Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Saber xestionar equipos e instalacións que se integren nos procesos e sistemas de produción agroalimentaria, destacando a importancia da eficiencia enerxética dos mesmos.
Os contidos da materia desenvólvense de acordo co seguinte temario:
CONTIDOS TEÓRICOS:
• Directiva (UE) 2018/844 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de maio de. Aspectos ambientais, económicos e legais no ámbito enerxético. (2 horas; non presenciais: 2,00 horas)
• Mercados enerxéticos, xestión da oferta e a demanda. (3 horas; non presenciais: 4,50 horas)
• Transformación e uso da enerxía. (2 horas; non presenciais: 3,00 horas)
• Eficiencia enerxética. (2 horas; non presenciais: 3,00 horas)
• Mellora da xestión enerxética: coxeración e aforro enerxético. (2 horas; non presenciais: 3,00 horas)
• Sistemas de xestión enerxética: auditorías enerxéticas (3 horas; non presenciais: 4,50 horas)
CONTIDOS PRÁCTICOS:
• Corrección do f.d.p. (2 horas; non presenciais: 2,00 horas)
• Tarificación básica. (2 horas; non presenciais: 2,00 horas)
• Técnicas de aforro enerxético. Certificación do Sistema de Xestión Enerxética ISO 50001. (2 horas; non presenciais: 2,00 horas)
• Auditorías enerxéticas. (4 horas; non presenciais: 4,00 horas)
A estimación da duración é aproximada, en función das necesidades docentes
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Francisco Moles Ribera e Joaquin Navarro Esbri. 2015. Gestion Energetica en Plantas Industriales. Ed. Antonio Madrid Vicente. ISBN: 9788494345173.
Balcells, J. et al. 2011. Eficiencia en el uso de la energía eléctrica. Marcombo. 333 pax. ISBN 9788426716958.
Pack Eficiencia energética. Asociación Española de Normalización y Certificación (AENOR). 2015. ISBN-13: 978-8481438871.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Carretero Peña, Antonio e García Sánchez, Juan M. 2012. Gestión de la eficiencia energética: cálculo del consumo, indicadores y mejora. AENOR Ediciones. Madrid (216 páx.). ISBN: 9788481437522.
Fernández Salgado, José María. 2011. Eficiencia energética en los edificios. AMV Ed, 1ª ed. Madrid (244 pax.). ISBN: 9788496709713.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG2.- Coñecemento en materias específicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e dótelles de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG3.- Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñería e no sector da Industria Alimentaria.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT3 - Capacidade para traballar en equipo.
CT10 - Capacidade para o razoamento crítico e a argumentación, e capacidade autocrítica.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CEOPX - Capacidade para planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos desenvoltos no procesado de alimentos, nun marco que garanta o uso eficiente da enerxía sen esquecer a mellora da competitividade da empresa e a protección e conservación do medio ambiente.
A docencia presencial desenvolverase mediante a aplicación das seguintes metodoloxías:
LECCIÓN MAXISTRAL PARTICIPATIVA. SEMINARIOS E CONFERENCIAS
Son clases de teoría nas que se presentarán os contidos do programa en liñas xerais , con axuda de medios audiovisuais. O obxectivo destas clases é proporcionar ao alumnado os coñecementos básicos que lle permitan abordar o estudo da materia de xeito autónomo con axuda da bibliografía recomendada e dos exercicios e traballos que realice durante o curso. O estudante disporá do material docente na Aula Virtual da materia. Traballaranse as seguintes competencias: CB7, CB10, CG2, CG3, CT10.
A parte de seminarios e conferencias complementarase mediante a colaboración con empresas do sector para que os seus técnicos colaboren nas clases expositivas. Traballaranse as seguintes competencias: CB7, CG2, CT10.
RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS. ELABORACIÓN E PRESENTACIÓN DE TRABALLOS DE CURSO.
Son clases nas que se realizarán exercicios de cada tema. Os estudantes disporán do seguinte material depositado na Aula Virtual da materia:
• Exercicios propostos.
• Guións de traballos propostos.
Promoverase a interactuación entre docente e estudantes na resolución dos exercicios e problemas propostos. Traballaranse as seguintes competencias: CB7, CG3, CT3, CT10, CEOPX
APRENDIZAXE BASEADO NA RESOLUCIÓN DE CASOS PRÁCTICOS E EN PROXECTOS.
Proporase un traballo de curso baseado nun caso práctico para a elaboración dunha auditoría enerxética, ou similar, para a súa realización de xeito individual ou en grupo. Traballaranse as seguintes competencias: CG2, CG3, CB7, CG3, CT3, CT10, CEOPX
TITORÍAS INDIVIDUALIZADAS E COLECTIVAS.
Cada alumn@ pode acudir a titorías individuais a demanda no horario do profesor para calquera cuestión relacionada coa materia. Nas sesións programadas no horario da materia atenderase ao alumnado asistente para discutir, comentar, crarexar ou resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada co desenvolvemento da materia.
Traballaranse as seguintes competencias: CB7, CG2, CT10, CEOPX.
O traballo non presencial é fundamental na aprendizaxe da materia e no grao de interacción do alumnado que debe desenvolver:
• Traballo autónomo e estudio independente dos alumnos
• Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativo. Sesións de discusión activa.
• Evaluación de competencias mediante ejercicios de control.
Traballaranse as seguintes competencias: CB7, CG2, CG3, CT3, CT10, CEOPX.
Para impartir a docencia empregaranse os seguintes recursos:
• Realización de presentacións mediante ordenador.
• Utilización de lousas clásicas.
• Utilización da aula virtual para proporcionar o seguinte material:
1. Desenvolvemento do temario teórico.
2. Actividades propostas en sesións interactivas.
3. Actividades propostas como traballo individual.
4. Guións de prácticas.
5. Guión para a elaboración do traballo de curso, suposto práctico de elaboración dunha auditoría enerxética dunha industria alimentaria.
6. Outra información de interese.
Plan de continxencia para actividades docentes en remoto:
Realizaríanse, de forma síncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Ms Teams.
Debido á natureza e contidos desta materia, así como á metodoloxía empregada, a realización das prácticas poderanse facer de forma síncrona, en remoto.
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms. Teams ou ben mediante correo electrónico.
Efectuarase un seguimento da aprendizaxe dos estudantes perante os seguintes apartados: exame/s parcial/ais a realizar ao longo do curso, un exame final e traballos de curso que terán as competencias asociadas e o seguinte peso na cualificación final.
Sistema de avaliación Competencias Peso na cualificación
Proba ou probas, orais e/ou escritas ou traballo de curso CB7, CB10, CG2, CG3, CT10. 40%
Realización de exercicios en clase e seminarios CB7, CG3, CT3, CT10, CEOPX. 20%
Prácticas e traballos entregados e/ou presentados CB7, CG2, CT10, CEOPX. 40%
A porcentaxe dedicada a exames (40%) pódese obter na súa totalidade no exame final tanto no primeiro coma no segundo período de avaliación. A obtención dunha nota maior ou igual a 5 nos exames parciais permitirá aos estudantes eliminar esa parte da materia de cara ao exame do primeiro período de avaliación. Os traballos e outras actividades desenvolvidas nas clases e a memoria de prácticas deberán ser entregadas no prazo establecido, que será como máximo unha semana antes da data do exame de primeiro período de avaliación. Os traballos só terán validez durante o curso académico.
Para superar a materia é necesario que se cumpran ámbolos dous requisitos:
• obter unha nota mínima de 3 puntos sobre 10 en cada un dos apartados a avaliar.
• a nota global obtida como ponderación segundo a táboa dos exames, traballos e memoria de prácticas sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10.
En caso de que o estudante non superara a materia no primeiro período de avaliación, deberase presentar ao exame final do segundo período, examinándose das partes que teña suspensas.
Na segunda oportunidade de avaliación manterase a distribución da cualificación e as cualificacións de todos os apartados establecidos para a primeira oportunidade, é dicir, das probas parciais, memoria de prácticas, traballos e outras actividades desenvolvidas. O alumno presentarase ao exame desta oportunidade nas mesmas condicións que ao exame ordinario, o cal implica que non poderá entregar traballos nin memorias pendentes.
A cualificación de “non presentado” estará reservada para o alumnado que non posúa cualificación algunha nos distintos apartados da avaliación.
Os/As alumnos/as que teñan concedida a dispensa de asistencia segundo a Instrucción 1/2017 da Secretaría Xeral, poderán facer entrega de todas as actividades que se leven a cabo ao longo do curso, xa que estarán á súa disposición no Campus Virtual, polo que a súa avaliación será nas memas condicións cos/as demais alumnos/as.
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA/HORAS
Clases expositivas: 12,0
Prácticas e proxectos: 6,0
Seminarios e traballos: 4,0
Tutorías en grupos reducidos: 2,0
Actividades de avaliación: 2,0
Total 26,0
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO/HORAS
Lectura e preparación de temas: 18,0
Prácticas e proxectos: 9,0
Seminarios e traballos: 6,0
Tutorías en grupos reducidos: 8,0
Preparación de probas de avaliación: 8,0
Total 49,0
TOTAL 75,0 horas 3 créditos ECTS
Trátase dunha materia orientada dun xeito eminentemente práctico e aplicado, polo que o seu estudo pode ser entretido. Recoméndase:
1. Prestar atención ás breves explicacións teóricas.
2. Traballo continuo durante o curso e a consulta de dúbidas que poidan xurdir tanto nas clases como nas titorías.
3. Realizar como traballo autónomo as actividades propostas.
4. Realización do/s traballo/s de curso.
Os estudantes matriculados na materia contarán con atención presencial continuada no horario de titorías, na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, no despacho número 12 do pavillón 2, planta 2ª superior. Ademais prestarase atención a través do Campus Virtual e do correo electrónico do profesor: manuelramiro.rodriguez [at] usc.es (manuelramiro[dot]rodriguez[at]usc[dot]es)
O idioma empregado será o galego.
A admisión de alumnos matriculados no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as "normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas" da Universidade de Santiago de Compostela. Dita información atópase dispoñible na páxina web (www.usc.es/estaticos/servizos/sprl/normalumlab.pdf).
Plan de continxencia para actividades docentes en remoto:
METODOLOXÍA
Realizaríanse, de forma síncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Ms Teams.
Debido á natureza e contidos desta materia, así como á metodoloxía empregada, a realización das prácticas poderanse facer de forma síncrona, en remoto.
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms. Teams ou ben mediante correo electrónico.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticosdispoñibles na USC.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
Manuel Ramiro Rodriguez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- manuelramiro.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | -1P AULA 1 SEMISOTO |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | -1P AULA 1 SEMISOTO |
19.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | -1P AULA 1 SEMISOTO |
22.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | -1P AULA 1 SEMISOTO |