Créditos ECTS Créditos ECTS: 3.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 59.5 Horas de Titorías: 3.5 Clase Expositiva: 10.5 Clase Interactiva: 14 Total: 87.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A materia de “Laboratorio de modelización da calidade do aire”, de 3,5 ECTS, enmarcase como materia optativa dentro do Módulo 3 “Monitorización e reducción da contaminación atmosférica”, co obxectivo de abordar de forma práctica as técnicas de modelización aplicadas na avaliación da contaminación atmosférica dentro da práctica profesional.
Os contidos teóricos necesarios para abordar esta materia son proporcionados pola materia obrigatoria do mesmo módulo “Medio ambiente atmosférico e reducción de emisións”.
1.Obxectivos da materia
A materia “Laboratorio de modelización da calidade do aire” pretende facilitar que o alumno practique as técnicas que permiten o cálculo dos fenómenos da atmosfera, como sistema natural de depuración de gases. Para elo, empregará modelos de emisións, meteorolóxicos e de modelos de calidade do aire.
Asi, do resultado desta matéria se derivará que o alumno coñeza as ferramentas e dados necesários para a correcta aplicación dos modelos de calidade do aire e a avaliación das suas resultados.
Os contidos que se desenvolven nos 3,5 ECTS son os contemplados de xeito resumido no descritor da materia no plano de estudos do Máster en Enxeñaría Ambiental, e que son: “Modelos de calidad del aire. Impacto de un nuevo foco. Contaminación fotoquímica. Escenarios multifoco. Inventarios de emisiones atmosféricas. Sistemas de predicción de la contaminación. Tratamiento de efluentes gaseosos”. Tendo en conta que outra materia obrigatoria do Máster xa aborda de xeito práctico o tratamento de efluentes gaseosos na planta piloto, os contidos deste Laboratorio de Modelización da Calidade do Aire centraránse na atmosfera como sistema de depuración.
Estes contidos prácticos desenvolveranse e avaliaránse mediante unha serie de unidades didácticas ou temas de distinta natureza, dependendo das infraestructuras dispoñibles, según se describe de seguido:
Tema 1. Modelos de calidade do aire: Dispersión atmosférica. Vento. Estabilidade atmosférica. Inmisión. Estimación da altura dunha cheminea.
Tema 2. Modelos de calidade do aire: Química atmosférica. Química simple e dispersión atmosférica. Vento. Estabilidade atmosférica. Concentración de fondo. Inmisión.
Tema 3. Modelos de calidade do aire: Química complexa na capa límite atmosférica. Smog fotoquímico. Estabilidade atmosférica. NOx. Ozono troposférico. Compostos orgánicos. Radiación solar. Química nocturna.
Tema 4. Emisións industriais: Estimación e validación. Metodoloxías EMEP/CORINAIR e US EPA. Sistemas de combustión. Industrias de proceso.
Obxectivos específicos
Nesta matéria pretende-se que o alumno resulte capacitado para empregar os modelos de calidade do aire ao uso na resolución de distintos problemas típicos da contaminación atmosférica. Asemade, practicarase a estimación e validación de emisións atmosféricas de orixe industrial.
Bibliografía básica
Jacobson, M.Z. "Atmospheric Pollution". Cambridge University Press, Cambridge, 2002. SINATURA: 222 4.
Zannetti, P. "Air Pollution Modeling". Computational Mechanics Publications, Van Nostrand Reinhold, New York, 1990. SINATURA: A222 7.
Bibliografía complementaria
Jacobson, M.Z. “Fundamentals of Atmospheric Modelling”. Cambridge University Press, Cambridge, 2005. SINATURA: A220 4 A
Ministerio de Industria y Energía. "Manual de cálculo de chimeneas industriales". Servicio de Publicaciones, Miner, 1992.
Vilà-Guerau de Arellano, J., van Heerwaarden, Ch.C., van Stratum, B.J.H., van den Dries, K. “Atmospheric Boundary Layer” Cambridge University Press, New York, 2015. SINATURA: 220 7
Outra documentación
O profesor aportará guións das prácticas e presentacións das mesmas, na lingua de impartición da materia. Tamén aportará documentos técnicos relativos as emisións industriais.
Nesta matéria o alumno adquirirá ou praticará unha série de competéncias xenéricas, desexabeis en calquera titulación universitária, e específicas, próprias da ingeñiería en xeral ou específicas da Enxeñaria Ambiental en particular.Dentro do cuadro de competéncias que se deseñou para a titulación, os alumnos deberán atinxir as seguintes competéncias:
Xerais
CB6 - Posuir e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser oxirinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a menudo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a sua capacidade de resolución de problemas en entornos novos o pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa sua área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, incluia reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
G01 - Identificar e enunciar problemas ambientais.
Específicas
E14 - Coñecer en profundidade as tecnoloxías, ferramentas e técnicas no campo da enxeñaría ambiental.
E17 - Coñecer e deseñar as operacións unitarias aplicables os procesos ambientais.
E19 - Coñecer os procedementos de avaliación de riscos ambientais e tecnolóxicos.
E23 - Deseñar e calcular solucións de enxeñaría a problemas ambientais.
E27 - Modelizar sistemas ambientai tanto naturais como artificiais.
E28 - Realizar estudos de impacto ambiental.
E33 - Identificar tecnoloxías emerxentes.
E41 - Aprender a aprender.
E43 - Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares.
E45 - Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo.
E49 - Tomar decisións considerando globalmente aspectos técnicos, económicos, sociais e ambientais.
Docencia titorizada, nas titorías individuais dos profesores da materia.
A materia contará cunha Aula Virtual, na que publicaránse materiais de estudo complementarios da bibliografía recomendada.
6.1. Sistema de cualificacións
Para todos os alumnos, aplicarase o seguinte sistema de cualificación:
Sistema de cualificación Modo de avaliación Peso na nota global Valor mínimo sobre 10
Exame final Individual 100 % 5,0
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
.
.
.
Jose Antonio Souto Gonzalez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816757
- Correo electrónico
- ja.souto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
23.05.2023 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula A8 |
15.06.2023 18:00-20:00 | Grupo de exame | Aula A8 |