Obxectivos da materia
O obxectivo desta materia é familiarizar aos estudantes coas características das imaxes obtidas por sensores remotos e coas principais técnicas dispoñibles para o seu procesamento. Despois de cursar a materia, os/as estudantes deberán poder:
Coñecer as principais plataformas e tipos de sensores existentes.
Coñecer as características da imaxe remota.
Utilizar técnicas de tratamiento dixital de imaxes: clasificación automática e semi-automática, rectificación e ortorrectificación, xeneración de índices espectrais.
Contido
A memoria de título especifica os seguintes contidos da materia:
Fundamentos e principios físicos da teledetección.
Correccións da imaxe.
Extracción de información: clasificación e índices espectrais.
Análise de calidade dos resultados.
Estes contidos desenvolveranse a través do seguinte programa teórico:
Tema 1: Introducción. Fundamentos físicos da teledetección (2 horas presenciais + 3 horas de traballo non presencial do alumno).
Tema 2: Plataformas, sensores, e imaxes asociadas. O programa Copernicus (1,5 h + 4 h).
Tema 3: Niveis de corrección da imaxe (1,5 h + 4 h).
Tema 4: Tratamento de imaxes (I): índices espectrais (1,5 h + 4 h).
Tema 5: Tratamento de imaxes (II): métodos de clasificación (1,5 h + 4 h).
Tema 6: Tratamento de datos LiDAR (2 h + 4 h).
E o seguinte conxunto de prácticas en aula de informática:
Práctica 1. Manipulación básica de produtos do programa Copernicus (2,5 horas de traballo presencial + 3 horas de traballo non presencial do alumno).
Práctica 2. Índices espectrais (3,5 h + 3 h)
Práctica 3. Clasificación (4 h + 3 h)
Práctica 4. Tratamento de datos LiDAR (2 h + 3 h).
Bibliografía básica e complementaria
Bibliografía básica
Chuvieco Salinero, Emilio, 2008. Teledetección ambiental : la observación de la Tierra desde el espacio. Ariel.
Liu, J.G., Philippa J. Mason, 2016. Image Processing and GIS for Remote Sensing: Techniques and Applications, Second Edition. Wiley/Blackwell.
Wegmann, M., Benjamin Leutner, Stefan Dech (eds.), 2016. Remote sensing and GIS for ecologists : using open source software. Pelagic Publishing.
Bibliografía complementaria
Chuvieco, E., Alfredo Huete, 2010. Fundamentals of satellite remote sensing. Taylor & Francis.
Jensen, John R., 2014. Remote sensing of the environment : an earth resource perspective. Pearson Education.
Richards, John A., 2013. Remote sensing digital image analysis : an introduction. Springer.
Thenkabail, P.S, John G. Lyon, Alfredo Huete (Eds.), 2019. Hyperspectral indices and image classifications for agriculture and vegetation. CRC Press.
Competencias
Competencias xerais e básicas:
CG01 - Capacidade de procurar e seleccionar a información útil para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas e estatísticas existentes.
CG02 - Capacidade de manter e estender formulacións teóricas fundadas para abordar problemas de investigación no campo da análise xeográfica e territorial.
CG03 - Capacidade de recompilar información espacial procedente de diferentes fontes e integrala en bases de datos xeoespaciais.
CG04 - Capacidade de planificar e realizar tarefas de investigación no ámbito dos estudos e análises territoriais.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias transversais
CT01 - Capacidade de procura e selección de información.
CT04 - Coñecemento das principais fontes cartográficas e de información territorial.
CT05 - Manexo dos principais programas de software de Sistemas de Información Xeográfica.
Competencias específicas
CE05 - Formación para extraer, analizar e presentar a información necesaria para a toma de decisións na planificación e xestión territorial e ambiental.
CE09 - Capacidade para o deseño de políticas de planificación e xestión do uso do chan, así como de propiedade da terra
Metodoloxía da ensinanza
O desenvolvemento da materia fará uso das seguintes metodoloxías docentes:
Clases maxistrais (competencias CG02, CG04, CB7, CB8, CB9, CB10, CT04, CE09)
Prácticas en aulas de informática (competencias CG01, CG03, CB7, CB8, CB9, CB10, CT01, CT04, CT05, CE05, CE09)
De acordo cos escenarios contemplados nas Directrices para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura da Universidade de Santiago de Compostela, o modo de impartición variará do seguinte modo:
No Escenario 1 (Normalidade adaptada), a totalidade da docencia, tanto expositiva como interactiva, así como as titorías, terán lugar presencialmente de acordo co horario oficial.
No Escenario 2 (Distanciamento), a docencia expositiva e as titorías serán impartidas a través de videoconferencia (empregando a plataforma corporativa da USC baseada en MS Teams), mentres que a docencia interactiva terá lugar presencialmente.
No Escenario 3 (Peche das instalacións), toda a docencia e titorías terá lugar a través de videoconferencia.
En calquera dos casos anteriores respectarase o horario oficial da materia (modo síncrono). Tamén en todos os casos, as metodoloxías citadas serán complementadas polas seguintes:
Uso da aula virtual (Moodle)
Traballos de materia
Actividades de autoavaliación
Titorías individualizadas e en grupo
Uso de plataformas para docencia presencial a distancia (videoconferencia)
Sistema de avaliación
O sistema de avaliación consta de dúas compoñentes:
Valoración da participación na clase do alumno: Suporá o 10% da calificación final.
Avaliación continua consistente na resolución de exercicios prácticos ao longo do curso (1ª oportunidade) ou proba práctica (2ª oportunidade). Suporá o 50% da cualificación final.
Proba escrita complementaria da avaliación continua ou, no seu caso, da proba práctica. Suporá o 40% restante da cualificación final.
Será necesario acadar unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 en ambas compoñentes da avaliación e 5 puntos sobre 10 no conxunto da materia para que esta se considere superada. Os estudantes que teñan superado (4/10) unha das dúas compoñentes da avaliación na primeira oportunidade non terán que repetila na segunda oportunidade. No caso de alumnos repetidores que teñan superada unha das partes conservarase a puntuación acadada nesa parte durante un novo curso académico, pero ofrecerase a posibilidade de repetir a avaliación se así o prefire.
A proba escrita avaliará as competencias CG02, CG04, CB7, CB8, CB9, CB10, CT04, CE09.
A avaliación continua ou, no seu caso, a proba práctica, avaliarán as competencias CG01, CG03, CB7, CB8, CB9, CB10, CT01, CT04, CT05, CE05, CE09.
As probas prácticas e probas escritas terán lugar en modo presencial no escenario 1 (Normalidade adaptada) e a través do campus virtual nos escenarios 2 (Distanciamento) e 3 (Peche das instalacións). A avaliación continua realizarase a través do campus virtual en calquera dos tres escenarios.
En caso de dispensa oficial, examinarase ao alumno cos mesmos criterios aplicados á docencia presencial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tempo de estudo e traballo persoal
A materia ten asignados 3 créditos (ECTS), que se distribúen en 9 horas de clase expositiva, 12 horas de clase interactiva e 54 horas de traballo persoal.
Das 54 horas de traballo persoal, 35 corresponden ao traballo asociado ás clases expositivas e ás clases prácticas. O resto de horas corresponden á participación nos foros, formulación de dúbidas ao profesor, preparación do exame, e calquera actividade de avaliación do estudante.
Recomendacións para o estudo da materia
Recoméndase que os alumnos dispoñan de acceso a un ordenador persoal no que instalar as aplicacións de análise utilizadas en clase para facilitar a realización das tarefas asignadas ao longo do curso.
Observacións
Plan de continxencia: tal e como se detalla nos apartados correspondentes desta guía docente, contémplase que en caso de aplicar o escenario 2 (Distanciamento), a docencia expositiva e as titorías terán lugar mediante videoconferencia e a totalidade da avaliación terá lugar a través do campus virtual. No caso de aplicar o escenario 3 (Peche das instalacións), a totalidade da docencia realizarase mediante videoconferencia.