- Código
- MP0150-CE0133
- Tipo
- Diploma de Especializacion
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 25.0
- Curso
- 2022-2023
- Prezo
- 1.800,00€
- Centro
- Facultade de Psicoloxía
- Dirección
- Constantino Arce Fernandez
- Contacto
constantino.arce [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Departamento de Psicoloxía Social e Básica
Constantino Arce Fernández
647344068
constantino.arce [at] usc.es
Facultade de Psicoloxía
Datas
Duración: 24/10/2022 - 12/06/2023
Preinscrición: 01/06/2022 - 30/09/2022
Matrícula: 10/10/2022 - 14/10/2022
Número alumnos/as mínimo: 1
Número alumnos/as máximo: 5
Seguro obrigatorio:
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Este curso forma parte de:
Código | Nome do curso |
---|---|
MP0150 | Máster Propio en Psicoloxía do Deporte e da Actividade Física |
Requisitos de acceso
(1) Licenciatura ou Grao en Psicoloxía, Psicopedagoxía, Ciencias do Deporte e da Actividade Física e Ciencias da Educación, incluidas as Diplomaturas en Maxisterio. (2) Calquera outra licenciatura ou grao se o solicitante xustifica a súa relación co deporte e a actividade física. (3) Tamén poderán ser admitidos no Curso os alumnos aos que lles falta cursar un máximo de 30 créditos ECTS para obter a titulación requirida. Non obstante, o título expedirase unicamente para aqueles alumnos que superaran os 30 créditos ECTS necesarios para obter a titulación de acceso requirida antes de acabar o ano académico no que se desenvolve o Curso. (4) Tamén poderán acceder ao Curso deportistas, adestradores, dirixentes deportivos, árbitros e calquera outro tipo de profesional do deporte si cumple algún dos requisitos de acceso á universidade.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Curriculum Vitae. En condicións de igualdade, respetarase a orde de inscrición.
Calendario de pagamento fraccionado
Prazo | Importe | Data |
---|---|---|
1 | 900,00€ | 10/10/2022 - 14/10/2022 |
2 | 900,00€ | 01/03/2023 - 11/03/2023 |
Obxectivos
Este curso ten por obxecto dotar aos participantes de formación psicolóxica específica para o desenvolvemento do seu labor no ámbito do deporte e da actividade física. Trátase dunha proposta innovadora que xurde co cometido de satisfacer as demandas, procedentes da Psicoloxía e das disciplinas afíns, para acadar coñecemento teórico e práctico nunha área na que ainda existen escasas posibilidades de formación universitaria.Seguindo as directrices de posgraos semellantes que se están a promover tanto a nivel nacional como internacional, e na liña marcada polos estudos de posgrao previos sobre esta temática realizados na última década na USC, este curso contempla tres das vías principais de formación polas que se require a incorporación da Psicoloxía ao entorno deportivo: (1) o asesoramento psicolóxico a deportistas e adestradores no ámbito do deporte de base (2) a preparación psicolóxica dos deportistas e adestradores para o alto rendemento e (3) o fomento da adherencia e mantemento da actividade física (mediante esquemas personalizados) coma hábito de saúde preventivo e rehabilitador.
Competencias
O Curso se realiza na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela no período comprendido entre o 24 de outubro de 2022 e o 12 de xuño de 2023, e está deseñado de xeito que sexa compatible con calquera outra actividade académica ou profesional. Para iso, as sesións presenciais se agrupan nunha soa sesión semanal que terá lugar os luns pola tarde. Por razóns de traballo, outros estudos, residencia noutra comunidade ou país, distancia, ou calquera outra causa que impida a asistencia a clase, se poderán seguir as clases online.Avaliación
- Asistencia ás clases (presenciales ou online).
- Probas teórico-prácticas
Metodoloxía
As materias ofertadas se desarrollarán en orde secuencial desde outubro de 2022 a xuño de 2023 en sesións presencias que terán lugar os luns pola tarde na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Por razóns de traballo, outros estudos, residencia noutra comunidade ou país, distancia, ou calquera outra causa que impida a asistencia a clase, se poderán seguir as clases online
Luns de 17 a 21h
Observacións
Por razóns de traballo, outros estudos, residencia noutra comunidade ou país, distancia, ou calquera outra causa que impida a asistencia a clase, se poderán seguir as clases online.
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Psicoloxía dos Equipos Deportivos. | 5.0 |
2 | Preparación Psicolóxica para o Deporte e a Actividade Física. | 6.0 |
3 | Avaliación Psicolóxica e Deportiva. | 3.0 |
4 | Actividade Física e Saúde. | 2.0 |
5 | Desenvolvemento e Aprendizaxe Deportivo. | 2.0 |
6 | Iniciación a Investigación Deportiva (I). | 3.0 |
7 | Formación Complementaria: Xestión e Política Deportiva, Entrenamento Deportivo, Nutrición. | 2.0 |
8 | Iniciación a Investigación Deportiva (II). | 2.0 |