Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo da materia é dotar ao alumnado dos coñecementos necesarios para proxectar instalacións auxiliares de xestión do uso público nos Espazos Naturais Protexidos (ENP), principalmente no relativo á acollida e control de visitantes que fan un uso do espazo con fins lúdicos e educativos. Ditos coñecementos atópanse relacionados cos cometidos propios da especialidade en ENP.
De acordo coa memoria do título, os contidos son os seguintes: Deseño e proxecto de centros de interpretación. Itinerarios ambientais e turísticos. Educación ambiental. Capacidade de acollida. Xestión de visitantes. Relación coa zonificación do parque. Estes contidos desenvolvéranse de acordo có seguinte temario teórico-práctico (cada un dos temas terá unha duración aproximada de 2 horas):
1. Introdución. Espazos Naturais Protexidos: funcións, planificación do uso público, xestión de visitantes (técnicas directas e indirectas), necesidade de infraestruturas e tipoloxía. Xestión pública e privada en espazos naturais.
2. Inventario: visitantes, actividades e infraestruturas. Análise do medio natural e dos recursos culturais e de lecer. Impacto ambiental causado polos visitantes e as infraestruturas.
3. Determinación da capacidade de acollida de visitantes nun ENP: concepto, potencial de acollida, límite de cambio aceptable.
4. Construción e mantemento de infraestruturas: criterios de deseño, recursos humanos e materiais. Sinalización. Xestión do lixo, vandalismo e riscos sobre os usuarios (lumes, caídas de árbores e restos polo vento, avalanchas).
5. Instalacións para a mellora do uso público: accesos, aparcadoiros, camiños, pistas, sendeiros, áreas de lecer, comunicación, aloxamento.
6. Deseño e proxecto de centros de interpretación: funcións, edificacións e equipamento nos centros de visitantes.
7. Itinerarios ambientais e turísticos: rutas guiadas e auto guiadas, lagos artificiais, bens de interese cultural. Xestión da cuberta vexetal.
8. Instalacións para a educación ambiental: aulas da natureza, observatorios, arboredos, etc.
9. Lexislación en materia de infraestruturas en Espazos Naturais Protexidos.
As clases prácticas impartiranse na aula para a resolución de problemas numéricos e supostos prácticos relacionados co temario. Tamén, realizarase unha viaxe para o estudo das infraestruturas e recursos dispoñibles para o uso público nun ENP (duración 5 horas). Finalmente, nas titorías o alumnado poderá consultar todas as dúbidas que precise.
Bibliografía básica
Corraliza, J.A.; García, J.; Valero, E. 2002. Los parques naturales en España: conservación y disfrute. Fundación Alfonso Martín Escudero, Madrid.
Crespo de Nogueira, E. 2002. Espacios naturales protegidos y desarrollo duradero: teoría y gestión. Organismo Autónomo Parques Nacionales, Madrid.
Eagles, P.F.J.; McCool, S.F. Haynes, C.D. 2002. Sustainable tourism in protected areas. Guidelines for planning and management. World Commission on Protected Areas (WCPA). UICN. 183 pp.
EUROPARC-España. 2005. Manual sobre conceptos de uso público en los espacios naturales protegidos. Ed. Fundación Fernando González Bernáldez. Madrid, 94 pp.
James, N.; Green, M.; Paine, J. 1999. A global review of protected area budgets and staff. WCMC-World Conservation Press, Cambridge, UK.
Lee, Th. 2003. Guidelines for management planning of protected areas. Edited by Lee Thomas & Julie Middleton. IUCN, World Conservation Union. Gland, Switzerland, 79 pp.
Lockwood, M. 2009. Governance assessment of terrestrial protected areas: a framework and three case studies. University of Tasmania: Tasmania.
Bibliografía complementaria
Camp, W.G.; Daugherty, T.B.; Kirts, C. 1991. Managing our natural resources (2nd. Ed.). Delmar Publishers Inc., New York.
Drumm, A.; Moore, A. 2002. Desarrollo del ecoturismo. Introducción a la planificación del ecoturismo. The Nature Conservancy, USAID.
Fernández-Manso, A.; San Román, J.M.; Valbuena, M.L. 2005. Nuevos retos de la ordenación del medio natural. Universidad de León, Ponferrada.
Hidalgo, S. 2009. Uso público en los parques naturales de Andalucía. Ed. IDR, Granada.
Junta de Andalucia, Consejería de Medio Ambiente. 2010. AN +20 El desafío de la Gestión de los Espacios Naturales de Andalucía en un mundo cambiante. Una Cuestión de Valores. Documento de Bases.
O alumnado que supere a materia coñecerá:
- COM4-14: Os criterios para o deseño de infraestruturas de uso público nos espazos protexidos.
- COM4-15: As metodoloxías existentes para planificar a xestión de visitantes nos espazos protexidos.
Ademais, será capaz de:
- HAM4-07: Proxectar instalacións auxiliares de xestión do uso público nos espazos protexidos.
- HAM4-08: Proxectar itinerarios ambientais e turísticos nos espazos protexidos.
A materia contribuirá á adquisición da competencia da especialidade:
- CEM4-01: Capacidade para deseñar actuacións de planificación e consevación de espazos protexidos no seu contexto social, coa perspectiva de xestión de ecosistemas e servizos ambientais, nun escenario de cambio global e sustentabilidade.
A ensinanza da materia basease en leccións maxistrais participativas e na formulación-resolución de problemas numéricos e supostos prácticos. Os contidos teóricos da materia, os casos prácticos, e o material complementario que puidera ser de interese, se incluirán no Campus Virtual. Nas clases teóricas e na parte práctica trabállanse as competencias: COM4-14, COM4-15, HAM4-07 y HAM4-08.
Realizarase unha viaxe obrigatoria e avaliable, para o estudo das infraestruturas e recursos dispoñibles para o uso público nun espazo natural protexido.
Elaborarase un traballo, individual e de carácter descritivo sobre as instalacións de uso público dun ENP, que será seleccionado de acordo co profesor. O autor presentará e defenderá o seu traballo de forma oral na aula. No desenvolvemento desta parte da materia, trabállanse as competencias: COM4-14, COM4-15, HAM4-07 y HAM4-08.
Proba escrita (40%): COM4-14, COM4-15, HAM4-07 y HAM4-08 (obrigatorio aprobala para superar a materia)
Traballos entregados e/o expostos (50%): COM4-14, COM4-15, HAM4-07 y HAM4-08
Participación do alumnado nas actividades da aula e asistencia (10%)
Con relación á superación da materia na segunda oportunidade (Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC), as condiciones son idénticas. O alumnado terá que examinarse da parte teórica da materia mediante un examen escrito que será necesario aprobar para superar a materia. As prácticas son de asistencia obrigatoria, así como a viaxe de prácticas. Tamén deberán realizar, aprobar e exponer os traballos prácticos e presentar un resumo da viaxe de prácticas que computará como un traballo máis. O cómputo de cada unha das partes é o seguinte:
Proba escrita (40%): COM4-14, COM4-15, HAM4-07 y HAM4-08 (obrigatorio aprobala para superar a materia)
Traballos entregados e/o expostos (60%): COM4-14, COM4-15, HAM4-07 y HAM4-08
No caso do alumnado repetidor, as condicións serán iguais, non obstante, poderán validar as prácticas e manter a cualificación da avaliación continua do curso anterior.
Os alumnos con dispensa de asistencia a clase concedida pola Comisión de Título segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase, serán avaliados nun exame final na convocatoria oficial de exames que o centro determine. Deberán realizar as prácticas obrigatorias, incluíndo a viaxe, polo que a dispensa só será aplicable ás clases expositivas.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia ten una carga de 3 ECTS. Isto supón un total de 75 horas computables, das cales 24 son presenciais, 1 de realización do exame e 50 correspóndense co traballo persoal do alumno:
a) Distribución da docencia presencial
9 h clases expositivas
12 h clases interactivas
3 h de titorías individuais
b) Traballo persoal do alumno. En total, o alumno debe dedicar 50 horas ao estudo dos contidos da materia e á comprensión e realización dos traballos prácticos:
22 h de estudo da docencia expositiva
14 h de preparación e realización de prácticas e traballos
14 h de realización de exercicios individuais ou en grupo
Recoméndase a asistencia e participación activa nas clases, así como, a consulta das dúbidas nas titorías. Tamén é moi importante completar os contidos das clases mediante a consulta da bibliografía e outros recursos recomendados polo profesor. É moi recomendable realizar a exposición en clase de algún dos traballos prácticos.
"Materia en extinción en el curso 2025/26, sin docencia pero con pleno derecho a la evaluación con el sistema especificado para estudiantes repetidores."
Ignacio Javier Diaz-Maroto Hidalgo
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- ignacio.diazmaroto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario de Construción (Pav.II-PBS) |