Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 144 Horas de Titorías: 6 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Enxeñaría Química, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Enxeñaría Química, Química Analítica
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
0.- Datos descritivos da materia
Nome e código:
Materia: Prácticas Externas
Código: P4012-111
Tipo: Obrigatoria
Nº de créditos: 6 ECTS
Módulo: 5 (Prácticas Externas)
Horario: consúltese o horario na web do Máster (Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental | Universidade de Santiago de Compostela (usc.gal))
Profesorado
Todos os profesores do Máster poden estar involucrados en esta materia.
Coordinador: Almudena Hospido Quintana (Dpto. Enxeñaría Química)
Teléfono: 16897
correo-e: Almudena.hospido [at] usc.es (Almudena[dot]hospido[at]usc[dot]es)
OBXECTIVOS DA MATERIA
A realización das PRACTICAS EXTERNAS ten como obxectivo o complementar a formación recibida mediante aplicación dos coñecementos adquiridos no desenvolvemento profesional e/ou investigador.
O alumnado realizará unha estadía nunha empresa ou centro de investigación onde poñerá en práctica os coñecementos adquiridos durante as clases teóricas e prácticas adaptándose así a unha realidade concreta do traballo día a día.
Asignación e xestión das PRACTICAS EXTERNAS
As Prácticas Externas están reguladas pola normativa vixente da USC, que se materializa nunha convocatoria anual que xestiona a coordinadora desta materia co visto bo do coordinador do máster.
Aspectos relativos á seguridade e prevención de riscos laborais
O centro receptor debe formar ao alumno/a que reciba no relativo aos aspectos de seguridade e prevención de riscos laborais que sexan relevantes para o seu traballo; sendo responsabilidade do alumnado o rigoroso cumprimento das normas de seguridade preceptivas.
Seguemento e calificación das Prácticas externas.
Cada alumno/a terá dous titores/as: un/ha profesor/a do Máster e un/ha titor/a no centro de destino onde realice as prácticas.
Non procede.
Nesta materia o alumnado adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquer titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou específicos da Enxeñaría Ambiental en particular.
Dentro do cadro de competencias que se deseñou para la titulación, traballaranse de forma máis específica as seguintes:
Básicas e Xerais
• CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
• CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio
• CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
• CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
• CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
• G01 - Identificar y enunciar problemas ambientais
Específicas
• E1A - Coñecer os factores sociais que interveñen nas solucións ambientais
• E22 - Organizar e planificar a xestión dun problema ambiental, instalación ou servizo ambiental
• E33 - Identificar tecnoloxías emerxentes
• E43 - Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares
• E47 - Asumir con responsabilidade ética o seu papel de enxeñeiro nun contexto profesional
En este caso a metodoloxía dependerá das actividades propostas nos centros colaboradores.
Ao finalizar as prácticas externas, o/a titor/a deberá remitir un certificado das actividades realizadas polo/a alumno/a, ademais da cualificación que lle outorga e que representará o 70% da nota final. En paralelo a isto, o/a alumno/a deberá remitir ao seu titor/a unha memoria que describa as actividades realizadas durante as prácticas para a súa avaliación e que representará o restante 30% da nota final desta materia.
A materia ten unha carga de traballo equivalente a 6 ECTS que equivale a 150 horas.
Recoméndase unha actitude positiva e proactiva para aproveitar ao máximo a potencialidade desta estadía.
PLAN DE CONTINXENCIA
No caso de adoptarse os escenarios 2 (distanciamento, con restricións parciais á presencialidade física) ou 3 (peche das instalacións) definidos pola USC para o desenvolvemento da docencia no contexto da situación xerada pola pandemia da COVID-19, levaranse a cabo as seguintes adaptacións:
* No que respecta á metodoloxía:
- Nos escenarios 2 ou 3, as prácticas poderán desenvolverse parcialmente por medios non presenciais que aseguren a adquisición das competencias e os resultados da aprendizaxe (resolución de problemas, supostos prácticos ou actividades similares). No escenario 2 terá sempre preferencia a modalidade presencial.
* No que respecta ó sistema de avaliación:
- O sistema de avaliación será o mesmo independentemente do escenario no que se desenvolvan as prácticas.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Non obstante, e por riba do estipulado neste plan de continxencia, estarase ó que en materia de prácticas en empresa poidan indicar as instrucións emitidas polas autoridades competentes da USC.
Francisco Omil Prieto
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816805
- Correo electrónico
- francisco.omil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xose Lois Otero Perez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813300
- Correo electrónico
- xl.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ma Carmen Barciela Alonso
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814374
- Correo electrónico
- mcarmen.barciela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Teresa Moreira Vilar
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816792
- Correo electrónico
- maite.moreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Teresa Del Carmen Barral Silva
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881815041
- Correo electrónico
- mteresa.barral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Anuska Mosquera Corral
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816779
- Correo electrónico
- anuska.mosquera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Almudena Hospido Quintana
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816797
- Correo electrónico
- almudena.hospido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade