Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
• Coñecer o papel que xogan nos seres humanos os aditivos os alimentarios e auxiliares tecnolóxicos presentes nos alimentos.
• Coñecer os conceptos necesarios para adecuar procedementos que permitan corrixir os excesos/déficits destes elementos.
• Comprender a importancia para a industria alimentaria de todo composto ou mestura de substancias que directa ou indirectamente modifique as características físicas, químicas, sensoriais e os efectos na preservación ou estabilización dun alimento.
• Familiarizarse con aspectos experimentais relacionados co ámbito dos aditivos alimentarios.
TEORÍA:
• Tema 1. O papel e o interese dos aditivos alimentarios e dos auxiliares de fabricación na industria alimentaria.
• Tema 2. Grupos de aditivos: aditivos con finalidade nutritiva, aditivos de conservación, aditivos que melloran as propiedades sensoriais e auxiliares tecnolóxicos de fabricación
• Tema 3. Utilización dos aditivos e coadyuvantes polas principais industrias alimentarias.
PRÁCTICAS:
• Práctica 1. Extracción e cuantificación de pigmentos naturais. Estabilidade ao pH e tratamento térmico de pigmentos naturais e artificiais.
• Práctica 2. Efecto do tratamento térmico e do pH na xeración de compostos volátiles e cor.
• Práctica 3. Avaliación de axentes antioxidantes e quelantes.
• Práctica 4. Hidrocoloides con propiedades gelificantes
TEXTOS BÁSICOS
• Multon, J.L. Aditivos y auxiliares de fabricación en las industrias agroalimentarias (2ª ed.). Editorial Acribia, S.A. (2000).
• Astiasarán, Iciar; Alimentos composición y propiedades; Ed McGraw-Hill-Interamericana (2000)
• Jérôme Haubourdin, La lista de los aditivos alimentarios aceptables, Biospheric Ediciones, (2012).
• Miguel Calvo Rebollar: Aditivos Alimentarios. Propiedades, aplicaciones y efectos sobre la salud. Mira Editores, Zaragoza (1991)
• Cubero, N., Montferrer, A., y Villalta, J. Aditivos alimentarios Editorial Mundi-Prensa Libros, S.A. Madrid. (2002)
TEXTOS COMPLEMENTARIOS
• Eskin, Neason Akiva Michael Biochemistry of Foods Ed. Academic Press (1990)
• Cabal, Estean, Guía de aditivos usados en alimentación, Mandala Ediciones(1999)
PÁGINAS WEB
• Bioquimica de los alimentos http://milksci.unizar.es/bioquimica/temas/programasbio.html
• Aditivos Alimentarios, en MedlinePlus http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/002435.htm
• Listado de números E: http://histolii.ugr.es/EuroE/NumerosE.pdf
• Clases funcionales de aditivos http://histolii.ugr.es/EuroE/ClasesFuncionales.pdf
COMPETENCIAS BÁSICAS
CG8 - Capacidade de abordar traballos de mellora e innovación tecnolóxica no marco dos procesos de transformación e
conservación de alimentos e incorporar criterios ambientais no desenvolvemento de novos produtos agroalimentarios máis
saudables.
CG9 - Adquirir formación para desenvolver a actividade investigadora, sendo capaces de formular hipóteses, recoller e interpretar a
información para a resolución de problemas seguindo o método científico, e comprendendo a importancia e as limitacións do
pensamento científico nos aspectos relacionados co sector alimentario e a súa industria.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para organizar e planificar.
CT3 - Capacidade para traballar en equipo.
CT5 - Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación.
CT14 - Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CEOP14: Coñecer os aspectos xerais e específicos dos aditivos alimentarios e auxiliares tecnolóxicos na industria alimentaria.
CEOP15: Familiarizarse con novos aspectos experimentais relacionados cos aditivos alimentarios
Debido a que a presente materia forma parte dun Máster en extinción. Esta non vai ter docencia no curso 2022/23, tan só dereito a exames e as titorías correspondentes
A cualificación de cada alumno se realizará mediante a realización dunha proba final. O alumnado ao menos ten que acadar no exame final unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 . Os alumnos que non teñan acadado o aprobado no anterior proceso de avaliación terán unha segunda oportunidade de alcanzalo realizando un novo exame, ao final de curso.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Esta materia é anual e consta de 3 créditos ECTS, o que significa unha carga de traballo para o alumno/a de 75horas (3 créditos x 25 h/crédito).
1. Docencia expositiva: (15 h totais /10 h presenciais)
2. Prácticas (en laboratorio): (10 h totais /7 h presenciais)
3. Seminarios (inclúe traballos) (10 h totais/5 h presenciais)
4. Titorías en grupos reducidos (40 h totais /2 h presenciais)
TOTAL: (75 h totais / 24 h presenciais)
A asistencia ás clases, un estudo continuado da materia, e a resolución e comprensión dos problemas e cuestións formuladas nos seminarios son a mellor garantía para superar a materia.
Recoméndase facer uso das titorías para solventar as dúbidas xeradas no estudo da materia
A materia impártese nos dous idiomas oficiais da comunidade autónoma.
Laura Rodriguez Silva
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- laura.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor