Créditos ECTS Créditos ECTS: 3.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 59.5 Horas de Titorías: 3.5 Clase Expositiva: 10.5 Clase Interactiva: 14 Total: 87.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
0.- Datos descritivos da materia
Nome e código:
Materia: Explotación de EDAR e ETAP
Código: P4012-203
Tipo: Optativa
Nº de créditos: 3,5 ECTS
Módulo: 2 (Tratamento de Augas)
Horario: consúltese o horario do Máster (www.usc.es/etse/mena)
Profesorado
Francisco Omil Prieto
Dpto. Enxeñaría Química
Teléfono: 16805
correo-e: francisco.omil [at] usc.es (francisco[dot]omil[at]usc[dot]es)
Idioma
Inglés (a excepción das horas de charlas impartidas polo persoal invitado de administración e empresas).
Tutorías
Martes de 14:00 a 15:00 no despacho 3.1 do departamento de Enxeñaría Química.
1.- Obxectivos
O estudo e coñecemento da materia de “Explotación de EDAR e ETAP” concibiuse desde a perspectiva dun enfoque eminentemente práctico, onde o alumno poida coñecer os fundamentos enxeñeriles e aspectos de arranque e operación de plantas para o tratamento de augas.
Os contidos que se desenvolven no curso son os contemplados de forma sucinta no descriptor da materia recollido no plan de estudos do Máster en Enxeñaría Ambiental:
“Operación de plantas de potabilización, EDAR municipais e industriais: análise de fallos e solucións posibles. Optimización do proceso e aspectos económicos. Retos emerxentes: nutrintes, microcontaminantes, xestión de lodos".
O programa da materia consta de 4 temas básicos, que se detallan a continuación, así coma un programa de seminarios impartido por persoal de empresas de relevancia (tema 0):
PROGRAMA
Tema 0. Conferencias (6 h)
Conferencias impartidas sobre diversas problemáticas do campo das EDAR e ETAP por persoas relevantes do mundo da administración (Augas de Galicia, Xunta de Galicia), empresas de tratamento de augas residuais (Suez-Viaqua, FCC Aqualia), empresas de control de EDAR e ETAP (IDOM), entre outras.
Tema 1. Aspectos éticos, de seguridade, riscos e de mantemento (2 h)
Aspectos éticos. Seguridade e saúde na operación de plantas de tratamiento de augas: riscos físicos, químicos e biolóxicos. O mantemento da maquinaria. Tipos de mantemento: correctivo, preventivo e preditivo.
Tema 2. Estudo e operación de plantas de potabilización (4 h)
Tipos de unidades máis frecuentes en plantas de potabilización. Análise de problemas máis frecuentes de operación en casos concretos. Estudio de custes: inversión e operación. Estudio do diagrama de proceso dunha planta industrial concreta.
Tema 3. Estudo e operación de EDAR municipais (6 h)
Tipos de unidades máis frecuentes en EDAR municipais en Galicia. Problemas máis frecuentes de operación. Cálculos básicos para o deseño de unidades basado na caracterización detallada das augas residuais (fraccionamento). Estudo de custes: inversión e operación. Estudo do diagrama de proceso dunha EDAR concreta.
Tema 4. Estudio e operación de EDAR industriais (8 h)
Tipoloxía das augas residuais industriais. Configuracións de EDAR industriais baseadas en procesos anaerobios. Análise de problemas máis frecuentes de operación en casos concretos. Protocolos de posta en marcha, monitorización y mantenemento. Tratamento das augas do sector do metal e de vertedoiros. Estudio de custes: inversión e operación. Estudio do diagrama de proceso dunha EDAR industrial concreta.
LIBROS BASICOS
• Operation of Municipal Wastewater Treatment Plants: MoP No. 11, Sixth Edition. Water Environment Federation, 2008. ISBN: 9780071543675.
Disponible on-line a través de McGraw Hill Access Engineering: https://www.accessengineeringlibrary.com/content/book/9780071543675
• Metcalf & Eddy Inc. Wastewater Engineering. Treatment and reuse (5ª Ed.) New York: Editorial Mc-Graw Hill Higher Education, 2014. ISBN: 978-1-259-01079-8.
Sinatura ETSE: A213 13 H
LIBROS COMPLEMENTARIOS
• Water Environment Federation. Operation of municipal wastewater treatment plants (5ª Ed.). Virginia: WEF Manual of Practice, 1996. ISBN 1-57278-040-1.
Sinatura ETSE: 214 6 A (1-3)
• LK Wang, YT Hung, HH Lo and C Yapijakis (eds.). Hazardous Industrial Waste Treatment.
Taylor & Francis Group. CRC Press. Boca-Raton, FL (USA) 2006. ISBN 0-8943-7574-6
Sinatura ETSE: A 213-52
• Judd S. The MBR book (2ª Ed.). Amsterdam: Elsevier, 2011. ISBN 978-1-843-39518-8.
Sinatura ETSE: 213 32 A
• Poch, M. y J. M. Lema (Eds) Tecnologías y estrategias para el rediseño de EDAR.
USC: Santiago de Compostela, 2008. ISBN 978-84-691-7741-9.
Sinatura ETSE: 213 45 1
• S. Suárez & J. M. Lema (Eds). Innovative Wastewater Treatment & Resource Recovery Technologies: Impacts on Energy, Economy and Environment. IWA Publishing, 2017. ISBN 978 1780407869.
Sinatura ETSE: A213 62
• Speece, R.E. Anaerobic biotechnology for industrial wastewaters.
Nashville: Archae Press, 1996. ISBN 0-9650226-0-9.
Sinatura ETSE: 213 9
• Van Haandel, A.C. and Lettinga, G. Anaerobic sewage treatment.
Chichester: John Wiley & Sons, 1994. ISBN 0-471-95121-8.
Sinatura ETSE: 213 22
Dacordo co cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Básicas e Xerais
• CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento ou aplicación de ideas, a menudo nun contexto de investigación
• CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio
• CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
• CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
• CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
• G01 - Identificar y enunciar problemas ambientais
Específicas
• E14 - Coñecer en profundidade as tecnoloxías, ferramentas e técnicas no campo da enxeñaría ambiental
• E22 - Organizar e planificar a xestión dun problema ambiental, instalación ou servizo ambiental
• E26 - Xestionar de forma eficiente os recursos e enerxías, fomentando o desenvolvemento e uso de enerxías renovables
• E32 - Comparar e seleccionar alternativas técnicas
• E33 - Identificar tecnoloxías emerxentes
Debido a que esta materia está en período de extinción, non haberá clases regulares.
Ao comezo do curso, facilitarase ao alumnado o seguinte material no campus virtual da materia:
• GUÍA DOCENTE: a guía docente homologada da materia (galego, castelán, inglés).
• PRESENTACIÓNS: as guías-presentacións utilizadas polo profesor nas clases teóricas (formato pdf e vídeos mp4 xerados a partir das presentacións orixinais en ppt).
• MATERIAL COMPLEMENTARIO: para cada tema como lexislación relevante, artigos científicos, ligazóns a páxinas web con contidos de interese (produtos, empresas, etc.)
Ademais, realizaranse titorías individualizadas de xeito presencial ou a través da plataforma MS Teams a petición do alumno.
Debido a que esta materia se atopa en período de extinción, só se realizará unha proba final de acordo co calendario aprobado para a titulación.
O exame constará dunha serie de preguntas breves sobre os contidos do temario da materia.
Non procede
• De acordo coas normas de avaliación telemática, é necesario dispor de micrófono e cámara para a realización de exames telemáticos, ademais de que estes aparellos melloran moito a interacción co profesor.
• Mellorar as competencias informacionais e dixitais cos recursos dispoñibles na USC.
Esta materia pertence ao antigo plan de estudos do Máster en Enxeñaría Ambiental (2a edición) que se impartiu por última vez no curso 2021-22. Durante os vindeiros cursos 2023-24 e 2024-25, os exames só se realizarán para aqueles alumnos que o requiran. Recoméndase contactar co profesorado da materia.
Francisco Omil Prieto
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816805
- Correo electrónico
- francisco.omil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
18.01.2023 18:00-20:00 | Grupo de exame | Aula A8 |
14.06.2023 18:00-20:00 | Grupo de exame | Aula A8 |