Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Achegar os coñecementos da bioloxía, en particular da bioquímica e a bioloxía molecular, mediante procedementos de estudo, experiencia e práctica, e fomentando o razoamento crítico, para que os futuros Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos podan desenvolver as súas competencias profesionais relacionadas co ámbito biotecnolóxico.
Contidos teóricos
TEMA 1. Introdución xeral á Bioquímica e Bioloxía Molecular. Estrutura e función das biomoléculas. Transdución e almacenamento de enerxía. Panorámica xeral do metabolismo.
TEMA 2. Introdución ao metabolismo. Concepto de metabolismo. Tipos de rutas e reacións metabólicas. Bioenerxética.
TEMA 3. Enzimas. Características da reacción enzimática. Cinética M-M. Inhibición das enzimas. Concepto de alosterismo. Regulación da actividade enzimática.
TEMA 4. Rutas metabólicas centrais e metabolismo enerxético. Exemplo: produción de bioetanol en Saccharomyces cerevesiae e Zymomonas mobilis. Breve resumo doutras rutas metabólicas e a súa integración nas rutas centrais.
TEMA 5. Integración do metabolismo. Interconexión das vías metabólicas. Produción de metabolitos secundarios. Regulación do metabolismo.
TEMA 6. Dogma Central da Bioloxía Molecular. Estrutura do DNA. Xenes e xenomas. Expresión do DNA: transcrición e tradución. Código Xenético e Mutacións.
TEMA 7. Regulación da Expresión Xénica. Regulación da expresión xénica en procariotas: o operón lac. Regulación da expresión xénica en eucariotas.
TEMA 8. Enxeñaría xenética. Manipulación e análise das moléculas de DNA. Secuenciación do DNA. PCR. Clonación. Tipos de vectores. Transformación de células procariotas e eucariotas.
TEMA 9. Aplicacións da Bioenxeñaría. Organismos modificados xenéticamente. Produción de proteínas recombinantes. Exemplos de Enxeñaría metabólica.
Contidos prácticos
Os alumnos terán dispoñible (tanto no laboratorio como no guión de prácticas) toda a información sobre os potenciais riscos das prácticas (manexo e eliminación de material biolóxico, produtos inflamables e/ou tóxicos, materiais a altas temperaturas) e sobre os EPI necesarios (bata, lentes de seguridade, luvas de protección química e térmica).
PRÁCTICAS 1-2: Determinación dunha actividade encimática. Efecto de diversos efectores e inhibidores. Cálculo das constantes cinéticas.
PRÁCTICAS 3-4: Clonación e análise dun cDNA. Transformación bacteriana e aillamento do plásmido dende cultivos bacterianos. Dixestión do plásmido con enzimas de restrición. Análise por electroforese en xeles de agarosa do plásmido purificado e dixerido con enzimas de restrición.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
CLARK, D.P. and PAZDERNIK, N.J., 2016. Biotechnology. [en liña] 2nd ed. Amsterdam: Elsevier Academic Press. Dispoñible en: https://www-sciencedirect-com.ezbusc.usc.gal/book/9780123850157/biotech…
McKEE, T. and McKEE, J. R., 2014. Bioquímica. Las bases moleculares de la vida. [en liña] 5 ed. McGRAW-HILL Interamericana Editores. https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/book.aspx?bookid=19…
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
FEDUCHI CANOSA, E. e outros. Bioquímica. Conceptos esenciales. 2ª edición. Madrid: Editorial Panamericana, 2015. ISBN: 978-84-9835-875-9
GLICK, B. R., J.J PASTERNAK and C.L. PATTEN, C. L. Molecular biotechnology: principles and applications of recombinant DNA. 4ª edición. Washington D.C; ASM Press, 2010. ISBN: 978-1-55581-498-4
HERRÁEZ SÁNCHEZ, Á. Texto ilustrado e interactivo de biología molecular e ingeniería genética: conceptos, técnicas y aplicaciones en ciencias de la salud. 2ª edición. Barcelona: Elsevier, 2012. ISBN: 978-84-8086-647-7
NELSON, D. L. and M.M. COX. Lehninger Principios de Bioquímica. 6ª edición. Barcelona: Editorial Omega, 2014. ISBN: 978-84-282-1603-6
TYMOCZKO, J. L., J.M. BERG and L. STRYER. Bioquímica: Curso básico. 2ª edición. Barcelona: Editorial Reverté, 2014. ISBN:788429176032
OKAFOR, N. Modern industrial microbiology and biotechnology. Enfield (NH): Science Publishers, 2007. ISBN: 1578084342, 9781578084340
Contribuir a acadar as competencias recollidas na memoria do título Máster en Bioenxeñaría e Bioprocesos: CB6, CB7, CB10, CG7, CE1, CE3, CT4 y CT5. Con maior intensidade as competencias CG7 y CE3.
Traballaranse as competencias CE1, CB6, CB10 y CT4.
Tanto as clases expositivas como as interactivas levaranse a cabo de forma presencial.
- Clases Maxistrais: o obxectivo destas clases é ensinar ao/a estudante os aspectos xerais do metabolismo e a súa regulación así como os fundamentos da Bioloxía Molecular como soporte teórico esencial para comprender a Enxeñaría Xenética e as súas aplicación. No Campus Virtual estarán dispoñibles imaxes dos temas explicados nas clases de teoría. Traballaranse as competencias CE1, CB6 e CB10.
- Seminarios: o obxectivo dos seminarios é servir de apoio ás clases de teoría e ás prácticas. Os/as estudantes resolveran cuestions relativas á materia, e profundizaran sobre un tema práctico relacionado con Bioprocesos. Traballaranse as seguintes competencias: CE1, CE3, CG7, CB7 e CT4.
- Prácticas de Laboratorio: o obxectivo destas prácticas é ensinar algunhas das técnicas básicas nun laboratorio de Bioquímica e Bioloxía Molecular. Traballaranse as competencias CG7, CT4 e CT5.
- Titorías: aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas.
Dentro das actividades correspondentes a este Módulo, realizarase unha visita a unha planta de produción de bioetanol, o que lles permitirá comprender a aplicación industrial dos coñecementos teóricos explicados sobre devandito proceso, e dos que serán evaluados mediante o exame final.
1.1) Avaliación continua (35% da calificación final), que consta a súa vez de:
i. Seminarios: resolución de cuestións e participación nas actividades propostas (10%). CG7, CB7, CE1, CE3 e CT4.
ii. Prácticas laboratorio: memoria final e/ou cuestions (25%). CG7, CT4, CT5.
1.2) Proba final (65 % da calificación final): é imprescindible aprobar este exame para superar a materia (50%).En caso contrario, a nota final será exclusivamente a do exame (65% da nota total). Levarase a cabo de forma presencial. CE1, CB6, CB10.
A asistencia as prácticas de laboratorio é obrigatoria. As ausencias deberán ser xustificadas debidamente. O control de asistencia as actividades presenciais realizarase mediante chamada por lista.
Os/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade poderán presentarse á proba final da segunda oportunidade conservando a nota da avaliación continua acadada.
Os/as alumnos/as repetidores deberán cursar a materia íntegramente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Actividade: Horas presenciais/ Horas traballo alumno /ECTS
Clases maxistrais: 15 / 15/ 1,2
Seminarios: 8/ 16,5/ 0,98
Prácticas laboratorio: 18/ 20/ 1,52
Tutorías grupo: 1/ 4/ 0,2
Tutorías indiv.: 1/ 4/ 0,2
Exame e revisión: 2/ 8/ 0,4
Total: 45/ 67,5/ 4,5
O estudante debe repasar e ampliar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas utilizando a bibliografía recomendada. Aqueles alumnos que atopen dificultades importantes á hora de traballar nas actividades propostas deben acudir nas horas de titoría a falar co profesor, co obxectivo de que éste poda analizar o problema e axudar a resolver as ditas dificultades.
As clases se impartirán en castelán.
No Campus Virtual os alumnos terán material relacionado coas clases.
Nas materias correspondentes a este módulo (Bioengeniería, Biocatálisis e Bioprocesos) vaise a estudar de xeito coordinada o proceso de produción de bioetanol, abordando cada materia a parte que lle corresponde desde unha perspectiva diferente.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que coñezan a información e cumpran as normas incluídas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñaría dispoñible no apartado de seguridade da súa web, ó que se pode acceder do seguinte xeito:
https://www.usc.gal/gl/centro/escola-tecnica-superior-enxenaria
Acceder á intranet coas credenciais persoais.
Entrar en Documentación > Seguridade > Formación.
Premer en "Protolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais".
Jaime Jose Gomez Marquez
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816927
- Correo electrónico
- jaime.gomez.marquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Cristina Diaz Jullien
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816932
- Correo electrónico
- cristina.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A5 |
21.10.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A5 |
21.10.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A5 |
21.10.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A5 |
22.06.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A5 |
22.06.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A5 |
22.06.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A5 |