Obxectivos da materia
O obxectivo desta materia é familiarizar aos estudantes coas características das imaxes obtidas por sensores remotos e coas principais técnicas dispoñibles para o seu procesamento. Despois de cursar a materia, os/as estudantes deberán poder:
Coñecer as principais plataformas e tipos de sensores existentes.
Coñecer as características da imaxe remota.
Utilizar técnicas de tratamiento dixital de imaxes: clasificación automática e semi-automática, rectificación e ortorrectificación, xeneración de índices espectrais.
Contido
A memoria de título especifica os seguintes contidos da materia:
Fundamentos e principios físicos da teledetección.
Correccións da imaxe.
Extracción de información: clasificación e índices espectrais.
Análise de calidade dos resultados.
Estes contidos desenvolveranse a través do seguinte programa teórico:
Tema 1: Plataformas, sensores, e imaxes asociadas (2h).
Tema 2: O programa Copernicus (1h).
Tema 3: Niveis de corrección da imaxe (1h).
Tema 4: Tratamento de imaxes (I): índices espectrais (1h).
Tema 5: Tratamento de imaxes (II): métodos de clasificación (2h).
Tema 6: Tratamento de datos lídar (2h).
E o seguinte conxunto de prácticas en aula de informática:
Práctica 1. Produtos do programa Copernicus (2h).
Práctica 2. Índices espectrais (4h)
Práctica 3. Clasificación (4h)
Práctica 4. Tratamento de datos lídar (2h).
Bibliografía básica e complementaria
Bibliografía básica
Camara, G., Simoes, R., Souza, F., Sanchez, A., Santos, L., Andrade, P.R., Peletier, Ch., Carvalho, A., Ferreira, K., Queiroz, G., Maus, V., 2022. sits: Data Analysis and Machine Learning on Earth Observation Data Cubes with Satellite Image Time Series.
Wegmann, M., Benjamin Leutner, Stefan Dech (eds.), 2016. Remote sensing and GIS for ecologists : using open source software. Pelagic Publishing.
Liu, J.G., Philippa J. Mason, 2016. Image Processing and GIS for Remote Sensing: Techniques and Applications, Second Edition. Wiley/Blackwell.
Chuvieco Salinero, Emilio, 2008. Teledetección ambiental : la observación de la Tierra desde el espacio. Ariel.
Bibliografía complementaria
Simoes, R., Camara, G., Queiroz, G., Souza, F., Andrade, P.R., Santos, L., Carvalho, A., Ferreira, K. 2021. Satellite Image Time Series Analysis for Big Earth Observation Data. Remote Sensing 13, p. 2428.
Thenkabail, P.S, John G. Lyon, Alfredo Huete (Eds.), 2019. Hyperspectral indices and image classifications for agriculture and vegetation. CRC Press.
Jensen, John R., 2014. Remote sensing of the environment : an earth resource perspective. Pearson Education.
Richards, John A., 2013. Remote sensing digital image analysis : an introduction. Springer.
Chuvieco, E., Alfredo Huete, 2010. Fundamentals of satellite remote sensing. Taylor & Francis.
Competencias
Competencias xerais e básicas:
CG01 - Capacidade de procurar e seleccionar a información útil para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas e estatísticas existentes.
CG02 - Capacidade de manter e estender formulacións teóricas fundadas para abordar problemas de investigación no campo da análise xeográfica e territorial.
CG03 - Capacidade de recompilar información espacial procedente de diferentes fontes e integrala en bases de datos xeoespaciais.
CG04 - Capacidade de planificar e realizar tarefas de investigación no ámbito dos estudos e análises territoriais.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias transversais
CT01 - Capacidade de procura e selección de información.
CT04 - Coñecemento das principais fontes cartográficas e de información territorial.
CT05 - Manexo dos principais programas de software de Sistemas de Información Xeográfica.
Competencias específicas
CE05 - Formación para extraer, analizar e presentar a información necesaria para a toma de decisións na planificación e xestión territorial e ambiental.
CE09 - Capacidade para o deseño de políticas de planificación e xestión do uso do chan, así como de propiedade da terra
Metodoloxía da ensinanza
O desenvolvemento da materia fará uso das seguintes metodoloxías docentes:
Clases maxistrais (competencias CG02, CG04, CB7, CB8, CB9, CB10, CT04, CE09)
Prácticas en aulas de informática (competencias CG01, CG03, CB7, CB8, CB9, CB10, CT01, CT04, CT05, CE05, CE09)
As metodoloxías citadas serán complementadas polas seguintes:
Uso da aula virtual (Moodle)
Traballos de materia
Actividades de autoavaliación
Titorías individualizadas e en grupo
Uso de plataformas para docencia presencial a distancia (videoconferencia)
Sistema de avaliación
O sistema de avaliación organízase en tres elementos de cualificación:
- Exercicios de avaliación continua. Ao longo do curso proporanse 6 exercicios, cunha periodicidade aproximada de dúas semanas. Cada exercicio suporá 5 puntos, ata un total de 25 (será posible, polo tanto, non entregar un deles e aínda así obter a cualificación máxima neste apartado). O prazo de entrega proposto será improrrogable.
- Proxectos de análise. Consistirán en 2-3 exercicios prácticos de análise que deberán ser entregados na data de exame (en primeira ou segunda oportunidade). A puntuación máxima total será de 45 puntos.
- Proba de avaliación escrita. Suporá 30 puntos.
Para superar a materia será necesario acadar unha puntuación igual ou superior a 50 puntos. Non será necesario acadar unha puntuación mínima en cada un dos elementos de avaliación descritos. En caso de non superar a avaliación na primeira oportunidade, cada estudante poderá decidir que elementos (excepto a avaliación continua) someterá a avaliación en segunda oportunidade (presentándose á proba escrita ou entregando novas versións dos proxectos de análise). Os estudantes que repitan a materia poderán solicitar que se lles conserve a puntuación de un ou dous dos elementos de cualificación no seguinte curso académico.
A proba escrita avaliará as competencias CG02, CG04, CB7, CB8, CB9, CB10, CT04, CE09. A avaliación continua e os proxectos de análise avaliarán as competencias CG01, CG03, CB7, CB8, CB9, CB10, CT01, CT04, CT05, CE05, CE09.
En caso de dispensa oficial, examinarase ao alumno cos mesmos criterios aplicados á docencia presencial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no artigo 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tempo de estudo e traballo persoal
A materia ten asignados 3 créditos (ECTS), que se distribúen en 9 horas de clase expositiva, 12 horas de clase interactiva e 54 horas de traballo persoal.
Recomendacións para o estudo da materia
Recoméndase que os alumnos dispoñan de acceso a un ordenador persoal no que instalar as aplicacións de análise utilizadas en clase para facilitar a realización das tarefas asignadas ao longo do curso.
Observacións