- Código
- FE0111
- Tipo
- Diploma de Experto/a
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 30.0
- Curso
- 2022-2023
- Prezo
- 1.750,00€
- Centro
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
- Dirección
-
Maria Isabel Neira Gomez
Gonzalo Rodríguez Rodríguez - Contacto
isabel.neira [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Departamento de Economía Cuantitativa
MARIA ISABEL NEIRA GOMEZ
11547
isabel.neira [at] usc.es
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Datas
Duración: 07/10/2022 - 26/05/2023
Preinscrición: 05/07/2022 - 14/09/2022
Matrícula: 15/09/2022 - 29/09/2022
Número alumnos/as mínimo: 29
Número alumnos/as máximo: 30
Seguro obrigatorio:
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Non se precisa titulación universitaria para o acceso ao curso, podendo acreditarse de xeito alternativo unha traxectoria profesional ou activista no sector cultural e creativo
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Valoración de curriculum vitae. Entrevista persoal.
Calendario de pagamento fraccionado
Prazo | Importe | Data |
---|---|---|
1 | 950,00€ | 15/09/2022 - 29/09/2022 |
2 | 800,00€ | 20/11/2022 - 30/11/2022 |
En Galicia o sector cultural aporta arredor do 2% do PIB, con máis de 5.400 empresas,29.300 postos de traballo e unha facturación global que ascende a 2.700 millóns de euros. Esa importante realidade socioeconómica require de profesionais cualificados que, con rigor e visión, saiban afrontar os retos do presente.
O Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural veu a cubrir un baleiro na oferta formativa da nosa Comunidade. Con este título propio, a Universidade de Santiago achega un programa docente axustado ás características do sector cultural galego e ás necesidades formativas dos seus profesionais.
A orientación do Curso é eminentemente aplicada, primando os casos prácticos a realizar na aula, ademais do contacto directo con profesionais de prestixio e coas institucións do sector. Este enfoque susténtase no principio de "aprender facendo", e pretende estimular as destrezas do alumnado, así como incrementar as súas capacidades útiles para o desempeño laboral. O obxectivo último é lograr que os asistentes poidan deseñar, planificar e coordinar proxectos culturais dun xeito integral.
O Curso baséase no cambio de modelo que está a experimentar o espazo cultural europeo, e que se traduce por unha parte nunha menor dependencia das Administración Públicas, e por outra na obriga dunha maior diversificación de ingresos nos proxectos e entidades culturais, nunha maior énfase no traballo cooperativo, na incorporación ineludible das novas tecnoloxías e nunha maior implicación dos públicos destinatarios nas actividades culturais.
Nese sentido, o Curso incorpora unha notable carga de innovación nos seus contidos, mostrando experiencias reveladoras e inspiradoras, ademais de pór o acento en dous dos piares da viabilidade futura das iniciativas culturais: as estratexias de financiamento e de comunicación.
En definitiva, con este programa a USC presenta un título propio centrado na xestión cultural, dotado dun excelente cadro de profesorado (na súa meirande parte xestores en activo) e que aporta valor e coñecemento tanto para os profesionais do sector cultural como para aquelas persoas que queiran encamiñar a súa carreira polos vieiros da creación.
Semipresencial
Avaliación
A) Entrega de proxecto (traballo práctico)
B) Sesión de presentación dos proxectos ante comité de profesionais en activo
Titorías
As titorías fixaranse persoalmente entre a directora e coordinadores do curso e o alumnado, xa que existe unha atención personalizada. Empregaranse para este proceso en equipo as mesmas canles e ferramentas telemáticas que nunha contorna profesional, introducindo por parte dos titores contidos adicionais de aplicación directa nos proxectos do alumnado.
De 16:30 a 20:30, todos os venres lectivos e un xoves lectivo de cada mes
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Marco Profesional da Xestión Cultural. | 4.0 |
2 | O Proxecto Cultural. | 7.0 |
3 | A Práctica Profesional. | 6.0 |
4 | Mediación e Programación Cultural. | 4.0 |
5 | Produción Cultural. | 2.0 |
6 | Financiamento Cultural. | 4.0 |
7 | Comunicación Cultural e Estratexia Dixital. | 3.0 |
8 | Prácticas Tuteladas en Empresas. | 14.0 |