- Código
- MP0142
- Tipo
- Máster de Formación Permanente
- Modalidade
- Non Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 60.0
- Curso
- 2022-2023
- Prezo
- 1.450,00€
- Centro
- Centro Propio de Carácter Mixto de Estudios de Seguridad (CESEG)
- Dirección
- Xose Manoel Nuñez Seijas
- Contacto
luis.velasco [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Centro Propio de Carácter Mixto de Estudios de Seguridad (CESEG)
Luis Velasco Martínez
686019608
luis.velasco [at] usc.es
Centro Propio de Carácter Mixto de Estudios de Seguridad (CESEG)
Datas
Duración: 04/10/2022 - 31/08/2023
Preinscrición: 05/07/2022 - 29/07/2022
Matrícula: 30/07/2022 - 27/09/2022
Número alumnos/as mínimo: 23
Número alumnos/as máximo: 23
Seguro obrigatorio:
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Licenciados e/ou Graduados universitarios, oficiais egresados de academias militares ou de seguridade equivalentes a Graos universitarios. Os alumnos estranxeiros deberán solicitar a equivalencia do seu título universitario polo cauce correspondente na oficina responsable do Servizo de Xestión Académica da USC.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Orde de inscripción.
Calendario de pagamento fraccionado
Prazo | Importe | Data |
---|---|---|
1 | 725,00€ | 30/07/2022 - 27/09/2022 |
2 | 725,00€ | 14/12/2022 - 24/12/2022 |
Obxectivos
- Complementar a formación de estudantes e profesionais, militares e civís, con interese no ámbito do máster.- Facilitar a comprensión dos fenómenos bélicos, dunha forma historicamente rigorosa e adaptada ás novas tendencias historiográficas e metodoloxías de análise.
- Proporcionar unha perspectiva crítica, que permita cuestionar fontes pouco obxectivas e rigorosas, entendendo o funcionamento dos procesos de creación dun discurso histórico.
- Formar no uso de fontes útiles para a historia militar, tanto tradicionais como dixitais
- Combinar a historia militar con outros grandes paradigmas da disciplina histórica, como a historia social, a historia política ou a historia cultural.
- Favorecer a adquisición de coñecementos relacionados co fenómeno bélico de moi distintos ámbitos cronolóxicos e xeográficos, tratando de fuxir na medida do posible do eurocentrismo habitual neste tipo de estudios; superando tamén na medida do posible os convencionalismos clásicos respecto á división da historia por épocas.
- Da ar coñecer as formas de transferencia da historia militar á sociedade, pois a cultura xeral sobre as guerras deriva habitualmente da transmisión por medios ligados ao ocio e a cultura, polo que resulta de gran interese saber como aproveitalos para xerar coñecemento e aproximarse a eles de forma útil como especialistas na materia.
- Achegarse a problemáticas específicas, como arquivos ou museos militares.
- Ofrecer un marco formativo nun ámbito no que, no panorama hispanoamericano, apenas existe una oferta innovadora e de calidade. Permitindo unha especialización con valor práctico e ao mesmo tempo curricular.
Competencias
Trátase dun máster non presencial, polo que a docencia estará concentrada na plataforma virtual da USC. Neste espazo o profesorado compartirá as tarefas e materiais das materias, servindo tamén como ferramenta básica de traballo e comunicación co profesor e o resto dos alumnos. Ademais, o alumno terá acceso ao resto das ferramentas dixitais que oferta a USC (correo electrónico, paquete de software, nube, biblioteca virtual, etc.).Avaliación
Propio da metodoloxía on-line.
Metodoloxía
Propio da metodoloxía on-line. Todas as tarefas estarán dispoñibles no campus virtual ao longo de todo o curso.
Asincrónicos
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Historiografía da Guerra na Idade Contemporánea. | 4.0 |
2 | Arqueoloxía do Conflito. | 4.0 |
3 | As Orixes do Conflito Armado. da Prehistoria ás Sociedades Protoestatales. | 4.0 |
4 | Estado, Exército e Nación. | 4.0 |
5 | Guerras e Posguerras Civís na Contemporaneidade. | 4.0 |
6 | Redes de Intelixencia e Información. | 4.0 |
7 | Historia Militar no Mundo Dixital. | 4.0 |
8 | A Guerra na época Moderna. | 4.0 |
9 | Imperialismo e Guerras Coloniais Contemporáneas. | 4.0 |
10 | A Guerra no Museo. | 4.0 |
11 | Historia da Arquitectura Militar. | 4.0 |
12 | Violencia e Conflito Durante a Antigüidade. | 4.0 |
13 | A Guerra na Idade Media. | 4.0 |
14 | A Organización Militar na Historia. | 4.0 |
15 | A Guerra na época Contemporánea. | 4.0 |