- Código
- FD0127
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 4.0
- Curso
- 2022-2023
- Prezo
- 50,00€
- Centro
- Facultade de Ciencias da Comunicación
- Dirección
-
Cibran Tenreiro Uzal
Marta Perez Pereiro - Contacto
cibran.tenreiro [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Ciencias da Comunicación
CIBRAN TENREIRO UZAL
cibran.tenreiro [at] usc.es
Facultade de Ciencias da Comunicación
Datas
Duración: 11/10/2022 - 13/12/2022
Preinscrición: 25/09/2022 - 26/09/2022
Matrícula: 27/09/2022 - 04/10/2022
Número alumnos/as mínimo: 10
Número alumnos/as máximo: 20
Seguro obrigatorio:
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
O curso está destinado prioritariamente ao alumnado actual dos graos da Universidade de Santiago de Compostela en Comunicación Audiovisual e Xornalismo, e do dobre grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisual da mesma universidade. Tamén poderá inscribirse o alumnado egresado das mesmas titulacións e das licenciaturas previas, así como as persoas matriculadas no Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento e no programa de doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea. En caso de non estar matriculado na USC, o alumnado deberá abonar unha taxa en concepto de seguro escolar.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
A selección fixarase segundo a titulación da que o alumnado estea matriculado, seguindo a seguinte prioridade: 1. Graos en Comunicación Audiovisual, Xornalismo e Dobre Grao en ambas titulacións. 2. Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento. 3. Programa de doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea. 4. Alumnado egresado da Facultade de Ciencias da Comunicación. Se o alumnado do primeiro grupo non cubre as prazas dispoñibles, pasarase a seleccionar alumnado do segundo grupo, e así sucesivamente. Dentro de cada grupo, a selección farase por orde de inscrición.
Obxectivos
Coñecer a organización e os procesos de traballo do podcasting profesional.Acceder a unha formación básica nos diferentes oficios que forman parte da estrutura dun podcast.
Realizar un podcast de acabado profesional.
Competencias
O curso combinará nas súas clases a lección maxistral levada a cabo por persoas expertas nos diferentes puntos do temario con horas interactivas nas que se traballará cos espazos e materiais técnicos da Facultade de Ciencias da Comunicación. A parte práctica completarase co traballo final, consistente na realización dun podcast.Avaliación
As tres últimas semanas do curso dedicaranse á realización dun podcast, que será posteriormente valorado pola coordinación do curso.
Metodoloxía
1. Creatividade e guión no universo podcast 2. Produción, organización e difusión 3. Do deseño sonoro á práctica 4. Traballo final
Sesións de 3 horas en horario de tarde
Observacións
11 de outubro. Aula 8
16:00-18:00. Guión 1. Nuria Pérez
18:00-20:00. Guión 2. Arturo Lezcano
18 de outubro. Aula 8
16:30-19:30. Guión 3. Andrea Morán
24 de outubro. Aula 8
16:30-19:30. Produción 1. Ana G. Liste
25 de outubro. Aula 8
16:30-19:30.Produción 2. Marta Salicrú
27 de outubro. Aula 8
16:30-19:30. Difusión. Jesús Blanquiño
8 de novembro. Estudios de radio
16:30-19:30. Locución. Xiana Arias
10 de novembro. Aula 8
16:30-19:30. Deseño sonoro. Javi Álvarez
15 de novembro. Estudios de radio
16:30-19:30. Gravación. Manuel Fidalgo
17 de novembro. Sala de posprodución de audio
16:30-19:30. Edición. Reyes Abad
22 de novembro. Aula 8
16:30-19:30. Titoría traballo final. Marta Pérez Pereiro
24 de novembro. Aula 8
16:30-19:30. Titoría traballo final. Cibrán Tenreiro
29 de novembro. Aula 8
16:30-19:30. Titoría traballo final. Marta Pérez Pereiro
1 de decembro. Aula 8
16:30-19:30. Titoría traballo final. Cibrán Tenreiro
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Creatividade e Guión no Universo Podcast. | 1.0 |
2 | Produción, Organización e Difusión. | 1.0 |
3 | Do Deseño Sonoro a Práctica. | 1.5 |
4 | Traballo Final. | 0.5 |