Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional, Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Ecoloxía, Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo desta materia é que o alumnado aprenda os principios básicos que regulan o crecemento e a evolución dos bosques naturais e as metodoloxías de análise de datos que require este tipo de procesos para que sexa capaz de, a partir dese coñecemento e de datos reais, desenvolver modelos sinxelos que permitan simular dita evolución.
Os contidos da materia recollidos na memoria da titulación son:
Estrutura e desenvolvemento de modelos de árbore individual. Tipos e compoñentes dos modelos de ecosistemas forestais. Arquitectura de simuladores informáticos de ecosistemas forestais.
Estes contidos desenvolveranse seguindo o seguinte programa:
Programa de teoría:
Tema 1. Estrutura Forestal
Tema 2. Índices de competencia
Tema 3. Modelos de clases de dimensión
Tema 4. Modelos de árbore individual
Tema 5. Ecuacións de mortalidade
Tema 6. Rexeneración y recrutamento
Tema 7. Sistemas ecolóxicos e modelos. Tipoloxías
Tema 8. Bases da construción e programación de modelos baseados en procesos
Tema 9. Modelos simples. Análise e programación en R
Tema 10. Modelo de ecosistemas forestais de McMurtrie e Wolf. Análise e programación en R
Tema 11. Modelo de ecosistema forestal 3PG. Análise e emprego dun modelo de procesos complexo
Programa de prácticas:
Na parte práctica da materia construiranse modelos utilizando a linguaxe de ordenador R para poñer en práctica os conceptos que se discuten na parte teórica. Tamén se analizará comparativamente a arquitectura de distintos modelos actualmente en uso. O traballo centrarase en dous grandes grupos de modelos:
- Modelos empíricos de crecemento e produción apropiados para masas multiespecíficas e irregulares.
- Modelos de tipo ecosistémico, que incorporan procesos ecolóxicos, ecofisiolóxicos e ambientais.
Cada un dos temas propostos terá unha dedicación aproximada de 2 horas de docencia presencial incluíndo ás partes teóricas e prácticas. Nesta materia non haberá unha separación temporal entre a teoría e a práctica porque os conceptos teóricos aplícanse inmediatamente empregándose a linguaxe de computación R.
Bibliografía básica
Clutter, J.L.; Fortson, J.C.; Pienaar, L.V.; Brister, G.H.; Bailey, R.L. 1983. Timber management: a quantitative approach. Krieger Publishing Company, Malabar (Florida) (reprint ed. 1992) (ref. BUSC Intercentros: CASI 596).
Gadow, K.v., Real, P., Álvarez-González, J.G., 2001. Modelización del crecimiento y evolución de los bosques. IUFRO World Series Vol. 12, 242 p.
Landsberg, J; Sands, P (2011). Physiological ecology of forest production. Principles, processes and models (Series: Terrestrial Ecology Series, num. 4, ser. eds. Ehleringer, J R; MacMahon, J; Turner, M. G.). Elsevier, Amsterdam.
Robinson, A P; Hamman, J. D., 2010. Forest analysis with R. An introduction (Series: Use R!, ser. eds. Gentleman, R; Hornik, K; Parmigiani, G). Springer, New York.
Bibliografía complementaria
Kiviste, A., Álvarez González, J.G., Rojo Alboreca, A., Ruiz González, A.D., 2002. Funciones de crecimiento de aplicación en el ámbito forestal. Monografías INIA: Forestal Nº. 4., Madrid, 190 p.
Oliver, C.D., Larson, B.C., 1996. Forest Stand Dynamics, Updated Edition. John Wiley and Sons, New York, 544 p.
Pretzsch, H (2009). Forest dynamics, growth and yield. Springer Verlag, Berlin.
Vanclay, J.K., 1994. Modelling forest growth and yield: application to mixed tropical forests. CAB International, UK.
van Laar, A., Akça, A., 1997. Forest mensuration. Cuvillier, Göttingen, 418 p.
Weiskittel, A.R., Hann, D.W., Kershaw, J.A., Vanclay, J.K., 2011. Forest Growth and Yield Modeling. John Wiley and Sons.
Quen supere esta materia, coñecerá:
- COM6-03: A tipoloxía de modelos de crecemento e produción para a xestión de masas irregulares.
- COM6-04: A tipoloxía e a estrutura de modelos de ecosistemas forestais.
Ademais, será capaz de:
- HAM6-03: Desenvolver modelos de crecemento para rodales irregulares empregando unha linguaxe de computación.
- HAM6-04: Desenvolver modelos de ecosistemas forestais sinxelos e analizar a estrutura de modelos máis complexos.
Esta materia contribuirá a que se adquira a competencia da especialidade:
- CEM6-01: Capacidade para desenvolver modelos de crecemento e produción de sistemas forestais e implementalos en simuladores informáticos para realizar predicións
Docencia presencial
• Clases na aula de informática. Nelas expoñerase o temario teórico da materia e faranse exercicios que ilustren a teoría e permitan ós alumnos aprender a empregar as técnicas e conceptos estudados na teoría. (COM6-03, COM6-04, HAM6-03, HAM6-04 e CEM6-01)
• Titorías persoais. Os alumnos poderán discutir cos profesores as dificultades ou cuestións xurdidas no traballo de clase, durante a realización de exercicios ou na elaboración dos casos prácticos propostos.
• Emprego do Campus Virtual como ferramenta de apoio á docencia. Alí estarán dispoñibles os materiais necesarios para a realización dos exercicios e os traballos de curso e tamén o material de apoio ás ensinanzas teóricas (parte do material estará en inglés).
Traballo persoal do alumno
• Resolución de exercicios e problemas semellantes ós da clase para que o alumnado poda traballar fóra da aula para fortalecer o seu coñecemento e descubrir as súas dificultades coa materia. (COM6-03, COM6-04, HAM6-03, HAM6-04 e CEM6-01)
• Casos prácticos de análise de datos. O profesor subministrará datos obtidos en diversos estudios no ámbito forestal para que o alumnado os analice de forma autónoma empregando as técnicas estatísticas aprendidas na materia. Os estudantes redactarán un informe no que se explique o traballo feito, se expoñan os resultados e se discutan as conclusións do alumno. Este informe será parte da avaliación da materia. (COM6-03, COM6-04, HAM6-03, HAM6-04 e CEM6-01)
Proba escrita (50%): HAM6-03, HAM6-04 e CEM6-01.
Traballos presentados (50%): COM6-03, COM6-04, HAM6-03, HAM6-04 e CEM6-01.
A realización das actividades propostas é obrigatoria para a superación da materia. A proba escrita empregarase para avaliar o coñecemento e dominio das metodoloxías de modelización, mentres que no traballo a presentar o alumno empregará todos os coñecementos adquiridos para resolver un caso práctico proposto polo profesor sobre datos reais.
A proba escrita realizarase nas datas establecidas no calendario oficial de exames. O prazo de entrega dos traballos rematará unha semana antes da data do exame.
Os criterios de avaliación serán os mesmos para tódolos alumnos, novos e repetidores, tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria. As persoas con dispensa de asistencia terán que realizar os exercicios propostos, entregar os traballos solicitados como parte da avaliación e facer a proba escrita, igual ca o resto do alumnado.
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela", terán que realizar os exercicios propostos, entregar os traballos solicitados como parte da avaliación e facer a proba escrita, igual ca o resto do alumnado. Só será obrigada a asistencia presencial á proba escrita e á revisión das cualificacións.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Cada hora de traballo presencial co profesor debería ser correspondido con outras dúas horas de traballo do alumno. É moi importante realizar os exercicios propostos porque son os que permiten afianzar os conceptos explicados na clase e descubrir dificultades insospeitadas no se u emprego.
Os coñecemento necesarios de programación na linguaxe R adquírense na materia Desenvolvemento e validación de modelos, polo que é preciso que o alumno a teña cursado previamente.
É moi conveniente que as persoas que cursen esta materia revisen os coñecementos sobre estatística, álxebra matricial, ecoloxía e selvicultura que recibiron durante os seus estudios de grao.
Non hai
Juan Gabriel Alvarez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- juangabriel.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carlos Real Rodriguez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- carlos.real [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 5 (Aulario 2) |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán, Galego | Aula 5 (Aulario 2) |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |