Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3.5 Clase Interactiva: 1.5 Total: 5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A realización das Prácticas en Empresa ten como obxectivo complementar a formación recibida mediante a aplicación dos coñecementos adquiridos no desenvolvemento profesional ou investigador.
As prácticas poderán ter unha orientación profesional ou investigadora. O alumnado poderá realizar a estadía nunha empresa, organismo público, universidade, centro de investigación ou centro tecnolóxico que teña asinado un convenio de colaboración coa USC no contexto do Máster, ou ben nun grupo de investigación da USC. Os contidos directamente asociados ás prácticas dependerán da empresa de acollida e do departamento concreto ó que cada estudante sexa asignada/o.
Non procede.
Coñecemento
(CN01) Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinal no desenvolvemento ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
(CN02) Adquirir coñecementos avanzados e demostrar, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo en un ou máis campos de estudo en Enxeñería Química.
Competencia
(CP01) Aplicar coñecementos de matemáticas, física, química, bioloxía e outras ciencias naturais, obtidos mediante estudo, experiencia, e práctica, con razoamento crítico para establecer solucións viables economicamente a problemas técnicos.
(CP05) Dirixir e supervisar todo tipo de instalacións, procesos, sistemas e servizos das diferentes áreas industriais relacionadas coa Enxeñería Química.
(CP08) Dirixir e realizar a verificación, o control de instalacións, procesos e produtos, así como certificacións, auditorías, verificacións, ensaios e informes.
Habilidade
(HD01) Ter habilidade para solucionar problemas que son pouco familiares, incompletamente definidos, e teñen especificacións en competencia, considerando os posibles métodos de solución, incluidos os máis innovadores, seleccionando o máis apropiado, e poder corrixir a posta en práctica, avaliando as diferentes solucións de deseño.
(HD05) Desempeñarse adecuadamente no establecemento e desenvolvemento de relacións interpersoais.
(HD06) Desempeñarse profesionalmente con compromiso ético no marco do desenvolvemento sostible.
(HD08) Aprender autonomamente para manter e mellorar as habilidades e competencias que permitan o desenvolvemento continuo da profesión.
(HD11) Dominar a xestión do tempo e das situacións críticas.
(HD12) Desempeñarse con iniciativa e espírito emprendedor.
Nomearase un(ha) titor(a) externa/o de empresa ademais de un(ha) profesor(a) titor(a) do Máster.
A metodoloxía dependerá das actividades propostas nos centros colaboradores, pero deberá garantir a adquisición de todos os resultados de aprendizaxe da materia: CN01, CN02, CP01, CP05, CP08, HD01, HD05, HD06, HD08, HD11, HD12. Buscarase en todo caso unha reflexión sobre as tarefas asignadas, o seu contexto, as metodoloxías e procedementos nos que se apoian e a composición do equipo de traballo que as desenvolve.
A/O titor(a) de empresa e a/o titor(a) académica/o avaliarán os resultados da aprendizaxe vinculados a esta materia.
Rematado o período de prácticas na empresa/institución, a/o titor(a) externa/o deberá remitir un certificado das actividades realizadas pola/o estudante, xunto coa cualificación que lle outorga, que representará o 40 % da nota final (CN01, CN02, CP01, CP05, CP08, HD01, HD05,HD06, HD08, HD11, HD12).
Ó finalizar as prácticas, a/o estudante deberá remitir á/ó súa/seu titor(a) da USC unha memoria onde se describan as actividades realizadas durante as devanditas prácticas. Esta/e titor(a) avaliará e cualificará a memoria, que significará o 60 % da nota final desta materia (CN01, CP08, HD11, HD12).
A materia ten unha carga de traballo de 12 ECTS, que equivale a 300 h de traballo total, distribuídas da seguinte forma:
Actividade formativa - Horas – Presencialidade (%)
Estadía de prácticas - 295 - 100
Titorización individualizada - 1 - 100
Traballo persoal da/o estudante - 4 - 0
Recoméndase unha actitude positiva e proactiva para aproveitar ó máximo a potencialidade da estadía na empresa/institución.