Créditos ECTS Créditos ECTS: 18
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 411 Horas de Titorías: 39 Total: 450
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía, Edafoloxía e Química Agrícola, Química Física, Enxeñaría Química, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Microbioloxía, Edafoloxía e Química Agrícola, Química Física, Enxeñaría Química, Química Analítica, Área externa M.U en Enxeñaría Ambiental (2ª ed)
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
0.- Datos descritivos da materia
Nome e código:
Materia: Traballo Fin de Máster
Código: P4012-114
Tipo: Obrigatoria
Nº de créditos: 18 ECTS
Módulo: 7 (Traballo Fin de Máster)
Horario: consúltese o horario do Máster
Profesorado
Todos os profesores do Máster poden estar involucrados en esta materia.
Coordinador: Gumersindo Feijoo (Dpto. Enxeñaría Química)
Teléfono: 16776
correo-e: gumersindo.feijoo [at] usc.es (gumersindo[dot]feijoo[at]usc[dot]es)
O principal obxectivo do Traballo Fin de Máster (TFM) é a realización por parte do estudante, de forma individual ou en grupo, dun traballo no ámbito da enxeñaría ambiental como aplicación dos coñecementos e competencias adquiridos na súa formación, a efectos de simular unha actividade profesional anticipada, xa sexa dentro do campo científico, técnico ou de xestión, que permita completar a súa formación académica, de acordo cos intereses persoais do alumnado.
Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración da información, elaboración de resultados relevantes, redacción, presentación e defensa do traballo.
A materia de Traballo Fin de Máster ten unha vinculación directa con todas as que compoñen a Titulación, buscando a integración e aplicación profesional da formación do alumnado.
A normativa foi aprobada pola Comisión Académica do Máster na súa reunión do 22 de Marzo de 2017 e atópase na web da titulación (http://www.usc.es/etse/taxonomy/term/105).
Tipoloxía dos Traballos Fin de Máster
O TFM poderá consistir na conceptualización, definición, deseño e avaliación de elementos correspondentes a un problema medioambiental, incluíndo o deseño e cálculo da estratexia de solución axeitada. Tamén poderá contemplarse a realización dun traballo de deseño ou de resolución dun problema de organización, investigación ou avaliación, de suficiente entidade.
Dado que a tipoloxía dos traballos pode ser variada, a Comisión Académica velará polo establecemento dunha relación directa co alumnado a través dunha titoría/dirección por parte de profesor/es e, por outra banda, definirá os termos de referencia que permitan establecer unha definición, desenvolvemento e avaliación do traballo persoal realizado polo alumnado. Asemade, se definirá un nivel de traballo similar para todos os alumnos/as da titulación, acorde coa carga de traballo reflectida no Plan de Estudos (18 ECTS).
En función do anterior podemos definir as seguintes tipoloxías:
• Proxecto ou Anteproxecto de Enxeñaría, os cales se axustan formalmente ás características dun proxecto técnico cos seus correspondentes documentos.
• Estudo técnico sobre un tema específico que se desenrolará de acordo coa proposta.
• Traballo de investigación aplicado.
• Proxecto desenrolado durante a estadía en empresas e/ou organismos públicos ou privados.
Independentemente da tipoloxía do traballo, o Centro velará para que o TFM se axuste a carga asignada e o cumprimento dos prazos formulados na programación do Máster.
Asignación
O alumnado poderá elixir e propor a temática e a tipoloxía do TFM que considere máis axeitada aos seus intereses, de forma independente ou dacordo con algún profesor/a do Máster.
A principios do curso, o Coordinador/a do Máster e o Coordinador/a do Módulo 7 (TFM) explicarán ós alumnos/as as particularidades referentes a elección, realización e presentación dos TFM. Fárase fincapé en que o alumnado estableza unha rolda de contactos cos profesores/as da titulación para poder chegar a puntos de encontro entre os seus intereses e as actividades investigadoras do profesorado.
• A partires desa charla de presentación dos TFM, así coma en calquera momento do curso, o alumnado do Máster que acade un acordo con un profesor/a, pode propoñer un proxecto concreto segundo o modelo que se expón na páxina web onde se indicará o traballo proposto e titores/as implicados (Anexo I). Esta solicitude presentarase na secretaría da ETSE. O proxecto será analizado, e aprobado se procede, pola Comisión Académica.
• Se a finais de outubro hai alumnos/as pendentes de asignación de TFM, realizarase unha convocatoria única a finais do módulo 6 onde o Coordinador/a do Máster fará pública a relación de proxectos ofertados polo profesorado. Fixarase un tempo de consultas tralo cal os alumnos/as entregarán unha instancia indicando de forma priorizada os temas elixidos (Anexo II). Finalmente a Comisión Académica resolverá as asignacións. En caso de conflito entre varias solicitudes usarase como criterio de selección o expediente académico do alumno/a correspondente ao primeiro curso do Máster. Si aínda así non quedase claro, o titor/a do proxecto elixiría a un dos alumnos/as solicitantes. En caso de que algún alumno/a nesta quenda quedase sen asignación, recorreríase a o procedemento sinalado en el párrafo anterior.
• Con respecto ós titores/as dos TFM:
O titor/a será ordinariamente Persoal Docente e Investigador (PDI) das áreas que impartan docencia na propia titulación.
Asemade, poderán ser cotitores/as persoal contratado con cargo ó capítulo VI que posúa titulación de Máster ou outra que se corresponda co nivel 3 (Máster) do MECES.
Tamén poderán ser cotitores/as persoal alleo a USC, especialmente de empresa, naqueles casos en que a temática do TFM o considere, ainda que con carácter previo a realizar a cotitoría, deberá comunicarse a dita circunstancia á vicerreitoría con competencias na materia a través do servizo correspondente indicando a súa dedicación.
• A instancias dun alumno/a ou profesor/a, a Comisión poderá aceptar a realización de proxectos externos á USC, sempre asegurando que a proposta do proxecto sexa compatible cos obxectivos e competencias do TFM e que se efectuará un seguimento por parte dun profesor/a do Máster (que actuará como cotitor/a) do citado traballo.
• O compromiso de titoría abrangue soamente o período definido para a realización do TFM no Plan de Estudos (12 semáns). Isto non impide que o profesor/a e o alumno/a poidan prolongar estas titorías si están de común acordo.
• O Coordinador/a do Módulo fixará tanto as datas límite de entrega da memoria final así como ás de exposición dos TFM perante as Comisións de Avaliación.
Aspectos relativos á seguridade e prevención de riscos laborais
Tanto si é a USC como unha empresa, administración ou centro de investigación onde o alumnado realice o TFM, o alumnado debe recibir a oportuna información no concernente a aqueles aspectos de seguridade e prevención de riscos laborais que vaian ser relevantes para o seu traballo. No caso concreto dos centros de investigación, por exemplo os laboratorios da USC, o estudante debe cumprir as normas de seguridade preceptivas de cada instalación onde vaia a traballar.
A bibliografía verá condicionada polo tipo e temática de proxecto a realizar.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquer titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou específicos da Enxeñaría Ambiental en particular.
Dacordo co cadro de competencias que se deseñou para la titulación, traballaranse as seguintes:
Básicas e Xerais
• CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento ou aplicación de ideas, a menudo nun contexto de investigación
• CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio
• CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
• CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
• CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
• G01 - Identificar y enunciar problemas ambientais
Específicas
• E22 - Organizar e planificar a xestión dun problema ambiental, instalación ou servizo ambiental
• E23 - Deseñar e calcular solucións de enxeñaría a problemas ambientais
• E24 - Aplicar ferramentas de planificación e optimización
• E25 - Definir a viabilidade técnica, social, económica e ambiental dun proxecto ou solución
• E26 - Xestionar de forma eficiente os recursos e enerxías, fomentando o desenvolvemento e uso de enerxías renovables
• E27 - Modelizar sistemas ambientais tanto naturais coma artificiais
• E28 - Realizar estudos de impacto ambiental
• E29 - Aplicar ferramentas de xestión ambiental: Análise de ciclo de vida, Ecoloxía industrial, Tecnoloxías limpas, Normas ISO, EMAS
• E31 - Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados
• E32 - Comparar e seleccionar alternativas técnicas
• E34 - Redactar informes sobre impactos e temáticas ambientais
• E35 - Elaborar proxectos de enxeñaría ambiental
• E38 - Aplicar os fundamentos de enxeñaría ambiental a casos non coñecidos
• E44 - Traballar de forma autónoma e con iniciativa
• E45 - Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo
• E48 - Comunicar eficazmente as súas ideas e defendelas
• E49 - Tomar decisións considerando globalmente aspectos técnicos, económicos, sociais e ambientais
O TFM farase individualmente ou en grupo baixo a dirección de algúns dos profesores da titulación e con posibilidade de ter coma cotitores outro tipo de persoal (ver normativa). No TFM aplicaránse os contidos desenvoltos na titulación facendo fincapé nas competencias xerais que compre adquirir en profundidade.
O TFM defenderase en sesión pública diante dunha Comisión Avaliadora designada ó efecto segundo a normativa aprobada na reunión da Comisión Académica (5 de abril de 2017).
As Comisións Avaliadoras estarán formadas por tres profesores da USC que impartan docencia na titulación, do que non poderá formar parte o director ou directora do traballo.
O nomeamento dos membros das Comisións será proposto pola Comisión Académica a instancia do Coordinador do Máster.
Cada alumno será avaliado individualmente para o cal se terán en conta os seguintes aspectos: i) Traballo realizado polo alumno/a, incluíndo a calidade da memoria presentada, a presentación e a defensa do TFM ante a Comisión Avaliadora (75%); ii) Informe do titor/a (25%).
O TFM exporase nunha sesión pública, diante da Comisión Avaliadora designada. Nesta sesión o alumno defenderá fronte á comisión o TFM e respostará a aquelas cuestións que lle foran formuladas.
A materia ten unha carga de traballo equivalente a 18 ECTS que equivale a 450 horas de traballo total, polo que supón un grao de profundización moi elevado no tema elexido polo alumno.
Recoméndase unha actitude positiva e proactiva.
Consultar a normativa completa na páxina web da titulación:
(http://www.usc.es/etse/taxonomy/term/105).
PLAN DE CONTINXENCIA
No caso de adoptarse os escenarios 2 (distanciamento, con restricións parciais á presencialidade física) ou 3 (peche das instalacións) definidos pola USC para o desenvolvemento da docencia no contexto da situación xerada pola pandemia da COVID-19, levaranse a cabo as seguintes adaptacións:
* No que respecta á metodoloxía:
- No escenario 2, priorizarase a programación das titorías por vía telemática.
- No escenario 3, a programación das titorías será exclusivamente por vía telemática.
* No que respecta ó sistema de avaliación:
- O sistema de avaliación será o mesmo independentemente do escenario no que se desenvolva o curso, coa única diferenza de que nos escenarios 2 ou 3 se empregará por defecto a modalidade telemática (servíndose de MS Teams) para a presentación e defensa dos traballos ante os tribunais de avaliación.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Non obstante, e por riba do estipulado neste plan de continxencia, estarase ó que en materia de TFM poidan indicar as instrucións emitidas polas autoridades competentes da USC.
Gumersindo Feijoo Costa
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816776
- Correo electrónico
- gumersindo.feijoo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xose Lois Otero Perez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813300
- Correo electrónico
- xl.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ma Carmen Barciela Alonso
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814374
- Correo electrónico
- mcarmen.barciela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Teresa Moreira Vilar
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816792
- Correo electrónico
- maite.moreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Del Carmen Monterroso Martinez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813288
- Correo electrónico
- carmela.monterroso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sarah Fiol López
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881816042
- Correo electrónico
- sarah.fiol [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Juan Manuel Garrido Fernandez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816778
- Correo electrónico
- juanmanuel.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Anuska Mosquera Corral
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816779
- Correo electrónico
- anuska.mosquera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Elena Maria Peña Vazquez
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814264
- Correo electrónico
- elenamaria.pena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Gemma Maria Eibes Gonzalez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- gemma.eibes [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Almudena Hospido Quintana
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816797
- Correo electrónico
- almudena.hospido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alvaro Gil Gonzalez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881816879
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Angeles Val Del Rio
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- mangeles.val [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Rocío Pena Rois
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Enxeñaría Ambiental (2ª ed)
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Sara Gonzalez Garcia
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816806
- Correo electrónico
- sara.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marta Carballa Arcos
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816020
- Correo electrónico
- marta.carballa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Mauricio Iglesias
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816800
- Correo electrónico
- miguel.mauricio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Hector Rodriguez Martinez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816804
- Correo electrónico
- hector.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Iván Seijo Maroño
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Enxeñaría Ambiental (2ª ed)
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Julio José Conde López
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- julio.conde [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Tamara Casero Díaz
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Enxeñaría Ambiental (2ª ed)
- Correo electrónico
- tamara.casero [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Alba Maria Trueba Santiso
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- albamaria.trueba [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva