Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer aspectos xerais relacionados coa deshidratación de alimentos.
- Coñecer a importancia do secado estático no deseño dos equipos.
- Comprender os fundamentos básicos dos mecanismos de transporte implicados.
- Coñecer a importancia da selección de métodos de deshidratación para obter produtos de calidade óptima na rehidratación.
Teoría:
1.- Introdución á deshidratación dos alimentos: Técnicas de eliminación de auga. Métodos convencionais e novas tecnoloxías.
2.- Secado estático: actividade hídrica. Medición e previsión experimental. Isotermas de sorción (desorción/adsorción). Aplicacións
3.- Mecanismos de transferencia e modelos cinéticos. Selección de métodos de deshidratación. Importancia da rehidratación. Aplicacións
4.- Equipos de deshidratación utilizados na industria alimentaria. Introdución ao deseño de equipos.
Prácticas:
Medidas experimentais de isotermas de sorción, cinética de secado e/ou rehidratación dos alimentos. Obtención de coeficientes de difusión e parámetros cinéticos.
A) Básica:
- FITO MAUPOEY, P. et al., 2001. Introducción al secado de alimentos por aire caliente. Valencia: Universidad Politécnica de Valencia. ISBN 9788497050258. Referencia: ALT 310 e ALT 311
- KUDRA, T. e MUJUMDAR, A.S., 2009. Advanced Drying Technologies. 2ª ed. Boca Ratón: CRC Press. ISBN 9781420073874 Referencia: QUT 406
B) Complementaria:
- CHENG, D.C. e MUJUMDAR, A.S., 2008. Drying Technologies in Food Processing. Oxford: Blackwell ISBN: 978-1-4051-5763-6. Referencia: ALT 100
- TSOTSAS, E. e MUJUMDAR, A.S., 2009. Modern Drying Technology, v.2. Weinheim, Germany: Wiley-VCH. ISBN 978-3-527-31557-4 (v. 2). Referencia: ALT 583
- VAN’T LAND, C.M., 2012. Drying in the Process Industry. New Jersey: Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-470-13117-6. Referencia: QUT 408
C) Recursos online:
http://www.rpaulsingh.com/learning/virtual/virtual.html
Básicas e Xerais:
CB7 - Que os estudantes apliquen os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en ambientes novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB10 - Que os estudantes teñan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito que sexa en gran parte autodirixido ou autónomo
CG7 - Coñecemento de novos procesos, métodos e tecnoloxías con aplicacións específicas na industria alimentaria.
Transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT3 - Capacidade para traballar en equipo.
CT5 - Capacidade para utilizar tecnoloxías da información e comunicación.
CT6 - Capacidade para buscar, analizar e xestionar información de diversas fontes.
CT7 - Capacidade para resolver problemas.
CT9 - Capacidade para transmitir coñecementos.
CT12 - Capacidade para usar, de xeito puntual, información complementaria nunha lingua estranxeira, principalmente en lingua inglesa
Específicas da Optativa:
CEOP6: Coñecemento dos fundamentos, mecanismos de transporte e modelos nos procesos de deshidratación/rehidratación dos alimentos.
De acordo cos escenarios 1, 2 e 3, definidos nas “Directrices para ou desenvolvemento dunha docencia presencial segura”:
-Escenario 1: docencia expositiva e interactiva presencial
-Escenario 2: conviven a docencia presencial e virtual de acordo co calendario e horarios establecidos polo centro
-Escenario 3: docencia completamente virtual
As metodoloxías docentes adaptaranse ao tres escenarios da seguinte forma:
Escenario 1:
A consecución dunha formación específica do estudante basease nas clases teóricas de tipo expositivo (12 horas) onde se explican os fundamentos teóricos da materia e se resolven exercicios e problemas, especialmente centrados nos procesos de deshidratación e rehidratación de alimentos, que serven para aplicar os coñecementos teóricos.
A realización dos seminarios (2 horas) e as actividades/traballos son obrigatorias; permiten a adquisición de competencias xerais e específicas da materia.
Realizaranse titorías individuais para aclarar problemas particulares de cada alumno e titorías obrigatorias con grupos reducidos (2 horas) para traballar temas específicos.
Co programa de prácticas de laboratorio (8 horas) refórzase a habilidade de poñer os coñecementos teóricos na súa aplicación práctica e a elaboración de documentos científico-técnicos.
Usaranse ferramentas informáticas de apoio á docencia e para resolución de problemas (presentacións multimedia e traballo con follas de cálculo).
Ademais usarase como apoio o Campus Virtual da USC.
Todas as actividades docentes serán presenciais (excepto o traballo en grupo), a no ser que as autoridades competentes establezan a obriga de realizar, total ou parcialmente, as actividades en remoto (telemáticamente).
Escenarios 2 y 3:
*Plan de continxencia para actividades docentes en remoto.
Levaranse a cabo de xeito síncrono/asíncrono e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Ms Teams. Para a docencia en remoto o estudante deberá dispoñer de ordenador (ou tablet, etc.) e de conexión a internet.
Debido á natureza e contidos desta materia, así como á metodoloxía empregada, as principais diferenzas entre a docencia presencial e a docencia en remoto serían:
- Clases expositivas e Titorías en grupo se realizarán por sesións online usando Ms Teams.
- Seminarios e Prácticas de laboratorio é preciso empregar Excel, que estará a disposición dos estudantes na versión de Office 365 a través do dominio @rai.usc.es, e o recurso online proposto na bibliografía. Nos seminarios requirirase unha tarefa síncrona. Se as sesións de laboratorio non poden ser presenciais substituiranse por explicacións e entregas de tarefas relacionadas cos procedementos experimentais previstos.
- Os traballos en grupos requiren a busca de información, que poderán atopar nos libros dispoñibles na biblioteca en formato online e información seleccionada de internet. Para a exposición dos traballos usarase Ms Teams.
Ademais, no Campus Virtual estará dispoñible un foro que servirá para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente. Así, as titorías individuais poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms Teams ou ben mediante un correo electrónico.
De acordo cos escenarios 1, 2 e 3, definidos nas “Directrices para ou desenvolvemento dunha docencia presencial segura”, o sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente do tipo de ensino empregado (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación se realizarán, segundo o establecido polas autoridades competentes, xa sexa de forma presencial na aula ou de forma remota. a través dos medios telemáticos dispoñibles na USC.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Realizarase un seguimento da aprendizaxe co estudo de casos prácticos e actividades a resolver, presencialmente ou non, individualmente ou por grupos. Farase a lo menos un exame.
A cualificación final do estudante considerará tanto o resultado do exame (40%) como das actividades obrigatorias realizadas durante o curso (seminarios, actividades/traballo e titorías en grupo (30%), prácticas de laboratorio: 30%).
Nos seminarios, actividades/traballo e titorías avaliaranse as seguintes competencias:
Seminarios: CB7, CB10, CT7.
Actividades/traballo e Titorías: CB10, CT6, CT9, CT12.
Nas prácticas de laboratorio terase en conta o traballo no laboratorio e presentarase un breve informe das prácticas realizadas, avaliaranse as seguintes competencias: CG7, CB7, CT1, CT3, CT5, CT6, CT12.
No exame final da materia avaliaranse as competencias específicas da materia CEOP6.
O estudante debe realizar obrigatoriamente e obter unha nota mínima de 4 (sobre 10) en cada unha das partes avaliables (exame, seminarios, actividades/traballo, titorías e prácticas de laboratorio).
No caso de non superar a materia na primeira oportunidade (mínimo 5), o estudante avaliarase na segunda oportunidade de soamente o apartado exame (teoría e/ou problemas) manténdose as cualificacións da avaliación continua. As prácticas de laboratorio non se poderán repetir para a segunda oportunidade.
A non asistencia a algunha das horas presenciais obrigatorias (seminarios, titorías, actividades/traballo, prácticas de laboratorio e exame final) impedirá a superación da materia tanto na primeira oportunidade do semestre coma na segunda.
Unicamente os estudantes que non teñan realizado ningunha das actividades presenciais poderán obter a cualificación final de Non Presentado.
É obrigatoria a asistencia e realización dos seminarios, titorías, actividades/traballo, prácticas de laboratorio e exame.
O estudante debe levar ao día a materia para poder entender e realizar posteriormente as cuestións e os problemas que se propoñan na clase.
Así, estímase que o estudante deberá empregar un total de 51 horas de traballo persoal para completar un total de 75 horas adicadas á materia (8 horas para a docencia expositiva, 4 horas para as prácticas, 11 horas para os seminarios e 28 horas para as titorías).
O estudante deberá realizar pola súa conta os exercicios prácticos, tanto os resoltos na aula como os propostos como traballo persoal.
É necesario dominar a folla de cálculo Excel ou similares.
As clases serán impartidas en español e/ou galego.
A admisión de alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que coñezan e cumpran as Normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas, da Universidade de Santiago de Compostela. A devandita información atópase dispoñible na páxina web da USC:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sprl/desca…
Debe facerse uso da máscara durante o tempo de permanencia do estudante no Centro. Síganse escrupulosamente todas as indicacións das autoridades sanitarias e da propia USC, para a protección da saúde do Covid-19. Úsese máscara, aplíquese hidroxel ou lávense as mans con auga e xabón seguindo as indicacións e cando sexa posible auméntese a distancia co resto dos compañeiros e profesor na aula.
METODOLOXÍA
De acordo cos escenarios 1, 2 e 3, definidos nas "Directrices para ou desenvolvemento dunha docencia presencial segura":
-Escenario 1: docencia expositiva e interactiva presencial
-Escenario 2: conviven a docencia presencial e virtual de acordo co calendario e horarios establecidos polo centro
-Escenario 3: docencia completamente virtual
As metodoloxías docentes adaptaranse aos escenarios 2 e 3 da seguinte forma:
*PLAN DE CONTINXENCIA para actividades docentes en remoto.
Levaranse a cabo de xeito síncrono/asíncrono e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Ms Teams. Para a docencia en remoto o estudante deberá dispoñer de ordenador (ou tablet, etc.) e de conexión a internet.
Debido á natureza e contidos desta materia, así como á metodoloxía empregada, as principais diferenzas entre a docencia presencial e a docencia en remoto serían:
- Clases expositivas e Titorías en grupo se realizarán por sesións online usando Ms Teams.
- Seminarios e Prácticas de laboratorio é preciso empregar Excel, que estará a disposición dos estudantes na versión de Office 365 a través do dominio @rai.usc.es, e o recurso online proposto na bibliografía. Nos seminarios requerirase unha tarefa síncrona. Se as sesións de laboratorio non poden ser presenciais substituiranse por explicacións e entregas de tarefas relacionadas cos procedementos experimentais previstos.
- Os traballos en grupos requieren a busca de información, que poderán atopar nos libros dispoñibles na biblioteca en formato online e información seleccionada de internet. Para a exposición dos traballos usarase Ms Teams.
Ademais, no Campus Virtual estará dispoñible un foro que servirá para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente. Así, as titorías individuais poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms Teams ou ben mediante un correo electrónico.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
De acordo cos escenarios 1, 2 e 3, definidos nas “Directrices para ou desenvolvemento dunha docencia presencial segura”, o sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente do tipo de ensino empregado (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación se realizarán, segundo o establecido polas autoridades competentes, xa sexa de forma presencial na aula ou de forma remota. a través dos medios telemáticos dispoñibles na USC.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
María José Vázquez Vila
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- mariaj.vazquez.vila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | -1P AULA 1 SEMISOTO |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | -1P AULA 1 SEMISOTO |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | -1P AULA 1 SEMISOTO |
21.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | -1P AULA 1 SEMISOTO |
29.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | -1P AULA 1 SEMISOTO |