Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Dar a coñecer ao futuro Máster os contidos e ferramentas básicos da Mellora Xenética Forestal e exporlle o panorama actual da investigación en mellora forestal, enfocado especialmente no ámbito forestal español.
Contidos xerais: Bases moleculares da herdanza. Xenética mendeliana. Estrutura xenética das poboacións de plantas. Sistemas reprodutivos. Mapas xenéticos. Marcadores xenéticos. Modelo aditivo. Herdabilidade e resposta á selección. QTLs e selección aistida por marcadores. Programas de mellora, Poboacións base. Selección masal fenotípica. Ensaios xenéticos. Bancos de xermoplasma. Mellora xenética forestal en España. Biotecnoloxía: Cultivo in vitro de células e tecidos vexetais. Enxeñería xenética.
Temas Teoría: (Aproximadamente 45 minutos presenciais por tema (12 horas) e 150 minutos non presenciais/tema (39 horas). incluíndo exercicios e preparación de probas.
SECCIÓN I: Principios Básicos da mellora (3 horas)
1) Bases Moleculares da Herdanza. Cromosomas, Recombinación e Xenética Mendeliana
2) Marcadores Xenéticos: Morfolóxicos, Bioquímicos e Moleculares
3) Xenética Cuantitativa: Caracteres Polixénicos, Herdabilidade, Correlacións Xenéticas
4) Variación Intrapoboación. Variación Xeográfica- Razas, Clines e Ecotipo.
SECCIÓN II: Mellora Xenética Forestal (6 horas)
1) Programas de mellora- Estrutura, Concepto, Importancia, aspectos económicos
2) Poboacións Base: Especies, Híbridos, Fontes de semente
3) Selección Masal Fenotípica – Gañancia Xenética, Caracteres Susceptibles de Mellora: de crecemento, morfolóxicos, tecnolóxicos, adaptativos, de resistencia, Correlación Xuvenil-Adulto
4) Ensaios xenéticos: Hortas de semente. Ensaios de procedencias. Introdución de especies
5) Análise de datos: Modelos, Compoñentes da Varianza, Valor Reprodutivo
6) Desenvolvemento: Variedades de Polinización Aberta, Familias de Irmáns Completos, Clons, Híbridos artificiais
7) Bancos de Xermoplasma: in situ, ex situ
8) MXF en España: Masas naturais, rexións de procedencia, sistemas de produción de MFR, normativa, programas
SECCIÓN III: Biotecnoloxía (3 horas)
1) Xenómica (e outras –ómicas). Análise Funcional dos Xenes
2) Selección e Mellora Mediante Marcadores
3) Cultivo in Vitro de Células e Tecidos Vexetais
4) Enxeñería Xenética: Caracteres obxectivo, Transformación e Rexeneración
Clases Interactivas (Prácticas): (TOTAL: 12 horas presenciais e 9 horas non presenciais)
Prácticas de laboratorio (Cultivo in vitro, microenxerto) (8 horas presenciais)
Práctica de Campo: Visita Horta de Sementes e Rodal Selecto (4 horas)
Bibliografía básica
White et al. (2007). Forest Genetics. CABI
Bibliografía complementaria
Shri Mohan Jain and P.M. Priyadarshan (Eds.) (2008). Breeding plantation tree crops : Temperate species New York ; London : Springer, 2008
Pâques, LE (2013) Forest Tree Breeding in Europe: Current State-of-the-Art and Perspectives. Springer Science & Business Media
Básicas
CB 6 Posuir e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de seren orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas, a cotío nun contexto de investigación.
CB 8 Que os estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais, e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos.
CB 9 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun xeito craro e sen ambigüedades
Xerais
CG 6 Capacidade para o desenvolvemento de técnicas e proxectos no campo da xenética forestal
Transversais
CT 1 Capacidade de análise e síntese
CT 2 Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT 3 Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
CT 4 Capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de forma colectiva
CT 5 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT 6 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT 7 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma crara, concisa e coherente
CT 10 Utilización de información bibliográfica e de Internet
CT 11 Utilización de información en lingua extranxeira
CT 12 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Específicas
CE 10 Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en mellora xenética forestal
ESCENARIO 1
A docencia expositiva (grupos grandes) (12 horas) levarase a cabo conxugando a lección maxistral co método dialéctico, en función das necesidades en cada caso. A materia levará asociada unha aula virtual que servirá para achegar documentación, desenvolver actividades on line e como medio de comunicación profesor/alumnos.
A docencia interactiva (12 horas) constará de:
-Actividades en laboratorio (micropropagación/microenxerto) (8 horas)
-Práctica de campo: Viaxe de Prácticas a unha Horta de Sementes ou Ensaio de Procedencias. Xustificación: A práctica permite observar in situ un ensaio xenético real dentro dun programa de mellora. (4 horas)
Outros: A estas actividades irán asociados exercicios complementarios para que o alumno os elabore pola súa conta: resolución de problemas, análise crítica de artigos científicos, elaboración dun tema para exposición na aula, buscas de información on line sobre temas específicos e informes de prácticas.
ESCENARIO 2
A docencia expositiva impartirase online mediante a Plataforma MS Teams, de forma síncrona e seguindo os horarios oficiais. Primará a lección maxistral.
A docencia interactiva será presencial, nas condición establecidas no Escenario 1.
A actividade de exposición dun tema na aula por parte do alumno será substituída por una exposición online ante toda a clase, mediante o uso da Plataforma MS Teams, en horario de prácticas.
ESCENARIO 3
Tanto docencia expositiva (condicións do Escenario 2) como interactiva se realizarán on line.
As actividades de laboratorio serán substituídas por sesións online dende o laboratorio, de forma síncrona, nos horarios oficiais, readaptando ás novas condicións os contidos tratados, e propoñendo actividades de reforzo das prácticas a través da Aula Virtual.
A práctica de campo será substituída por un traballo a entregar polo alumno que cubra no posible os contidos tratados nesta en condicións de Escenario 1 e 2.
ESCENARIO 1
O sistema de avaliación básico é por avaliación continua. A realización íntegra das prácticas (incluída a viaxe) e a asistencia ás clases teóricas (>85%) son obrigatorias para superar a materia. Non cumplir os mínimos de asistencia implica a imposibilidade de realizar o exame final, tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria.
Cando o estudante segue a modalidade de avaliación continua, pero a cualificación obtida non é suficiente para superar a materia, poderá realizar o Exame Final, ben da totalidade dos contidos ou só dalguna/s parte/s.
Aqueles alumnos que únicamente sexan avaliados mediante Exame Final e non teñan participado polo menos nun 80% das tarefas e probas propostas poden acadar unha puntuación máxima de 8,0.
-Sistema de avaliación (Competencias):Peso na cualificación
-Participación nas clases expositivas e interactivas (CB 6; CT 1, 2, 4): 10%
-Avaliacións periódicas (CG 6;CE 10): 30%
-Realización de actividades propostas, presenciais ou en aula virtual. Elaboración e presentación na clase dun tema (CB 6, 8, 9; CG 6; CT 1-3, 5-7, 10-12; CE 10): 45%
-Informes de prácticas (CB 6; CG 6; CT 1, 6; CE 10): 15%
-Exame final -se non supera avaliación continua- (CG 6; CE 10): ata 75%
Alumnos repetidores
No caso dos alumnos repetidores, estes estarán exentos da asistencia ás prácticas que teñan superado no ano anterior (de laboratorio e práctica de campo (viaxe)). Terían polo tanto, unha nova oportunidade de seren avaliados de xeito continuo na participación, nas probas parciais e nas actividades propostas presencias ou na aula virtual, ademáis do exame final.
CONDICIÓNS DE DISPENSA DE ASISTENCIA
A dispensa de asistencia nesta materia, para aqueles alumnos que cumpran os requisitos, é parcial, abranguendo a parte teórica, sendo requisito indispensable a asistencia presencial (Escenario 1 e 2) ou on-line (Escenario 3) ás prácticas (>85%).
No que atinxe á parte teórica, o alumno pode optar por realizar as actividades e probas parciais propostas para a avaliación continua, dentro dos prazos definidos para cada actividade e proba (nas probas, non se establecerá un horario especial para alumnos con dispensa), e será avaliado nas mesmas condicións que se mencionaron previamente para este tipo de avaliación. Se únicamente é avaliado mediante Exame Final, este terá unha nota máxima de 10 e o seu peso na avaliación será do 75%.
ESCENARIO 2
A asistencia ás clases on-line (teóricas) e presenciais (prácticas) é obrigatoria, nas mesmas condicións que para o Escenario 1. Nas clases teóricas, utilizaranse as ferramentas on-line necesarias para verificar dita asistencia.
Os elementos da avaliación continua, competencias avaliadas, peso na cualificación final e outras indicacións relativas a cada elemento son idénticos aos expostos no Escenario 1, excepto:
1) A participación nas leccións durante a clases teóricas limitarase á asistencia, e reducirase ao 5% do peso da cualificación, e non haberá avaliación de destrezas.
2) A realización de actividades propostas en Aula Virtual aumenta ata o 50% da cualificación final.
Exame final: Mesmas condicións que para o Escenario 1.
ESCENARIO 3
A asistencia ás clases on-line teóricas e prácticas é obrigatoria, nas mesmas condicións que para o Escenario 1. Utilizaranse as ferramentas on-line necesarias para verificar dita asistencia.
Os elementos da avaliación continua, competencias avaliadas, peso na cualificación final e outras indicacións relativas a cada elemento son idénticos aos expostos no Escenario 1, excepto:
1) A participación nas leccións durante a clases teóricas limitarase á asistencia, e reducirase ao 5% do peso da cualificación, e non haberá avaliación de destrezas
2) A realización de actividades propostas en Aula Virtual aumenta ata o 50% da cualificación final.
3) Os informes de prácticas serán substituídos por actividades complementarias ás prácticas, mantendo un peso do 15 % da nota final
Exame final: Mesmas condicións que para o Escenario 1.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
48 horas (16 horas por cada crédito ECTS)
Unha distribución aproximada dese traballo sería:
Leitura e preparación de temas 15 h
Realización de exercicios 12 h
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas 9 h
Preparación de probas de avaliación 12 h
Levala ao día.
Acudir a Tutorías.
Realizar os exercicios propostos para a avaliación continua.
Consultar a bibliografía aconsellada.
PLAN DE CONTINXENCIA
Adaptacións correspondentes aos apartados de Metodoloxía da ensinanza e Sistema de avaliación previstas para os Escenarios 2 e 3.
Adaptacións da Metodoloxía da ensinanza
ESCENARIO 2
A docencia expositiva impartirase online mediante a Plataforma MS Teams, de forma síncrona e seguindo os horarios oficiais. Primará a lección maxistral.
A docencia interactiva será presencial, nas condición establecidas no Escenario 1.
A actividade de exposición dun tema na aula por parte do alumno será substituída por una exposición online ante toda a clase, mediante o uso da Plataforma MS Teams, en horario de prácticas.
ESCENARIO 3
Tanto docencia expositiva (condicións do Escenario 2) como interactiva se realizarán on line.
As actividades de laboratorio serán substituídas por sesións online dende o laboratorio, de forma síncrona, nos horarios oficiais, readaptando ás novas condicións os contidos tratados, e propoñendo actividades de reforzo das prácticas a través da Aula Virtual.
A práctica de campo será substituída por un traballo a entregar polo alumno que cubra no posible os contados tratados nesta en condicións de Escenario 1 e 2.
Adaptacións do Sistema de Avaliación
ESCENARIO 2
A asistencia ás clases on-line (teóricas) e presenciais (prácticas) é obrigatoria, nas mesmas condicións que para o Escenario 1. Nas clases teóricas, utilizaranse as ferramentas on-line necesarias para verificar dita asistencia.
Os elementos da avaliación continua, competencias avaliadas, peso na cualificación final e outras indicacións relativas a cada elemento son idénticos aos expostos no Escenario 1, excepto:
1) A participación nas leccións durante a clases teóricas limitarase á asistencia, e reducirase ao 5% do peso da cualificación, e non haberá avaliación de destrezas.
2) A realización de actividades propostas en Aula Virtual aumenta ata o 50% da cualificación final.
Exame final: Mesmas condicións que para o Escenario 1.
ESCENARIO 3
A asistencia ás clases on-line teóricas e prácticas é obrigatoria, nas mesmas condicións que para o Escenario 1. Utilizaranse as ferramentas on-line necesarias para verificar dita asistencia.
Os elementos da avaliación continua, competencias avaliadas, peso na cualificación final e outras indicacións relativas a cada elemento son idénticos aos expostos no Escenario 1, excepto:
1) A participación nas leccións durante a clases teóricas limitarase á asistencia, e reducirase ao 5% do peso da cualificación, e non haberá avaliación de destrezas
2) A realización de actividades propostas en Aula Virtual aumenta ata o 50% da cualificación final.
3) Os informes de prácticas serán substituídos por actividades complementarias ás prácticas, mantendo un peso do 15 % da nota final
Exame final: Mesmas condicións que para o Escenario 1.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Juan Luis Fernández Lorenzo
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- juanluis.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 6 (Aulario 2) |
Martes | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 6 (Aulario 2) |
18.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 (Aulario 1) |
05.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 (Aulario 1) |