Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos desta materia son:
-Coñecer a xestión de recursos na industria alimentaria.
-Coñecer a xestión ambiental na industria alimentaria.
-Coñecer a xestión enerxética na industria alimentaria.
-Comprender o concepto de desenvolvemento sostible incluíndo a análise e o diagnóstico dos recursos, as reservas e a eficiencia enerxética.
-Saber usar técnicas para optimizar a utilización de enerxía na planta de proceso.
-Coñecer a lexislación e metodoloxía ambientais.
-Autoaprender e reflexionar no ámbito da sostibilidade.
-Saber usar técnicas para optimizar a utilización de enerxía na planta de proceso.
Os contidos desta materia organízanse en catro grandes bloques, seguindo as directrices da Memoria do Título:
BLOQUE I. Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
- Conceptos básicos.
- Normativa nacional e europea.
- Avaliación de impacto ambiental.
- Normativa IPPC.
- Autorización Ambiental Integrada.
BLOQUE II. Xestión Medioambiental.
- ISO 14001.
- Regulamento EMAS.
- Análise e avaliación de riscos ambientais na industria alimentaria.
- Ecodeseño.
BLOQUE III. Xestión da Contaminación.
- Contaminación na industria alimentaria.
- Xestión de augas residuais.
- Tratamento de residuos.
BLOQUE IV. Xestión de Procesos
- MTDs.
- Optimización de recursos.
- Integración enerxética.
- ISO 50001.
- Enerxías renovables.
Bibliografía básica:
- Claver Cortés, E.; et al. Gestión de la calidad y gestión medioambiental: fundamentos, herramientas, normas ISO y relaciones. Pirámide, 2011. ISBN: 978-84-3682-458-2. Sinaturas USC: EMX 929 / A EM 99 A / A244 18
- Portal web da Plataforma Galega de información ambiental: https://gaia.xunta.es/plataforma/
- Normas UNE-ISO, dispoñibles na base de datos "AENORmás. Normas UNE", accesible desde a Biblioteca da USC: https://biblioteca-usc.gal/recursos/
Bibliografía complementaria:
- Bovea Edo, M.D.; et al. Gestión ambiental en la empresa: legalización, puesta en marcha y explotación. Publicacions de la Universitat Jaume I, 2013. ISBN: 978-84-8021-867-2. Sinatura USC: A244 54
- Metcalf-Eddy Inc. Wastewater engineering: treatment and resource recovery. McGraw-Hill, 2014. ISBN 978-0-07-340118-8. Sinaturas USC: A EMA 106 / A213 13
- Colomer Mendoza, F.J.; Gallardo Izquierdo, A. Tratamiento y gestión de residuos sólidos. Universidad Politécnica de Valencia, 2007. ISBN: 9788483630716. Sinaturas USC: R 64907 / A233 13
- Seider, W.D.; Seader, J.D.; Lewin, D.R. Product and Process Design Principles - Synthesis, Analysis and Evaluation, 3rd ed. John Wiley and Sons, 2010. ISBN 978-0470-04895-5. Sinaturas USC: QUT 356 / A150 10
- Madrid, Antonio. Energías renovables : fundamentos, tecnologías y aplicaciones: solar, eólica, biomasa, geotérmica, hidráulica, pilas de combustible, cogeneración y fusión nuclear. AMV Ediciones, 2009. ISBN: 978-84-96709-10-2. Sinaturas USC: IFE 144 / IFE 145 / IFE 146 / A243 40
O alumno acadará as seguintes competencias ó superar esta materia:
BÁSICAS
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
XERAIS
CG1 - Coñecemento en materias específicas e tecnolóxicas, que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e os dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG3 - Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
CG4 - Capacidade de analizar e valorar o impacto social e medioambiental de metodoloxías avanzadas e novas solucións técnicas.
ESPECÍFICAS
CE2 - Saber analizar, xestionar e desenvolver procedementos avanzados de xestión ambiental e novos procesos da industria alimentaria.
TRANSVERSAIS
CT3 - Capacidade para traballar en equipo.
CT6 - Capacidade para buscar, analizar e xestionar a información procedente de fontes diversas.
CT12 - Capacidade para utilizar, de forma puntual, información complementaria en lingua estranxeira, principalmente en lingua inglesa.
Nas clases expositivas combinarase unha docencia de tipo maxistral para presentar os contidos coa resolución práctica de exercicios-tipo que ilustren os contidos teóricos. Os seminarios centraranse na proposición e resolución de casos prácticos, a veces individualmente e outras en grupos, co fin de enfatizar e complementar os contidos vistos nas clases expositivas. Buscarase e fomentarase a participación activa do alumnado, tanto nas horas expositivas como especialmente nas interactivas.
Nas horas de prácticas na aula de informática farase uso de software específico (Hysys, AspenEnergyAnalyzer, por exemplo), así como tamén folla de cálculo (Excel), etc. Utilizaranse para realizar casos prácticos relacionados cos contidos teóricos vistos nas clases expositivas: avaliación de impacto ambiental, xestión de augas residuais, integración enerxética, etc.
Durante as primeras semanas de curso indicarase a realización obrigatoria dun traballo en grupo. As dúas horas de titoría en grupo dedicaranse, respectivamente, ó seguimento do avance do traballo e á presentación oral do mesmo.
Utilizarase a Aula Virtual para a distribución do material didáctico e outro complementario para a ampliación dos temas dados na clase e fomentar o estudo autónomo do estudante. Tamén se utilizará como unha canle máis de comunicación entre o alumnado e o profesorado.
Na metodoloxía tense en conta o desenvolvemento das competencias do seguinte xeito:
- Exame: CB.7, CG.1, CE.2
- Prácticas de aula de informática: CG.1, CE.2, CT.3
- Traballo en grupo: CB.7, CB.10, CG.3, CG.4, CT.3, CT.6, CT.12
- Participación/actividades na aula: CG.3, CG.4, CE.2, CT.3, CT.6, CT.12
Plan de continxencia para actividades en remoto:
Realizaríanse de forma síncrona/asíncrona y sempre segundo o establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e MS-Teams. Debido á natureza e contidos desta materia, así como á metodoloxía empregada, a principal diferenza entre a docencia presencial e a docencia en remoto sería:
- Nun escenario de distanciamento con restricións á presencialidade física (escenario 2), as sesións expositivas e interactivas desenvolveríanse telematicamente de maneira síncrona por medio de MS-Teams. As prácticas de aula de informática e titorías de grupo manteríanse presenciais.
- Nun escenario de confinamento (escenario 3), todas as actividades desenvolveríanse telematicamente, incluídas as prácticas de informática, para as que se empregaría o software correspondente con licenza de acceso remoto.
Para a realización de titorías individualizadas, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderá empregarse o foro do Campus Virtual, a plataforma MS-Teams ou o correo electrónico.
A avaliación consistirá nunha suma das seguintes valoracións parciais:
a) Exame: 40 %. Obrigatorio.
b) Prácticas na aula de informática: 25 %. Obrigatorias.
c) Traballo en grupo: 20 %. Obrigatorio.
d) Participación na clase e actividades: 15 %.
Para que os apartados b, c e d se teñan en conta na cualificación final será necesario alcanzar como mínimo un 3,5 sobre 10 na cualificación do exame. Antes da realización do exame final, o alumnado coñecerá as notas obtidas nos apartados b, c e d.
Será considerado como NON PRESENTADO nas dúas oportunidades aquel alumnado que non teña realizado algún dos tres ítems obrigatorios (prácticas na aula de informática, traballo en grupo e exame).
No caso de non superar a materia na Primeira Oportunidade, o estudantado realizará un novo exame na Segunda Oportunidade, preservándose o resto de cualificacións parciais dos outros apartados.
Avaliación de actividades e competencias:
Competencia.....Exame.......Prácticas.....Traballo.....Participación
CB.7.....................X..............................X...........................
CB.10...................................................X...........................
CG.1....................X................X..........................................
CG.3.....................................................X.................X........
CG.4.....................................................X.................X........
CE.2.....................X................X................................X.......
CT.3.......................................X.............X.................X.......
CT.6......................................................X.................X.......
CT.12.....................................................X................X.......
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións".
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación se realizarán, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
A materia ten unha carga de traballo de 6 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total. Na seguinte táboa indícase unha distribución aproximada destas horas de traballo:
Actividade...................Horas presenciais............Traballo persoal...........TOTAL
Docencia expositiva...............24...............................48.......................72
Prácticas.............................12...............................12.......................24
Seminarios...........................10...............................14.......................24
Tutorías grupales...................2................................28.......................30
TOTAL................................48..............................102......................150
As horas presenciais indican o número de horas de clases da materia para as diversas actividades que se realizarán (teoría, problemas, prácticas na aula de informática e exame), o traballo persoal é o número de horas de traballo persoal do alumno, e o total é a carga total de traballo que supón cada actividade.
Recoméndase posuír nocións básicas de manexo de folla de cálculo (Excel), así como de software de simulación de procesos (Hysys).
A docencia dispensarase en galego ou castelán, aínda que tamén se manexarán fontes de información en lingua inglesa. Como xa se indicou, farase uso do Campus Virtual.
PLAN DE CONTINXENCIA
METODOLOXÍA
Plan de continxencia para actividades en remoto:
Realizaríanse de forma síncrona/asíncrona y sempre segundo o establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e MS-Teams. Debido á natureza e contidos desta materia, así como á metodoloxía empregada, a principal diferenza entre a docencia presencial e a docencia en remoto sería:
- Nun escenario de distanciamento con restricións á presencialidade física (escenario 2), as sesións expositivas e interactivas desenvolveríanse telematicamente de maneira síncrona por medio de MS-Teams. As prácticas de aula de informática e titorías de grupo manteríanse presenciais.
- Nun escenario de confinamento (escenario 3), todas as actividades desenvolveríanse telematicamente, incluídas as prácticas de informática, para as que se empregaría o software correspondente con licenza de acceso remoto.
Para a realización de titorías individualizadas, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderá empregarse o foro do Campus Virtual, a plataforma MS-Teams ou o correo electrónico.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións".
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación se realizarán, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
Hector Rodriguez Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816804
- Correo electrónico
- hector.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | -1P AULA 1 SEMISOTO |
13.01.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | -1P AULA 1 SEMISOTO |
25.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | -1P AULA 1 SEMISOTO |