- Código
- MP0176
- Tipo
- Máster de Formación Permanente
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 60.0
- Curso
- 2023-2024
- Prezo
- 3.500,00€
- Centro
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
- Dirección
-
Maria Del Pilar Piñeiro Garcia
Romina García Chas - Contacto
pilar.pineiro.garcia [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Organización de Empresas e Comercialización
María del Pilar Piñeiro García
pilar.pineiro.garcia [at] usc.es
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Datas
Duración: 02/10/2023 - 31/07/2024
Preinscrición: 15/06/2023 - 06/09/2023
Matrícula: 11/09/2023 - 15/09/2023
Número alumnos/as mínimo: 25
Número alumnos/as máximo: 25
Seguro obrigatorio:
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
1) Estar en posesión dun título universitario de calquera área de coñecemento (ciencias sociais e xurídicas, ciencias, enxeñería e arquitectura, ciencias da saúde, artes e humanidades). 2) Alumnado ao que lle reste por superar o TFG e, como máximo, 9 créditos ECTS correspondentes á titulación universitaria de acceso. Neste caso, non poderá obter o título de Máster en Formación Permanente quen previamente non obtivera o título de Grao.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
1) Expediente académico: 60% 2) Entrevista persoal: 20% 3) Experiencia profesional: 10% 4) Outros méritos (idiomas, publicacións, etc): 10%
Calendario de pagamento fraccionado
Prazo | Importe | Data |
---|---|---|
1 | 2.000,00€ | 11/09/2023 - 15/09/2023 |
2 | 1.500,00€ | 31/01/2024 - 10/02/2024 |
Obxectivos
O obxectivo do Máster en Xestión da Sostibilidade nas Organizacións é formar profesionais da xestión da sostibilidade e mellorar a súa empregabilidade. En concreto, propóñense os seguintes obxectivos específicos:1) Diagnosticar e avaliar os efectos da actividade humana e económica sobre o medio natural.
2) Coñecer as principais figuras de protección do medio natural.
3) Saber xestionar calquera tipo de emisión, vertido ou residuo.
4) Saber xestionar a enerxía e aplicar un enfoque de eficiencia enerxética.
5) Coñecer as metodoloxías do análise de ciclo de vida e do ecodeseño e ser capaz de aplicalas.
6) Coñecer as pegadas ambientais do produto, organización e evento, e ser capaz de aplicalas.
7) Diferenciar as ecoetiquetas e as súas implicacións.
8) Coñecer os principios e os modelos de negocio da economía circular, así como as súas limitacións.
9) Comprender o concepto de responsabilidade social corporativa.
10) Coñecer os informes de sostibilidade e os estándares existentes.
11) Coñecer o Estado de Información Non Financeira.
12) Coñecer a economía social, o emprendemento social e a innovación social.
13) Coñecer os principais conceptos de economía ambiental e instrumentos de política ambiental e as súas implicacións nas organizacións.
14) Coñecer os métodos de avaliación ambiental.
15) Identificar, comprender e aplicar a normativa ambiental.
16) Saber como integrar a sostibilidade na estratexia empresarial.
17) Coñecer as implicacións da sostibilidade nas operacións e na cadea de subministración.
18) Coñecer as implicacións da sostibilidade nas finanzas das organizacións.
19) Saber como integrar a sostibilidade na comunicación corporativa.
20) Coñecer os sistemas de xestión da sostibilidade.
21) Mellorar a competencia emprendedora.
22) Mellorar as competencias transversais para a empregabilidade.
23) Aplicar na práctica os coñecementos teóricos adquiridos.
Competencias
O Máster de Formación Permanente en Xestión da Sostibilidade nas Organizacións é unha titulación presencial cun enfoque práctico, multidisciplinar e profesionalizante, que aposta por combinar metodoloxías tradicionais con metodoloxías activas. As metodoloxías empregadas inclúen: 1) Clases maxistrales impartidas por expertos en xestión da sostibilidade nas organizacións, tanto do ámbito académico como profesional. 2) Resolución de casos prácticos. 3) Simulacións. 4) Xogos de rol. 5) Aula invertida. 6) Aprendizaxe baseada en proxectos. 7) Aprendizaxe cooperativa. 8) Gamificación. 9) Visitas a empresas. 10) Presentación de traballos individuais e en grupo por parte do alumnado.Ademais da formación teórica, o alumnado aprenderá con casos prácticos de organizacións reais. A maioría das sesións estarán impartidas por profesionais de distintos sectores que compartirán a súa experiencia e coñecementos nos diferentes ámbitos da sostibilidade. Isto permitirá que o alumnado coñeza os retos aos que se enfrenta na súa vida profesional, preparándoo para o mundo laboral. Tamén haberá visitas a empresas e institucións e asistencia a eventos de interese. Traballaranse as competencias transversais do alumnado para mellorar a súa empregabilidade e fomentarase que traballen a súa rede de contactos.
Avaliación
Examen final (40% da nota final) + Asistencia a clase (30% da nota final, mínimo 80% de asistencia) + Probas de lectura previas ou posteriores e/ou traballos individuais e/ou grupais (30%). Para superar as materias é necesario superar o examen final e obter 5 puntos sobre 10.
Metodoloxía
As materias presenciais (módulos 1 a 9) impartiranse de outubro a abril. As prácticas en empresas (módulo 10) desenvolveranse entre abril/maio e xullo.
De luns a venres de 16 a 20:30 horas
Observacións
Curso impartido na modalidade PRESENCIAL.
Algunhas visitas a empresas ou a asistencia a eventos de interese poderán realizarse en horario de mañán. Tamén pode ser necesario por motivos de axenda ou desprazamento dos docentes, impartir alguna clase en horario de mañán.
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Conceptos Básicos de Sostibilidade. | 3.0 |
2 | Fundamentos de Xestión Empresarial. | 2.5 |
3 | Patrimonio Natural. | 1.0 |
4 | Xestión da Auga. | 1.0 |
5 | Atmosfera e Contaminación Atmosférica. | 1.0 |
6 | Xestión de Solos Contaminados. | 1.0 |
7 | Xestión de Residuos. | 2.0 |
8 | Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética. | 1.5 |
9 | Análise do Ciclo de Vida. | 1.0 |
10 | Ecodiseño de Productos e Servizos. | 1.0 |
11 | Pegadas Ambientais. | 1.0 |
12 | Etiquetado Ambiental. | 1.0 |
13 | Economía Circular nas Organizacións. | 1.5 |
14 | Responsabilidade Social Corporativa. | 2.0 |
15 | Lexislación Ambiental. | 2.5 |
16 | Decrecemento e Implicacións nas Organizacións. | 1.5 |
17 | As Organizacións de Economía Social. | 1.5 |
18 | Economía para a Sostibilidade e o seu Impacto nas Organizacións. | 2.0 |
19 | Estratexia Empresarial e Sostibilidade. | 1.5 |
20 | Sostibilidade en Operacións e Cadea de Subministración. | 1.5 |
21 | Finanzas Sostenibles. | 1.0 |
22 | Comunicación da Sostibilidade Corporativa. | 1.5 |
23 | Sistemas de Xestión da Sostibilidade. | 3.0 |
24 | Emprendemento Sostible. | 2.5 |
25 | Achegándonos ao Mundo Laboral. | 1.5 |
26 | Visitas a Empresas. | 1.5 |
27 | Visitas de Empresas. | 1.5 |
28 | Sostibilidade e Emprego. | 1.5 |
29 | Prácticas en Empresas. | 15.0 |