- Código
- CE0130
- Tipo
- Diploma de Especializacion
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 30.0
- Curso
- 2022-2023
- Prezo
- 2.900,00€
- Centro
- Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Dirección
-
Maria Mercedes Gallas Torreira
Jose Manuel Pose Rodriguez - Contacto
mercedes.gallas.torreira [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
MARIA MERCEDES GALLAS TORREIRA
881812354
mercedes.gallas.torreira [at] usc.es
Facultade de Medicina e Odontoloxía
https://odontologiadigitalintegral.com
Datas
Duración: 16/12/2022 - 30/06/2023
Preinscrición: 09/09/2022 - 09/10/2022
Matrícula: 10/10/2022 - 10/11/2022
Número alumnos/as mínimo: 12
Número alumnos/as máximo: 15
Seguro obrigatorio:
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Título de licenciado/graduado en Odontoloxía. Título de licenciado/graduado en Medicina. Especialista en Estomatoloxía e/ou Cirurxía maxilofacial.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Curriculum Vitae
Calendario de pagamento fraccionado
Prazo | Importe | Data |
---|---|---|
1 | 1.450,00€ | 10/10/2022 - 10/11/2022 |
2 | 1.450,00€ | 10/02/2023 - 20/02/2023 |
Obxectivos
- Adquirir competencias en odontoloxía dixital mediante unha formación teórico-práctica reglada.- Coñecer os dispositivos comercializados actuais, as súas indicacións de uso, vantaxes e limitacións.
- Coñecer os distintos software gratuitos e comercializados e as suas aplicacións clínicas.
- Adquirir coñecemento dos fluxos dixitais e das suas indicacións na clínica e no laboratorio.
- Aprender a usar (nivel usuario avanzado) estos dispositivos e equipamentos.
Competencias
Durante os 5 módulos formativos e nas titorías virtuais establecidas, os alumnos recibirán a formación regulada necesaria para adquirir os coñecementos teóricos e prácticos básicos destas ferramentas tecnolóxicas (software e aparellos) para incorporalos á súa práctica clínica diaria na práctica profesional de odontoloxía A metodoloxía didáctica deste curso de especialización baséase nunha estrutura en cinco módulos, un primeiro módulo introdutorio (módulo 1), 3 módulos específicos: un de odontoloxía dixital en ortodoncia e deseño de sorrisos (módulo 2); un módulo en odontoloxía dixital en restauracións oclusais - restauracións e próteses - (módulo 3); un módulo de odontoloxía dixital en implantoloxía (módulo 4) e un módulo final de resolución de casos (módulo 5). A formación basearase en sesións teórico-prácticas interactivas presenciais e virtuais (web), demostracións en directo do equipo docente do curso e obradoiros prácticos, presentación e discusión de casos clínicos.COMPETENCIAS
C1.- Coñecemento do fluxo dixital e elementos compoñentes.
C2.- Competencia no uso e interpretación de recursos radiolóxicos relacionados co fluxo dixital: ficheiros DICOM, visores 3D, sistemas de planificación do tratamento.
C3.- Coñecemento dos sistemas de captura intraoral e facial (escáneres), rexistro da cor dental e fotografía dixital e a súa incorporación á práctica clínica diaria.
C4.- Coñecemento dos principais protocolos de deseño de sorrisos dixitais e a súa adaptación aos diferentes software do mercado.
C5. - Coñecemento do software "deseñador dental" para a produción de fluxos "cadeira".
C6.- Adestramento no uso de sistemas clínicos CAD / CAM e incorporación de fluxo dixital na rehabilitación oral: adquisición, deseño de restauracións / rehabilitacións orais e produción directa cunha fresadora na clínica.
C7.- Coñecemento de técnicas de impresión 3D aditivas na clínica dental.
C8.- Uso de software de reparación de malla, zócalo, modificación STLS, transformación de ficheiros, ortodoncia, cirurxía guiada, deseño de próteses, etc.
Avaliación
Avaliación continua (participación nas clases interactivas, presentación e discusión de casos clínicos, defensa casos ao final do curso).
Metodoloxía
Programación por módulos contidos teóricos e prácticos en clases interactivas, talleres prácticos e webtitorías grupais e individuais.
Venres e sábados de 9:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 20:00 horas
Observacións
O calendario definitivo será fixado ao inicio do curso académico (2022-23) segundo a disponibilidade de espazos.
Podes consultar máis información na páxina web do curso na seguinte ligazón: https://odontologiadigitalintegral.com
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Dixitalización 3D no Laboratorio Dental. | 5.0 |
2 | Diagnóstico e Planificación 3D en Odontoloxía. | 15.0 |
3 | Iniciación a Odontoloxía Dixital Integral. | 10.0 |