contaminación atmosférica dentro da práctica profesional.
Os contidos teóricos necesarios para abordar esta materia son proporcionados pola materia obrigatoria do mesmo módulo “Medio ambiente atmosférico e reducción de emisións”.
1.Obxectivos da materia
A materia “Laboratorio de modelización da calidade do aire” pretende facilitar que o alumno practique as técnicas que permiten o cálculo dos fenómenos da atmosfera, como sistema natural de depuración de gases. Para elo, empregará modelos de emisións, meteorolóxicos e de modelos de calidade do aire.
Asi, do resultado desta matéria se derivará que o alumno coñeza as ferramentas e dados necesários para a correcta aplicación dos modelos de calidade do aire e a avaliación das suas resultados.
Os contidos que se desenvolven nos 3,5 ECTS son os contemplados de xeito resumido no descritor da materia no plano de estudos do Máster en Enxeñaría Ambiental, e que son: “Modelos de calidad del aire. Impacto de un nuevo foco. Contaminación fotoquímica. Escenarios multifoco. Inventarios de emisiones atmosféricas. Sistemas de predicción de la contaminación. Tratamiento de efluentes gaseosos”. Tendo en conta que outra materia obrigatoria do Máster xa aborda de xeito práctico o tratamento de efluentes gaseosos na planta piloto, os contidos deste Laboratorio de Modelización da Calidade do Aire centraránse na atmosfera como sistema de depuración.
Estes contidos prácticos desenvolveranse e avaliaránse mediante unha serie de unidades didácticas ou temas de distinta natureza, dependendo das infraestructuras dispoñibles, según se describe de seguido:
Tema 1. Modelos de calidade do aire: Dispersión atmosférica. Vento. Estabilidade atmosférica. Inmisión. Estimación da altura dunha cheminea.
Tema 2. Modelos de calidade do aire: Química atmosférica. Química simple e dispersión atmosférica. Vento. Estabilidade atmosférica. Concentración de fondo. Inmisión.
Tema 3. Modelos de calidade do aire: Química complexa na capa límite atmosférica. Smog fotoquímico. Estabilidade atmosférica. NOx. Ozono troposférico. Compostos orgánicos. Radiación solar. Química nocturna.
Tema 4. Emisións industriais: Estimación e validación. Metodoloxías EMEP/CORINAIR e US EPA. Sistemas de combustión. Industrias de proceso.
Obxectivos específicos
Nesta matéria pretende-se que o alumno resulte capacitado para empregar os modelos de calidade do aire ao uso na resolución de distintos problemas típicos da contaminación atmosférica. Asemade, practicarase a estimación e validación de emisións atmosféricas de orixe industrial.
Bibliografía básica
Jacobson, M.Z. "Atmospheric Pollution". Cambridge University Press, Cambridge, 2002. SINATURA: 222 4.
Zannetti, P. "Air Pollution Modeling". Computational Mechanics Publications, Van Nostrand Reinhold, New York, 1990. SINATURA: A222 7.
Bibliografía complementaria
Jacobson, M.Z. “Fundamentals of Atmospheric Modelling”. Cambridge University Press, Cambridge, 2005. SINATURA: A220 4 A
Ministerio de Industria y Energía. "Manual de cálculo de chimeneas industriales". Servicio de Publicaciones, Miner, 1992.
Vilà-Guerau de Arellano, J., van Heerwaarden, Ch.C., van Stratum, B.J.H., van den Dries, K. “Atmospheric Boundary Layer” Cambridge University Press, New York, 2015. SINATURA: 220 7
Outra documentación
O profesor aportará guións das prácticas e presentacións das mesmas, na lingua de impartición da materia. Tamén aportará documentos técnicos relativos as emisións industriais.
Nesta matéria o alumno adquirirá ou praticará unha série de competéncias xenéricas, desexabeis en calquera titulación universitária, e específicas, próprias da ingeñiería en xeral ou específicas da Enxeñaria Ambiental en particular.Dentro do cuadro de competéncias que se deseñou para a titulación, os alumnos deberán atinxir as seguintes competéncias:
Xerais
CB6 - Posuir e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser oxirinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a menudo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a sua capacidade de resolución de problemas en entornos novos o pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa sua área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, incluia reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
G01 - Identificar e enunciar problemas ambientais.
Específicas
E14 - Coñecer en profundidade as tecnoloxías, ferramentas e técnicas no campo da enxeñaría ambiental.
E17 - Coñecer e deseñar as operacións unitarias aplicables os procesos ambientais.
E19 - Coñecer os procedementos de avaliación de riscos ambientais e tecnolóxicos.
E23 - Deseñar e calcular solucións de enxeñaría a problemas ambientais.
E27 - Modelizar sistemas ambientai tanto naturais como artificiais.
E28 - Realizar estudos de impacto ambiental.
E33 - Identificar tecnoloxías emerxentes.
E41 - Aprender a aprender.
E43 - Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares.
E45 - Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo.
E49 - Tomar decisións considerando globalmente aspectos técnicos, económicos, sociais e ambientais.
Previamente ao comezo de cada práctica o alumno deberá ler o guión da mesma e estudado os aspectos que sobre ela abordáronse na materia obrigatoria “Medio Ambiente Atmosférico e Redución de Emisións”.
O profesor introducirá o obxectivo de cada experimento e achegará a formación necesaria no manexo dos modelos. A continuación, o profesor entregará a cada alumno un cuestionario sobre a práctica para desenvolver, que deberá analizar e responder nese momento. Seguidamente, cada alumno deberá desenvolver o experimento proposto. Finalmente, o alumno terá a oportunidade de revisar e corrixir as respostas do seu propio cuestionario, que entregará xunto cos resultados do experimento á finalización da sesión.
As prácticas desenvolveranse en 8 sesións de 4 horas de duración. En función de cada práctica, esta abarcará unha ou dúas sesións.
5.2. Desenvolvemento das competencias
As actividades docentes corresponden exclusivamente as clases de laboratorio, polo que dentro das mismas o alumno desenvolverá todas as competencias da materia.
Competencia Clases
desenvolvidas de laboratorio
Xerais
CB6 X
CB7 X
CB8 X
CB9 X
CB10 X
G01 X
Específicas
E14 X
E17 X
E19 X
E23 X
E27 X
E28 X
E33 X
E41 X
E43 X
E45 X
E49 X
6.1. Sistema de cualificacións
Sistema de cualificación Modo de avaliación Peso na nota global Valor mínimo sobre 10
Cuestionarios Individual 70 % -
Resultados no laboratorio Individual e en equipo 10 % -
Traballo no laboratorio Individual 20 % -
O alumno deberá asistir as sesiones prácticas para ser calificado, dacordo coa normativa desta Universidad.
Aqueles alumnos que, habendo asistido as sesións prácticas, non superen a materia na primeira oportunidade, para optar a superar a materia na segunda oportunidade deberán realizar un exame consistente nunha nova práctica relacionada coas desenvolvidas nas sesións prácticas. Correspondendo a calificación desta segunda oportunidade á deste exame.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións”.
6.2. Avaliación de competencias
Avaliación da competencia 1=Traballo no laboratorio 2=Cuestionarios 3=Resultados
Xerais
CB6 1
CB7 1 3
CB8 1 2
CB9 2
CB10 1
G01 1
Específicas
E14 1 2
E17 1 2
E19 1 2
E23 1 3
E27 1 2
E28 1
E33 1
E41 1
E43 1 3
E45 1 2
E49 1 2
A matéria ten unha carga de traballo de 3,5 ECTS, correspondiendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total, sendo o número total dunhas 87,5 horas, que se distribuen como segue:
Actividad Horas presenciales Factor Horas de trabajo personal TOTAL
Experimentos 24 1,25 30 54
Cuestionarios 8 1,75 14 22
Tutorías obligatorias 2 - 9,5 11,5
TOTAL 34 - 53,5 87,5
onde as horas presenciais indican o número de horas de docencia presencial da matéria, incluindo as diversas actividades e titorias presenciais que se realizarán na mesma; o factor indica a estimación de horas que ten que dedicar o estudiante por hora de clase presencial, cando procede. As horas de traballo persoal resulta da soma das correspondientes a todas as actividades que deberá desenvolver o alumno, e que éste deberá dedicar de forma individual ou en equipa, sen a presenza do profesor.
Os alumnos que se matriculen da matéria han de haber cursado a matéria “Medio ambiente atmosférico e redución de emisións” (ainda cando pode estar pendente de avaliación), ou ben dispor dos coñecementos abordados na mesma sobre modelos atmosféricos e de calidade do aire.
Ademais, deberán dispor das bases necesarias para o uso de aplicacións informáticas a nível de usuario (Word, Excel, web). As bases prácticas necesarias para o manexo dos modelos matemáticos serán proporcionadas polo profesor.
A materia impartirase íntegramente en castelán.
A materia contará cunha Aula Virtual.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as normas incluídas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñería, dispoñible no apartado de seguridade da súa web ao que podes acceder do seguinte xeito:
1. Accede á túa intranet.
2. Entra en Documentación/Seguridade/Formación.
3. Preme en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais."
DOCENCIA TELEMÁTICA. Para a docencia telemática seguiranse as esixencias establecidas polas autoridades académicas da USC e o seu programa de recursos. É responsabilidade do alumnado estar pendente destas esixencias. En caso de dúbida sobre as necesidades e características dos recursos técnicos necesarios para o desenvolvemento da actividade académica consultarán ao Centro de Atención a Usuarios ou á dirección da ETSE.
PLAN DE CONTINXENCIA
De conformidade co Acordo do Consello de Goberno do 30 de Abril de 2021, incorpóranse plans de continxencia que contemplan un escenario 2 (distanciamento) e un escenario 3 (peche de instalacións).
Escenarios:
E2: Escenario 2: Distanciamento.
E3: Escenario 3: Peche das instalacións.
Metodoloxía docente
E2:
As sesións 1, 5, 7 e 8 desenvolveranse na aula presencial, coas condicións de seguridade establecidas pola Universidade.
As sesións 2, 3, 4 e 6 desenvolveranse de maneira síncrona en remoto, co apoio do profesor a través do Campus Virtual.
E3: Todas as sesións desenvolveranse de maneira sincrona en remoto, co apoio do profesor a través do Campus Virtual.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Sistema de cualificación Modo de avaliación Peso na nota global Valor mínimo sobre 10
Cuestionarios Individual 70 % -
Resultados no laboratorio Individual e en equipo 10 % -
Traballo no laboratorio Individual 20 % -
O alumno deberá asistir (presencial ou en remoto, según o escenario) as sesiones prácticas para ser cualificado, dacordo coa normativa desta Universidad.
Aqueles alumnos que, habendo asistido as sesións prácticas, non superen a materia na primeira oportunidade, para optar a superar a materia na segunda oportunidade deberán realizar un exame consistente nunha nova práctica relacionada coas desenvolvidas nas sesións prácticas. Correspondendo a calificación desta segunda oportunidade á deste exame.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións”.