Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
• Ser capaz de desenvolver un sistema de xestión da calidade segundo modelos previamente estudiados
• Ser capaz de interpretar a documentación dun sistema de xestión da calidade
• Ser capaz de extraer información útil en termino de posta en marcha dun programa de certificación da calidade
• Ser capaz de implantar os criterios adecuados para a aplicación de normas especificas de seguridade alimentaria
TEORÍA
• Concepto de calidade. Sistemas de xestión da calidade
• Documentación dun sistema de xestión da calidade
• Control da calidade dos alimentos. Ferramentas empregadas no control da calidade
• Certificación dos sistemas de calidade. Requisitos e procedementos
• Criterios de calidade. Avaliación da calidade dos alimentos
• Protocolos específicos da calidade
PRÁCTICAS
• Estruturación da documentación dun sistema de xestión da calidade
• Ferramentas estatísticas avanzadas na mellora continua da calidade
Realizaranse visitas a empresas alimentarias. O número de visitas estará suxeito á capacidade e á dispoñibilidade orzamentaria.
BÁSICA
• Calidad y seguridad en el sector agroalimentario. J. A. Serra Belenguer, I. Fernández Segovia. Ed. Univ. Politécnica de Valencia, 2010.
• Sistemas de gestión: calidad y seguridad en la industria agroalimentaria. E. Doménech Antich. Ed. Univ. Politécnica de Valencia, 2013.
• Gestión integral de la calidad: implantación, control y certificación. Ll. Cuatrecasas. Ed. Gestió, 2010.
• Guía de métodos estadísticos en calidad y seguridad alimentaria. L. J. R. Barron, E. Aguirre Basurko. Amazon, 2011.
COMPLEMENTARIA
• Teoría y practica de la calidad. M. Sangüesa, R. Mateo, L. Ilzarbe. Paraninfo 2011
• Gestión y control de la calidad. M.A. Sebastián, V. Bargueño, V. J. Novo. Uned cuadernos 2008
• Control estadístico de la calidad y seis sigma. H. Gutierrez, R. de la Vara
• Como documentar un Sistema de Gestión de Calidad según ISO 9001:2015. P. López Lemos. FC Editorial 2015
BÁSICAS Y GENERALES:
CB7: cos estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en medios novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio
CB9:cos estudiantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razón últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CG3: capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento
CG5: capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade
TRANSVERSAIS
CT1: capacidade de análise e síntese
CT2: capacidade para organizar e planificar
CT5: capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación
CT6: capacidade para buscar, analizar, xestionar a información provinte de fontes diversas
CT8: capacidade para tomar decisión
CT10: capacidade para o razoamento crítico e a argumentación e a capacidade autocrítica
ESPECÍFICAS
CE3: coñecemento dos sistemas de xestión da calidade aplicados a industria alimentaria
CE4: saber aplicar un sistema de xestión de calidade, así como as normas, tanto voluntarias como de obrigado cumprimento, na industria alimentaria
Para a correcta adquisición das competencias por parte do estudante adoptouse o seguinte conxunto xeral de metodoloxías
• A metodoloxía aplicada consiste basicamente en CLASES TEÓRICAS (24 horas) tipo maxistral pero coa participación activa do alumno ou da alumna que será incentivado a intervir continuamente, discutindo con eles os aspectos que resulten máis dificultosos ou especialmente interesantes de cada tema.
• Nos SEMINARIOS (12h) se formularán problemas e actividades específicas da materia para ser resoltos individualmente ou en grupos.
Nos seminarios ou nas clases teóricas proporánse traballos que serán avaliables, nos que o alumno profundizará nos coñecementos adquiridos.
• Realizaranse TUTORIAS INDIVIDUAIS para aclarar problemas particulares de cada alumno o alumna e TUTORIAS CON GRUPOS reducidos (4 h) para traballar temas específicos, principalmente relacionados coas actividades individuais ou en grupo propostas ó alumnado.
• As SESIONES PRÁCTICAS(12 horas), de asistencia obrigatoria:
* Realizaranse visitas a empresas alimentarias que teñan implantados sistemas de garantía de calidade.
* Realizaranse prácticas na aula de informática, empregando programas informáticos, como ferramentas de apoio o control da calidade.
O final das sesións prácticas, os alumnos deberán entregar unha memoria de prácticas.
• Será usada a AULA VIRTUAL da materia para facilitar os e as estudantes calquera tipo de material, xa sexan esquemas ou presentacións empregadas nas clases expositivas ou cuestións e exercicios. Tamén se poderá utilizar a aula virtual para consultar dubidas concretas do alumnado.
PLAN DE CONTINXENCIA COVID-19
METODOLOXÍA
Plan de continxencia para actividades docentes en remoto en función dos diferentes escenarios sanitarios froito da evolución da pandemia COVID-19:
Escenario 1 (Normalidade adaptada). Todas as actividades docentes (clases expositivas, seminarios, titorías e prácticas) se realizaranse de forma presencial nas aulas ou laboratorios asignados pola Facultade nos horarios publicados a tal efecto.
Escenario 2 (Distanciamento): En caso de escenario 2, as actividades docentes levaranse a cabo da seguinte maneira:
- Clases expositivas: faranse de forma síncrona/asíncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e MS Teams.
- Seminarios e titorías de grupo: levaranse a cabo de forma presencial, en grupos reducidos nas aulas asignadas pola Facultade nos horarios publicados a tal efecto.
- Prácticas: realizaranse de forma presencial, en grupos reducidos nos laboratorios asignados pola Facultade en los horarios publicados a tal efecto.
Para a realización de titorías personalizadas e atención o alumno, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, o contacto realizarase a través do Campus Virtual, mediante MS Teams ou ben mediante o correo electrónico institucional.
Escenario 3 (peche das instalacións): Toda a docencia será completamente virtual, con mecanismos síncronos ou asíncronos. Todas as actividades realizaranse a través do Campus Virtual da USC, mediante a plataforma MS Teams e usando o correo electrónico institucional
A avaliación da aprendizaxe realizarase mediante a avaliación continua con exames. O seguimento da aprendizaxe levarase a cabo mediante as actividades a resolver individuais e en grupo mediante a suma da avaliación continua (grado de cumprimento das actividades programadas en seminarios, titorías e prácticas, así como pola súa participación nas clases expositivas) que computará un máximo dun 50% da nota total e a nota alcanzada no exame da materia, que se realizará segundo el calendario oficial, que suporá un máximo dun 50%, polo que a realización dunha proba final é complementaria á avaliación continua . Así, o sistema de avaliación constará dos seguintes apartados:
•TRABALLOS (individuais e en grupo): ate 2.0 puntos.
* Competencias a avaliar: CB7, CB9, CG3,CG5, CT1,CT2, CT5, CT6. CT8. CT10
•MEMORIA DE PRÁCTICAS: ate 1.5 puntos
* Competencias a avaliar: CB7, CB9, CG3,CG5, CT1,CT2, CT5, CT6. CT8. CT10
• ACTIVIDADES NA AULA: ate 1.5 puntos
Competencias a evaluar: CB7, CB9, CG3,CG5, CT1,CT2, CT5, CT6. CT8. CT10
•EXAME FINAL: ate 5.0 puntos
* Competencias a avaliar: CB7, CB9, CG3,CG5, CT1,CT2, CT5, CT6. CT8. CT10
A asistencia as clases expositivas É OBRIGATORIA, salvo co alumno presente unha causa xustificada.
A asistencia as SESIÓNS DE PRÁCTICAS É OBRIGATORIA, polo que a non asistencia a todas as sesións de prácticas supoñerá a imposibilidade de superar a materia
Os estudantes e as estudantes repetidores que aprobasen a parte correspondente á avaliación continua das prácticas da edición previa, conservaráselles a nota obtida neste apartado durante un curso académico, polo que estarán eximidos (agás que o desexen) de asistir ás sesións correspondentes de prácticas.
Deberase ter en conta:
“Para os casos de REALIZACIÓN FRAUDULENTA de exercicios o probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemiento académico dos estudiantes e de revisión das calificacións”
PLAN DE CONTINXENCIA COVID-19
o sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual, nos escenarios 1 ó 3), coa única diferencia de que as actividades de avaliación realizaranse segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente no aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC, preferiblemente Campus Virtual e plataforma MS Teams.
• Clases expositivas:
24 h presenciais + 16h non presenciais = 40 h totais
• Clases interactivas de seminario:
8 h presenciais + 6 h non presenciais = 14 h totais
• Clases interactivas de prácticas:
12 h presenciais + 4 h memoria de prácticas = 16 h totais
• Clases interactivas de titorías:
4 h presenciais+36h non presenciais = 40h totais
• Exame:
2 h presenciais + 38 h non presenciais=40h totais
• Asistir ás clases presenciais e levar a materia ao día
• Participar activa, construtiva e respectuosamente nas clases
• Preparar os contidos que se vai traballando na materia coa bibliografía básica e complementaria recomendada
• Utilizar adecuadamente as titorías para coñecer en detalle as recomendacións do profesor e aclarar calquera dúbida que xurda no proceso de aprendizaxe
• Consultar con regularidade a aula virtual da materia e facer uso da mesma
• A asistencia as clases expositivas interactivas considerase necesaria para superar a materia.
• o material que se subministrara o alumno ou a la alumna ten como obxectivo facilitar e guiar o aprendizaxe, pero non substitúen a consulta e estudio dos textos de referencia recomendados ni constitúen en si mesmos un manual de referencia para a preparación do exame.
• Para aprobar a materia necesitase ante todo comprendela e manexar os conceptos correctamente.
PLAN DE CONTINXENCIA COVID-19
METODOLOXÍA
Plan de continxencia para actividades docentes en remoto en función dos diferentes escenarios sanitarios froito da evolución da pandemia COVID-19:
Escenario 1 (Normalidade adaptada). Todas as actividades docentes (clases expositivas, seminarios, titorías e prácticas) se realizaranse de forma presencial nas aulas ou laboratorios asignados pola Facultade nos horarios publicados a tal efecto.
Escenario 2 (Distanciamento): En caso de escenario 2, as actividades docentes levaranse a cabo da seguinte maneira:
- Clases expositivas: faranse de forma síncrona/asíncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e MS Teams.
- Seminarios e titorías de grupo: levaranse a cabo de forma presencial, en grupos reducidos nas aulas asignadas pola Facultade nos horarios publicados a tal efecto.
- Prácticas: realizaranse de forma presencial, en grupos reducidos nos laboratorios asignados pola Facultade en los horarios publicados a tal efecto.
Para a realización de titorías personalizadas e atención o alumno, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, o contacto realizarase a través do Campus Virtual, mediante MS Teams ou ben mediante o correo electrónico institucional.
Escenario 3 (peche das instalacións): Toda a docencia será completamente virtual, con mecanismos síncronos ou asíncronos. Todas as actividades realizaranse a través do Campus Virtual da USC, mediante a plataforma MS Teams e usando o correo electrónico institucional.
AVALIACIÓN
Plan de continxencia para actividades docentes en remoto en función dos diferentes escenarios sanitarios froito da evolución da pandemia COVID-19:
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual, nos escenarios 1 o 3), coa única diferencia de que as actividades de avaliación realizaranse segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente no aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC, preferiblemente Campus Virtual e plataforma MS Teams.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Julia Barciela Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Correo electrónico
- julia.barciela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | -1P AULA 1 SEMISOTO |
Xoves | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | -1P AULA 1 SEMISOTO |
15.01.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | -1P AULA 1 SEMISOTO |
28.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | -1P AULA 1 SEMISOTO |