Ir o contido principal

Máster Universitario en Planificación e Xestión Territorial

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Ámbito de coñecemento
Interdisciplinar.
Centro(s)
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Rúa Benigno Ledo, 27002
Lugo
982823008 (Conserxaría)
982823011 (Dirección)
eps.secretaria.direccion [at] usc.gal
Campus
Lugo
Coordinador/a
Valerià Paül Carril
Contacto
v.paul.carril [at] usc.es
Organización do Territorio nas Rías Baixas

Este máster pretende formar especialistas en planificar e xestionar o territorio desde unha perspectiva multiescalar, abranguendo espazos urbanos, rurais, periurbanos e naturais. O seu obxectivo consiste en transmitir as habilidades necesarias para que os seus egresados sexan quen de liderar equipos de traballo para a ordenación territorial e o urbanismo. Isto comporta a elaboración de documentos de planificación (vinculantes ou indicativos) e o deseño de procesos participativos na liña do desenvolvemento territorial. Parte dun enfoque decididamente multidisciplinar e presta especial atención á sustentabilidade do territorio nas súas dimensións ambiental, económica e sociocultural.

Duración: 1 ano académico
Código RUCT: 4317431
Número de ECTS: 60
Número prazas: 26

Decano/a ou director/a do centro:
ROSA ROMERO FRANCO
rosa.romero [at] usc.es

Coordinador-a do título:
Valerià Paül Carril
v.paul.carril [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde do 16/06/2020 (DOG do 1/07/2020)

Data de publicación no BOE:
07/05/2021

Este programa está dirixido a titulados en tres grandes áreas: Arquitectura e Enxeñaría, Ciencias Sociais e Xurídicas e Ciencias. En función das súas preferencias formativas, os estudantes poderán optar por cursar unha das tres especialidades ofertadas: 1) Planificación urbana e rexional; 2) Tecnoloxías da información e planificación ambiental; 3) Xestión de áreas rurais e de interese natural.

O programa forma os egresados para unha interpretación holística do territorio, necesariamente multisectorial e pluriescalar, a través do manexo das tecnoloxías de información espacial (sistemas de información xeográfica, teledetección, infraestruturas de datos espaciais). Aínda que se ofertan tres especialidades diferentes, o enfoque multidisciplinar garántese coas materias obrigatorias de primeiro semestre. Conta asemade cunha dobre orientación cara á actividade profesional dos egresados e cara á actividade investigadora; esta segunda a través do o acceso a varios programas de doutoramento.

A docencia é presencial e ten lugar simultaneamente mediante videoconferencia en dous centros: a Facultade de Xeografía e Historia (Santiago de Compostela) e a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (Lugo).

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 27
Optativas: 21
Prácticas externas 6
Traballo fin de máster: 6
Total: 60

Este mestrado contempla tres especialidades:

-Especialidade en Planificación Urbana e Rexional
-Especialidade en Tecnoloxías da Información e Planificación Ambiental
-Especialidade en Xestión de Áreas Rurais e de Interese Natural

Para obter o título por unha especialidade, o alumno debe cursar un mínimo de 15 créditos de materias pertencentes ao módulo da dita especialidade. O resto de créditos optativos pode cursarlos con materias do mesmo ou dos outros modulos de especialidade. Finalmente, se así o desexa, de non cumprir o requisito anterior, tamén poderá obter o título sen especialidade.

Directrices e modelos de ordenación territorial

  • P3431101
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Planeamento urbano

  • P3431102
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Planificación territorial

  • P3431103
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Políticas de desenvolvemento rural

  • P3431104
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Procesos de desenvolvemento endóxeno e patrimonio natural e cultural

  • P3431105
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Métodos e técnicas de análise territorial I

  • P3431106
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Métodos e técnicas de análise territorial II

  • P3431107
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Instrumentos de xestión de terras

  • P3431108
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Planificación estratéxica

  • P3431109
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Metodoloxía de investigación

  • P3431201
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Planificación e rehabilitación do patrimonio urbano

  • P3431202
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Planificación e organización de áreas metropolitanas

  • P3431203
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Mobilidade e transporte sustentables

  • P3431204
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Planificación e xestión para a cooperación no desenvolvemento

  • P3431205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Planificación e xestión ambientais dos espazos urbanizados

  • P3431206
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Planificación e xestión de espazos costeiros e litorais

  • P3431207
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Planificación e xestión de espazos de montaña

  • P3431208
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Metodoloxía de investigación

  • P3431201
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Planificación e xestión de redes de áreas protexidas

  • P3431209
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Xestión da biodiversidade

  • P3431210
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Economía ambiental

  • P3431211
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Avaliación de plans e programas

  • P3431212
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Teledetección

  • P3431213
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Sistemas de información xeográfica aplicados á planificación territorial

  • P3431214
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Infraestruturas de datos espaciais

  • P3431215
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Metodoloxía de investigación

  • P3431201
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Planificación e xestión para a cooperación no desenvolvemento

  • P3431205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Planificación e xestión ambientais dos espazos urbanizados

  • P3431206
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Planificación e xestión de espazos costeiros e litorais

  • P3431207
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Planificación e xestión de espazos de montaña

  • P3431208
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Planificación e xestión de redes de áreas protexidas

  • P3431209
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Xestión da biodiversidade

  • P3431210
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Economía ambiental

  • P3431211
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Avaliación de plans e programas

  • P3431212
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Este programa está dirixido a titulados en tres grandes áreas: Arquitectura e Enxeñaría, Ciencias Sociais e Xurídicas e Ciencias. Na primeira, terán prioridade de acceso os titulados en Enxeñaría (Agrícola, Forestal, Civil), Paisaxe e Arquitectura; na segunda, os de Xeografía e Ordenación do Territorio. En función das súas preferencias formativas, os estudantes poderán optar por cursar unha das tres especialidades ofertadas: 1) Planificación urbana e rexional; 2) Tecnoloxías da información e planificación ambiental; 3) Xestión de áreas rurais e de interese natural.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 27
Optativas: 21
Prácticas externas 6
Traballo fin de máster: 6
Total: 60

Unha vez que os estudantes deciden estudar na USC, esta pon á súa disposición todo un dispositivo de información e acollida para facilitar a súa inscrición, incorporación e integración como estudante universitario.

Nos primeiros días de clase o coordinador do mestrado organizará unha ou varias sesións informativas para comunicar aos alumnos cales son os obxectivos xerais da titulación, as competencias e destrezas que se alcanzarán coa formación oferecida, así como para dar unha visión xeral da localización de recursos (aulas, bibliotecas), persoas responsábeis e canles de comunicación.

Tamén durante os primeiros días de clase, e co obxecto de manter aberta de forma dinámica unha vía de comunicación permanente cos alumnos, a Comisión Académica nomeará un titor para cada un dos alumnos, que non terá que ser necesariamente o seu futuro director de Tese, e cuxas funcións principais serán a de atender o alumno, derivando as cuestións que este lle formule ás canles adecuadas, e a de facer un seguimiento que permita localizar posíbeis dificultades académicas co adianto suficiente para ser corrixidas.

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, coa admisión de matrículas de novo ingreso na titulación e coa supresión gradual da impartición da docencia.

Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), a memoria da nova titulación fixará as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.

Acceso

Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:

1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.

Admisión

Modalidade: Criterios xerais

Titulacións de acceso por orde de preferencia:

1º Titulados en Enxeñaría Agrícola, Enxeñaría Forestal, Enxeñaría Civil, Paisaxe e Arquitectura; Grao ou Licenciatura en Xeografía e Ordenación do Territorio.
2º Outras titulacións da rama de Enxeñaría e Arquitectura ou de Ciencias Sociais e Xurídicas
3º Titulacións da rama de Ciencias

Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga I, ou española: B1.
De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán modificar a matrícula de modo que só poderán matricular un 25% de materias do 1º semestre, e asistir ao mesmo tempo a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Modalidade: Criterios xerais

Titulacións de acceso por orde de preferencia:

1º Titulados en Enxeñaría Agrícola, Enxeñaría Forestal, Enxeñaría Civil, Paisaxe e Arquitectura; Grao ou Licenciatura en Xeografía e Ordenación do Territorio.
2º Outras titulacións da rama de Enxeñaría e Arquitectura ou de Ciencias Sociais e Xurídicas
3º Titulacións da rama de Ciencias

Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga I, ou española: B1.
De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán modificar a matrícula de modo que só poderán matricular un 25% de materias do 1º semestre, e asistir ao mesmo tempo a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.

- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo

- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formularen xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos

- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades

- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

- Capacidade de procurar e seleccionar a información útil para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas e estatísticas existentes.
- Capacidade de manter e estender formulacións teóricas fundadas para enfrontar problemas de investigación no campo da análise xeográfica e territorial.
- Capacidade de recompilar información espacial procedente de diferentes fontes e integrala en bases de datos xeoespaciais.
- Capacidade de planificar e realizar tarefas de investigación no ámbito dos estudos e análises territoriais.
- Capacidade para desenvolver unha perspectiva crítica sobre os diferentes aspectos que condicionan o uso humano do territorio.
- Capacidade para enfrontar os problemas desde unha visión holística que considere os efectos ambientais, sociais e económicos das decisións territoriais.

- Entender o marco legal e institucional da planificación e xestión territorial.
- Coñecer os principais instrumentos de ordenación e xestión territorial e as principais figuras de planeamento en ordenación do territorio e urbanismo.
- Coñecer os diferentes instrumentos de xestión de terras.
- Capacidade para levar a cabo procesos de análise, avaliación e diagnóstico do territorio, do medio ambiente, do urbanismo, dos usos do solo e da propiedade da terra desde un punto de vista económico, social e ambiental.
- Formación para extraer, analizar e presentar a información necesaria para a toma de decisións na planificación e xestión territorial e ambiental.
- Coñecemento e uso crítico da terminoloxía especializada en planificación e xestión territorial e ambiental, e capacidade para a aplicación práctica dos coñecementos sobre planificación do territorio, en especial no ámbito galego.
- Preparación e redacción de informes de ordenación do territorio, planeamento urbanístico e de xestión ambiental através da análise crítica, a avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
- Coñecer as técnicas, ferramentas e tecnoloxías que permitan realizar unha planificación e xestión territorial eficiente e a diferentes escalas (rexional, urbana, etc.).
- Capacidade para o deseño de políticas de planificación e xestión do uso do solo, así como da propiedade da terra.
- Capacidade tanto para a resolución de problemas derivados da infrautilización ou ineficiencia no uso do solo como da súa sobreexplotación ou uso inadecuado.
- Capacidade para pensar e actuar como axente de desenvolvemento rural e local, considerando as persoas e comunidades involucradas nas políticas e plans de desenvolvemento.
- Capacidades críticas necesarias para a actividade investigadora e a realización dunha tese doctoral nos ámbitos propios.

- Capacidade analítica e de síntese.
- Capacidade de procura e selección de información.
- Capacidade de realizar unha exposición en público e debater con soltura sobre o tema que se está a expor.
- Coñecemento das principais fontes cartográficas e de información territorial.
- Manexo dos principais programas de software de Sistemas de Información Xeográfica.
- Capacidade de traballo en equipo e liderado, en contornos cooperativos, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.
- Capacidade de traballo e de resposta baixo condicións adversas (dificultade de comunicación entre membros dun equipo, prazos de entrega exiguos, falta de recursos, etc.)
- Adquisición de responsabilidade ambiental e social na elaboración de políticas territoriais e na implantación de plans e proxectos con incidencia territorial, así como nas solucións técnicas adoptadas.

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

Portal Internacional

Prácticas

A titulación inclúe a realización de prácticas en empresa por un total de 6 créditos.

Os contidos de cada práctica son potencialmente tan diversos como os contidos do propio mestrado, debido á grande diversidad de convenios e empresas e institucións en que se poderán realizar as prácticas.

A avaliación das prácticas realizarase mediante o informe emitido pola empresa ou institución de acollida e a memoria de actividades presentada polo estudante. A cualificación final será establecida polo docente coordinador das prácticas.

O mestrado contempla a realización dun traballo fin de máster de 6 créditos.

O alumnado será capaz de aplicar os coñecementos teóricos e prácticos a casos de estudo reais e á resolución de problemas. O alumnado reforzará os coñecementos adquiridos, particularmente os conceptos, modelos e teorías, mediante a súa posta en práctica.

As competencias adquiridas son unha síntese do conxunto do mestrado, con maior énfase nas de carácter investigador. O alumnado poderá realizar unha proposta de hipótese, definir obxectivos, determinar a metodoloxía de toma de datos, análise e interpretación, realizar unha revisión bibliográfica, elaborar conclusións, redactar un documento científico ou técnico e expoñer e comunicar os resultados.

O corpo docente do programa procede de diferentes disciplinas científicas (Xeografía, Enxeñaría, Economía, Bioloxía) e está integrado en grupos de investigación recoñecidos como unidades de investigación competitivas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Todo o equipo docente participa habitualmente en proxectos de investigación, así como en contratos e convenios con entidades públicas e privadas relacionados coa práctica da planificación territorial.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2022.